Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:
Realizaremos unha avaliación procesual trimestralmente. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións que se realizaron neste trimestre. Aínda que estas iranse cubrindo a medida que se vaian realizando, na avaliación trimestral farase unha recompilación das mesmas, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Durante o primerio trimestre realizáronse dinámicas de información ás familias sobre as ferramentas de comunicación coorporativas e de difusión do traballo da escola. Ademáis o profesorado tivo unha sesión de formación entre iguais de impresión 3D para reforzar e afianzar o seu uso.
Durante o segundo trimestre recibimos unha sesión de formación co persoal ABALAR sobre o uso das novas pantallas dixitais. Realizamos unha docencia entre iguais sobre o uso de luz negra e cricut.
Realizamos unha sesión de docencia entre iguais sobre micrófonos e tarxetas de sons e mesa de luz. Elaboramos os dossiers explicativos do uso das ferramentas do centro para o profesorado, os cales están publicados no abalarBox da biblioteca.
Avaliación
Na avaliación final, ao remate do curso académico 2023-2024, incluiremos, entre os aspectos a valorar, a avaliación do Plan Dixital en xeral e as propostas de mellora para o curso seguinte.
As propostas de mellora recollidas tanto nas sesións trimestrais coma na sesión final (ao remate do curso) ditarán as posibles modificacións que o Plan Dixital precise no futuro, tanto no seu Plan de Acción coma no documento en xeral.
A valoración do Plan Dixital 23-24 é moi positiva exceptuando o obxectivo relativo a Polos Creativos xa que non recibimos o material novo deste programa por parte da Consellería, polo que nos centramos en afianzar as ferramentas dixitais existentes na escola a través da formación entre iguais e a elaboración de documentos que non futuro servan de apoio ao persoal novo que chegue ao centro.
Como proposta de mellora propoñemos a elaboración de dossiers adaptados ás familias onde se recollan as ferramentas dixitais usadas co alumnado na escola.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital foi levado ao Consello Escolar no mes de outubro. O proxecto Tic do centro para este curso 23-24 foi elaborado e irá anexo a PXA xunto co Plan dixital. Este plan dixital será difundido á comunidade a través do blogue de centro.