Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
  1. XUSTIFICACIÓN DO PLAN  DIXITAL

O plan dixital de centro debe ser un instrumento que adecúe e facilite o emprego dos medios dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, entendido dende un obxectivo do desenvolvemento pleno e integral do alumnado.

Para a elaboración de este documento tivemos en conta o seguinte marco lexislativo:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

  • Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais.

  • Resolución do 15 de Xuño de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2021/22

  • Resolución de 10 de septiembre de 2021, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se publica el Acuerdo de la Conferencia Sectorial de Educación de 21 de julio de 2021, por el que se aprueba la propuesta de distribución territorial y los criterios de reparto de los créditos gestionados por Comunidades Autónomas destinados al Programa para la mejora de la competencia digital educativa #CompDigEdu, en el ejercicio presupuestario 2021, en el marco del componente 19 «Plan Nacional de Capacidades Digitales» del Mecanismo de Recuperación y Resiliencia.

E tamén os seguintes Marcos Europeos de Referencia: Marco común de Competencia Dixital Docente DigCompEdu e Marco Europeo para Organizacións Educativa Digitalmente Competentes. DigCompOrg .

  1. CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL NO CENTRO E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO

O CEIP Plurilingüe de Sigüeiro está situado no Concello de Oroso ( A Coruña) . É un centro de liña 2,  con 2 edificios, un para alumnado de infantil e outro de primaria. Dispón de servizo de transporte, comedor, biblioteca, servizo de bos días cole ofertado polo concello e actividades extraescolares ofertadas pola ANPA.  Somos centro E-Dixgal e participamos en diferentes programas da Consellería: Proa +, contrato programa, Plambe, Plan director, proxectos de innovación...

Este Plan Dixital de Centro entendese como un instrumento que debe favorecer e impulsar o emprego dos medios dixitais tanto nos procesos de ensinanza-aprendizaxe como no resto dos procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado. Por esa razón, debe ser un instrumento que se integre no Proxecto Educativo, no Proxecto de Dirección e na Programación Xeral Anual.  Ademais, é  imprescindible dotar o Plan Dixital dun enfoque de centro sobre o emprego dos recursos pedagóxicos dixitais dispoñibles para aproveitar ao máximo as súas posibilidades, de modo que se converta nun proxecto compartido por todos os membros da comunidade educativa, que de coherencia e guíe  o emprego das tecnoloxías.

  1. 2  PROCESO DE ELABORACIÓN

Para a elaboración deste PD, formouse no centro un grupo de traballo formado por 10 mestres: ( Patricia Arcay Candal, Rosario Astray Costoya, Tamara Carreira Astray, Patricia Díaz Piñeira, María de la Paz López Buján, María José López Pérez, Raquel Naveiro Otero, Andrés Otero Manteiga, María del Carmen Penedo Mosquera, e Tania Souto Boquete).

Seguindo as indicacións do mentor asignado, foise elaborando os diferente apartados nos prazos indicados: (Novembro: eleximos as preguntas para o selfie,Decembro: respostas das enquisas SELFIE, Febreiro respostas da enquisa test CDD, Marzo e Abril: análises do resultado do test SELFIE e CDD para elaborar o DAFO, Maio: Plan de acción: elección dos obxectivos, Xuño: Elaboración do documento final do Plan dixital).

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As fontes empregadas para a elaboración do DAFO:

  1. Autoavaliación SELFIE

  2. Test CDD

  3. Outras fontes: Analise e autocrítica dos resultados obtidos nos anteriores apartados, polos membros da elaboración do plan

