Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 24-25. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto. Nas distintas reunións do equipo realizarase unha análise do desenvolvemento e apliación do mesmo, para no caso de ser preciso, propoñer e realizar as modificacións que se consideren oportunas.
Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do presente curso académico. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento.
Procedemos á constitución do Equipo de Plan Dixital para a elaboración, xestión e seguimento do plan dixital de centro (PDC). Comezamos coa creación e publicación de narracións dixitais a través do programa O Tarabelo nas Ondas. Estamos pendentes de recibir por parte da Consellería os materiais restantes dos Polos Creativos para poder establecerde forma definitiva unha ruta de traballo de cara aos vindeiros meses, tanto a nivel metodolóxico como formativo.
Avaliación
O procedemento de seguimento e avaliación do plan realizarase ao longo de todo o curso. Distinguiremos aquí dous tipos de avaliación:
- Procesual, que se levará como mínimo unha vez ao trimestre.
- No Contexto final, momento en que trataremos de medir a consecución e logro dos obxectivos marcados neste Plan Dixital.
En cada unha delas, teremos en conta os obxectivos e indicadores marcados nas táboas do Plan de Acción. Valoraranse aspectos como:
- O estado da execución das accións programadas: Realizada / Pendente / Aprazada.
- A análise e valoración dos resultados ata ese momento.
- As posibles modi icacións das accións en busca de mellores resultados.
- Posibles propostas de mellora buscando acadar os obxectivos programados.
A avaliación inal levarase a cabo cara ao inal do vindeiro curso escolar. Como aspectos a considerar, teremos en conta os seguintes:
- A valoración do logro dos obxectivos: Acadados/ Parcialmente acadados / Non acadados / Pendentes / Aprazados.
- Proposta de repetición de obxectivos.
- Valoración das causas polas que non se acadaron os obxectivos.
- Posibles propostas de mellora.
- Plantexamento de novos obxectivos.
Do mesmo xeito, para poder avaliar a consecución ou non dos obxectivos, teremos en conta tamén durante o proceso todos aqueles aspectos que actualmente constitúen debilidades ou ameazas dentro do noso SELFIE e que non dependen directamente do noso traballo ou vontade:
- Conseguiuse ampliar a dotactión e parque tecnolóxico de recursos dixitais no centro (carros móbiles, ordenadores portátiles actuais, etc).
- A Consellería continúa aportan novos aplicativos (ou mellora dos actuais) que eliminen a burocracia e faciliten as labores administrativas..
- A UAC / Servizo Premium responden de forma áxil e operativa ás problemáticas xurdidas, pechando os tickets nun tempo razoable e con saída satisfactoria para o centro.
- Garántense horas exclusivas para que as persoas integrantes do equipo tic / plan dixital poden levar a cabo correctamente as súas funcións.
As actuacións serán consideradas como realizadas / superadas se responden aos indicadores sinalados en cada caso. Ese proceso de avaliación inal terá lugar ao remate do curso escolar, tendo en conta o nivel de progresión ou desenvolvemento (conforme as circunstancias) para cada actuación no plano cronolóxico detallado no Plan de Acción.
Comunicación e difusión
O protocolo para a publicidade e difusión do plan entre toda a comunidade educativa incluirá o seguinte proceso:
- Comunicación aos órganos colexiados:
- Publicidade na Web do centro no apartado de documentos.
- AbalarMóbil: comunicación do enlace ao documento.