Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN EN RELACIÓN Á NORMATIVA VIXENTE

Achega dos medios dixitais á consecución da adquisición dos elementos curriculares

-Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. Instrucións para o ensino non presencial.

Instrucións para o ensino non presencial

-Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021/2022.

Instrucións para elaborar o plan dixital de centro

-Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021/2022.

CONTEXTUALIZACIÓN DO PD NO CENTRO E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO

O Plan Dixital de Centro, de agora en diante PDC, ten que formar parte das sinais de identidade do centro e polo tanto contribuír e formar parte do PE.

O alumnado do CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro, debe ser un alumnado formado en todas as competencias que establece a lei educativa e polo tanto, a competencia dixital ten que traballarse a todos os niveis. O PDC ten que establecer estratexias para que o alumnado adquira as aprendizaxes a través de medios dixitais e teña estes medios como recurso para a súa aprendizaxe.

Non podemos esquecer que dentro dos sinais de identidade no PE, temos un amplo alumnado de atención a diversidade para o cal, os recursos que podemos ofrecer a través de medios dixitais serán claves para traballar e lograr un maior éxito académico e social.

A comunicación coas familias nos tempos nos que vivimos xa non pode estar limitada aos medios escritos, o plan dixital ten que aportar ao noso PE, un sistema de información e comunicación moito máis completo que o que ata agora se mantiña.

É fundamental establecer unha estreita relación entre a Biblioteca e o Plan Dixital. Dentro do noso PDC contemplamos unha mellora dos medios dixitais dispoñibles para a biblioteca do centro.

Con respecto a outros plans, a difusión do noso idioma e o traballo de actividades e recursos a través das novas tecnoloxías educativas, farán que a difusión do Plan de Dinamización da Língua Galega acade maior calado.

O PDC contribúe á Programación Xeral Anual do curso 2022/2023 en tres vías:

  • Integración de sistemas de avaliación a través de ferramentas dixitais.
  • Dotación de medios e dispositivos dixitais para fomentar a lectura.
  • Dotación de medios e recursos para o profesorado e alumnado para a mellora académica.

PROCESO DE ELABORACIÓN

-Inscrición do centro nun PFPP.

-Análise Selfie.

Coa colaboración e asesoramento dos equipos ADIX creados “ad hoc”, analizamos a nosa realidade en relación ao uso das tecnoloxías a través de SELFIE, ferramenta de auto-avaliación recomendada pola Comisión Europea. Trátase dun excelente instrumento de análise e reflexión aínda que, a súa potencialidade, penso que quedou minguada polo baixo índice de participación, especialmente por parte do profesorado, o que supón un hándicap á hora de valorar fielmente a realidade dos centros.

-Test de competencia dixital

Os docentes respostamos posteriormente a un TEST DE COMPETENCIA DIXITAL de carácter orientativo coa finalidade de medir o noso nivel competencial dixital e así poder planificar os diferentes tramos da nosa formación futura nese ámbito.

-Elaboración dun informe DAFO

Tendo en conta o documento SELFIE, exclusivamente, elaboramos un informe DAFO que permitiu recoñecer as fortalezas e debilidades internas, así como as ameazas e oportunidades externas que servirán de elemento clave de punto de partida para a elaboración do PLAN DIXITAL.

-Deseño e elaboración do PD. Estrutura e elementos

A estrutura do Plan Dixital de Centro contará cos seguintes elementos:

INTRODUCIÓN.

  • Datos básicos do centro.
  • Contextualización do PD. Contribución do PD ao Proxecto Educativo.
  • Xustificación.
  • Proceso de elaboración.

SITUACIÓN DE PARTIDA.

  • Servizos dixitais e mantemento dispoñibles.
  • Análise DAFO.

PLAN DE ACCIÓN.

  • Obxectivos.
  • Indicadores e accións.

AVALIACIÓN DO PD.

  • Seguimento do Plan de Acción.
  • Propostas de mellora unha vez revisado.

DIFUSIÓN DE PD.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos empregados na recollida de información previa cos que se elaborou o DAFO foron os seguintes:

-Análise Selfie realizado polo equipo directivo, docentes e alumnado do centro.

-Test de competencia dixital docente.

Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado non comproba a fiabilidade da información que atopa en internet. Alumnado Non
Debilidade O coñecemento das famiias a nivel tecnol¿xico é moi limitado. Familias Non
Debilidade A asistencia técnica non cubre as necesidades do centro. Infraestruturas Non
Debilidade No centro non se avalía con tecnoloxías dixtais os progresos do ensino aprendizaxe. Oferta Non
Debilidade Dificultades no uso lexislativo referente a protección de datos. Organización de centro Non
Debilidade O profesorado fai un escaso emprego das tecnoloxías na documentación da aprendiaxe do alumnado. Organización de centro Non
Debilidade Baixa participación en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Debilidade Baixo emprego de tecnoloxías na autorreflexión do alumnado sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado aprende a actuar de maneira segura en internet. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a actuar e maneira responsable en internet. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado do centro aprende a comunicarse utilizando as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza O cento dispón de acceso a internet tanto para o ensino como para a aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro emprega novas metodoloxías que integran as tecnoloxías. Oferta Non
Fortaleza O centro conta con Plans de Formación para axudar aos docentes a enfrontarse aos desafíos do ensino mixto. Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado síntese apoiado e participa na mellora da súa competencia dixital. Persoal docente Non
Fortaleza Os docentes, na súa totalidade, empregan a tecnoloxía dixital na comunicación do centro. Persoal docente Non
Fortaleza Todo o profesorado ten acceso a un desenvolvemento profesional continuo (DPC). Persoal docente Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Déficit horario para poder reflexionar e mellorar os coñecementos tecnolóxicos. Administración educativa Non
Ameaza O centro carece de sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Ameaza No centro empregamos en poucas ocasións as tecnoloxías diitais ao colaborar con outras organizacions. Outras Non
Ameaza Baixa interacción na realización de proxectos educativos con outras entidades. Outras Non
Oportunidade O centro conta cunha infraestrutura dixital adecuada e adaptada ao ensino mixto. Administración educativa Non
Oportunidade No centro respéctanse os dereitos de autor e as licenzas de emprego das tecnloxías dixitais. Lexislación Non
Oportunidade No centro dispoñemos de medidas para identificar as dificultades da aprendizaxe mixta para evitar a fractura dixital. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

As fontes empregadas para a análise DAFO estiveron enfocadas ás seguintes áreas:

-Liderado.

-Colaboración e redes.

-Infraestruturas e eqwuipos

-Desenvolvemento profesional contínuo.

-Pedagoxía: apoio e recursos.

-Pedagoxía: implementación na aula.

-Prácticas de avaliación.

-Competencias dixitais do alumnado.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
A1 Deseñar unha estratexia dixital enfocada ao seguimento do Plan Dixital
D1 Mellorar a competencia dixital docente do profesorado.
F5 Promover o emprego da Aula Virtual corporativa co alumnado a partir de e primaria.
H5 Proporcionar ferramentas e estratexias ao almnado de Educación Primaria para analizar a fibilidade da información.

Seguimento

Procedemento

De cara a valorar a implantación do Plan Dixital recabarase trimestralmente información sobre o seguimento e gran de consecución do mesmo a través dos distintos grupos de traballo, do responsable TIC e do Equipo Directivo.

1º Trimestre

Reunión dos respectivos grupos de traballo e traslado da información e do grao de consecución dos obxectivos propostos ao responsable TIC e ao Equipo Directivo.

2º Trimestre

Segunda reunión dos respectivos grupos de traballo e traslado da información e do grao de consecución dos obxectivos propostos ao responsable TIC e ao Equipo Directivo.

Asimesmo, valorarase se se están a cumplir os plazos para a posta en marcha efectiva do PD.

3º Trimestre

Terceira reunión dos respectivos grupos de traballo e traslado da información e do grao de consecución dos obxectivos propostos ao responsable TIC e ao Equipo Directivo.

Valoración do estado de seguimento e consecución dos obxectivos plantexados (ACADADO/NON ACADADO).

Valoración do estado de seguimento e consecución das accións a desenvolver (REALIZADA/APRAZADA/PENDENTE).

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizarase unha avaliación do proceso a través dunha escala de valoración. Esta escala medirá en catro niveis o grao de adquisición das accións levadas a cabo no plan e o grao de consecución dos resultados vinculados a dito plan.

Tamén se incluirá un apartado de modificacións e un de propostas de mellora.

Levarase a cabo unha avaliación final que terá en conta os obxectivos a través dunha rúbrica medindo o grao de desempeño de ditos obxectivos e onde incluiranse as propostas de mellora que xurdan na avaliación do proceso. (A avaliación da execución do Plan, desglosado por trimestres, figura en documento anexo).

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Os medios e estratexias para a  a plublicidade do Plan Dixital entre toda a comunidade, tanto a nivel de comunicación interna como externa, seguirá as directricies do Plan de Comunicación do Centro, aprobado polo Consello Escolar o 26 de marzo de 2021 e cuxa ligazón á páxina web indico de seguido.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcelsoemilioferreiro/system/files/u2/Plan%20de%20Comunicaci%C3%B3n.pdf