Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Plan Dixital de centro é un documento a través do cal os centros analizan a súa realidade en relación ao uso das tecnoloxías dixitais e, a partir desta situación de partida, definen un plan de actuación que incluirá os obxectivos a conseguir, as actuacións específicas para implementar este plan, a súa avaliación e difusión. O obxectivo final da posta en marcha do Plan Dixital é mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento da competencia dixital do profesorado -tanto individual como colexiada- e da transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes.

Para a elaboración deste plan tivéronse en conta diferentes textos lexislativos. Por unha parte, a Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, a cal regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso TIC co fin de desenvolver unha cultura dixital nos centros e nas aulas. O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias das persoas directoras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa.

Ademais, a normativa curricular vixente en Educación Infantil, e desenvolta na Orde de 30 de maio de 2023 que desenvolve o Decreto 150/2022 de 8 de setembro polo que se establece a ordenación e o currículo da ordenación infantil en Galicia, establece no seu artigo 12 que os centros contarán cun plan dixital, entre outros, e no artigo 15 especifica os elementos mínimos cos que contará.

Por outra parte, tivemos en conta tanto a disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, como a disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021- 2022, ambas sinalan que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten, as cales veñen reflexadas na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Alén diso, o contexto do centro é o de un centro de educación infantil cunha única unidade mixta, que conta este curso con 20 alumnas e alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil. Dada a nosa estrutura, non existen órganos de coordinación docente, pois as funcións destes son asumidas polo claustro, o cal está formado pola mestra responsable do centro. De tal modo a elaboración do plan dixital foi elaborado por esta persoa. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE: Neste aspecto é importante destacar que dadas as características do centro só contamos con alumnado de educación infantil, polo que este non participa nas enquisas. Por outra banda, non existe ningún docente con máis dun ano de antiguedade no centro, polo que non hai ningún que respostase a enquisa no apartado “profesorado”.

Tendo en conta isto, recolleuse a información precisa para elaborar a análise DAFO da observación directa do contexto e das competencias do alumnado, das reunións coas familias e da información presente nos documentos de cursos anteriores elaborados polas mestras correspondentes.

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A dotación tecnolóxica do centro, sen ser escasa, non está adaptada á idade do alumnado, máis aló do panel dixital interactivo. Alumnado Non
Debilidade O alumnado percibe as ferramentas dixitais fundamentalmente como un medio de entretemento. Alumnado Si
Debilidade As familias perciben maior risco que beneficio na utilización das ferramentas tecnolóxicas na infancia temperá. Familias Si
Debilidade A escasez de espazo tanto de aula como de almacenamento obstaculiza a posibilidade do uso autónomo das tecnoloxías. Infraestruturas Non
Debilidade A presencia dunha única mestra responsable ao cargo das tarefas de planificación, organización e docencia limita moito o tempo dispoñible para implantar plans e proxectos e actualizar a documentación. Organización de centro Non
Debilidade O espazo único do centro e a única mestra responsable impide levar a cabo obradoiros de alfabetización dixital en grupos pequenos. Organización de centro Non
Fortaleza As familias son dixitalmente competentes e cunha perspectiva crítica no relativo ao uso das ferramentas dixitais e da protección dos datos persoais. Familias Si
Fortaleza Existe unha comunicación dixital implantada coa comunidade educativa a través das diferentes ferramentas tecnolóxicas -correo electrónico, Abalar, web do centro-. Familias Non
Fortaleza A dotación da aula cun panel dixital interactivo posibilita o uso colectivo das tecnoloxías como ferramenta funcional. Infraestruturas Non
Fortaleza A mestra responsable para o curso 2023-24 conta con formación previa en Comunicación Audiovisual. Persoal docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A oferta formativa é xenérica e non está adaptada ás características e necesidades da etapa infantil. Administración educativa Non
Ameaza Non existe adaptación dos requisitos normativos nin das ferramentas dixitais de xestión á realidade da etapa de educación infantil. Administración educativa Non
Oportunidade O asesoramento no uso de ferramentas dixitais é fluido e accesible. Administración educativa Non
Oportunidade A Anpa está integrada pola totalidade das familias da escola, mostrándose plenamente implicada e colaboradora nas propostas da mestra. ANPA Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Segundo o valorado polo coñecemento do contexto, alén da propia competencia e formación previa da docente responsable e das sólidas canles de comunicación coas familias, o contexto parece pouco propicio para o desenvolvemento dun plan dixital efectivo e axeitado ás necesidades da etapa e ao contexto da escola. Polo tanto, tras a análise do DAFO, centrarémos en:

