Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro
O CEIP Plurilingüe A Magdalena está situado no Concello das Pontes de García Rodríguez, provincia da Coruña. Escolariza alumnado de parroquias do rural, do núcleo urbano e doutros concellos limítrofes, contando así cunha matrícula de 407 nenos/as, distribuídos da seguinte maneira: 128 alumnos/as de Educación Infantil e 279 alumnos/as de Educación Primaria. Así mesmo, o claustro está formado por 35 docentes de todas as especialidades para ambas etapas. 

Ficha técnica de interese:

Nome do centro: CEIP Plurilingüe A Magdalena    
Enderezo do centro: Rúa Monte Caxado, S/N, As Pontes de García Rodríguez, 15320
Teléfono: 881 93 00 36
Código do centro: 15013643
Correo electrónico: ceip.magdalena@edu.xunta.gal
Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagdalena

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao PEC
Nas súas proximidades do centro encontramos un gran patrimonio cultural, natural e social, debido en gran parte pola influencia do Eume e a gran biodiversidade que o acompaña. A localidade é coñecida tamén pola central térmica, a industria enerxética centrada na biomasa e eólica ademais do sector lácteo. Na actualidade moito do movemento turístico débese á riqueza paisaxística e ao gran lago creado na antiga mina de lignito.
A realidade socioeconómica é variada, dedicándose unha gran parte da poboación á industria, agricultura e gandería, mais tamén nos atopamos con traballadores de empresas do pequeno e mediano comercio. En canto ao coñecemento tecnolóxico, a competencia dixital das familias é variado, demostrándose unha melloría significativa dende o confinamento. Pola súa parte, a dotación de recursos é notable xa que na maioría das casas existe conexión á Rede e aparellos intelixentes. 
A nivel lingüístico a poboación maioritaria usa o castelán como idioma habitual aínda que tamén posúe competencia, cando menos verbal, para expresarse en lingua galega. Con isto, a lingua vehicular do centro é o galego.
Neste contexto o presente Plan Dixital atenderá ás circunstancias que rodean a situación ambiental do centro, respectando as directrices enmarcadas no Proxecto Educativo e no Plan Xeral Anual para o curso 2022/2023. É por iso que a mellora da competencia tecnolóxica será un pilar neste ano académico desenvolvendo iniciativas que, integradas nos demais plans e proxectos do colexio, serán fundamentais no cumprimento de obxectivos establecidos en materia dixital. De cara ao vindeiro curso o presente Plan Dixital conformará un apartado específico para a descrición do proceso de implementación, dentro da PXA.
Algunhas destas iniciativas van dirixidas a combater certas problemáticas observadas ao longo destes anos de pandemia, como poden ser a fenda e a competencia dixital. A COVID-19 deixou ver o baixo nivel educativo que existe na adquisición desta competencia, acentuando así mesmo a chamada fenda dixital, que ante a necesidade imperante do momento fixo que se acrecentase máis se cabe as desigualdades e o contraste no manexo de novas tecnoloxías. 
Esta situación reforza o noso afán de involucrar a toda a comunidade educativa no desenvolvemento deste Plan Dixital. Dende o CEIP Plurilingüe A Magdalena sempre nos implicamos na integración das TIC na aula, por iso participamos en diferentes formacións e programas que axudan ao alumnado e profesorado a formarse e coñecer este novo paradigma educativo. Demostración disto é a nosa participación no programa EDixgal ou a creación de gran número de grupos de traballo para o desenvolvemento de dita temática.
A modo de resumo, no actual curso o centro participa nos seguintes programas educativos en relación coas TIC:

- Abalar / EspazoAbalar / AbalarMóbiles: uso principal para a comunicación familia-escola e obtención de recursos educativos.
- Edixgal: para o desenvolvemento diario e a mellora competencial co alumnado de 5º e 6º.

De cara ao curso que vén buscarase participar noutros proxectos tales como: DigiCraft ou Polos Creativos.
 

1.3. Breve xustificación do mesmo
A Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOMLOE), establece que nos centros educativos se promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo tarefas de ensino – aprendizaxe utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas (Art. 111 bis). Este proceso respectará o proxecto educativo do centro onde se recolle a estratexia dixital do centro (Art. 121).
Do mesmo modo, a Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022, implanta a elaboración de Plans Dixitais nos centros seguindo as directrices recollidas na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital.

