Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A comezos do curso 21/22 realizouse unha enquisa ás familias para coñecer o equipamento e a conectividade coa que contaban. Os datos obtidos manifestan que todas as familias contan cun mínimo de equipamento e de conectividade. Aínda así, é importante destacar que a conectividade de conexión, en ocasións, non é axeitada ao estar nun entorno rural.

O Plan Dixital atópase íntimamente relacionado cos distintos plans e proxectos que se están a levar no centro. Hoxe en día cobra especial importancia as Tecnoloxías da Información e Comunicación no proceso de ensino e aprendizaxe, aspecto que observamos na Programación Xeral Anual, así como nas aportacións que fan cada un dos equipos cada ano escolar ( EDLG, TIC's, EACE e PLAMBE)

Por outro lado, actualmente, no noso centro contamos cos seguintes plans e proxectos cos que este documento está estreitamente ligado:

EDIXGAL: todo o alumnado de 5º e 6º de educación primaria conta cun ordenador portátil como ferramenta principal na súa aprendizaxe. é moi importante que o alumnado vaia adquirindo unha competencia dixital axeitada que lle permitamanexarse de forma autónoma e fiable neste medio.

Introducción á Robótica en primaria: o alumnado aprende a programar e a desenvolver a competencia dixital a través da robótica.

DIGICRAFT: este programa está destinado ao alumnado de 5º e 6º de primaria. Ten como obxectivo desenvolver a competencia dixital dos nenos e nenas. 

PLAMBE: creación dunha zona maker na biblioteca. 

Do mesmo xeito, cabe destacar que o Plan Dixital pretende contribuír coa Programación Xeral Anual do curso 22/23 na mellora da estrategia dixital de centro (equipamento e infraestructura, formación, recursos TIC, uso de ferramentas dixitais, etc..) traballando estreitamente cos distintos equipos de centro, especialmente co equipo TIC.

Na PXA deste curso 23/24 asignarase un apartado específico para a descrición do proceso de implementación do Plan Dixital. 

O Plan Dixital créase a partir da necesidade que se observa nos centros educativos de contar cunha estratexia dixital que se adapte ás características e circunstancias actuais.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Actualmente no noso centro estánse a facer uso das seguintes aulas:

  • Catro forman parte do Proxecto de Educación Dixital EDIXGAL polo que están totalmente dixitalizadas (con conectividade e posibilidade de visualización e interacción)
  • Tres titorías de Educación Infantil dixitalizadas cos paneis dixitais interactivos.
  • A aula de audiovisuais de Educación Infantil conta con conexión WIFI e PDI interactiva.
  • Na biblioteca do centro hai conectividades WIFI e cableada, pero non PDI. Así mesmo, os equipos de mesa de consulta do alumnado (2) presentan un funcionamento lento así como o ordenador de traballo do profesorado.
  • A aula de música está totalmente desconectada. Non conta con equipo informática nin PDI pero ten conexión cableada. 
  • Dos espazos adicados a tarefas de xestión e administración contan cos equipos novos asignados ao equipo directivo.
  • As aulas de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica amosan conectividade WIFI pero non contan con PDI.
  • As aulas de 1º e 2º de Educación Primaria atópanse totalmente dixitalizadas cos paneis interactivos (excepto nunha)
  • A aula de informática conta con conexión WIFI, conexión cableada con 16 tomas pero non ten PDI. Actualmente, dita aula está facendo uso dos equipos procedentes do Programa Educa en Dixital do alumnado (por non ser requeridos por parte das familias). Aula móvil.
  • O Departamento de Orientación conta con conectividade WIFI e cableada. Non ten un equipo asignado.
  • No primeiro andar, catro aulas correspondentes a 3º e 4º de Educación Primaria están dixitalizadas (actualmente unha delas está destinada a Aula Croma e aula de plástica) 
  • A aula de Robótica conta con conectividade WIFI pero non cableada e non ten PDI.
  • Aaula de audiovisuais de 2º ciclo non ten PDI nin conexión cableada.
  • Na sala de mestres hai conexión cableada e WIFI con dous equipos
  • A aula de audivisuais de 3º ciclo de Educación Primaria conta con conectividade pero non ten PDI.
  • A aula de lingua estranxeira ten conectividade WIFI pero non cableada. Non ten equipo asignado.
  • Neste andar, hai dúas aulas totalmente desequipadas (laboratorio e aula de Relixión)

No que se refire aos servizos dixitais interactivos o centro conta con:

  • Páxina web actualizada.
  • Aulas virtuais creadas desde Educación Infantil ata 4º de Primaria. En 5º e 6º contan coa plataforma de EDIXGAL. 
  • Espazo ABALAR.
  • ABALAR móvil.
  • Correo corporativo.
  • WEBEX.

