Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.Datos básicos do centro

Denominación: IES de Ortigueira Código: 15020544 

Enderezo: Rúa Constitución, S/N CP 15330

Localidade: Ortigueira, Santa Marta Concello: Ortigueira 

Provincia: A Coruña Teléfono 881930407 

Correo electrónico: ies.ortigueira@edu.xunta.gal

Páxina web https://www.edu.xunta.gal/centros/iesortigueira/

Alumnado 220 a 300 Profesorado: 35 a 40 P.A.S: 6

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Este centro está enclavado na vila de Santa Marta de Ortigueira, provincia de A Coruña, no centro do seu termo municipal. Recibe alumnado dos concellos de Sta. Marta e Mañón nas ensinanzas de ESO e Bacharelato, e en menor medida alumnado doutros concellos próximos no caso das ensinanzas de formación profesional das familias "Madeira e Moble" e "Servizos socioculturais e á comunidade".

O Concello de Ortigueira, formado por vintedúas parroquias, abrangue unha extensión territorial de 214,9 kilómetros cadrados. Está situado ao norte da provincia da Coruña, limita nesa dirección co mar, ao oeste cos concellos de Cariño, Cedeira e Cerdido, ao sur co das Somozas e As Pontes, e ao leste co de Mañón. 

No aspecto humano destaca, en primeiro lugar, a baixa densidade poboacional que ten o concello se a comparamos coa media provincial. 

O 70% dos habitantes viven en pequenas aldeas ou casais, e o resto concéntrase nos núcleos urbanos de Santa Marta e Espasante. 

Comunicacións: Cruza o Concello a estrada AC-862 que vai de Ferrol a Viveiro, e cara a As Pontes, sae a AC-101 dende Cuiña. Tamén o ferrocarril de vía estreita FEVE que interrelaciona Ferrol e Asturias pasa polo concello, seguindo unha ruta praticamente paralela á AC-862. 

Outros datos do centro poden ser consultados nos documentos específicos, todos eles publicados na páxina web.

Historia dixital

No ano 1984 chegaron os primeiros equipos informáticos ao instituto, por iniciativa de profesorado de materias científicas que trataba de ir coñecendo e implantando no centro, dun xeito informal e extraescolar, esta nova rama da tecnoloxía. Nos anos 90 a informática entrou en tarefas de xestión académica, para a elaboración de documentos de avaliación, e para a realización dos horarios do centro. A partir do ano 1997, por iniciativa do profesorado do Departamento de Matemáticas, o centro tratou de iniciar accións de conectividade entre espazos, mediante cables. Nunha primeira etapa buscaban a solución a tarefas de xestión académica. A irrupción da rede internet revolucionou todos os aspectos da educación, ata chegar á situación actual na que as tecnoloxías dixitais teñen presenza contínua na vida das persoas e, como consecuencia, na educación das mesmas.

Son feitos destacados nesta evolución: o cableado do centro, a creación das aulas de informática e das materias específicas coas súas diferentes denominacións: Informática, tecnoloxías, TIC, dixitalización, as aulas Abalar en 1º e 2º de ESO, a creación e evolución da páxina web do centro, a colocación de pantallas interactivas nas aulas, o ESPAZO ABALAR como ferramenta útil de comunicación entre os diferentes sectores da comunidade educativa, a dotación de wifi a todas as dependencias do centro, a realidade da presenza dos dispositivos tipo smartphone na vida diaria de todo o alumnado. 

Compre subliñar que o centro decidiu non incorporarse ao programa EDIXGAL, pois entendeu que o libro de texto debe manter o seu espazo no sistema educativo.

Outro feito que influiu de xeito decisivo na mellora da competencia dixital do alumnado e do persoal do centro foi a situación COVID 19, que obrigou a todos os sectores da comunidade educativa, incluidas as familias, a avanzar de xeito importante neste campo, nun moi breve espazo de tempo.

A Programación xeral anual o centro inclúe desde hai moitos anos un Proxecto dixital, de acordo coas diferentes disposicións da Consellería de Educación.

Nese plan aparecen unha serie de obxectivos, actividades e estratexias de avaliación baseadas nos resultados acadados en anos anteriores e nas novas necesidades que van xurdindo.

 

1.3.Breve xustificación do mesmo

No curso 21-22 noméase, entre os obxectivos do Plan dixital, o disposto pola Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade autónoma de Galicia, que obriga a realizar un novo proxecto coa metodoloxía que se explica a continuación.