Interno
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O equipo directivo e profesorado pensan que no centro educativo o alumnado non ten capacidade para resolver problemas técnicos que xorden no emprego das tecnoloxías dixitais (H13) Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas, nin a comprobar si a información atopada en internet é fiable e precisa. (H4,H6) Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital nas familias Familias Non
Debilidade Falta implicación das familias no emprego das tecnoloxías dixitais Familias Non
Debilidade Acceso limitado a conexión de internet nas vivendas familiares. Familias Non
Debilidade Limitación de novos espazos para o desenvolvemento da competencia dixital Infraestruturas Non
Debilidade Inexistencia dunha oferta de actividades relacionadas coas tecnoloxías. Oferta Non
Debilidade No centro non existe unha estratexia dixital definida (A1) Organización de centro Non
Debilidade A organización do centro impide a formación do profesorado no seu método de ensinanza e aprendizaxe dixital ( A4) Organización de centro Non
Debilidade O equipo directivo non involucra o suficiente o profesorado no desenvolvemento dixital ( A2) Persoal docente Non
Debilidade Equipo directivo e profesorado non emprega tecnoloxías dixitais para avaliar o progreso de ensino e aprendizaxe ( B1) Persoal docente Non
Debilidade Nivel de competencia dixital media-baixa no profesorado. Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza.(E3) Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado dispón de dispositivo dixitais do centro para empregar cando os precise (C8) Alumnado Non
Fortaleza O alumnado actúa de xeito responsable e respecta os demais cando empregan internet (H3) Alumnado Non
Fortaleza O alumnado é mais participativo cando se emprega a tecnoloxía (F4) Alumnado Non
Fortaleza O centro conta con infraestruturas que facilitan a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais ( C1) Infraestruturas Non
Fortaleza O centro ten dispositivos dixitais para o uso da ensinanza (C2) Infraestruturas Non
Fortaleza O noso centro dispón dunha boa conexión a internet (C3) Infraestruturas Non
Fortaleza O centro dispón de espazos físicos que facilitan a aprendizaxe das tecnoloxías dixitais ( C14) Infraestruturas Non
Fortaleza O centro dispón de case dun 90% de profesorado definitivo no centro Organización de centro Non
Fortaleza O centro conta con apoio do equipo directivo para explorar novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais ( A3) Organización de centro Non
Fortaleza O centro emprega servizos dixitais corporativos. Organización de centro Non
Fortaleza O noso centro emprega tecnoloxías dixitais para colaborar con outras organizacións ( B3) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado emprega tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo (E4) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado implica ao alumnado en actividades de aprendizaxe dixital (F4) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado ten a posibilidade de formarse no relativo a ensinanza-aprendizaxe das tecnoloxías dixitais (D2) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado busca e emprega recursos educativos en internet ( E1) Persoal docente Non
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O centro apenas realiza traballos interdisciplinares (F6) Administración educativa Non
Ameaza Falta de información do emprego de software libre no ámbito educativo. Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo que impide levar a cabo actividades e formación de programación e codificar (H11) Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo para a formación do profesorado nas actividades formativas relacionadas coa competencia dixital. Administración educativa Non
Ameaza Non existe sistema de protección de datos (C7) Lexislación Non
Ameaza Nivel de concienciación baixa dos perigos en internet Lexislación Non
Ameaza Falta de coñecemento sobre os dereitos de autor e licencias de uso na realización das actividades de ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. (A5) Lexislación Non
Oportunidade Participar noutros plans e proxectos para adquirir dispositivos tecnolóxicos para o centro. Administración educativa Non
Oportunidade Manter en bo estado a infraestrutura tecnolóxica grazas a asistencia técnica. Administración educativa Non
Oportunidade Ofertar actividades extraescolares relacionadas coa dixitalización por parte de ANPA. ANPA Non
Oportunidade Mellorar a conexión de internet as familias. ANPA Non
Oportunidade O centro colabora con outros centros e organizacións Outras Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro. (C1, C8*)
O02PD Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado (E3*)
O03PD Fomentar un comportamento seguro e responsable do alumnado (*H1, H3*)

Seguimento

Procedemento

Ao longo do curso 2022-2023 mantivemos mínimo 2 xuntanzas por trimestre co coordinador ADIX, para o seguimento do plan, tal e como se reflicten nas actas que se incluén no anexo.

