Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Durante o presente curso escolar, o noso centro conta cun total de 44 alumnos/as, dos cales 14 pertencen á etapa de educación infanti l e 30 á etapa de educación primaria. No relativo ó profesorado contamos cun total de 8 profesores/as dos cales dous deles son itinerantes con outros centros da contorna.

O entorno do centro está formado por unha mestura de ecosistemas. Este feito permítenos dispoñer, moi preto de nós, de numerosos recursos naturais que poden ser de gran utilidade para o desenvolvemento da actividade docente, xa que podemos observalos e estudialos in situ: os bosques, os ríos, as terras de cultivo, as praias, a ría, a vexetación autóctona, a aldea coa súa arquitectura popular (hórreos, pombais, cruceiros, fontes,...) e, por suposto, a arquitec-tura da civilización castrexa. Non podemos esquecer que nos atopamos a escasa distancia dese tesouro arqueolóxico que é o Castro de Baroña.

A parroquia de Baroña ten unha poboación que se achega aos 1.000 habitantes, o que nos dá unha densidade de 95 h/Km2 , aproximadamente. A parroquia de Ribasieira, máis dis-persa e menos poboada, apenas chega aos 200 habitantes (os seus rapaces repártense entre dous centros de ensino, o Ceip. de Xuño e o Ceip. de Campanario).

A maior parte da poboación destas parroquias, ao igual cá do resto do Concello, diversifica as súas tarefas económico-profesionais nun abano de actividades que, ao noso entender, son as seguintes, por orde de importancia e número de traballadores: a pesca, o marisqueo e industrias derivadas da pesca (en diversas localidades da Barbanza); a construción (con especial mención duna empresa local adicada á explotación e transformación de granitos, que dá emprego a un número considerable de veciños); actividades agrícolas, gandeiras e forestais; o sector servizos, que nos últimos anos vai en auxe, parello ao aumento de turismo na zona, e que fixo incrementar notablemente o número de comercios e establecementos hosteleiros.

En canto ao nivel socio-cultural, notamos un avance progresivo nos últimos anos, debido principalmente á maior porcentaxe de xuventude que accede a estudos superiores. Entre os mozos e mozas que foron alumnos-as do Ceip. de Campanario, atopamos un número con-siderable de titulados universitarios. Así, podemos afirmar que o nivel cultural é medio-alto. De todos os xeitos, sería moi desexable que se incrementaran as ofertas culturais que che-gan ao medio rural desde as distintas administracións e se facilitase o acceso ás mesmas a todas as persoas que habitan nas nosas aldeas.

Por último e desgraciadamente, temos que lamentar un descenso notable na poboación de Baroña e Ribasieira que se fai notar negativamente na matrícula do noso centro. Isto débese fundamentalmente a dúas causas: a baixa natalidade nos núcleos do rural e a emigración, que levou a moitas familias a buscar futuro en zonas urbanas de Galicia (e mesmo noutras comunidades ou países, como Canarias, País Vasco ou Estados Unidos), que ofrecen máis posibilidades de emprego, máis e mellores ofertas culturais e onde a conciliación laboral e familiar favorece o acceso ao emprego tanto a homes coma a mulleres.

Este PD intégrase dentro do Proxecto Educativo (PE) do centro, como un elemento dinami-zador do traballo educativo cotiá. O PD debe incluír todos os proxectos e Plans do centro, ofrecendo ferramentas de traballo motivadoras, inclusivas, e en definitiva, orientadas a todo o noso alumnado sexan cales sexan as súas características persoais e de referencia socio-familiar. Do mesmo xeito, a PXA do vindeiro curso, deberá ter en conta este PD, para desenvolver os obxectivos establecidos no Plan de Acción. Así mesmo, este PD formará parte do Plan de Integración das TICs ou Proxecto de Educación Dixital, que se inclúe na PXA.

Nos últimos anos o CEIP Campanario avanzou no ámbito das novas tecnoloxías, grazas á participación en distintos plans e proxectos como Edixgal ou Digicraft no teu cole, que dotaron ó centro de novos equipamentos e melloras na conectividade da rede, un aspecto fundamental para adaptarse ós novos tempos.

A nivel lexislativo, o presente documento fundaméntase en base ás seguintes referencias:

- Artigo 111 LOE referente ás TIC e ós entornos virtuais de aprendizaxe

- Artigo 121 LOE O proxecto educativo de centro recollerá así mesmo a estratexia dixital do centro de
acordo co establecid o no artigo 111bis.5.

- Artigo 132 LOE Inclúe dentro das competencias das persoas directoras promover a innovación e
experimentación con novos métodos de ensino encamiñados a acadar os obxectivos- 
- Resolución do 17 de xuño de 2021. Indícase que os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de
acordo coas instrucións que se diten.

