Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A elaboración do Plan Dixital do CIFP Leixa foi realizada polo Equipo de Dinamización do PD, un equipo formado por catro docentes de dúas familias profesionais que se imparten no CIFP Leixa, a familia de Sanidade e a de Artes Gráficas.

O PD se leva a cabo tal e como dita a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

O Plan Dixital terá como principal obxectivo para o curso 22/23 ter unha visión clara das necesidades de actualización e mellora tanto do software como do hardware empregado nos diferentes módulos de cada familia profesional. Ademais, o PD servirá para concretar as necesidades de incorporación de novos espazos, equipamento informático e programas específicos nos distintos pavillóns do centro, así como establecer unhas necesidades de mellora tanto na velocidade da conexión a internet como o funcionamento e adecuación da rede wifi en cada espazo do centro.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa foron os seguintes:

Test CDD

Informes SELFIE do profesorado e alumnado

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Bases de datos de provedores de formación. Torgar recoñecemento ao traballo dos demais. Comportamento seguro. Verificar a calidade de la información. Alumnado Si
Debilidade Infraestructuras, Acceso a internet e Asistencia técnica. Infraestruturas Non
Debilidade Autorreflexión sobre el aprendizaxe. Debate sobre el uso de la tecnoloxía. Proxectos interdisciplinarios. Emprego de entornas virtuais de aprendizaxe. Intercambio de experiencias. Persoal docente Si
Fortaleza Protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza Novas modalidades de ensinanza. Oferta Non
Fortaleza Participación no desenvolvemento profesional continuo, Recursos educativos en liña e Oportunidades do DPC Persoal docente Si
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa. Persoal non docente Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Participación das empresas na estratexia. Contorna Si
Oportunidade Dispositivos dixitais para a ensinaza Administración educativa Non
Oportunidade Colaboracións. Contorna Non
Oportunidade Protección de datos. Lexislación Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01 Satisfacer a demanda de formación do profesorado no ámbito dixital.
O02 Mellorar a seguridade e eficiencia da comunicación entre a comunidade educativa
O03 Actualización e diversificación de hardware
O04 Actualización e diversificación de software e utilización compartida en proxectos interdisciplinarios

Seguimento

Procedemento

O equipo de Dinamización do PD realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Debido á pouca dedicación horaria do responsable do PD, no primeiro trimestre non se realizaron accións.

 

2º Trimestre

No segundo trimestre leváronse a cabo a casi totalidade das accións deseñadas. 

Implementouse a nova plataforma de xestión de incidencias para así mellorar tanto o tempo de xestión de cada unha delas como a concreción de priorirades.

Ademáis se continuou coa actualización e diversificación de hardware e software dos diferentes departamentos.

3º Trimestre

Rematouse coa actualización de hardware e software que foi posible actualizar.

A implementación do plugin para a creación de páxinas web por parte do alumnado se levou a cabo con éxito. O alumnado puido xerar e xestionar páxinas web.

A sala de reunións dotada de cámara, microfonía e proxector foi creada con éxito. Ademais, creouse outro espazo de maiores dimensións tamén dotado das mesmas funcións.

A xestión de incidencias mellorouse coa implementación da nova plataforma (GABIT) para reducir tanto o tempo de resolución da incidencia como o tempo de resposta.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do PD levarase a cabo en función grao de cumprimento dos diferentes obxectivos plantexados no documento de implementación do Plan Dixital do CIFP Leixa. Para cada obxectivo se deseñaron unha serie de actividades que, agás as que non contaron co necesario orzamento, foron realizadas de acordo cos indicadores marcados para cada unha.

Valoración xeral

En liñas xerais, o plan elaborado está ben plantexado e foi levado a cabo tendo en conta os obxectivos a acadar, pero a partida presupostaria e outros recursos non foron os esperados.  

Danse como cumpridos os 4 obxectivos plantexados, aínda que nos obxectivos 3 e 4 algunhas actividades quedaron como “non realizadas” ou “aprazadas para o vindeiro curso”, tal e como se recolle no documento de implementación do PD.

Proposta de mellora

Á hora de deseñar o Plan Dixital para o CIFP Leixa, o equipo de traballo que tiña a misión de crear as diferentes actividades para a consecución dos obxectivos, parteu da base que este plan contaría con algún tipo de partida presupostaria para a súa implementación, o que fixo que moitas das actividades tiveran un carácter “irrealizable” debido ás necesidades, tanto de orzamento como de espazo físico, para a súa posta en marcha.

Así, como proposta de mellora, poderíase incluír no PD actividades que se poderían implementar se dende a consellería se dotara ao centro dos medios necesarios.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Enlace plan dixital:

Plan Dixital CIFP Leixa