Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN NORMATIVA


A normativa que regula todo este procedemento queda recollida nos seguintes documentos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

CONTEXTUALIZACIÓN


O CEIP Plurilingüe San Vicenzo está situado na localidade de Vimianzo, capital do concello do mesmo nome, na comarca de Soneira (A Coruña). Os datos principais do centro son:

- Denominación: CEIP Plurilingüe San Vicenzo

Titularidade: Pública Ø Código do Centro: 15019372.

 CIF: Q6555030C Ø Enderezo: Rúa do Candil 19 – C/P 15129 – Vimianzo , A Coruña

Teléfono / Fax: 881 866 532

 Correo electrónico: ceip.sanvicenzo@edu.xunta.es

O CEIP Plurilingüe San Vicente de Vimianzo imparte ensinanza de segundo ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria. É un colexio de línea 1, coa excepción daqueles cursos onde a rátio supera 28 alumnos/as, onde se dividen en 2 cursos. Todos os estudos son de réxime público. O total do profesorado por catálogo é de 19 profesores no curso actual, tendo en conta que contamos con unha mestra de Relixión Católica con destino no centro, que forma parte persoal docente con contrato de persoal laboral.

PROCESO DE ELABORACIÓN


Para a elaboración deste Plan Dixital no curso 21-22 seguimos un proceso aberto, longo e guiado en todo o momento polo equipo ADIX. Ao longo deste periplo, realizáronse formacións dende a aula virtual creada polo equipo ADIX. Nelas informóusenos da aplicación SELFIE para avaliar a realidade dixital do noso centro. Posteriormente todo o profesorado do centro realizou o test de Competencia Dixital Docente, para ter unha visión realista do punto de partida de cada membro do claustro. Unha vez realizadas as avaliacións anteriores asistimos a unha formación virtual relacionada co informe DAFO. Unha vez realizada esta formación comezamos a redactar o noso informe DAFO onde analizabamos as debilidades, ameazas, oportunidades e fortalezas, internas e externas ao centro, para poder valorar cales son os obxectivos prioritarios neste plan Dixital Por último elaboramos os obxectivos do plan de acción que están incluídos no Plan Dixital do curso 22-23.

No curso 22-23 implementouse o Plan Dixital deseñado.

Actualmente, durante o curso 23-24, a equipa do Plan Dixital está formada por:

- Ana García Torralba (Directora)

- Mª José Villaverde (Xefa de estudos)

- Andrea Vilar Ameijeiras (Coordinadora)

A día de hoxe, revisouse o documento e formuláronse novos obxectivos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do Plan Dixital do noso centro no curso 21-22 analizáronse os resultados dos seguintes test:

- SELFIE

- Test da Competencia Dixital Docente

Con esta información elabormos o DAFO do nos centro.

Posteriormente fixeron análises internos dos resultados dese DAFO para a redacción de obxectivos do noso Plan Dixital.

Acutalmente neste curso 23-24 seguimos tendo como referencia eses datos estatísticos. 

