Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro

O CEIP Labarta Pose está situado na localidade de Baio, do Concello de Zas, na comarca de Soneira (A Coruña). Esta localidade ten a particularidade de atoparse dividida polo Río Grande en dúas partes, unha pertencente a Zas e outra a Vimianzo. O concello de Zas está situado na zona central da Costa da Morte e linda cos municipios de Cabana de Bergantiños ao norte; Coristanco e Santa Comba ao leste; Mazaricos ao sur e Vimianzo e Laxe ao oeste. Isto fai que teñamos alumnado pertencente ao concello de Zas, de Cabana de Bergantiños e tamén de Laxe principalmente. É un territorio de forma moi alongada na dirección norte-sur. Conta cun total de 16 parroquias e con tres núcleos urbanos destacados, que son Baio, Zas e Brandomil. É un concello eminentemente agrícola e gandeiro, aínda que tamén hai unha poboación adicada á industria, ao comercio e á hostalaría, concentrada, sobre todo, en Baio. A capital municipal é a vila de Zas, situada a 9 quilómetros de Baio Nas últimas décadas, Baio converteuse na localidade con maior desenvolvemento socioeconómico do Concello. Agás neste núcleo, na zona de influencia do colexio a poboación distribúese proporcionalmente por todo o territorio, presentando un tipo de poboamento espallado e polinuclear agrupado en núcleos menores de 100 habitantes na meirande parte.

Contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa.

Somos un centro de liña 1 con 3 unidades de Infantil e 6 unidades de Primaria. O centro participa no Proxecto Abalar e no proxecto E-Dixgal sendo un centro pioneiro neste eido e participando nas primeiras fases de cada un deles. Este dato danos información sobre a importancia que teñen as TIC´s no noso proxecto educativo e sobre o compromiso de converter as aulas ordinarias en aulas dixitais. Así mesmo o centro participa en proxectos como Voz Natura, Plambe, Biblioteca Creativa, Radio na escola… no que o uso das novas tecnoloxías, aplicacións, medios de difusión tales como blogs, podscats… é fundamental. Este PD contribuirá a acadar aqueles obxectivos ou intencións propostos no Proxecto Educativo.

Obxectivos:

-Somos conscientes da fenda dixital da zona rural onde vivimos, e pretendemos que o noso alumnado teña as mesmas oportunidades que o resto do alumnado, xa que como reza o noso proxecto educativo a educación debe ser un elemento compensador das desigualdades e das carencias do entorno

- Así mesmo pretendemos optimizar todos os recursos dos que dispoñemos e fomentar o uso das TIC´s en actividades propias do E-A: avaliación, metodoloxía por proxectos…

- Seguir empregando as TIC´s como canle de comunicación entre toda a comunidade educativa…

Tendo todo isto en conta na PXA do vindeiro curso teranse que recoller as aportacións e actividades que se levarán a cabo no PD para o curso 2023/24.

Breve xustificación do Plan Dixital.

Para a elaboración do Plan dixital tívose en conta a seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 Proceso de elaboración

No centro contamos cunha coordinadora TIC que a súa vez é coordinadora Abalar, E-Dixgal e coordinadora do P. D Así mesmo contamos cun coordinador do PFPP encargado do itinerario Actualización do Plan Dixital. A partires destas dúas figuras e traballando de xeito coordinado coa figura mentor da zona, para o desenvolvemento deste P.D formamos un grupo de traballo que se modificará a principios do curso que vén para levar a cabo todas as tarefas propostas. Durante o primeiro trimestre do curso 21-22 empregamos a ferramenta SELFIE para realizar unha avaliación inicial de certos aspectos tecnolóxicos do centro. Durante o segundo trimestre o profesorado do centro participou no Test CDD, do que obtivemos os resultados que se adxuntarán nos seguintes apartados. Sumados estes datos aos obtidos na avaliación inicial reflectida no SELFIE, elaboramos o DAFO ,para en base a el ,establecer o noso plan de acción, xa no terceiro trimestre, e despois de recibir 2 sesións de formación.  Para rematar redactando o Plan Dixital, documento vivo que pode sufrir modificacións ao longo do vindeiro curso.