  • Manter a fluidez da comunicación coas familias aproveitando as oportunidades das ferramentas dixitais.
  • Mellorar a percepción tanto do alumnado como das familias respecto ás posibilidades das ferramentas dixitais nesta etapa.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Achegar ao alumnado o uso das ferramentas dixitais do centro -especialmente o panel interactivo- como elementos funcionais da vida da aula, utilizándoos de xeito contextualizado e seguro para a procura e elaboración de información.
O2PD Aproveitar as posibilidades das ferramentas interactivas -páxina web, Abalar, correo electrónico- para a dinamización da comunidade educativa.

Seguimento

Procedemento

A mestra responsable irá realizando trimestralmente o seguimento das accións realizadas e os obxectivos acadados, apoiándose tanto na información recollida no diario de aula como no rexistro presente nas ferramentas interactivas utilizadas para a comunicación.

A persoa mentora ADIX visitará o centro, polo menos, unha vez por trimestre e estará dispoñible para as consultas e dúbidas que poidan xurdir.

1º Trimestre

O uso de ferramentas dixitais para ofrecer información á comunidade educativa e comunicarse coas familias atópase nun estado satisfactorio. Porén, os obxectivos relacionados co uso de ferramentas dixitais na aula aínda non foron iniciados debido á complexidade de xestión de aula e a dificultade para implantar dinámicas que poidan acoller as ferramentas de xeito orgánico.

2º Trimestre

O uso de ferramentas dixitais para ofrecer información á comunidade educativa e comunicarse coas familias atópase nun estado satisfactorio, se ben o ritmo do trimestre reduciu a súa frecuencia. Pola súa banda, algunhas das accións do os obxectivos relacionados co uso de ferramentas dixitais na aula foron introducidas de xeito esporádico, e sempre condicionados á complexidade de xestión de aula e a dificultade para implantar dinámicas que poidan acoller as ferramentas de xeito orgánico.

3º Trimestre

O uso de ferramentas dixitais para ofrecer información á comunidade educativa e comunicarse coas familias atópase nun estado satisfactorio, se ben este trimestre non houbo información periódica. Pola súa banda, algunhas das accións do os obxectivos relacionados co uso de ferramentas dixitais na aula foron introducidas de xeito esporádico (Google, Google Maps, Canva), e sempre condicionados á complexidade de xestión de aula e a dificultade para implantar dinámicas que poidan acoller as ferramentas de xeito orgánico.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avalación do plan será de vital importancia para comprobar a efectividade do mesmo polo que teremos en conta os indicadores marcados para cada un dos obxetivos establecidos. Levaremos a cabo unha avaliación procesual que se realizará trimestralmente. Encargarase da mesma a responsable do centro e valorará o estado de execuación de cada unha das acción establecidas para cada obxectivo. Deste xeito, poderanse establecer as propostas de mellora para ter en conta no seguinte trimestre, así como as posibles modificación das seguintes accións. Por último, no mes de xuño levarase a cabo unha avaliación final que se reflitirá na memoria anual. Nesta, salientarase e valorarase o logro dos obxectivos, as propostas de mellora e outras informacións que se consideren relevantes para o vindeiro curso. Desta forma, poderanse detectar as nosas fortalezas para continuar con elas e as nosas debilidades para poder melloralas.

Valoración xeral

Dos dous obxectivos propostos, acadouse plenamente un deles (o relativo á comunicación e información das familias utilizando as ferramentas dixitais dispoñibles) e continúa pendente o relativo do coñecemento das ferramentas por parte do alumnado, xa que dada a dinámica do curso non foi posible introducilas de forma orgánica nos procesos de traballo de aula.

Proposta de mellora

De cara a acadar o segundo obxectivo, será preciso procurar máis oportunidades do uso de ferramentas dixitais no traballo de aula, probablemente programando actividades ou momentos específicos e rutinarios que as inclúan.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Daráselle difusión a este plan mediante a ligazón xenerada na aplicación EduCalidade.