1.4. Proceso de elaboración
Para a redacción do Plan Dixital seguiuse un proceso minucioso baseado nun diagnóstico previo da capacidade tecnolóxica do profesorado e alumnado. As fases foron:

- 1º Trimestre: enquisa SELFIE ao alumnado e profesorado.
- 2º Trimestre: realización do test CDD (de Competencia Dixital Docente). Obtidos os resultados do informe SELFIE e do test CDD, elaborouse a análise DAFO do centro en relación ao ensino dixital.
- Finais do 2º e  3º Trimestre: selección e filtrado de prioridades resultantes da análise DAFO. Recollida do Plan de Acción para atenuar as debilidades e ameazas.
- Finais do 3º Trimestre: Fase de avaliación e confección do Plan.

O deseño trata de recoller as ideas principais, determinar as prioridades e establecer os niveis de planificación (programas, proxectos, obxectivos e/ou accións) que marcarán o plan de traballo do equipo docente no seu proceso de cambio e mellora. Con isto, o Equipo de Dinamización do Plan estará formado por: equipo TIC e equipo directivo. Con esta organización o Plan Dixital deberá permitir á comunidade educativa:

- Entender a importancia das novas tecnoloxías neste novo paradigma educativo.
- Coñecer os obxectivos formulados para a consecución da competencia dixital.
- Implicarse no desenvolvemento tecnolóxico do centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, o Test CDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
43 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Dar recoñecemento ao traballo dos demais (H6) Alumnado Non
Debilidade Creación de contidos dixitais (H7) Alumnado Si
Debilidade Infraestrutura (C1) Infraestruturas Si
Debilidade Protección de datos (C7) Infraestruturas Si
Debilidade Dispositivos dixitais para a docencia (C2) Infraestruturas Non
Debilidade Estratexia dixital (A1) Organización de centro Si
Debilidade Avaliación do progreso (B1) Organización de centro Si
Debilidade Creación de recursos dixitais (E2) Persoal docente Si
Debilidade Necesidades de CPD (D1) Persoal docente Si
Debilidade Intercambio de experiencias (D3) Persoal docente Si
Debilidade Comunicación coa comunidade educativa (E4) Persoal docente Si
Debilidade Colaboración do alumnado (F5) Persoal docente Non
Debilidade Proxectos interdisciplinares (F6) Persoal docente Si
Debilidade Autorreflexión sobre a aprendizaxe (G5) Persoal docente Non
Debilidade Avaliación do progreso (B1) Persoal non docente Non
Debilidade Intercambio de experiencias (D3) Persoal non docente Non
Debilidade Creación de recursos dixitais (E2) Persoal non docente Non
Debilidade Recursos educativos en liña (E1) Persoal non docente Non
Debilidade Colaboración do alumnado (F5) Persoal non docente Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para a aprendizaxe (C8) Alumnado Non
Fortaleza Comportamento seguro (H1) Alumnado Non
Fortaleza Comportamento responsable (H3) Alumnado Non
Fortaleza Aprende a comunicarte (H8) Alumnado Non
Fortaleza Verificar a calidade da información (H4) Alumnado Non
Fortaleza Acceso a Internet (C3) Infraestruturas Non
Fortaleza Asistencia técnica (C5) Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para a aprendizaxe (C8) Infraestruturas Non
Fortaleza Novas modalidades de ensinanza (A3) Oferta Non
Fortaleza Novas modalidades de ensinanza (A3) Organización de centro Non
Fortaleza Desenvolvemento da estratexia co profesorado (A2) Organización de centro Non
Fortaleza Colaboracións (B3) Persoal docente Non
Fortaleza Participación no DPC (D2) Persoal docente Non
Fortaleza Recursos educativos en liña (E1) Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa (E4) Persoal docente Non
Fortaleza Novas modalidades de ensinanza (A3) Persoal docente Non
Fortaleza Debate sobre o uso da tecnoloxía (B2) Persoal docente Non
Fortaleza Implicación do alumnado (F4) Persoal docente Non
Fortaleza Avaliación da capacidade (G1) Persoal docente Non
Fortaleza Retroalimentación adecuada (G3) Persoal docente Non
Fortaleza Adaptación ás necesidades do alumnado (F1) Persoal docente Non
Fortaleza Fomento da creatividade (F3) Persoal docente Non
Fortaleza Comentarios a outros alumnos sobre o seu traballo (G7) Persoal docente Non
Fortaleza Implicación do alumnado (F4) Persoal non docente Non
43 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Infraestrutura (C1) Administración educativa Non
Ameaza Dispositivos dixitais para a docencia (C2) Administración educativa Non
Oportunidade Acceso a Internet (C3) Administración educativa Non
Oportunidade Asistencia técnica (C5) Administración educativa Non
Oportunidade Protección de datos (C7) Lexislación Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
OB1 Mellorar o funcionamento dos equipos dixitais do centro.
OB2 Asegurar e protexer a privacidade / confidencialidade de toda a comunidade educativa e dos recursos empregados.
OB3 Promover a formación permanente do profesorado en material dixital.
OB4 Potenciar os intercambios de experiencias sobre docencia con tecnoloxías tanto a nivel interno como externo.
OB5 Crear contidos didácticos a través do manexo e dominio docente de ferramentas dixitais.
OB5 Crear contidos didácticos a través do manexo e dominio docente de ferramentas dixitais.
OB6 Ensinar ao alumnado o funcionamento de ferramentas dixitais para a creación de recursos.
OB7 Utilizar medios dixitais corporativos para a comunicación coas familias.
OB8 Realizar proxectos interdisciplinares nas clases coa axuda de tecnoloxías dixitais.
OB9 Iniciarse no emprego de instrumentos dixitais para a avaliación do alumnado e do docente.
O10 Seguir como folla de ruta o plan dixital elaborado no centro.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do Plan Dixital realizarase baixo o uso de indicadores para a avaliación trimestral e das actuacións. Neste sentido usaranse unha serie de descriptores para a integración das tecnoloxías dixitais nas dimensións organizativa, pedagóxica e tecnolóxica. Cada un dos descriptores foi asignado a unha das competencia que buscamos mellorar no centro, aínda que é certo que, sendo as áreas da competencia dixital integrais e transversais, algúns deles poderían responder a preguntas doutros elementos. Devanditos indicadores poderán ser utilizados e revisados a principios de cada trimestre, para adecualos ás condicións concretas do contexto educativo.