No curso 22-23 implementouse o Plan Dixital elaborado no curso anterior.

No curso 23-24 revisouse todo o documento e revisáronse  obxectivos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Durante o primeiro trimestre do curso 21-22 empregamos a ferramenta SELFIE para realizar unha avaliación inicial de certos aspectos tecnolóxicos do centro. Durante o segundo trimestre o profesorado do centro participou no Test CDD, do que obtivemos os resultados que se adxuntarán nos seguintes apartados. Sumados estes datos aos obtidos na avaliación inicial reflectida no SELFIE, elaboramos o DAFO, para en base a el ,establecer o noso plan de acción, xa no terceiro trimestre, e despois de recibir 2 sesións de formación.

Neste curso 23-24 seguimos a ter como referncias os datos obtidos dos test iniciais realizados no curso 21-22 SELFIE e CDD, así como tamén o DAFO elaborado nese curso académico.

 

Interno
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade F.4. Levo a cabo actividades de aprendizaxe dixital que motive o alumnado. Alumnado Si
Debilidade F.6. Fomento a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade H.7. No noso centro o alumnado aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade C.15. No noso centro o alumnado con necesidades educativas especiais ten acceso ás tecnoloxías de apoio Infraestruturas Si
Debilidade C.1.No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Si
Debilidade E.2. Creo recursos dixitais para reforzar o meu método de ensino Oferta Si
Debilidade A.1 No centro no que traballo temos unha estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade A.5. No noso centro respectamos os dereitos de autor e utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe. Organización de centro Si
Debilidade A.4. No noso centro teño tempo para explorar como mellorar o meu método de ensino coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C.12. Na nosa escola temos un plan para axudar aos profesores a afrontar os retos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e a súa orixe socioeconómica Organización de centro Non
Debilidade C.7. No noso centro existen sistemas de protección de datos. Organización de centro Non
Debilidade C.16. No noso centro existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe O noso centro emprega ferramentas colaborativas como Agueiro¿ Organización de centro Non
Debilidade B.1. No noso centro avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade B.4. No noso centro colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade D.3. Axudamos ao noso profesorado a intercambiar experiencias dentro da comunidade educativa sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C.11. No noso centro contamos con medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Organización de centro Non
Debilidade C.5. A asistencia técnica está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade B.1. No noso centro avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade E.3. Utilizo ambientes virtuais de aprendizaxe cos alumnos Persoal docente Si
Fortaleza C.8. No noso centro existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise Infraestruturas Non
Fortaleza C.2. No noso centro hai dispositivos dixitais que podo utilizar no meu traballo como docente. Infraestruturas Non
Fortaleza C.8. No noso centro existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise. Infraestruturas Non
Fortaleza C.3 O noso centro ofrece acceso a Internet para o ensino e a aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza O noso centro conta coa infraestrutura Abalar e Edixgal. Infraestruturas Non
Fortaleza O noso centro acada resultados óptimos no TCD. Infraestruturas Non
Fortaleza O nos centro emprega ferramentas admistrativas para a comunicación coas familias ou outros aspectos da vida académica tales como: Xade, Abalar móbil, Drupal ou entornos virtuais EVA. Infraestruturas Non
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C.5. A asistencia técnica está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza C.1. No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza A.4. No noso centro teño tempo para explorar como mellorar o meu método de ensino coas tecnoloxías dixitais. Lexislación Non
Oportunidade Impartición de obradoiros de robótica durante estes últimos cursos. Administración educativa Non
Oportunidade O centro conta coa colaboración dos coordinadores Abalar/Edixgal da zona, así como da figura do mentor. O noso centro participa de xeito anual nos PFPP incidindo no ámbito tecnolóxico. Contorna Non
Oportunidade Horas de reforzo/afondamento que se poidan adicar ás novas tecnoloxías. Lexislación Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Neste curso 23-24, tras revisar de novo o DAFO do noso centro, ponse de manifesto que debemos afondar nos seguines aspectos:

  • C.1. No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais.
  • C.11. No noso centro contamos con medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico.
  • E.2. Creo recursos dixitais para reforzar o meu método de ensino
  • E. 3 . Utilizo ambientes virtuais de aprendizaxe cos alumnos
  • F.4. Levo a cabo actividades de aprendizaxe dixital que motive o alumnado (NON ESTÁN MOTIVADOS)
  • F.6. Fomento a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais
  • H.7. No noso centro o alumnado aprende a crear contidos dixitais.
  • A.1. No centro no que traballo temos unha estratexia dixital.
  • A.5. No noso centro respectamos os dereitos de autor e utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
OO1PD Informar e atender ás familias de poucos recursos a dispoñibilidade de tecnoloxías dixitais no centro - (Área C - Infraestruturas e equipamentos)
OO2PD Incluír unha liña relacionada co plan dixital no PFPP para mellorar a competencia dixital docente (Área E - Oferta)
OO3PD Formar ao alumnado de primeiro a cuarto para mellorar a súa competencia dixital (Área H - Alumnado)
OO4PD Tomar as medidas necesarias para respectar a lei de protección de datos e de dereitos de autor( Área A - Organización de centro)
OO5PD Mellorar a competencia dixital do alumnado de quinto e sexto de Primaria sobre o uso responsable da rede (Área H - Alumnado)
OO6PD Mellorar a competencia dixital do alumando de primaria aprendendo programación e robótica (Área H - Alumnado)

Seguimento

Procedemento

O proceso de seguimento de Plan Dixital será realizado dende a seguinte perspectiva:

Avaliación procesual: será realizada unha vez por trimestre no curso 23-24. Empregaremos Educalidade para valorar o estado de cada acción. Lembramos que o presente documento é un documento vivo que pode sufrir todas as modificacións que o grupo considere oportuno.

 

1º Trimestre

No presente trimeste os obxectivos do Plan Dixital do noso centro atópanse no seguinte estado:

  • OO1PD     Informar e atender ás familias de poucos recursos a dispoñibilidade de tecnoloxías dixitais no centro - (Área C - Infraestruturas e equipamentos) Este obxectivo está acadado.
  • OO2PD     Incluír unha liña relacionada co plan dixital no PFPP para mellorar a competencia dixital docente (Área E - Oferta) Comezamos a formación de profesorado por outra liña que non está relacionada co Plan Dixital.
  • OO3PD     Formar ao alumnado de primeiro a cuarto para mellorar a súa competencia dixital (Área H - Alumnado) Este obxectivo traballarase ao longo do curso. Xa comezamos as formacións semanais con todo o alumnado de primaria.
  • OO4PD     Tomar as medidas necesarias para respectar a lei de protección de datos e de dereitos de autor (Área A - Organización de centro)  O obxectivo está en proceso aplicando os coñecementos acadados na formación realizada o curso pasado.
  • OO5PD     Mellorar a competencia dixital do alumnado de quinto e sexto de Primaria sobre o uso responsable da rede (Área H - Alumnado) Estamos pendentes da notificación da concesión das charlas.
  • OO6PD     Mellorar a competencia dixital do alumando de primaria aprendendo programación e robótica (Área H - Alumnado) Este obxectivo traballarase ao longo do curso.
2º Trimestre

No presente trimeste os obxectivos do Plan Dixital do noso centro atópanse no seguinte estado:

