Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O Plan Dixital ten establecido un Plan de Acción no que se establece unha temporalización para cada un dos obxectivos e ao longo do curso realizamos diferentes reunións no equipo do Plan Dixital para realizar o seguimento do mesmo.
Realízanse reunións mensuais coa mentora ADIX para a elaboración e consecución do Plan Dixital.
-
Obx1:A través do Equipo Directivo estamos intentando dinamizar. Os documentos pasan polo servidor NAS en vez de polo correo. Está pendente de compartir os recursos.
-
Obx2: Estamos agardando a que salgan as charlas da garda civil e o programa navega con rumbo. Dende a ANPA fixo unha charla para contribuír a este obxectivo ”Plan director para a convivencia e seguridade”. Están pendente.
-
Obx3: Xa temos elixido ao coordinador e referente ao espazo imos a aproveitar os espazso creados na biblioteca creativa (3.1). Temos o PFPP establecido con 18 profesores e imos dar radio escolar durante este trimestre.
- Obx1: Xa estamos compartindo recursos pero non todos os que se esperaba.
- Obx2: Xa levamos a cabo a charla da Garda Civil (3.2). O equipo de terceiro ciclo está compartindo o material no NAS. Está pendente para a acción 3.3.
- Obx3: Xa desenvolvimos a formación en radio escolar. No terceiro trimestre van facer unha relacionada co Chroma, robótica e scape room. Tamén queda pendente a memoria.
- Obx1: En todos os ciclos de Ed. Primaria e en inglés, departamento Orientación, programa Erasmus, programa Oratoria, utilizan os cartafols para gardar, compartir e deixar para o futuro os recursos didácticos preparados durante este curso.
- Obx2: Realizamos a actividade de Navega con Rumbo en 5ºA
- Obx3: Neste trimestre levouse a cabo a formación, por parte do profesorado, en robótica e impresión 3D, dentro do seminario de formación de Polos Creativos.
Avaliación
Sobre os obxectivos propostos ao inicio do curso o seu grao de logro foi moi alto, os recursos didácticos os recollemos no noso servidor NAS, o alumnado do terceiro ciclo foi formado en uso responsable da rede de internet e o profesorado, nun número de 18, formou parte do seminario de formación en Polos Creativos.
Non temos o material de Polos Creativos, a Consellería, logo de publicitar que dotaría aos centros deste material durante este curso, ao noso centro non chegou ainda nada.
Temos material na Biblioteca, na Biblioteca Creativa e na Radio Escolar, obtidos a través destes programas e co presuposto do colexio, para traballar nos contidos de Polos Creativos.
A entrega e colocación de novas Pizarras Dixitais para o segundo e terceiro ciclo de Primaria, prevista para o terceiro trimestre, farase durante o verán.
Contamos con una nova rede WIFI (edu.xunta.gal), a anterior xa está en desuso e non ten cobertura. Pero para utilizar esta nova rede hai que configurar os dispositivos, que en caso de portátiles ou móviles de apple, dita configuración é moi laboriosa.
Dende o pasado curso temos unha nova rede WiFi, máis potente e personalizada na conta edu.xunta.gal, pero para o seu uso hai que configurar os equipos un a un.
Temos novas pantallas dixitais interactivas, pero precisamos formación para o profesorado. Hai que reubicar os proxectores e pantallas antigas en espazos do centro (aula de música, aula de arts, aula de relixión, etc).
Non recibimos ningún material de Polos Creativos, agardamos para o vindeiro curso a súa recepción.
Os posibles obxectivos para o vindeiro curso serán:
- Continuidade formación en seguridade e uso responsable das TIC en 5º e 6º de primaria e en conceptos básicos e ofimática.
- Facer operativa a rede WiFi, configurando os equipos polo profesorado.
- Formación do profesorado nas novas pantallas interactivas e no posible novo material de Polos Creativos.
- Renovar a zona TICs da biblioteca, para que sexa máis utilizada polo alumnado.
Comunicación e difusión
Despois da elaboración do Plan Dixital decídese a difusión do mesmo para o resto da comunidade a través da páxina web do centro.