Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A normativa que regula todo este procedemento queda recollida nos seguintes documentos

 

Entre outros:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

 

1.1.Datos básicos do centro

O CPI de Zas está situado na capital do concello de Zas, aínda que non é o núcleo urbán máis poboado, que é Baio. O municipio ten unha superficie de 133,29 km² cunha poboación aproximada de 4.300 habitantes, a maioría de ámbito rural.

O noso centro está situado na Rúa Galicia, 49, na estrada que leva da poboación de Zas á poboación de Baio. Os/As alumnos/as que acoden ao centro son das parroquias centrais e meridionais co concello: Zas, Mira, S. Adrián de Castro, Meanos, Carreira, Roma, Gándara, Muíño, Vilar, Loroño e Lamas. No curso actual 2023-2024, o C.P.I. de Zas ten 128 alumnos e alumnas, o que supón, aproximadamente, unha terceira parte dos que hai no concello.

No centro impártense as ensinanzas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. O noso centro participa en diferentes programas ofertados pola Consellería de Educación, tales como PLAMBE, Plan Proxecta, Fprofe entre outros.

O centro conta con 11 profesores/as de Infantil e Primaria e outros 12 profesores/as de Secundaria, máis 3 compartidos respectivamente co IES Maximino Romero de Baio, CEIP Labarta Pose tamén de Baio, e coa unitaria de Traba.

A páxina web do centro é http://www.edu.xunta.gal/centros/cpizas/, e a dirección de correo electrónico é cpi.zas@edu.xunta.gal.

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

 

Na actualidade o concello presenta un grave problema de despoboamento e de envellecemento, o que se reflicte na continuada baixada no número de alumnado nos últimos anos. Desde os anos 70 o éxodo rural masivo cara as cidades próximas de A Coruña e Santiago e cara o estranxeiro, como Alemaña e Suíza, xunto coa caída da natalidade propia dunha sociedade evolucionada, explica que o concello perdese máis de dous mil habitantes con respecto a poboación que tiña hai medio século.

O sector agropecuario é a principal base económica, ocupando a case o 40% da poboación activa. A agricultura, a tempo parcial, combínase coa crecente comercialización de produtos gandeiros e forestais. Aínda conviven formas tradicionais de explotación con outras máis modernas. O sector secundario céntrase na construción, xa que a implantación industrial é escasa. Algunhas canteiras, prefabricados, panaderías e serradoiros constituían ate fai pouco o único tecido industrial do concello. Debido á crise está en clara decadencia e cada día pechan máis empresas. O sector terciario está bipolarizado entre Baio, cunha forte dotación comercial, e Zas, que reúne as funcións administrativas. Co desenvolvemento do Plan Dixital agardamos acadar o obxectivo de mellora e o fomento do uso das TICs entre toda a comunidade educativa, que no momento que estamos a vivir é esencial. O uso de Abalarmóvil e a aula virtual é xa unha realidade que se conseguíu hai dous cursos.

Por suposto, na Programación Xeral Anual do curso 23/24 contemplaremos o obxectivo da implementación do Plan Dixital. Neste senso, a PXA recollerá os obxectivos que nos marcamos no PD.

Proceso de elaboración

 No curso 21-22 cumprimentamos os test SELFIE e CDD, elaboramos plans de acción e redactouse o documento de PD. No curso 22-23 implementouse parte do Plan Dixital deseñado no curso anterior. Neste curso 23-24 revisouse o documento e revisáronse os obxectivos. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Informe SELFIE, TCDD e outras fontes.