  • OO1PD     Informar e atender ás familias de poucos recursos a dispoñibilidade de tecnoloxías dixitais no centro - (Área C - Infraestruturas e equipamentos)   Este obxectivo xa foi acadado no trimestre pasado.  
  • OO2PD     Incluír unha liña relacionada co plan dixital no PFPP para mellorar a competencia dixital docente (Área E - Oferta) Neste trimestre comezamos a formación relacionada coa competencia dixital. Aínda non quedan algunhas sesións que previsiblemente se levarán a cabo ao longo do mes de abril.
  • OO3PD     Formar ao alumnado de primeiro a cuarto para mellorar a súa competencia dixital (Área H - Alumnado)  Este obxectivo comezamos a traballalo no primeiro trimestre. Este trimestre tamén reservamos unhas sesión con cada clase para continuar cos obradoiros. Ademáis comezamos a traballar coas propostas didácticas de Polos Creativos.
  • OO4PD     Tomar as medidas necesarias para respectar a lei de protección de datos e de dereitos de autor( Área A - Organización de centro) O obxectivo está en proceso aplicando os coñecementos acadados na formación realizada o curso pasado.
  • OO5PD     Mellorar a competencia dixital do alumnado de quinto e sexto de Primaria sobre o uso responsable da rede (Área H - Alumnado)     Aínda non temos datas para a realización dos obradoiros.
  • OO6PD     Mellorar a competencia dixital do alumando de primaria aprendendo programación e robótica (Área H - Alumnado) Este obxectivo comezamos a traballalo no primeiro trimestre e continuaremos  ao longo do curso cunha sesión semanal con cada curso.
3º Trimestre

No presente trimeste os obxectivos do Plan Dixital do noso centro atópanse no seguinte estado:

  • OO1PD     Informar e atender ás familias de poucos recursos a dispoñibilidade de tecnoloxías dixitais no centro - (Área C - Infraestruturas e equipamentos). Este obxectivo foi acadado.
  • OO2PD     Incluír unha liña relacionada co plan dixital no PFPP para mellorar a competencia dixital docente (Área E - Oferta)    Este obxectivo foi acadado.  
  • OO3PD     Formar ao alumnado de primeiro a cuarto para mellorar a súa competencia dixital (Área H - Alumnado)      Este obxectivo foi acadado.
  • OO4PD     Tomar as medidas necesarias para respectar a lei de protección de datos e de dereitos de autor( Área A - Organización de centro)      Este obxectivo foi acadado.
  • OO5PD     Mellorar a competencia dixital do alumnado de quinto e sexto de Primaria sobre o uso responsable da rede (Área H - Alumnado)      Este obxectivo queda pendente para o vindeiro curso.
  • OO6PD     Mellorar a competencia dixital do alumando de primaria aprendendo programación e robótica (Área H - Alumnado) Este obxectivo foi acadado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Será realizada den unha dobre perspectiva:

  • Avaliación procesual: será realizada unha vez por trimestre no curso 23-24. Empregaremos Educalidade para valorar o estado de cada acción. Lembramos que o presente documento é un documento vivo que pode sufrir todas as modificacións que o grupo considere oportuno.
  • Avaliación final: realízarase ao rematar o curso 23-24 Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Empregaremos Educalidade para tal efecto
Valoración xeral

No presente curso, os obxectivos do Plan Dixital do noso centro atópanse no seguinte estado:

OO1PD - Informar e atender ás familias de poucos recursos a dispoñibilidade de tecnoloxías dixitais no centro

Estado: Acadado

Valoración: O obxectivo de informar e atender ás familias de poucos recursos sobre a dispoñibilidade de tecnoloxías dixitais no centro foi cumprido con éxito neste curso académico. Esta iniciativa asegura que todas as familias teñan acceso ás ferramentas necesarias para unha participación plena no proceso educativo.

OO2PD - Incluír unha liña relacionada co plan dixital no PFPP para mellorar a competencia dixital docente

Estado: Acadado

Valoración: O obxectivo de incluír unha liña relacionada co plan dixital no PFPP foi logrado con éxito. Esta integración no Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) asegura que os docentes teñan acceso a recursos e formacións que lles permitan mellorar as súas competencias dixitais, contribuíndo así a unha mellor calidade da ensinanza. As formacións realizadas versaron sobre o uso de paneis dixitais, a técnica croma e impresión 3D.

