Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Reunións da coordinadora do PD e un membro do equipo directivo co ADIX.
Reunións internas do equipo de dinamización do plan Dixital e da coordinadora co equipo directivo.
REUNIÓN DO 10/10/2023
Revisión xunto co Adix dos obxectivos plantexados para o plan dixital do presente curso.
Explicacións sobre como introducir correctamente os datos en Educalidade.
21/12/2023
Obxectivo 001PD Mellorar a competencia dixital do profesorado, esta en proceso. As accións A001.1 e A001.2 están realizadas, a A001.3 está en proceso.
Obxectivo 002PD Mellorar a competencia dixital do alumnado, está en proceso. A acción A002.1 foi realizada e a A002.2 está en proceso.
Obxectivo 003PD Formación do alumnado en ciberseguridade está en proceso. As accións A003.1 e A003.2 están realizadas e a acción A003.3 está en proceso.
19/03/2023
Obxectivo 001PD Mellorar a competencia dixital do profesorado, esta en proceso. As accións A001.1 e A001.2 están realizadas, a A001.3 está en proceso.
Obxectivo 002PD Mellorar a competencia dixital do alumnado, está en proceso. A acción A002.1 foi realizada e a A002.2 está en proceso.
Obxectivo 003PD Formación do alumnado en ciberseguridade está en proceso. As accións A003.1 e A003.2 están realizadas e a acción A003.3 está en proceso.
04/06/2023
Obxectivo 001PD Mellorar a competencia dixital do profesorado, esta en proceso. As accións A001.1 e A001.2 están realizadas, a A001.3 realizada.
Obxectivo 002PD Mellorar a competencia dixital do alumnado, está en proceso. A acción A002.1 foi realizada e a A002.2 tamén
Obxectivo 003PD Formación do alumnado en ciberseguridade está en proceso. As accións A003.1 e A003.2 están realizadas e a acción A003.3 tamén.
Avaliación
En canto á avaliación do Plan Dixital debemos diferenciar dous tipos da mesma. Por unha parte unha avaliación global que se levará a cabo de maneira anual, redactando a correspondente memoria ao finalizar cada un dos cursos académicos. Nela serán obxecto de avaliación os logros acadados polos diferentes axentes educativos, as melloras que se levaron a cabo ese curso e o nivel de logro dos obxectivos establecidos para o curso en cuestión. Por outra parte e de forma máis específica, o equipo designado para iso, porá en marcha unha avaliación procesual, que terá lugar unha vez ao trimestre. Encargaranse de supervisar o proceso completo de acción, tanto a execución das propias accións coma o análise e valoración dos resultados obtidos. Ademais serán os encargados de establecer os cambios ou modificacións necesarias así como calquer mellora que se poida plantexar
A valoración da implementación neste curso 2023-2024 do plan dixital é moi positiva, tendo en conta que foron acadados todos os obxectivos plantexados no mesmo. O profesorado participou activamente nas formacións e estratexias plantexadas e o alumnado fixo uso da aula dixital cun bo aproveitamento dos recursos dispoñibles.
Continuar nesta liña de actuación (formación e implementación de estratexias para a mellora das competencias dixitais da comunidade escolar)
Ampliar a máis grupos o uso da aula dixital ( 3º de Primaria).
Agardamos a recepción das PDIS que nos quedaron pendentes de instalar para completar en todas as aulas.
Comunicación e difusión
En canto á difusión do Plan dixital, unha vez xa elaborado, ponse a disposición da comunidade educativa a través da páxina web, estando situada no apartado “documentos” da mesma.