Interno
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C8. No noso centro hai moi poucos dispositivos dixitais que o alumnado pode usar cando precise. Alumnado Non
Debilidade G6. Non empregamos as tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida levar a cabo comentarios sobre o traballo dos seus compañeiros Alumnado Non
Debilidade F5. Colaboración do alumnado Alumnado Non
Debilidade H7. No noso centro o alumnado non aprende a crear contidos dixitais xa que non contamos co material necesario para facelo. Alumnado Non
Debilidade H8. No noso centro o alumnado non pode aprender a comunicarse mediante as TICs xa que non contamos cos medios necesarios. Alumnado Non
Debilidade C10. Dende o centro non contamos con dispositivos propiedade Infraestruturas Non
Debilidade . A1. No noso centro non contamos cunha estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade .A2. Desenvolvemento da estratexia do profesorado (2,5). (Porque non temos os medios suficientes para levar a cabo a estratexia) Organización de centro Non
Debilidade B4. Sinerxias para a aprendizaxe mixta. No noso centro non colaboramos con outros centros para mellorar a estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade G8. Non facilitamos aos estudantes o uso das tecnoloxías para documentar a súa aprendizaxe, xa que non temos os medios necesarios. Organización de centro Non
Debilidade E3. Ao non ter recursos empregamos poucas veces os ambientes virtuais de aprendizaxe Persoal docente Si
Debilidade F1. Non nos adaptamos ás necesidades do alumnado como nos gustaría ao non ter recursos para poder facelo. Persoal docente Non
Debilidade F3. Fomento da creatividade Persoal docente Non
Debilidade E2. Creación de recursos Persoal docente Non
Debilidade F6. Non fomentamos a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares xa que non temos recursos para realizar ditos proxectos. Persoal docente Non
Debilidade B2. Non se debateu o suficiente no uso das tecnoloxías Persoal docente Non
Debilidade B1. No noso centro ninguén avalía o noso progreso de ensino coas tic. Persoal docente Non
Debilidade G3. Non empregamos tecnoloxía dixital para proporcionar unha retroalimentación aos estudantes. Persoal docente Non
Debilidade G5. No noso centro non utilizamos as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade A4. No noso centro o profesorado conta con tempo para mellorar o método de ensino Persoal docente Non
Fortaleza H1. No noso centro o alumnado aprende a actuar con seguridade en internet Alumnado Non
Fortaleza H3. No noso centro o alumnado aprende a actuar de forma responsable en internet Alumnado Non
Fortaleza .Dende o centro empregamos as TICs para amosar ás familias as actividades que se realizan no centro. Familias Non
Fortaleza C16. No noso centro contamos con repositorios en liña que conteñen materiais de ensino aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza C7. No noso centro existen sistemas de protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza A3. Apoiamos aos profesores a explorar novas formas de ensinar coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Fortaleza C11. No noso centro contamos con medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico Organización de centro Non
Fortaleza C16. No noso centro existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza . F 3. Algún mestre utiliza actividades de aprendizaxe dixital que fomentan a creatividade do alumnado . Persoal docente Non
Fortaleza O persoal docente amosa interese e disposición nas actividades que se propoñen no centro Persoal docente Non
Fortaleza D2. O noso profesorado ten acceso a posibilidades de CPD en relación co ensino e a aprendizaxecoas tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza G1. Empregamos as TICs para avaliar as competencias do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza D1. Comentamos cos nosos profesores sobre as súas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza D3. Axudamos ao noso profesorado a intercambiar experiencias dentro da comunidade educativa sobre o ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza B2. No noso centro comentamos as vantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E4. O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionada co centro educativo Persoal docente Non
Fortaleza F4. Os nosos profesores realizan actividades de aprendizaxe dixital que motiven o alumnado Persoal docente Non
Fortaleza G10. O noso profesorado valora as competencias dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro educativo Persoal docente Non
Fortaleza H4. No noso centro o alumnado aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa. Persoal docente Non
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C2. No noso centro non existen dispositivos dixitais para o seu uso na docencia Administración educativa Non
Ameaza B2. O profesorado non ten o tempo suficiente para explorar e formarse sobre aprendizaxe dixital. Administración educativa Non
Ameaza C1. No noso centro a infraestrutura dixital é nula, polo que non apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Administración educativa Non
Ameaza . C8. No noso centro hai poucos dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise Administración educativa Non
Ameaza C3. O noso centro ten un acceso a internet de moi mala calidade, que non chega a todos os dispositivos. Administración educativa Non
Ameaza C4. A asistencia técnica non está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais Administración educativa Non
Ameaza C14. No noso centro, contamos con espazos físicos que faciliten o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais pero non contamos con recursos dixitais e acceso a internet para aproveitar este espazo Administración educativa Non
Ameaza C12. Na nosa escola non temos un plan para axudar aos profesores a afrontar os retos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e a súa orixe socioeconómica. Contorna Non
Ameaza A5. No noso centro non respectamos os dereitos de autor e utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe Lexislación Non
Ameaza B3. No noso centro non utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións Outras Non
Ameaza A6. No noso centro os organismos cos que colaboramos non participan no desenvolvemento da estratexia dixital do centro, porque non a temos. Outras Non
Ameaza B4. No noso centro non colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Outras Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras volver a analizar o DAFO do noso centro, segue a evidenciarse que debemos afondar nos seguintes aspectos:

  • Formar ao profesorado en compentencia dixital (D2*) - (Área D - Desenvolvemento profesional continuo)
  • Fomentar o uso da aula virtual por parte do profesorado e alumnado (E*) - (Área E. - Pedagoxía: apoios e recursos)
  • Participar no programa Polos Creativos (F3) - (Área F - Pedagoxía: implementación na aula)

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao profesorado en compentencia dixital (D2*) - (Área D - Desenvolvemento profesional continuo)
O02PD Fomentar o uso da aula virtual por parte do profesorado e alumnado (E4*) - (Área E. - Pedagoxía: apoios e recursos)
O03PD Participar no programa Polos Creativos (F3*) - (Área F - Pedagoxía: implementación na aula)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada coa seguinte perspectiva:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes de EduCalidade para tal efecto.  Ademais tamén se revisarán os obxectivos dos distintos plans de acción nas visitas e/ou videoconferencias realizadas pola persoa mentora.

