Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O Plan Dixital ten establecido un Plan de Acción no que se establece unha temporalización para cada un dos obxectivos e ao longo do curso realizamos diferentes reunións no equipo do Plan Dixital para realizar o seguimento do mesmo.
Realízanse reunións trimestrais coa mentora ADIX para a elaboración e consecución do Plan Dixital.
Realizando un seguimento dos obxectivos do Plan de Acción do Plan Dixital, podemos establecer o seguinte:
O01PD: Tras a reunión coa relatora ADIX, plantexamos a posibilidade de aloxar a biblioteca de recursos dentro de AbalarBox, mais esta ferramenta corporativa non ten a suficiente capacidade para o que precisamos, polo que establécese a necesidade de mercar un servidor externo tipo NAS.
O02PD: Durante o actual curso escolar o profesorado está inmerso en diferentes plans de formación permanente do profesorado que teñen unha continuidade de dous anos, polo que tras unha enquisa informal, decidimos pospor este obxectivo para o curso seguinte e elaborar un cuestionario sinxelo para coñecer os intereses formativos do claustro.
O03PD: Realizáronse as actividades inicialmente pensadas para acadar o obxectivo, mais non parecen totalmente axeitadas e plantexamos a busca de novas actividades que implementar co alumnado.
Realizando un seguimento dos obxectivos do Plan de Acción do Plan Dixital, podemos establecer o seguinte:
O01PD: Adquirido o servidor NAS, organizamos o aloxamento dos arquivos en carpetas e ao longo do terceiro trimestre se lles facilitará ao profesorado a forma de acceso para que inclúan os diferentes recursos.
O02PD: Elaboraramos e compartimos o cuestionario dos intereses formativos e ao longo do último trimestre se contactará co CFR para organizar o PFPP do curso seguinte o antes posible.
O03PD: Busca de actividades e consenso sobre as máis apropiadas.
Realizando un seguimento dos obxectivos do Plan de Acción do Plan Dixital, podemos establecer o seguinte:
O01PD: O profesorado ten acceso ao servidor NAS, e comparten os diferentes recursos a través deste medio.
O02PD: A liña de formación máis interesante para o claustro resultou o perfeccionamento de diversos recursos dixitais, a programación e a impresión 3D. Contactamos co CFR para saber se podemos organizar a formación durante os días non lectivos de setembro.
O03PD: Realizáronse actividades adaptadas ao terceiro ciclo de Primaria, sobre todo relacionadas coa seguridade na web, as redes sociais e o ciberbulling, ademais de que elaboramos algunhas tipo para a iniciación do alumnado de 5º que comeza en Edixgal, co fin de que se familiaricen co emprego do ordenador na aula.
Avaliación
Valoración trimestral no equipo do Plan Dixital para o análise e posibles melloras dos obxectivos e plans de acción.
Reunión trimestral coa mentora ADIX para a valoración do Plan Dixital e, dende o segundo trimestre, a través de Educalidade.
A reflexión sobre o modelo de centro, os obxectivos a acadar, así como os plans de acción e indicadores son unha forma moi positiva de traballar para mellorar o centro.
Necesidade de formación: As docentes precisarían dunha formación continua en diferentes ferramentas dixitais para acadar o nivel B2 en competencia dixital docente.
Infraestructuras: neste senso, o centro está ben dotado en canto a recursos materiais e precisaríamos mellorar a conectividade wifi para que haxa cobertura en todo o centro.
Obxectivos e plans de acción: ao longo do curso foron mudando, adaptándonos á realidade do contexto, e imos pouco a pouco acadándoos. Un dos obxectivos non puido cumplirse, mais se realizará ao longo do vindeiro curso.
Os posibles obxectivos para o vindeiro curso serán:
- Continuidade formación en seguridade e uso responsable das TIC en 5º primaria e en conceptos básicos e ofimática.
- Formación en ferramentas Dixitais a docentes.
- Unificar canles de difusión externa.
Comunicación e difusión
Despois da elaboración do Plan Dixital, aprobouse en consello escolar, polo que as representantes de toda a comunidade educativa están informadas e decídese a difusión do mesmo para o resto da comunidade a través da páxina web do centro. A ligazón é a seguinte:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprabadeira/system/files/u2/PlanDixital_V1.0_08062022.pdf