Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan

O amparo legal deste plan o atopamos na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación y Formación Profesional, por la que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para o desenvolvemento de calquer plan e proxecto deberemos ter en conta a nova Lei educativa:

Lei Orgánica 3/2020 de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio de educación (Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación).

Da mesma forma teremos en conta as seguintes xustificacións legais:

RESOLUCIÓN de 26 de mayo de 2022, de la Secretaría General de Educación y Formación Profesional, por la que se dictan instrucciones para el desarrollo de las enseñanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obligatoria y bachillerato en el curso académico 2022/23.

Contextualización do PD no centro

Este centro sitúase na comarca de Ortegal, composta polo propio Concello de Cariño, e os concellos de Ortigueira, Mañón, Cedeira e Cerdido. O C.E.I.P. Manuel Fraga Iribarne é un centro que vai camiño dunha sóa liña desde infantil a primaria. É un centro ubicado nunha localidade pequena de poboación envellecida, de nivel socioeconómico e cultural medio-baixo. Os traballos da maioría das familias céntranse no sector primario e unha pequena parte no sector servizos.

O centro está inmerso nos seguintes plans e proxectos relacionados coa tecnoloxía dixital:

  • Abalar. Proxecto da Consellería que utilizamos para integrar as TICs na práctica educativa.

  • Espazo Abalar / Abalar móvil. Espazos que utilizamos para a comunicación entre o profesorado e as familias.

  • E-dixgal. Aposta pola tecnoloxía na educación galega que se utiliza nos niveis de 5º e 6º de Educación primaria.

  • Webs dinámicas. Espazo web que nos permite crear os noso propios contidos na web.

  • PLAMBE: Melloras de Bibliotecas escolares onde utilizamos programas como Meiga, Koha e E-lbe (préstamo de fondos dixitais a toda a comunidade educativa).

  • PFPP: Unha das liñas do noso PFPP é a elaboración do Plan Dixital De Centro (PDC).

  • Rede Galega de Educación Dixital. Proceso de elaboración do PDC.

  • Contratos-Programa. Acordos entre o centro educativo e a Consellería para incrementar o éxito escolar. CPInnova.

  • POLOS CREATIVOS.
  • AULA SENSORIAL
  • PATIOS ACTIVOS.
  • LOVA

Na programación xeral anual incluiranse actividades que potencien un aproveitamento do potencial das tecnoloxías dixitais co fin de fomentar a innovación nas prácticas de educación e formación; mellorar o acceso ao aprendizaxe permanente; formarase en habilidades e competencias dixitais necesarias para o seu emprego, o seu desenvolvemento persoal e a inclusión social. Na programación Xeral do próximo curso asignarase un apartado específico para a descrición do proceso de implementación do Plan Dixital.

SITUACIÓN ACTUAL

Para o curso actual 2023/24, tralo análise da situación do Plan Dixital, decídese a supresión dalgúns dos obxectivos e modificación ou integráción doutros.

Plantéxanse uns obxectivos asequibles, para que,  profesorado, alumnado e familias podan ser partícipes na evolución do dito Plan.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do DAFO analizáronse os resultados da aplicación do cuestionario SELFIE en 2021, e o seguimento e valoración da implementación do Plan Dixital durante o curso anterior.

 

Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non creamos suficientes contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade Non todo o profesorado ten a competencia TIC axeitada. Persoal docente Si
Debilidade Hai pouco uso das Tic para avaliar ao alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado de 5º e 6º utilza edixgal. Alumnado Si
Fortaleza Dispoñemos de recursos dixitais suficientes. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a utilizar as TICs de forma segura e responsable. Alumnado Si
Fortaleza O centro dispón de equipos informáticos a disposición dos grupos e outro equipamento dixital. Infraestruturas Si
Fortaleza Dispoñemos de recursos dixitais variados para o proceso de ensino-aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza Existe apoio para a exploración de novas formas de ensino utilizando as TICs. Oferta Si
Fortaleza O centro desenvolve de maneira conxunta unha estratexia dixital. Organización de centro Si
Fortaleza A3: O centro explora novas modalidades do ensino. Persoal docente Si
Fortaleza B1: Hai avaliación do progreso. Persoal docente Si
Fortaleza B2: Existe debate sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Si
Fortaleza Inclúese ao alumnado no proceso. Persoal docente Si
Fortaleza Fomentamos a participación en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Fortaleza O persoal non docente implícase coa implementación das TIC e das metodoloxías asociadas. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado usa recursos educativos en liña. Persoal docente Si
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Oportunidade A administración ten en marcha diferentes programas e proxectos relacionados coas TIC ademáis de ofertas de formación nesta area. Administración educativa Si
Oportunidade Hay lexislación sobre o tema e o profesorado a coñece. Lexislación Si
Oportunidade Colaboramos con outras entidades para facer charlas e obradoiros do uso seguro das TICs. Outras Si
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tralo análise do DAFO, no apartado de FORTALEZAS, a conclusión e que hai predisposición e vontade do profesorado no uso das tecnoloxías dixitais. No que se refire ás AMEAZAS e DEBILIDADES, destácase a carencia ou deficiencia de infraestruturas, algo solventado coa achega e millora de equipamento por parte da Administración.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
1 Formar ao alumnado no uso dos equipos informáticos.
2 Implementar un proxecto interdisciplinar no que participe o alumnado.
3 Deseñar ou desenvolver estratexias de fomento lector para incentivar o hábito lector a través do e-lbe.
4 Empregar os equipos informáticos móbiles no proceso de ensino-aprendizaxe.
5 Concienciar e educar ao alumnado sobre os riscos do uso de internet e as tecnoloxías de relación social.
6 Solicitar formación en contidos dixitais para o profesorado dentro do PFPP.
7 Optimizar a Aula Virtual para o seu uso no proceso de ensino-aprendizaxe.