Os decretos 156/2022 e 157/2022 que regulan as etapas educativas de ESO e Bacharelato incúen no seu articulado a obrigatoriedade dos centros de incluir no seu proxecto educativo e funcional a estratexia dixital mediante un Plan dixital de centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

No ano 2021 empregouse a ferramenta de avaliación SELFIE. Preséntase un resume de datos por ensinanzas na seguinte táboa: A escala de valoración vai do 1 ao 5

A -Liderado

                 Equipo Direct.         Profesorado          Alumnado

ESO           3                           3,5                        

BACH        3,1                        3,1

FP              3,1                        3,4

B- Colaboración e redes

                  Equipo Direct.     Profesorado          Alumnado

ESO           3                          3,1                        2,5

BACH        3                          2,8                        2

F.P.             3,4                       3,6                       3,3

C- Infraestruturas e Equipos

                 Equipo Direct.      Profesorado           Alumnado

ESO           3,4                       3,6                          2,9

BACH        3                          3,4                         2,3

F.P             3,5                        3,5                        3,6

D- Desenvolvemento profesional continuo

                 Equipo Direct.     Profesorado

ESO          3,8                       3,5

BACH       3,8                       3,3

F.P            3,6                       3,8

E- Pedagoxía:   Apoio e Recursos

                 Equipo Direct.         Profesorado        Alumnado

ESO          4                             4                          3,2

BACH       3,6                          3,8                       3,1

F.P            3,6                           3,8                       3,9

F- Pedagoxía:

Implementación na aula

                Equipo Direct.         Profesorado        Alumnado

ESO         3                             3,4                       2,9

BACH      3                             3,3                       2,2

F.P           3,3                          3,5                       3,5

G- Prácticas de avaliación

               Equipo Direct.         Profesorado        Alumnado

ESO        2,9                           2,8                     2,5

BACH     2,6                           2,9                     1,7

F.P          2,8                           3                        3,4

H- Competencias dixitais do alumnado

                Equipo Direct.         Profesorado        Alumnado

ESO         2,8                           3,2                      2,9

BACH      3,1                           3,4                       2,3

F.P           3,2                           3,4                       3,7

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade No noso centro o alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon por Internet. Insuficiente capacidade para verificar calidade da información. Alumnado Si
Debilidade A asistencia técnica para o mantemento das infraestructuras é deficiente. Existen insuficientes dispositivos dixitais para a aprendizaxe entre o alumnado na aula. Infraestruturas Si
Debilidade No noso centro a estratexia dixital é mellorable. A estratexia formativa en materia de protección de datos é insuficiente. O fomento da creatividade entre o alumnado pode estar a ser insuficiente. Débese mellorar a participación dixital do alumnado en proxectos interdisciplinares. A avaliación do alumnado mediante estratexias dixitais é insuficiente. A retroalimentación dixital que se recibe do alumnado é insuficiente. Non existe avaliación constructiva sobre o traballo dos compañeiros. Organización de centro Si
Debilidade Non se realiza unha avaliación sistematizada das melloras. O debate crítico sobre os usos da tecnoloxía é insuficiente. Hai dúbidas entre o profesorado sobre a necesidade de dixitalizar tanto o sistema educativo. Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado implícase nas actividades de aprendizaxe dixital. O alumnado aprende a actuar de xeito seguro. O alumnado aprende a actuar de xeito responsable. O alumnado aprende a comunicarse mediante medios dixitais. Alumnado Si
Fortaleza Facilítase acceso a internet para a ensinanza e a aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza O profesorado síntese apoiado para a implementación de novas formas de ensino. Empregamos tecnoloxías dixitais na colaboración con outras organizacións. Debátese co profesorado sobre as necesidades no DPC. O profesorado ten acceso á formación contínua en tecnoloxías dixitais. Funciona ben a comunicación dixital coa comunidade educativa. Organización de centro Si
Fortaleza O profesorado colabora no intercambio de experiencias formativas. O profesorado busca recursos educativos en liña. Mellora a creación de recursos dixitais por parte do profesorado. O profesorado emprega contornas virtuais de aprendizaxe. O profesorado adapta o método ás necesidades do alumnado. O profesorado emprega ferramentas para a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O emprego interesado das redes dificulta o acceso a información fiable. Contorna Si
Oportunidade A administración educativa está a apostar pola dixitalización dos centros. Administración educativa Si
Oportunidade A administración educativa está a apostar pola dixitalización dos centros. Lexislación Si
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A disposición do alumnado  do alumnado cara á aprendizaxe dixital é boa. As dificultades de acceso á tecnoloxía, analizadas polas necesidades anuais de conexión e equipamento nas vivendas non sobrepasa o 3 % e poden ser corrixidas mediante os equipos de "fenda dixital".

A formación do profesorado é en xeral suficiente para as demandas actuais, e veuse moi afortalada no período da pandemia COVID 19.

O equipamento do centro está a mellorar, malia a estarmos nun período provisional en tanto non se dotan todas as aulas xerais de paneis.

A negativa do centro a entrar en EDIXGAL dificulta a conectividade diaria. Este aspecto, cos seus pros e as súas contras,  foi sopesado no seu día polos órganos colexiados do centro que decidiron o mantemento dos libros de texto en soporte papel.

