Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IES Canido é un centro público de ESO e Bacharelato situado na rúa Navegantes s/n, no barrio de Canido, un dos barrios históricos da cidade de Ferrol. O seu equipo directivo no curso 2023-2024 está formado por:

  • Director: Rodrigo Montes Rodríguez

  • Xefa de estudos: María Ángeles Calvo Losada

  • Secretario: Maikel Hernández Castellanos

  • Vicedirectora: María Cristina Bravo Fernández

Entre os seus datos de interese salientamos:

No curso 2023-2024 hai 243 alumnos matriculados en ESO e 108 en bacharelato, mentres que hai 35 profesores, distribuídos en 17 departamentos didácticos.

 

Este plan atopa a súa xustificación legal na lexislación seguinte:

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital do IES Canido está composto por:

  • Rodrigo Montes Rodríguez, director

  • José Jorge Rodríguez Pérez, coordinador do Plan Dixital

Na actualización deste Plan Dixital, continuamos co proxecto plasmado na primeira versión do Plan, que contara coa guía e instrucións do mentor ADIX do ámbito de Ferrol 1, Jesús María Máiz Sanmartín, e a formación organizada polo equipo ADIX dese ámbito. Lembremos cales foran os pasos seguidos: o equipo foi desenvolvendo as etapas sucesivas na elaboración do Plan Dixital, personalización e cumprimentación do SELFIE da UE, cumprimentación do Test CDD, elaboración da análise DAFO, e finalmente a redacción dos obxectivos do Plan de Acción previo ao Plan Dixital. Lembremos tamén que eses trámites prescritivos non foran determinantes para achar necesidades ou fortalezas no contexto do IES Canido.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa foron o test SELFIE, co engadido das cuestións suxeridas pola Xunta, e o test CDD.

Interno
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixas puntuacións do Persoal Docente no TCDD en: Pensamento computacional. Tecnoloxías emerxentes. Uso responsable no desenvolvemento da competencia dixital do alumnado. Autorreflexión sobre a aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza D2. Participación no Desenvolvemento Profesional Continuo Persoal docente Si
Fortaleza E1. Recursos educativos en liña Persoal docente Si
Fortaleza E4. Comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Si
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O centro non ten as instalacións adecuadas, hai escaseza de aulas Administración educativa Si
Ameaza A administración non proporciona os recursos humanos solicitados polo centro, o que provoca que non pode haber a atención debida á diversidade. Administración educativa Non
Ameaza Diminución crítica e sostida no tempo da poboación escolar en Ferrol Contorna Non
Ameaza Cambios constantes na lexislación educativa. Falta de comunicación da administración educativa dos cambios lexislativos Lexislación Non
Oportunidade Comunicación fluída coa ANPA. Colaboración da ANPA ANPA Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a infraestrutura dixital do centro (equipos e redes)
O02PD Promover a utilización de Abalar como ferramenta de comunicación dentro da comunidade educativa
O03PD Dinamizar o uso da aula virtual do centro

Seguimento

Procedemento

O coordinador do Plan Dixital, José Jorge Rodríguez Pérez, responsabilízase de facer o seguimento do cumprimento dos obxectivos deste Plan Dixital e rexistrar tal cumprimento de xeito trimestral.

Dado que non dispón de ferramentas para monitorizar o uso do Abalar (si das Aulas Virtuais), o seguimento dese obxectivo dependerá de percepcións persoais.

1º Trimestre

No 1º trimestre, para acadar o obxectivo O01PD:Mellorar a infraestrutura dixital do centro (equipos e redes) realizouse a acción AO1.1: Solicitar equipamento para as aulas de 1º e 2º de ESO por parte da dirección do centro

Para acadar o obxectivo O02PD:Promover a utilización de Abalar como ferramenta de comunicación dentro da comunidade educativa realizouse a acción AO2.1:Informar ao profesorado sobre a aplicación AbalarAO2.2:Informar aos titores das funcionalidades específicas de Abalar para a acción titorialA02.3:Informar ás familias sobre as capacidades da app Abalar Móbil e da aplicación de escritorio

Para acadar o obxectivo O03PD:Dinamizar o uso da aula virtual do centro, o equipo directivo  levou a cabo a acción AO3.1: Solicitar formación en moodle se houber profesorado interesado, mentres que o coordinador do Plan Dixital realizou AO3.2: Crear cursos virtuais para cada grupo/materia na aula virtual

2º Trimestre

No 2º trimestre tentamos que se levase a cabo a acción AO1.2: Equipar as devanditas aulas dentro do obxectivo O01PD:Mellorar a infraestrutura dixital do centro (equipos e redes) 

Tamén a acción A03.3: Utilizar de xeito regular os cursos virtuais como apoio no proceso de ensinanza/aprendizaxe dentro do obxectivo O03PD: Dinamizar o uso da aula virtual do centro

3º Trimestre

No 3º trimestre, ata o final do curso, continuamos coas accións do 2º trimestre.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Como xa foi indicado nun apartado anterior, o coordinador tentará monitorizar o uso dos cursos da aula virtual do centro. Os obxectivos de dotación de infraestrutura dependen da administración, o uso do Abalar como ferramenta de comunicación de toda a comunidade educativa non pode ser monitorizado.

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Mediante a ferramenta de comunicación Abalar dáse a coñecer este Plan Dixital ás familias da comunidade educativa do centro.

O claustro de profesores será informado en sesión ordinaria en outubro do curso 2023/24, ademais remitiuse o Plan por correo electrónico. Haberá tamén en outubro unha sesión do Consello Escolar para aprobalo

A páxina web do centro ten un apartado fixo onde consultar o Plan: Plan Dixital do IES Canido