1º Trimestre

Neste primeiro trimestre, os obxectivos do noso Plan Dixital atópanse no seguinte punto:

  • Obxectivo 1: Formar ao profesorado en compentencia dixital (D2*) - (Área D - Desenvolvemento profesional continuo): Unha vez comunicadas as opcións de formación do PFPP, seleccionáronse as persoas coordinadoras e estableceuse contacto coa persoa asesora do CRF. Deseñáronse as horas de docencia e marcáronse as datas.
  • Obxectivo 2: Fomentar o uso da aula virtual por parte do profesorado e alumnado (E*) - (Área E. - Pedagoxía: apoios e recursos): O primeiro paso foi habilitar a aula virtual a todos os cursos. Posteriormente, informóuselles ás familias e ao alumando do seu funcionamento e distribuíuselle unha guía de uso ao profesorado. Actualmente estase a empregar a aula virtual como ferramenta de traballo en 3 cursos do 3º ciclo.
  • Obxectivo 3: Participar no programa Polos Creativos (F3) - (Área F - Pedagoxía: implementación na aula): Polo de agora, elaborouse a programación da formación de Polos Creativos e púxose en coñecemento do claustro.
2º Trimestre

Neste segundo trimestre, os obxectivos do noso Plan Dixital atópanse no seguinte punto:

  • Obxectivo 1: Formar ao profesorado en compentencia dixital (D2*) - (Área D - Desenvolvemento profesional continuo): programadas as formacións para o mes de marzo de abril.
  • Obxectivo 2: Fomentar o uso da aula virtual por parte do profesorado e alumnado (E*) - (Área E. - Pedagoxía: apoios e recursos): en proceso, o alumnado do 3º do ciclo continúa realizando actividades na rede.
  • Obxectivo 3: Participar no programa Polos Creativos (F3) - (Área F - Pedagoxía: implementación na aula): pendentes da chegada do material de Polos Creativos. O profesorado está pendente de realizar a formación xa programada.
3º Trimestre

Neste terceiro trimestre, os obxectivos do noso Plan Dixital atópanse no seguinte punto:

  • Obxectivo 1: Formar ao profesorado en compentencia dixital (D2*) - (Área D - Desenvolvemento profesional continuo): as formacións foron realizadas.
  • Obxectivo 2: Fomentar o uso da aula virtual por parte do profesorado e alumnado (E*) - (Área E. - Pedagoxía: apoios e recursos): tanto o profesorado como o alumnado do 3º ciclo mantiveron un uso continuado da aula virtual para a entrega de tarefas e a resolución de actividades.
  • Obxectivo 3: Participar no programa Polos Creativos (F3) - (Área F - Pedagoxía: implementación na aula): o centro segue á espera de recibir o material do programa Polos Creativos. O profesorado realizou a formación e tivo a oportunidade de crear deseños mais non de executalos debido á falta de recursos.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvem obxectivos será o seguinte:

  • Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes de EduCalidade para tal efecto.  Ademais tamén se revisarán os obxectivos dos distintos plans de acción nas visitas e/ou videoconferencias realizadas pola persoa mentora.
  • Contexto da avaliación final: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora así como a valoración xeral.
Valoración xeral

Neste curso académico, os obxectivos do noso Plan Dixital concluíron do seguinte xeito:

Obxectivo 1: Formar ao profesorado en compentencia dixital (D2*)


Área D - Desenvolvemento profesional continuo

As formacións foron realizadas en Polos Creativos (plotter de corte) e Metodoloxías Innovadoras facilitando novas habilidades ao profesorado do noso centro.

Obxectivo 2: Fomentar o uso da aula virtual por parte do profesorado e alumnado (E*)


Área E - Pedagoxía: apoios e recursos

Tanto o profesorado como o alumnado do 3º ciclo mantiveron un uso continuado da aula virtual para a entrega de tarefas e a resolución de actividades.

Obxectivo 3: Participar no programa Polos Creativos (F3)


Área F - Pedagoxía: implementación na aula

O centro segue á espera de recibir o material do programa Polos Creativos. O profesorado realizou a formación en plotter de corte e tivo a oportunidade de crear deseños mais non de executalos debido á falta de recursos.

Ademais destes obxectivos, realizouse unha formación para familias sobre o uso das pantallas e as consecuencias que podían xurdir dentro do ámbito da infancia. Ademais realizamos un taller de deseño de carteis co alumnado con ferramentas dixitais para conmemorar o día das Letras Galegas.

Proposta de mellora

O vindeiro curso preténdese implicar ao alumnado e ofrecerlles a posibilidade de empregar os distintos recursos tecnolóxicos que esperamos recibir.

Obxectivos Específicos:


  • Implicar ao alumnado no uso dos recursos tecnolóxicos dispoñibles, promovendo a súa participación activa nas actividades dixitais.
  • Continuar coa formación do profesorado para mellorar a súa competencia dixital, asegurando así unha educación de calidade e actualizada.
  • Seguir formando á comunidade educativa en aspectos de seguridade na rede, garantindo un entorno dixital seguro e responsable para todos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez elaborado este plan será proposto para a súa información ao Claustro de profesores e a súa aprobación en Consello Escolar. Unha vez aprobado será colgado na web do noso centro para que toda a comunidade educativa o poida consultar. Ademais, informaremos ás familias da existencia de dito plan pola mensaxería Abalar do centro.  

 

Instrucións: no despregable de convocatoria escoller o "ano académico 2023-2024". No despregable de plans escoller "Plan Dixital". No apartado de centro podemos escribir o nome do centro a buscar e seleccionamos. Prememos en "Buscar".