Utilizáronse os datos obtidos do cuestionario SELFIE e do TestCDD. 

Interno
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Equipos dixitais obsoletos de uso para o proceso de ensino- aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade ddDDFRUTIHF Persoal docente Si
Debilidade Pouco fomento da participación en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Debilidade Non todo o profesorado do centro ten a compencia TIC axeitada. Persoal docente Non
Fortaleza O centro dispón dun aula de robótica, dunha aula croma e dunha aula de informática con dotación para o proceso de ensino - aprendizaxe. Infraestruturas Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non sempre a conectividade funciona correctamente. Administración educativa Non
Ameaza Faltan dispositivos dixitais actualizados para o proceso de ensino - aprendizaxe. Administración educativa Non
Oportunidade Plans e Proxectos que promove a Consellería relacionados coas TIC Administración educativa Non
Oportunidade Colaboración con outras enditades para a realización de charlas sobre o uso seguro das TICS. Outras Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01 Sacar o máximo rendemento ás aulas de robótica e de informática do centro.
02 Integrar o uso do equipamento tecnolóxico en todas as aulas do centro.
03 Facilitar equipos informáticos do centro ao alumnado que o precise.
04 Crear unha enquisa por nivel para valorar o progreso do alumnado das TIC ao finalizar a primeira e terceira avaliación.
05 Aproveitar o proxecto de centro da biblioteca para fomentar as TIC.
06 Incrementar o nivel de competencia dixital do profesorado mediante formación.
07 Promover o uso de novas ferramentas institucionais para o traballo cooperativo en rede.

Seguimento

Procedemento

Para o correcto funcionamento deste documento é necesario unha revisión e actualización periódica para poder adaptalo a futuras situacións. Desta forma contaríamos con dous tipos de avaliación:

Avaliación procesual. O plan dixital será avaliado de forma trimestral tendo en conta o estado de execución das accións, análise e valoración de resultados e posibles modificacións e propostas de mellora que sexa necesario realizar ( nas memorias da PXA)

Avaliación final. Ao finalizar cada curso escolar valorarase a consecución dos obxectivos previstos e incluíranse as propostas de mellora, no caso de ser necesarias.

1º Trimestre

Durante o 1º trimestre conseguíronse parcialmente algúns dos obxectivos do plan a través das accións:

Obxectivo 1: 2/3 accións acadadas.

Obxectivo 2: 1/3 accións acadadas.

Obxectivo 3: 1/3 accións acadadas.

Obxectivo 4: 0/1 acción acadada.

Obxectivo 5:0/1 acción acadada.

 

2º Trimestre

Durante o 2º trimestre conseguíronse parcialmente algúns dos obxectivos do plan a través das accións:

Obxectivo 1: 3/3 accións acadadas.

Obxectivo 2: 2/3 accións acadadas.

Obxectivo 3: 2/3 accións acadadas.

Obxectivo 4: 0/1 acción acadada.

Obxectivo 5:1/1 acción acadada.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
  • Avaliación recollida na memoria trimestral da Programación Xeral Anual.
  • Valoración dos resultados da enquisa elaborada do Plan Dixital.
  • Seguemento do plan en coordinación co asesor ADIX. 
Valoración xeral
Proposta de mellora

- Revisar os obxectivo non acadados.

- Engadir algún obxectivo máis.

- Modificar os indicadores para acadar os obxectivos dunha forma máis eficaz.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este documento será difundido entre a comunidade educativa a través da páxina web do centro.

Unha vez aprobado o Plan Dixital será publicado en aberto no sitio web do centro. Informarase á comunidade educativa seguindo os procedementos habituais:

Profesorado:publicado na aula virtual do centro.

Familias: serán informadas a través de comunicado pola aplicación ABALAR Móbil. 

O Plan Dixital estará accesible ao público na plataforma EDUCALIDADE.