OO3PD - Formar ao alumnado de primeiro a cuarto para mellorar a súa competencia dixital

Estado: Acadado

Valoración: O obxectivo de formar ao alumnado de primeiro a cuarto para mellorar a súa competencia dixital foi cumprido con éxito. O alumnado foi formado no uso do paquete de ofimática de software libre. O alumnado foi dotado coas habilidades necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais de forma efectiva e responsable, preparándoos así para os retos do mundo dixital.

OO4PD - Tomar as medidas necesarias para respectar a lei de protección de datos e de dereitos de autor

Estado: Acadado

Valoración: O obxectivo de tomar as medidas necesarias para respectar a lei de protección de datos e de dereitos de autor foi completado con éxito neste trimestre. O centro implementou as políticas e procedementos adecuados para informar do debido cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos e dereitos de autor.

OO5PD - Mellorar a competencia dixital do alumnado de quinto e sexto de Primaria sobre o uso responsable da rede

Estado: Pendente para o vindeiro curso

Valoración: O obxectivo de mellorar a competencia dixital do alumnado de quinto e sexto de Primaria sobre o uso responsable da rede queda pendente para o vindeiro curso. As charlas non puideron ter lugar debido a problemas de axenda do persoal do Plan Director. 

OO6PD - Mellorar a competencia dixital do alumnado de primaria aprendendo programación e robótica

Estado: Acadado

Valoración: O obxectivo de mellorar a competencia dixital do alumnado de primaria aprendendo programación e robótica foi cumprido con éxito. O alumnado foi exposto a actividades e recursos que lles permitiron adquirir habilidades en programación e robótica, preparándoos así para os desafíos tecnolóxicos do futuro.

Proposta de mellora

Para fortalecer ainda máis a implementación do Plan Dixital do noso centro, propoñemos as seguintes melloras:

1. Traballar nos aspectos de seguridade pendentes

  • Formación en ciberseguridade: Organizar sesións de formación específicas para o profesorado, alumnado e familias sobre seguridade na internet, privacidade de datos e boas prácticas de seguridade online.

2. Continuar coa formación do profesorado e do alumnado

  • Formación continua para o profesorado: Ofrecer cursos de formación para o profesorado sobre o uso eficaz das tecnoloxías dixitais na aula, incluíndo o manexo dos novos equipamentos e software.
  • Desenvolvemento de competencias dixitais do alumnado: Desenvolver e implementar actividades e programas que promovan o desenvolvemento continuo das competencias dixitais do alumnado, incluíndo programación, ofimática, robótica, radio e seguridade dixital.

3. Continuar a equipar as aulas de especialidades

  • Actualización dos equipamentos: Investir e reorganizar para mellorar e actualizar os equipamentos nas aulas de especialidades, garantindo que estean equipadas cos ferramentas e recursos dixitais necesarios para a ensinanza e aprendizaxe eficaces.

Estas propostas de mellora teñen como obxectivo fortalecer ainda máis a implementación do noso Plan Dixital, garantindo un ambiente educativo seguro, promovendo o desenvolvemento continuo das competencias dixitais e proporcionando os recursos e equipamentos adecuados para unha ensinanza de calidade.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Oído polo Claustro e aproado en Consello Escolar este documento será publictado na Web do centro, no apartado Documentos

Plan Dixital curso 22-23

Plan Dixital curso 23-24

Enlace ao buscador de Plan Dixital https://www.edu.xunta.gal/educalidade/PlansCentroConvAction-input.action?OWASP_CSRFTOKEN=HOME-CABI-7Q7I-5ISJ-KHA1-9CDL-9G05-4EHZ

Instrucións: no desplegable de convocatoria escoller o "ano académico 2023-2024". No desplegable de plans escoller "Plan Dixital". No apartado de centro podemos escribir o nome do centro a buscar e seleccionamos. Prememos en "Buscar". Na columna de opción debemos premer na lupa para poder acceder ao plan.