1º Trimestre

A 22 de decembro de 2022 os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como segue:

- Obxetivo 1: Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro. Solicitouse un presuposto para mercar algún pc e revisamos equipos para poder actualizalos cambiado a SSD. Revisamos o inventario feito o curso pasado.

- Obxetivo 2: Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado, está acadado,  agás a corrección de actividades que queda pendente para o terceiro trimestre.

- Obxetivo 3: Fomentar un comportamento seguro e responsabel do alumnado. Solicitouse o Plan Director, que impartirá unha charla no seguinte trimestre.

Podese ver o seguimento deste trimestre na acta de novembro.

2º Trimestre

A 31  de marzo de 2023 os osbxectivos dos mesmos atópanse como segue:

- Obxetivo 1: Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro. Comezamos a actualizar equipos do centro e a crear un novo inventario. Retirada de equipos moi antigos imposible actualizar ou arranxar.

- Obxetivo 2: Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado, está acadado,  agás a corrección de actividades que queda pendente para o terceiro trimestre.

- Obxetivo 3: Fomentar un comportamento seguro e responsabel do alumnado. Solicitouse o Plan Director, que impartirá unha charla no seguinte trimestre.


Pódese ver o seguimento deste trimestre na acta de marzo

3º Trimestre

A 21 de xuño de 2023 os obxetivos e accións foron todos acados ( agás o obxectivo 3: Fomentar un comportamento seguro e resposnsable do alumnado que foi acadado parcialmente, na 2º acción non se levou a cabo a realización de actividades complementarias por parte de persoas externas ao centro e formadoras na temática).

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:

- No contexto da avaliación procesual: o final de cada trimestre revisarase o estado da execución das accións propostas para ese trimestre e valorarase posibles modificación e propostas de mellora..

- No contexto da avaliación final: a final de curso farase unha valoración do logro dos obxectivos e propostas de mellora realizadas.

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar si o obxectivo foi alcanzado, aprazado ou pendente. Tamén si este foi preciso realizar algunha variación no plantexamento desas accións durante o curso . Co análises deses indicadores, elaboraremos un informe final, onde se recollerán os resultados, aspectos negativos, positivos e propostas de mellora que recolleremos na memoria final do centro.

Unha vez que se acaden estas accións, debese volver a avaliar a competencia dixital do centro, empregando novamente a ferramenta SELFIE. Esta avaliación farase o final de cada curso escolar, de xeito bienal e dará pé a revisión e actualización do Plan Dixital.

Valoración xeral

O profesorado participante estaba moi pouco motivado, e pouco formado na materia, algo que dificultou no traballo de actualización de equipos. En canto o manexo da aula virtual chegamos a acadar o mínimo que se estableceu no obxectivo, pero a gran maioría do profesorado considera moi pouco atrativa e motivadora o manexo da aula virtual tanto para profesorado como alumnado. Si participaron na elaboración e creación dun novo inventario do centro. Queda pendente a realización de actividades complementarias por parte de persoas externas ao centro e formadoras da temática.

Proposta de mellora

Debído a pouca implicación e motivación por parte do profesorado, como proposta de mellora plantexamos seguir co mantemento e actualización dos equipos e do inventario. Outras proposta que se tiveron en conta, pero que quedarán para vindeiros cursos son: a formación por parte do profesorado (B1), adquirir coñecemento sobre a protección de datos e seguridade na internet.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan será a través da comunidade educativa ( claustro, consello escolar, Anpa) e na web do centro ( dentro da aula virtual crearase un curso cos documentos do centro, o cal só poderá acceder os usuarios do noso centro) https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsigueiro/system/files/u15/15011567_CEIPPluriling%C3%BCeSig%C3%BCeiro_PlanDixital_V1.0_08062022%20APROBADO.pdf