Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación  normativa


  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132    da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Contextualización


Nome do Centro: EEI de Carantoña
Código: 15018938
C.I.F.: Q 6555173A
Enderezo: Praza de Carantoña, nº 17
Localidade: Carantoña
Concello: Vimianzo
Código Postal: 15129
Provincia: A Coruña
E-mail: eei.carantona@edu.xunta.gal

En canto á contorna, a EEI de Carantoña está situada nunha zona do rural da que procede todo o alumnado, aínda que o núcleo urbano máis próximo atópase aproximadamente a 8 quilómetros. A procedencia familiar do ALUMNADO responde, na maioría dos casos, a familias nucleares formadas polos pais e irmáns, aínda que cada vez máis se incrementa a convivencia con outros ascendentes, que comparten a mesma vivenda unifamiliar dotada dos servizos básicos.
O nivel socioeconómico das familias é medio ou baixo e mesmo hai un número importante de familias con algún dos seus membros en paro. Na meirande parte das familias traballa un só dos proxenitores adicándose o outro ao coidado da casa.
 

Proceso de elaboración


A EEI de Carantoña é unha escola unitaria. Esta peculiaridade fai que a organización para o desenvolvemento do plan dixital do centro recaia unicamente na mestra responsable, xa que exerce todas as funcións dos órganos de goberno, asumindo tamén a de coordinadora do plan dixital.
Durante o curso 2021-2022, elaborouse o Plan Dixital por medio dun PFPP consistente nun grupo de traballo. Os mestres de ditas escolas reunímonos de forma periódica en distintas sesións de traballo para levar a cabo as actividades requeridas de cara á consecución da creación do Plan Dixital de Centro.
Constituímos este grupo de traballo co obxectivo de desenvolver actividades que favorecesen a elaboración do Plan Dixital dos nosos centros e recibimos o asesoramento, a guía e as indicacións do grupo ADIX Vimianzo.
Ademais das sesións de traballo autónomo por parte do profesorado, recibimos sesións de formación sobre o propio Plan Dixital e os diferentes pasos a realizar para a súa correcta elaboración (test SELFIE, test CDD, DAFO e plan de acción. Tamén contamos en todo momento co contacto do mentor ADIX para solucionarnos dúbidas e axudarnos na elaboración das diferentes partes.

No curso 2022-23 implementouse o Plan Dixital.

Neste curso académico 2023-24 revisouse o documento e revisáronse obxectivos.
 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

-INFORMES SELFIE

-TCDD

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C10 Dispositivos propiedade do centro para os alumnos. Alumnado Non
Debilidade C10 Dispositivos propiedade do centro para os alumnos. Alumnado Non
Debilidade Falta de actividades de formación. Infraestruturas Non
Debilidade C1 Infraestructura Infraestruturas Non
Debilidade C10 Dispositivos propiedad del centro para alumnos. Infraestruturas Non
Debilidade A1 Estratexia dixital Infraestruturas Si
Debilidade A3 Novas modalidades de ensinanza Infraestruturas Non
Debilidade C7 Proteción de datos Infraestruturas Non
Debilidade A4 Tempo para explorar a ensinanza dixital. E2 Creación de recursos dixitais F3 Fomento da creatividade Falta de tempo e moita carga de traballo debido ao horario e a particularidade de ser unha escola unitaria. Baixa competencia dixital no persoal docente. Persoal docente Non
Debilidade A4 Tempo para explorar a ensinanza dixital. Persoal docente Non
Debilidade E2 Creación de recursos dixitais Persoal docente Non
Debilidade F3 Fomento da creatividade Persoal docente Si
Debilidade Falta de tempo e moita carga de traballo debido ao horario e a particularidade de ser unha escola unitaria. Persoal docente Non
Debilidade Baixa competencia dixital no persoal docente. Persoal docente Non
Fortaleza D3 Intercambio de experiencias E1 Recursos educativos en liña. E4 Comunicación coa comunidade educativa Boa relación e colaboración coas escolas unitarias da contorna. Persoal docente Non
Fortaleza E1 Recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza D3 Intercambio de experiencias Persoal docente Si
Fortaleza E4 Comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Non
Fortaleza Boa relación e colaboración coas escolas unitarias da contorna. Persoal docente Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo e moita carga de traballo debido ao horario e a particularidade de ser unha escola unitaria. Necesidade dunha renovación parcial do equipamento tecnolóxico do centro. Falta de redes de apoio nas escolas unitarias. Administración educativa Non
Ameaza Excesiva lexislación educativa. Administración educativa Non
Ameaza O centro non ten ANPA. ANPA Non
Ameaza B4 Sinerxias para a aprendizaxe mesta Escasa colaboración co centro ó que estamos adscritos. Outras Non
Oportunidade Importancia da figura do mentor ADIX no proceso de elaboración do Plan Dixita Administración educativa Non
Oportunidade Posibilidade de mellorar a alfabetización dixital nas familias e na contorna. Contorna Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar os resultados do noso DAFO evidéncianse as seguintes necesidades para este curso 23-24:

  • O01PD - Mellorar a competencia dixital do profesorado a través de actividades de carácter dixital con menos carga teórica e máis centradas na practica diaria docente no entorno das escolas unitarias. (Área D - Desenvolvemento profesional continuo)        
  • O02PD - Manter actualizada a páxina web do centro para mellorar a comunicación coas familias, establecendo así un portal de información. - (Área A - Liderado)        
  • O03PD - Utilizar as TIC como medio para mellorar a actividade docente - (Área F - Pedagoxía: implementación na aula).

