Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.Datos básicos do centro

Sitio web : https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiporamo/

Centro que imparte educación infantil e primaria.

Número de alumnado:137

Número de profesorado: 19 mestres/as.

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

A nosa escola sitúase en Barallobre, parroquia situada ao oeste de Fene. A tradición económica e agraria, pesqueira e industrial. A súa principal actividade económica durante a segunda metade do s. XX, foi a construción naval. É moi importante darlle uso os recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, para que sexa un proxecto compartido para todos os membros da comunidade educativa. A finalidade do noso centro é que o alumnado aprenda, se forme e se desenvolva como individuo da nosa sociedade. Polo tanto, este plan, formará parte do PE e da PXA. Dende fai anos no noso centro apostamos polo coidado duns hábitos de vida saudables entre o noso alumnado. Para iso tratamos o tema de xeito transversal dentro das aulas e realizamos actividades como charlas, a milla escolar, participación en DAFIS, XOGADE así como en diferentes propostas do Concello. Nestes cursos pasados, o claustro comezou a formarse en educación emocional xa que é un aspecto que revirte positivamente en todo o alumnado, favorecendo a mellora nos resultados acadados a nivel académico.Por iso participacimos no programa INCLÚE e EMOCIÓNA-T. Un dos problemas da sociedade actual é o senderismo, o cal produce problemas de saúde .Por iso no noso centro, conta cun Proxecto de vida activa e deportiva mediante o cal fomentamos a actividade física no noso alumnado. En 5º e 6º de primaria temos EDIXGAL, coma unha iniciativa para transformar a aula tradicional nunha aula dixital, coa implicación de todas a comunidade educativa: pais, nais, titores/as legais, docentes, alumnado.

O noso plan debe contemplar, extratexias para compensar as desigualdades e reducir a brecha dixital, facilitando a educación tanto virtual coma presencial para o noso alumnado máis vulnerable,poñendo a súa disposición dispositivos, se fora necesario. Precisamos unha mellora, principalmente, da nosa conectividade, unha maior formación… Na nosa programación xeral asignarase un apartado para a descrición do proceso de implementación do Plan Dixital. A implementación do mesmo, será un obxectivo de centro para o próximo curso.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Informe SELFIE.
  • Test CDD.
Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escasas estratexias para un acceso seguro a Internet. Alumnado Si
Debilidade Falta de estratexias para atopar unha información fiable e precisa. Alumnado Non
Debilidade Baixa habilidade dixital nas distintas materias. Alumnado Si
Debilidade Necesidades de formación. Persoal docente Si
Debilidade Existe pouca colaboración dixital con outros centros ou entidades. Persoal docente Non
Fortaleza Facilítase ao alumnado ferramentas dixitais para documentar a aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza Coñécense os dereitos de autor. Outras Non
Fortaleza Participación dos mestres. Persoal docente Non
Fortaleza Implícase ao alumnado en actividades tecnolóxicas (TV educativa, telediario...). Persoal docente Non
Fortaleza Empregamos recursos tecnolóxicos na nosa práctica docente. Persoal docente Si
Fortaleza Creación de recursos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación con la comunidad educativa. Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Insuficiente tiempo para que os docentes poidan explorar o ensino dixital. Administración educativa Non
Ameaza Deficiente dotación de equipos. Outras Si
Ameaza Asistencia técnica. Outras Non
Ameaza Ausencia de dispositivos dixitais para todos os niveis. Outras Si
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Alimentar con máis material o banco de recursos dixitais.
Continuar involucrando ao alumnado na realización de tarefas utilizando recursos tecnolóxicos.
Mellorar as habilidades dixitais nas distintas materias.
Progresar na procura de estratexias para concienciar á comunidade educativa no uso seguro de internet.
Mellorar as habilidades cos paneis interactivos.
Reubicar as PDI retiradas tras a colocación das televisións interactivas.

Seguimento

Procedemento

No plan de acción recollemos unhas datas previstas para completar as diferentes accións recollidas.

O procedemento para levar a cabo o seguimento é mirar esas datas e comprobar se chegados a ese punto a acción levárase a cabo ou non.

1º Trimestre
  • Reubicáronse varias das PDI retiradas tras a colocación das televisións interactivas.
  • Recibiuse formación para mellorar as habilidades cos paneis interactivos.
  • Subiuse material novo ao banco de recursos dixitais.
2º Trimestre
  • Subiuse material novo ao banco de recursos dixitais.
  • Ubicáronse paneis interactivos nas aultas de 5º e 6º de Educación Primaria.
  • Grabáronse diferentes Podcast temáticos.
3º Trimestre
  • Subiuse material novo ao banco de recursos dixitais.
  • Grabáronse diferentes Podcast temáticos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a realización da avaliación anual do Plan Dixital acúdese ao plan de acción recollido no mesmo.

Unha vez alí, revisarase obxectivo por obxectivo para comprobar se as accións recollidas leváronse a cabo. No caso de que a acción tivese sido completada, entón a marcamos como realizada. Se a acción aprazouse por algún motivo, márcase como aprazada e se acción non se leva a cabo, pero tampouco se apraza de maneira voluntaria, entón márcase como pendente.

Valoración xeral

Neste curso 23-24 déronse varios pasos e avanzáronse na consecución de diferentes obxectivos planteados ao inicio do curso. Sen embargo, algún dos obxectivos non foi acadado ou foi acadado parcialmente, tal e como se recolle no apartado de obxectivos.

Proposta de mellora

Unha maior implicación por parte de todo o claustro para lograr acadar todos os obxectivos planteados ao inicio do curso.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital, unha vez aprobado no Consello Escolar, publicarase en aberto no sitio web do centro. Posteriormente enviarase dende o centro unha comunicación á comunidade educativa a través da plataforma AbalarMóbil co fin de informar sobre a difusión do plan dixital. Será presentado ás familias nas reunións de principios de curso.Unha copia en papel do Plan Dixital estará dispoñible no centro para a consulta.