Os índices de emprego da aula virtual como elemento de apoio á formación na aula son elevados, tal e como pode constatarse nas estatísticas que se obteñen da plataforma. Emprégase a materia Proxecto competencial, no curso 1º de ESO, para a iniciación na AV de todo o alumnado novo procedente dos centros de primaria adscritos. Na FP o profesorado dos diferentes cursos inicia, de ser o caso, ao alumnado para o emprego da AV. 

A estratexia de mantemento e conectividade das ferramentas informáticas é mellorable e vaise solucionando grazas á axuda voluntaria do profesorado máis cualificado.

Os coñecementos sobre protección de datos e emprego seguro das tecnoloxías dixitais deben ser reforzados, ampliados e extendidos a todos os sectores da comunidade educativa.

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar estratexia dixital mediante unha actualización anual do plan que xurda dun debate crítico sobre o papel das tecnoloxías dixitais no proceso educativo.
O02PD Mellorar a comunicación entre os diferentes sectores da comunidade educativa aumentando o emprego das ferramentas corporativas e respectando en todo caso a lexislación sobre protección de datos.
O03PD Mellorar estratexia de protección de datos e seguridade da comunicación. Difusión anual do protocolo de datos entre os diferentes sectores da comunidade educativa.
O04PD Mellorar a conectividade dixital do alumnado no centro facilitando o acceso á rede edu xunta para todo aquel alumnado de ensino postobrigatorio que o necesite e solicite, aproveitando a realidade da posesión de dispositivos de telefonía móvil e a posibilidade de emprego dos mesmos como recurso educativo.
O05PD Sistematizar o procedemento de envío de tarefas para o alumnado que non asiste as clases presenciais por motivos xustificados.
O06PD Incluir desde o proxecto de biblioteca a posibilidade de solicitar equipos informáticos conectados á rede edu. xunta.gal para a realización de tarefas curriculares.
O07PD Analizar as estatíticas de emprego da aula virtual no centro.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do plan realizarase mediante as correspondentes xuntanzas do equipo. Estas xuntanzas poderá ser presenciais ou realizarse mediante as ferramentas de videoconferencia dispostas pola Consellería de Educación.

Na aula virtual do centro créase un espazo para a difusión de información entre os diferentes compoñentes do equipo.

O seguimento completarase coas xuntanzas  co mentor ADIX.

1º Trimestre

O protocolo sobre móbiles determina unha revisión deste obxectivo. Con anterioridade á súa implantación comunicouse ao alumnado de Bacharelato e FP a posibilidade de acceder á rede edu xunta. O alumnado non solicitou a chave de acceso pois, na maior parte dos casos, dispoñía de datos ilimitados. Noutros casos non o considerou preciso.

Tras o novo protocolo continuarase coa información alumnado, mais será este o que solicite a chave de acceso para situacións nas que estea xustificado o emprego dalgún dispositivo persoal (materias que se cursan a distancia, etc)

 

2º Trimestre

Considerando positivo o protocolo sobre uso dos móviles en ESO, entendemos que no Bacharelato dificulta a estratexia dixital. A conectividade á aula virtual diminúe en períodos de lecer. Se ata a data o alumnado, en espazos como a biblioteca, ou na propia aula, podía empregar o móvil para consultar na aula virtual a realización de tarefas pendentes, agora esta posibilidade non se pode dar de xeito autónomo, cando estamos a falar de alumnado que o vindeiro ano entrará na Universidade, onde as tarefas dixitais terán grande predominancia.

Antes do remate do trimestre está previsto entregar ao equipo de biblioteca 3 portátiles para a cesión ao alumnado cando o así solicite para a realización de tarefas pendentes ou consulta de información.

O resto de obxectivos están a cumprirse razonablemente.

 

3º Trimestre

Os obxectivos que se plantearon a primeiros de curso foron cumpridos. Á espera da instalación dos paneis interactivos nas aulas, que en breve substituirán as "pizarras dixitais" é necesario planificar a ubicación dos mesmos dentro da aula. Estamos a estudiar a posibilidade de substituir tamén as pizarras tradicionais de xeito que deslicen e actúen como protección dos futuros paneis, de xeito que sexa posible a utilización simultánea das dúas ferramentas. Para realizar este traballo buscaremos a colaboración do Departamento de "Madeira e moble" do centro.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos realizarase coa seguinte periodización:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este plan dixital, así como as súas versións posteriores, serán publicados na páxina web do centro para o seu coñecemento. Na programación xeral anual de cada curso incluiranse os novos obxectivos derivados dos procedementos de avaliación final do plan anterior.

A maiores da publicación na páxina web do centro o plan dixital estará dispoñible na plataforma educalidade.

A persoa coordinadora realizará as accións oportunas de difusión para que todo o profesorado, alumnado e persoal de administración de servizos coñeza e empregue as infraestructuras, o equipamento e os servizos dixitais de acordo co disposto por este plan, traballando para que os procesos educativos e de xestión se desenvolvan de xeito seguro e respectuoso coas disposicións que regulan dereitos importantes como a protección das persoas menores e a protección en xeral dos datos de toda a comunidade educativa.