- Resolución do 3 de setembro de 2021. Esta resolución ten por obxecto establecer as medidas de actuación relativas ao
deseño, elaboración e implement ación do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa empregados foron:

- SELFIE: É un paquete completo que axuda ás escolas a desenvolver un plan de acción para unha aprendizaxe eficaz na era dixital. Ofrece pautas paso a paso para revisar os resultados e establecer prioridades e obxectivos, desenvolver un plan de acción, implementar e avaliar ese plan

- TEST CDD: con este test de competencia dixital docente, enmarcado no Marco Europeo DigCompEdu, extraemos información directa sobre o nivel de competencia dixital do profesorado do centro, facendo unha análise dos resultados.

 

 

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixa competencia do alumnado para a resolución de problemas técnicos en dispositivos dixitais Alumnado Si
Debilidade Baixa competencia dixital dalgunhas familias Familias Non
Debilidade Dotación de equipamento tecnolóxico insuficiente e ou desactualizado Infraestruturas Si
Debilidade Falta de estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Ausencia de ferramentas dixitais de avaliación por parte do profesorado, así como para documentar os pogresos do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado de 5º e 6º conta con equipos individuais e actualizados Infraestruturas Non
Fortaleza Participamos no programa Digicraft no teu cole e Edixgal Oferta Si
Fortaleza Aula virtual operativa e actualizada Organización de centro Non
Fortaleza Adopción de innovacións educativas por parte do profesorado que permite a creación de canles de axuda e asesoramento Persoal docente Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Horas de coordinción insuficientes. Exceso de carga burocrática Administración educativa Si
Ameaza Falta de colaboración e comunicación coa ANPA ANPA Non
Ameaza Entorno rural que a veces ten dificultades de acceso á rede. Contorna Non
Ameaza Aínda que coñecemos as normas e dereitos de uso non se aplican asiduamente. Lexislación Non
Oportunidade Boa resolución de incidencias técnicas Administración educativa Non
Oportunidade Entorno social e familiar favorable Contorna Non
Oportunidade Coñecemos a normativa de protección de datos Lexislación Non
Oportunidade A Comunidade de montes de Baroña colabora con nós para acadar os obxectivos educativos. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Grazas á información recollida e xerada a través do TEST CDD, que nos permitiu confirmar e coñecer a realidade do noso centro no relativo ó eido dixital, puidemos extraer unha análise DAFO que nos permite reflexionar sobre a realidade do noso centro e nos facilitou a elaboración das liñas de actuación fundamentais para a redacción dos obxectivos e accións a desenvolver no vindeiro curso e que se recollen neste documento.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Formación en Edixgal e creación de recursos na plataforma para o profesorado
Solicitar liberación horaria para a coordinación de TIC, Edixgal, e Plan Dixital
Posta en marcha do polo creativo e inicio do proxecto
A totalidade do alumnado participa nun proxecto irterdisciplinar ó longo do curso
Formación do alumnado de nova incorporación ao E-Dixgal.

Seguimento

Procedemento

O equpo de dinamización do Plan Dixital, realizará, alomentos, unha xuntanza trimestral para valorar a evolución do plan

Do mesmo xeito, a persoa mentora ADIX, realizará, como mínimo, dúas visitas trimestrais ó centro, para analizar, xunto coa persoa coordinadora do Plan DIxital, o desenvolvemento do PD.

A persoa coordinadora do PD, terá acceso á ferramenta EduCalidade para rexistrar os avances e avaliación deste plan, baixo a supervisión da persoa directora e co apoio do resto de persoas que forman o equipo.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a elaboración do presente plan xa se levou a cabo unha avaliación inicial que permitiu a detección de necesidades concretas do noso centro e en función das mesmas deseñáronse unha serie de obxectivos perfectamente contextualizados e temporalizados.Unha vez deseñados os obxectivos e elaborado o presenta plan, este será obxecto dunha avaliación procesual durante o desenvolvemento do mesmo que nos permitirá ir comprobando os posibles avances e ou retrocesos no caso de habelos e poder implementar os cambios e melloras que consideremos oportunos. En todo caso atenderemos ós obxectivos est ablecidos no plan de acción. No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será cando menos unha vez ó trimestre e os aspectos a valorar son o estado da execución das accións, así como a análise e valoración dos resultados. No contexto da avaliación final mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos fundamentais a valorar serán os relativos ao logro dos obxectivos e as propostas de mellora. O propio Plan de A cción, nos obxectivos plantexados, inclúe unha lista de cotexo como instrumento de avaliación que imos a utilizar. O proceso de implementación, ao ser un proceso vivo e modificable, poderá requerir o uso doutros instrumentos de avaliación se fose necesario

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do presente plan empregamos a páxina web do centro, así como as distintas canles de difusión que empregamos habitualmente.