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do Plan Dixital reunirase, cando menos, dúas veces ao trimestre, unha ao inicio para a planificación e outra ao remate do trimestre para valorar os progresos.

1º Trimestre

As accións neste primeiro trimestre orientáronse á optimización dos recursos dispoñibles, solicitude de recursos externos, toma de decisións e primeiras accións:

  • Acondicionamento de equipos AMI.
  • Optimización da aula virtual
  • Solicitude de participación nos programas "Navega con Rumbo" e "Plan Director"
  • Definición do proxecto interdisciplinar de centro e comezo do mesmo: o alumnado de Primaria emprega os equipos informáticos en diversas tarefas do proxecto e o alumnado da Educación Infantil emprega as pantallas dixitais como complemento no desenvolvemento do mesmo.
  •  

 

2º Trimestre

O desenvolvemento do Plan Dixital no segundo trimestre centrouse nos seguintes aspectos:

  • 2ª sesión Plan Director dirixida a sensibilizar ao alumnado sobre os perigos no uso da internet.
  • Elaboración de documentación equipos AMI e incorporación ao carro de carga.
  • ELBE: optimización de tablets, instalación da app, entrega de usuarios e chaves do alumnado, explicación sobre o funcionamento. Uso da app coas tablets do centro co alumnado de 4º durante o momento lector.
  • O alumnado de 3º/4º comeza a familiarizarse no uso dos equipos AMI.
  • Proxecto interdisciplinar: tanto na Educación Infantil como en Primaria empréganse as TICs no desenvolvemento do Proxecto Dinamizarte.
3º Trimestre

Ao longo deste trimestre contínuan realizándose traballos relacionados co proxecto interdisciplinar, afóndase no uso dos equipos AMI e realízanse diferentes sesions de lectura para potencia a plataforma ELBE. 

O alumnado de 6º elabora vídeos de despedida para integralos en dúas páxinas da revista escolar como parte da conmemoración das Letras Galegas. A temática está relacionada co proxecto interdisciplinar DINAMIZARTE.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O plan dixital deberá ser avaliado de dous formas:

- Avaliación procesual: O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, faríase unha vez ao trimestre indicando e valorando a consecución de obxectivos e facendo os cambios que se consideren necesarios.

- Avaliación final: No último trimestre o Equipo de Dinamización do Plan Dixital reunirase para facer unha avaliación final do plan. Teranse en conta a consecución dos obxectivos, a valoración das actuacións e as dificultades para concretar o Plan Dixital

O Equipo de dinamización do Plan dixital elaborará un documento para incluir na memoria final do centro, este doumento tamén recollerá propostas de mellora para o seguinte curso.

 

Valoración xeral

No que se refire ao cumprimento dos obxectivos a valoración e regular. Conseguimos abordalos todos ainda que non coa mesma profundidade e non todos foron acadados na súa totalidade.

- Formar ao alumnado no uso dos equipos informáticos: leváronse a cabo medidas para formar ao alumnado no uso dos equipos, pero centrouse especialmente nos grupos de 3º e 4º de Educación Primaria.

- Implementar un proxecto interdisciplinar no que participe o alumnado: implementouse  o proxecto interdisciplinar e  tanto profesorado como alumnado participou de cheo no seu desenvolvemento.

- Deseñar ou desenvolver estratexias de fomento lector para incentivar o hábito lector a través do e-lbe: leváronse a cabo estratexias para o uso de e-lbe, pero non se lle deu regularidade.

- Empregar os equipos informáticos móbiles no proceso de ensino-aprendizaxe: empregáronse os equipos no proceso de ensino-aprendizaxe, especialmente nos grupos de 3º e 4º de Educación Primaria. En 5º e 6º están inmersos  no ensino a través da plataforma EDIXGAL.

-Concienciar e educar ao alumnado sobre os riscos do uso de internet e as tecnoloxías de relación social: leváronse a cabo as sesións do Plan Director e solicitouse a participación no Plan Navega con Rumbo, pero non fomos admitidos. No transcurso do proceso de ensino-aprendizaxe déronse pautas para navegar de forma segura na internet.

- Solicitar formación en contidos dixitais para o profesorado dentro do PFPP: non se levou a cabo formación.

- Optimizar a Aula Virtual para o seu uso no proceso de ensino-aprendizaxe: a aula virtual está lista, pero non se potenciou debidamente o seu uso.

 

 

Proposta de mellora

En xeral, o profesorado dispón da competencia e predisposición cara ao uso das novas tecnoloxías, pero falta o impulso para traballar de forma coordinada en accións comúns. Dende o centro hai compromiso pola renovación metodolóxica e potenciación das competencias dixitais. Somos conscientes de que non acadamos en plenitude os obxectivos marcados e serán, precisamente, esas tarefas pendentes, as liñas de traballo de cara ao vindeiro curso. Logo, convén revisar por completo os obxectivos co fin de darlles continuidade, modificalos ou eliminalos.

Buscar unha liña axeitada de formación, dentro do PFPP, que dea apertura a novas posibilidades de traballo  ten que ser unha das prioridades de cara ao próximo curso, así como integrar dentro do horario lectivo, cando menos, unha sesión semanal a familiarizarse e perfeccionar a competencia informática co uso dos equipos AMI.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será divulgado mediante a ligazón pública en EduCalidade.

Ligazón pública ao Plan Dixital:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15011661