Interno
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H8 : Dimensión pedagóxica. Competencias dixitais do alumnado. Alumnado Si
Debilidade H4- No noso centro o alumnado debe aprender a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa. Alumnado Non
Debilidade H3- No noso centro o alumnado debe aprender a actuar de forma responsable en internet. Alumnado Non
Debilidade H8- No noso centro o alumnado debe aprender a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade O centro educativo debe mellorar para ter unha comunicación regular e ben organizada coas familias. Familias Si
Debilidade C12-Na nosa escola, non temos un plan para axudar aos profesores a afrontar os retos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e a súa orixe socioeconómica. Organización de centro Non
Debilidade B3-No noso centro non utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións. Organización de centro Non
Debilidade F6- O noso profesorado fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade F1- Os nosos profesores utilizan as tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Organización de centro Non
Debilidade G5- Os nosos profesores utilizan as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade D1-O noso equipo directivo non reflexiona connosco sobre as nosas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade E3- Os nosos profesores non utilizan entornos virtuais de aprendizaxe cos alumnos. Organización de centro Si
Debilidade G1- Os nosos profesores utilizan as tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades dos estudantes. Organización de centro Non
Debilidade G3-Os nosos profesores empregan tecnoloxías dixitais para proporcionar unha retroalimentación adecuada aos estudantes.. Organización de centro Non
Debilidade A4- No noso centro os profesores NON teñen tempo para explorar como mellorar o seu método de ensino coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade D1- Debemos comentar cos nosos profesores sobre as súas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade B3-Debemos mellorar para axudar ao profesorado a utilizar as tecnoloxías dixitais para a avaliación. Persoal docente Non
Debilidade E2- Os nosos profesores deben mellorar na creación recursos dixitais para reforzar o seu labor docente. Persoal docente Non
Fortaleza C2- No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías Dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C3- No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías Dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C8-No noso centro existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise. Infraestruturas Non
Fortaleza C10- No noso centro, hai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen. Infraestruturas Non
Fortaleza G7-Axudamos ao profesorado a utilizar as tecnoloxías dixitais para a avaliación. Persoal docente Non
Fortaleza SC- O profesorado colabora dentro da escola para o uso da tecnoloxía. Persoal docente Non
Fortaleza E4-O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionada co centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza D3-O noso equipo directivo axúdanos a intercambiar experiencias dentro do centro sobre a docencia con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O profesorado carece de tempo para desenvolver material para a aprendizaxe. Administración educativa Non
Ameaza O centro educativo non ten acceso a recursos dixitais en liña ben organizados. Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo para os profesores Administración educativa Non
Ameaza Falta de fondos Administración educativa Non
Ameaza Conexión a internet pouco fiable ou lenta. Contorna Non
Ameaza Alumnos con competencias dixitais insuficientes. Contorna Si
Ameaza Baixa competencia dixital das familias Contorna Non
Ameaza Acceso limitado do alumnado a unha conexión estable de internet. Contorna Non
Ameaza C7- No noso centro deben mellorar os sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Ameaza B3- No noso centro non utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A revisión do DAFO do noso centro neste curso 23-24 segue a poñer de manifesto que debemos afondar nos seguintse aspctos:

  • O01PD - Aprender a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais. (Área H - Competencias dixitais do alumando)        
  • O02PD - Mellorar a navegación segura na web e a comprobar a fiabilidade e precisión da información que atopa en internet - (Área H - Competencias dixitais do alumando)        
  • O03PD - Creación dun repositorio de proxectos interdisciplinares online. (Área E - Pedagoxía - Apoios e recursos)        
  • O04PD - Mellorar o intercambio de información coas familias usando as tecnoloxías dixitais. (Área A - Liderado)

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Aprender a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais. (Área H - Competencias dixitais do alumando)
O02PD Mellorar a navegación segura na web e a comprobar a fiabilidade e precisión da información que atopa en internet - (Área H - Competencias dixitais do alumando)
O03PD Creación dun repositorio de proxectos interdisciplinares online. (Área E - Pedagoxía - Apoios e recursos)
O04PD Mellorar o intercambio de información coas familias usando as tecnoloxías dixitais. (Área A - Liderado)

Seguimento

Procedemento

Farase un seguimento dende a seguinte perspectiva:

 

- A avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao fin de cada trimestre do curso 23/24. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Utilizanse os apartados correspondentes das táboas de obxectivos.

 

1º Trimestre

No presente trimestre os obxectivos atópanse no seguinte estado:

  • O01PD     Aprender a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais. (Área H - Competencias dixitais do alumando): Xa realizadas varias sesións do alumnado.  
  • O02PD     Mellorar a navegación segura na web e a comprobar a fiabilidade e precisión da información que atopa en internet - (Área H - Competencias dixitais do alumnado): Realizadas formacións sobre coñecementos previos, fontes fiables. Contraste de información.   
  • O03PD     Creación dun repositorio de proxectos interdisciplinares online. (Área E - Pedagoxía - Apoios e recursos): Creado grupo de traballo e solicitada a formación. Selección dos temas de cada materia e os obxectivos.   
  • O04PD     Mellorar o intercambio de información coas familias usando as tecnoloxías dixitais. (Área A - Liderado): Realizadas formacións para familias, así como tamén a sesión práctica.
2º Trimestre

No presente trimestre os obxectivos atópanse no seguinte estado:

  •     O01PD     Aprender a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais. (Área H - Competencias dixitais do alumando). Estase a traballar de maneira transversal en varias materias.     
  •     O02PD     Mellorar a navegación segura na web e a comprobar a fiabilidade e precisión da información que atopa en internet - (Área H - Competencias dixitais do alumnado). Continúase coa formación  do alumnado e vai ter lugar a charla "Navega con Rumbo".  
  •     O03PD     Creación dun repositorio de proxectos interdisciplinares online. (Área E - Pedagoxía - Apoios e recursos): Pendente de rematar a formación do PFPP para o deseño das actividades.   
  •     O04PD     Mellorar o intercambio de información coas familias usando as tecnoloxías dixitais. (Área A - Liderado): Practicamente acadado, só pendente do cuestionario final e a modificación da páxina web.
3º Trimestre

No presente trimestre os obxectivos atópanse no seguinte estado:

  •     O01PD     Aprender a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais. (Área H - Competencias dixitais do alumnado). Deseñouse a enquisa para o alumnado, pero quedou pendente para o vindeiro curso a súa execución.     
  •     O02PD     Mellorar a navegación segura na web e a comprobar a fiabilidade e precisión da información que atopa en internet - (Área H - Competencias dixitais do alumando). Pendente para o vindeiro curso en relación a realizar buscas eficaces, contrastar información, selección de fontes... 
  •     O03PD     Creación dun repositorio de proxectos interdisciplinares online. (Área E - Pedagoxía - Apoios e recursos). Cóntase cos materiais completos dun dos proxectos, quedando pendente o segundo proxecto, que se realizará no vindeiro curso.     
  •     O04PD     Mellorar o intercambio de información coas familias usando as tecnoloxías dixitais. (Área A - Liderado). Realizada a enquisa para as familias. A maior parte das familias do centro utilizan tecnoloxías dixitais para comunicarse co mesmo.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Plan Dixital sera avaliado desde dúas perspectivas:

- A avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao fin de cada trimestre do curso 22/23. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Utilizanse os apartados correspondentes das táboas de obxectivos.

- A avaliación final farase ao remate do curso académico 22/23. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. O Plan Dixital sufrirá as melloras e cambios pertinentes segundo as avaliación mencionadas, para adaptarse ás necesidades que sexan detectadas.

O equipo de dinamización do PDC estará conformado por todo o claustro.

 

Valoración xeral

 

No presente curso os obxectivos atópanse no seguinte estado:

Obxectivo 1: Aprender a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais (O01PD)

Área H - Competencias dixitais do alumnado

Deseñouse a enquisa para o alumnado, pero quedou pendente para o vindeiro curso a súa execución.

Obxectivo 2: Mellorar a navegación segura na web e comprobar a fiabilidade e precisión da información (O02PD)

Área H - Competencias dixitais do alumnado

Pendente para o vindeiro curso en relación a realizar buscas eficaces, contrastar información, selección de fontes...

Obxectivo 3: Creación dun repositorio de proxectos interdisciplinares online (O03PD)

Área E - Pedagoxía - Apoios e recursos

Cóntase cos materiais completos dun dos proxectos, quedando pendente o segundo proxecto, que se realizará no vindeiro curso.

Obxectivo 4: Mellorar o intercambio de información coas familias usando as tecnoloxías dixitais (O04PD)

Área A - Liderado

Realizada a enquisa para as familias. A maior parte das familias do centro utilizan tecnoloxías dixitais para comunicarse co mesmo.

Proposta de mellora

Propostas:

  • Organizar obradoiros para o alumnado sobre búsqueda eficaz e segura de información na web, incidiendo na contrastación de fontes fiables e técnicas de almacenaxe de información.
  • Mellorar a visibilidade da nosa web institucional para facela máis sinxela e intuitiva, asegurando que a información estea accesible de maneira clara e rápida.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital polo Claustro, publicarase na páxina web do centro, e informarase ás familias a través da aplicación Abalar. O profesorado será informado por medio do correo corporativo do centro, empregando este mesmo medio para o Consello Escolar.

Plan Dixital curso 23-24

Enlace ao buscador de Plan Dixital https://www.edu.xunta.gal/educalidade/PlansCentroConvAction-input.action?OWASP_CSRFTOKEN=HOME-CABI-7Q7I-5ISJ-KHA1-9CDL-9G05-4EHZ

Instrucións: no desplegable de convocatoria escoller o "ano académico 2023-2024". No desplegable de plans escoller "Plan Dixital". No apartado de centro podemos escribir o nome do centro a buscar e seleccionamos. Prememos en "Buscar".