Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de
Educación.
- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da
Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan
instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e
bacharelato no curso académico 2021-2022.

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e
Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño,
elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes
sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o
curso 2021-2022.


A través deste Plan dixital preténdese dar unha maior presenza ás novas
tecnoloxías no proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumnado.


A persoa encargada de elaborar o Plan Dixital é o responsable do Centro,
Rodrigo Pérez Lago.
Traballou dentro dun PFPP creado para a elaboración do Plan Dixital, en
colaboración con profesorado doutros centros. A periodicidade das
reunións veu dada en función dos pasos a seguir para a elaboración final
do presente Plan Dixital:
-Configuración do cuestionario Selfie, realización por parte do
profesorado e análise dos resultados obtidos.
-Realización do cuestionario CDD en FProfe por parte do profesorado e
análise dos resultados obtidos.
-Formación na elaboración do DAFO e confección do mesmo.
-Formación na elaboración do Plan de Acción e elaboración do mesmo.
-Elaboración do presente Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos empregados foron:

-SELFIE, que nos axudou a establecer prioridades e obxectivos.

-TEST de Competencia Dixital Docente, onde obtivemos información directa sobre o nivel de CDD do profesorado, analizando os seus resultados. 

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Crear contido dixital co alumnado da EI antóxase complicado. Alumnado Si
Debilidade Os recursos dixitais son escasos Infraestruturas Si
Debilidade centro non conta cunha estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade Aula virtual non operativa. Organización de centro Si
Debilidade As características da escola en canto á organización temporal, non permiten afondar na utilizaión das tics. Organización de centro Si
Debilidade Falta de tempo. Persoal docente Si
Debilidade Formación limitada Persoal docente Si
Debilidade Un único mestre como responsable de centro que asume todas as funcións da escola. Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado disfruta da utilización de tics sexa cal sexa o medio empregado. Alumnado Non
Fortaleza Emprego de ferramentas coorporativas para a comunicación coas familias. Oferta Non
Fortaleza Ratio básica. Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado conta con ordenadores á súa disposicion. Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Escasos recursos económicos. Administración educativa Si
Ameaza Carga burocráctica, todas as funcións recaen sobre unha única persoa. Lexislación Si
Ameaza Concello pouco colaborativo Outras Non
Oportunidade A consellería ofrece a posiblidade de formarse no ámbito tic. Administración educativa Non
Oportunidade Dispoñemos de asistencia técnica por parte da consellería. Administración educativa Non
Oportunidade Familias implicadas e que adoitan empregar as tics. Contorna Non
Oportunidade Implantación da cara ao curso 22-23 do primeiro Plan Dixital. Lexislación Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Grazas a información recollida e xerada a través da realización do SELFIE (anexos) e o TEST CDD confirmamos e coñecemos a realidade do noso centro. A partir da mesma elaboramos o DAFO (anexos) que nos permitiu reflexionar sobre esta realidade e elaborar un plan de acción. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Ampliar e actualizar os recursos tecnolóxicos dos que dispón o centro.
O02PD Poñer en funcionamento e manter actualizada a web do centro.
O03PD Crear un banco de recursos dixitais para que o alumnado utilice nas tablets.
O04PD Realizar formación relacionada coa creación de contidos dixitais.

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará candomenos unha xuntanza trismestral do mesmo xeito que a persoa mentora ADIX realizará dúas visitas trimestrais, para analizar a evolución do desenvolvemento do PD.

1º Trimestre

Levouse a cabo a solicitude de equipamento para a mellora da dixitalización das aulas obtendo dende a consellería 4 PC reacondicionados e postos en funcionamento.

2º Trimestre

Levouse a cabo unha formación sobre o deseño e desenvolvemento de páxinas web (DRUPAL), e á súa vez procedeuse á actualización da páxina web do centro. 

3º Trimestre

Cubríronse as necesidades de estabilidade na rede WIFI por ANTEGA, creando a rede EDU.XUNTA.GAL inexistente ata este momento.  Estabamos funcionando no centro coa antiga rede ED.

Creáronse novos puntos de rede e estabilizouse.

Dende a consellería recibimo a pantalla dixital quedando instalada na aula principal do centro. 

Por outra banda, destacar que o equipamento reacondicionado que solicitamos e recibimos no primeiro trimestre xa non está en funcionamento.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O presente Plan Dixital deberá ter un seguimento e avaliación para
ver o grao de consecución dos obxectivos propostos no plan de
acción:
Farase unha avaliación procesual que será trimestral. Nela teranse
en conta os seguintes aspectos: estado da execución das accións
segundo a data prevista de fin e a análise e valoración dos
resultados. De darse o caso, incluiranse as modificacións levadas a
cabo así como as posibles as propostas de mellora.
A final do terceiro trimestre, unha vez rematado o curso escolar,
farase unha avaliación final. Valorarase o logro dos obxectivos
marcados. Tamén se estudarán as posibles propostas de mellora de
cara ao seguinte Plan Dixital.

O instrumento de avaliación a usar será a observación directa da
profesora responsable do centro tendo en conta:
-equipos actualizados.
-entradas na web do centro.
-recursos no repositorio.
-formación do profesorado.

Valoración xeral

Acadáronse na súa totalidae os obxectivos 1 e 2. Quedan pendentes de consecución os obxectivos 3 e 4 para o vindeiro curso. A falta de recursos e tempo do único mestre responsable do centro imposibilita a realización de todas as tarefas relacionadas co PD.

Proposta de mellora

Continuar coa actualización e uso da páxina web.

Crear o banco de recursos dixitais e con este fin solicitarase o equipamento necesario.

Solicitará unha formación en competencia dixital para a creación de contidos (O03PD).

Voltarase a solicitar novos PC para reemplazar os equipos non operativos.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para dar publicidade a este plan, así como ás accións que se vaian
levando a cabo, empregaremos a web do centro, onde colgaremos o
presente plan dixital, así como algunhas das tarefas que se vaian
levando a cabo.


PLAN DIXITAL EEI CAAMAÑO.pdf (xunta.gal)