1º Trimestre

Inicio de accións encamiñadas á adquisición dos obxectivos: 

  • OBX1: accións emprendidas: Realización de accións de actualización, optimización e mantemento ao inicio de cada trimestre. Creación dun formulario de incidencias graduando a súa urxencia. Analizar equipos e solicitar a substitución de recursos obsoletos en cada unha das aulas de traballo.
  • OBX2: accións emprendidas: Creación dun modelo base a modo de autorización para profesorado que queira empregar ferramentas externas. Fomento de uso e coñecemento de licenzas Creative Commons.
  • OBX3: accións emprendidas: Creación dun Proxecto de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), con temática dixital, motivante e funcional.
  • OBX7: accións emprendidas: Dar a coñecer a toda a comunidade o uso de ferramentas corporativas de comunicación (en especial correo e abalarmóbil) e funcionamento. Empregar espazo abalar non só para notificación de mensaxes senón tamén para a coordinación e rexistro de titorías familiares.
  • OBX10: accións emprendidas: Dar a coñecer o Plan Dixital de centro e conseguir a implicación de todo o equipo docente. Realización de adaptacións ou modificacións propostas polos compañeiros/as.

 

2º Trimestre

Accións  desenvoltas segundo os obxectivos establecidos: 

  • OBX1: Realización de accións de actualización, optimización e mantemento. Análise equipos e solicitude de novas tomas de rede nas instalacións do centro.
  • OBX2: uso de licenzas Creative Commons nos documentos de centro. Formación en materia de protección de datos.
  • OBX3: sesión formativas correspondentes ao PFPP da liña dixital.
  • OBX4: Creación de proxecto eTwinning dentro do programa Erasmus+
  • OBX5: Creación de contidos dixitais, obtención dun carro de carga para equipos portátiles, mellora da conexión a Internet, emprego das aulas virtuais.
  • OBX6: Desenvolvemento do programa DigiCraft nas horas de libre configuración, emprego de recursos tecnolóxicos do centro como Chroma e impresora 3D.
  • OBX7: empregar espazo abalar non só para notificación de mensaxes senón tamén para a coordinación e rexistro de titorías familiares.
  • OBX9: Formar ao claustro en ferramentas de avaliación.
  • OBX10: difusión do Plan Dixital de centro e conseguir a implicación de todo o equipo docente.
3º Trimestre

Accións  desenvoltas segundo os obxectivos establecidos: 