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a competencia dixital do profesorado a través de actividades de carácter dixital con menos carga teórica e máis centradas na practica diaria docente no entorno das escolas unitarias. (Área D - Desenvolvemento profesional continuo)
O02PD Manter actualizada a páxina web do centro para mellorar a comunicación coas familias, establecendo así un portal de información. - (Área A - Liderado)
O03PD Utilizar as TIC como medio para mellorar a actividade docente - (Área F - Pedagoxía: implementación na aula).

Seguimento

Procedemento

Realizarase dende a seguite perspectiva:

  • A avaliación procesual farase unha vez ao fin de cada trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

 

1º Trimestre

No primeiro trimestre os obxectivos atópanse no seguinte punto:

  • O01PD - Mellorar a competencia dixital do profesorado a través de actividades de carácter dixital con menos carga teórica e máis centradas na practica diaria docente no entorno das escolas unitarias. (Área D - Desenvolvemento profesional continuo):     Comezada formación de Polos Creativos.
  • O02PD - Manter actualizada a páxina web do centro para mellorar a comunicación coas familias, establecendo así un portal de información. - (Área A - Liderado):   Realizada unha entrada en web. 
  • O03PD - Utilizar as TIC como medio para mellorar a actividade docente - (Área F - Pedagoxía: implementación na aula): en fase de deseño e estudo de necesidade para a escola na nube.

 

2º Trimestre

No segundo trimestre os obxectivos atópanse no seguinte punto:

  • O01PD - Mellorar a competencia dixital do profesorado a través de actividades de carácter dixital con menos carga teórica e máis centradas na practica diaria docente no entorno das escolas unitarias. (Área D - Desenvolvemento profesional continuo): xa realizada a metade das horas de formación de Polos Creativos.
  • O02PD - Manter actualizada a páxina web do centro para mellorar a comunicación coas familias, establecendo así un portal de información. - (Área A - Liderado): xa realizadas 4 entrdas na web do centro e incluído o bloque da escola nube.
  • O03PD - Utilizar as TIC como medio para mellorar a actividade docente - (Área F - Pedagoxía: implementación na aula): posta en marcha da escola na nube e primeiras probas realizadas.
3º Trimestre

No terceiro trimestre os obxectivos atópanse no seguinte punto:

  • O01PD - Mellorar a competencia dixital do profesorado a través de actividades de carácter dixital con menos carga teórica e máis centradas na practica diaria docente no entorno das escolas unitarias. (Área D - Desenvolvemento profesional continuo):  Acadado.
  • O02PD - Manter actualizada a páxina web do centro para mellorar a comunicación coas familias, establecendo así un portal de información. - (Área A - Liderado):  Acadado.
  • O03PD - Utilizar as TIC como medio para mellorar a actividade docente - (Área F - Pedagoxía: implementación na aula): Acadado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizarase dende dúas perspectivas:

  • A avaliación procesual farase unha vez ao fin de cada trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • A avaliación final farase no final do curso académico. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Valoración xeral

Durante este curso académico, os obxectivos do Plan Dixital do noso centro acadaron o seguinte estado:

O01PD - Mellorar a Competencia Dixital do Profesorado

Área: D - Desenvolvemento Profesional Continuo

Estado: Acadado

Valoración: A competencia dixital do profesorado foi mellorada a través de actividades centradas en Polos Creativos (robótica e pensamento computacional).

O02PD - Manter Actualizada a Páxina Web do Centro

Área: A - Liderado

Estado: Acadado

Valoración: A páxina web do centro foi mantida actualizada de maneira eficiente, proporcionando información oportuna á comunidade educativa. 

O03PD - Utilizar as TIC como Medio para Mellorar a Actividade Docente

Área: F - Pedagoxía: Implementación na Aula

Estado: Acadado

Valoración: A integración das TIC como medio para mellorar a actividade docente foi lograda con éxito. O uso de ferramentas tecnolóxicas na aula potenciou a calidade do ensino, facilitando metodoloxías máis dinámicas e interactivas que favoreceron a aprendizaxe do alumnado. En concreto realizouse a creación da escola na nube entre o noso centro e CEIP de Castromil.

En conclusión, os obxectivos do Plan Dixital do noso centro foron acadados con éxito neste curso académico. 

Proposta de mellora

Para o vindeiro curso temos as seguintes propostas de mellora no Plan Dixital do noso centro:

1. Mantemento da Formación do Profesorado en Novas Tecnoloxías

  • Seguir ofrecendo formación continua ao profesorado en novas tecnoloxías, asegurando que adquiran competencias avanzadas para integralas eficazmente na súa práctica diaria.

2. Actividades de Competencia Dixital para Alumnado de EI.

  • Desenvolver actividades específicas de competencia dixital para o alumnado de Educación Infantil (EI) enfocadas no pensamento computacional.

3. Facer publicacións en web das actividades relaciondas coa competencia dixital do alumnado.

  • Realizar a publicacións na web do centro das actividades vencelladas coa competencia dixital do alumnado que se realicen. 

Estas propostas de mellora están deseñadas para continuar co avance do noso Plan Dixital, garantindo que tanto o profesorado como o alumnado estean preparados e equipados para facer fronte aos retos e oportunidades que as novas tecnoloxías ofrecen.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan dixital difundirase entre toda a Comunidade Educativa a través da páxina web do centro, con aviso ás familias mediante Abalar.

Plan Dixital curso 22-23:

Plan Dixital curso 23-24