Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O C.E.I.P. A.D.R. Castelao atópase no Concello de Rianxo, na rúa Rosalía de Castro número 12, moi preto doutros servizos comunitarios como o Pavillón Polideportivo Municipal, a Piscina Municipal, o Centro de Saúde e a Gardería.

Rianxo é a cabeceira do Concello do mesmo nome, que abrangue as parroquias de Rianxo, Taragoña, Araño, Asados, Leiro e Isorna cunha poboación de 11.554 habitantes. É un concello costeiro, as súas paisaxes cara o sur están dominadas pola ría de Arousa na desembocadura do río Ulla e polas xunqueiras e areais que conforman a súa costa, e cara o norte polos montes Treito, Pico Muralla e pola Serra do Barbanza.

A ECONOMÍA

A actividade económica céntrase na explotación dos recursos mariños a través de actividades extractivas, marisqueo e pesca de baixura e de actividades acuícolas, sobre todo, o cultivo do mexillón. A explotación dos recursos mariños facilitou a implantación dalgunha industria conserveira, non obstante bastante limitada se comparamos esta actividade coa súa implantación nos concellos da zona. A construción e as actividades afíns ocupan unha porcentaxe importante e significativa da poboación do Concello. A actividade económica xerada pola confección téxtil tamén é significativa.

CULTURA

Rianxo conta cunha historia moi rica e singular, que podemos percorrer a través das pegadas que foron deixando os seus poboadores no seu territorio:

- Restos prehistóricos únicos na zona sobre todo os de petróglifos e mámoas, algún destes elementos dunha enorme beleza contrastando cun estado de abandono.

- Importante patrimonio arquitectónico tanto civil como relixioso, igrexas parroquiais, pazos urbanos e rurais, ao carón das formas de expresión da arquitectura popular: hórreos, cruceiros, pombais.

Indicar finalmente a importante aportación de persoas nadas neste concello á cultura: Rafael Dieste, Manuel Antonio, Paio Gómez Chariño e, por suposto, Castelao que dá nome ó noso colexio.

SERVIZOS

O concello de Rianxo conta cunha oferta importante de servizos complementarios ós servizos educativos regrados:

  • Biblioteca Municipal

  • Auditorio e Casa da Cultura

  • Polideportivo Municipal

  • Piscina Municipal

  • Museo do Mar e Aula Activa do Mar

  • Clubs para deportes náuticos

  • Club de xadrez

  • Escola de Música

  • Grupos de baile e música tradicional

  • Centro cultural nas parroquias

2. Breve xustificación do mesmo

  •      Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  •      Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
  •      Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  •     Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  •   Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  •     Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

3. Proceso de elaboración

Partimos do Plan Dixital do curso 2023-24 e da súa avaliación para concretar os obxectivos correspondentes a este curso.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa empregados foron: 

a) SELFIE: é un paquete completo que axuda ás escolas a desenvolver un plan de acción para unha aprendizaxe eficaz na era dixital. Ofrece pautas paso a paso para revisar os resultados e establecer prioridades e obxectivos, desenvolver un plan de acción, implementar e avaliar ese plan.

b) Test CDD: con este Test de Competencia Dixital Docente, enmarcado no Marco Europeo DigCompEdu, extraemos información directa sobre o nivel de Competencia Dixital do profesora do centro, facendo unha anlálise dos resultados.

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.- Falta de horario lectivo para a formación do alumnado na Competencia Dixital. 2.- Dificultades na comprensión lectora. Alumnado Non
Debilidade 1.- Falta de habilidades dixitais en boa parte das familias. 2.- En determinadas familias, só dispoñen dun ordenador para varios membros. Familias Non
Debilidade 1. Aula de informática con ordenadores obsoletos e sen dispoñer dun ordenador por alumno. 2.- Acceso a internet, ás veces deficiente. 3.- Problemas coa rede eléctrica na aula de informática. Infraestruturas Si
Debilidade 1.- Falta de tempo para a elaboración de materiais dixitais. 2.- Falta de implicación por un sector do profesorado. 3.- Exceso de burocracia. 4.- Exceso de proxectos a levar a cabo. 5.- Limitacións técnicas. Persoal docente Non
Fortaleza 1.- Interese, por parte do alumnado, nas actividades dixitais. Alumnado Non
Fortaleza 1.- Vías de comunicación, coorporativas, coas familias: . Páxina web. . Aula virtual. . Abalar. Familias Non
Fortaleza 1. Proxectos de Educación Dixital (E-Dixgal) Oferta Non
Fortaleza 1.- Existencia dunha Aula Virtual activa. Organización de centro Non
Fortaleza 1.- Interese polo uso das novas tecnoloxías. 2.- Subscripción a distintas plataformas dixitais para a elaboración de material didáctico. 3.- Uso de E-dixgal en 5º e 6º de Ed. Primaria 4.- DPC por parte do profesorado. 5.- Incremento nos programas educativos de innovación. 6.- Cultura do traballo en equipo. Persoal docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.- Imposición de burocracia, que ralentiza a execución de proxectos. 2.- Asistencia técnica lenta para as necesidades do día a día. Administración educativa Non
Ameaza 1.- Cambio frecuente da lexislación en Educación. Lexislación Non
Oportunidade 1.- Ratio profesor/alumno axeitada. 2.- Elminación de barreiras. 3.- Financiación por obxectivos. Administración educativa Non
Oportunidade 1.- Cambios lexislativos en busca de melloras. Lexislación Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Cambiar ordenadores de expurgo por outros operativos co fin de contar cun total de 24 ordenadores na aula de informática.
002PD Implementar distintos proxectos interdisciplinares por parte dos departamentos de Biblioteca, Extraescolares e EDLG
003PD Elaborar cursos activos na Aula virtual do centro nos cursos de 3 a 6 de Educación Primaria.
004PD Elaborar material didáctico a partir de distintas plataformas dixitais (Wordwall, Genial.ly, Canva, Liveworksheets).
005PD Fomentar a formación do profesorado en competencia dixital.

Seguimento

Procedemento

 

 

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan dixital se publicará na páxina web do centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/) e se comunicará ás familias a través do EspazoAbalar.