  • OBX1: Realización de accións de actualización, optimización e mantemento. Análise equipos e solicitude de novos puntos de acceso wifi.
  • OBX2: uso de licenzas Creative Commons nos documentos de centro.
  • OBX4: Publicación de proxectos eTwinning e contacto con centros estranxeiros para colaborar nas súas propostas
  • OBX5: Creación de contidos dixitais, obtención paneis interactivos e unha aula de informática móbil e emprego  continuado das aulas virtuais.
  • OBX6: Desenvolvemento do programa DigiCraft nas horas de libre configuración, emprego de recursos tecnolóxicos do centro como robots ou realidade aumentada.
  • OBX7: Empregar espazo abalar para a coordinación e rexistro de titorías familiares.
  • OBX8: Realización de proxectos interdisciplinares con centros doutras comunidades autónomas (Agrupacións Escolares).
  • OBX9: Acordo para a realización de Adaptacións Curriculares (AC) e avaliacións das mesmas baixo formato común
  • OBX10: Realización de adaptacións do PD.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para poder avaliar o plan, será necesario medir o grao de consecución dos obxectivos marcados comprobando a efectividade das actuacións levadas a cabo. O Equipo de dinamización do Plan dixital elaborará un documento para incluír na memoria final do centro, este documento tamén recollerá propostas de mellora para o seguinte curso. Poderán terse en conta para a avaliación do Plan Dixital os datos obtidos de futuras aplicacións de SELFIE e o test de competencia dixital docente.
Neste proceso de avaliación empregaranse os seguintes instrumentos e ferramentas (Como imos avaliar?):
- Os indicadores de avaliación asociados a cada un dos obxectivos e accións.
- A ferramenta de avaliación SELFIE a través da cal poderemos facer unha análise da competencia dixital do Centro. Recoméndase realizar anualmente a final de curso.
- A avaliación da Competencia Dixital Docente a través do  portfolio da Competencia Dixital Docente do  INTEF.
- A avaliación da Competencia Dixital do alumnado a través de SELFIE, preferiblemente a final do curso.
- O plan avaliarase en función dos resultados obtidos no marco dos obxectivos e prazos previstos. O informe de progreso formará parte da Memoria anual do Centro.

Que imos avaliar?
- Eficacia do plan nos distintos ámbitos.
- Participación.
- Grao de uso das TIC.
- Cambio na metodoloxía docente.
- Implicación: familias e claustro.
- Redución fenda dixital.
 
Cando imos avaliar?
- Avaliación procesual: será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Avaliación final: será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

O Equipo de dinamización do Plan Dixital presentará unha actualización do Plan Dixital para o curso 2023-2024 tendo en conta os datos de consecución dos obxectivos, valoración das actuacións do plan de acción, propostas recollidas da comunidade educativa, cambios normativos e outros aspecto que considere relevantes. A aprobación das modificacións no Plan Dixital axustarase ao procedemento establecido para a elaboración do Plan Dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente Plan Dixital de centro buscará chegar a toda a comunidade educativa para dar a coñecer o proceso seguido na dixitalización das nosas aulas. Para unha mellor difusión serán varias as accións a emprender co fin de implicar a todos os membros na consecución das metas propostas.

Acción 1:
Presentación do plan: 
- Información dos aspectos máis relevantes do plan.
- Buscar a participación do profesorado no logro dos obxectivos marcados.    Claustro    - Reunións informativas de claustro.
- Páxina web do centro.
Destinatarios: Claustro
Canle:
- Reunións informativas de claustro.
- Páxina web do centro.

Acción 2:
Promoción do plan:
- Implementar as medidas necesarias para informar e asesorar aos docentes do centro.
Destinatarios: Docentes
Canle:
- Plan de Formación de Centro.
- Traballo cooperativo.

Acción 3:
Informar ao alumnado dos aspectos do plan que máis lle concirnen: Aulas Virtuais, Edixgal, uso responsable, protección de datos...
Destinatarios: Alumnado
Canle: 
- Conferencias grupais con cada grupo – clase ao inicio de curso.

Acción 4:
Difusión entre a comunidade: 
- Información e asesoramento sobre os plans de centro en materia dixital.
- Accións formativas dirixidas ás familias.
- Ensino e uso adecuado das RRSS.
- Coidado dos equipos emprestados.
Destinatarios: Familias
Canle: 
- Reunión coas familias a inicio de curso.
- Formacións externas.
- Páxina web do centro.

Unha vez aprobado o Plan Dixital será publicado en aberto no sitio web do centro. Informarase á comunidade educativa seguindo os procedementos habituais:
- Profesorado: tratarase o tema na primeira reunión de claustro do curso do contido do plan e da localización do texto do mesmo para a súa consulta.
- Familias: Serán informadas a través de comunicado pola aplicación AbalarMóbil. Será presentado ás familias nas reunións de principios de curso.

Unha copia en papel do Plan Dixital estará dispoñible no centro para a consulta.