Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

Nome do centro: CPR Plurilingüe María Assumpta

Dirección: Av. del Vizconde de San Alberto, 32, 15200 Noia, A Coruña

Correo web: info@jesuitinasnoia.es

Páxina web: www.jesuitinasnoia.es

Etapas educativas: Ed. Infantil, Ed. Primaria, ESO e Ciclos Formativos.

 

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Localizado en Noia o Colexio María Assumpta emprázase na Av. del Vizconde de San Alberto, 32, 15200 Noia, A Coruña , a tan só 39 km de Santiago de Compostela.

O concello de Noia ocupa 37,21 Km2, cunha poboación –segundo o censo do INE do ano 2021– de 14.240 habitantes. O alumnado do Colexio María Assumpta provén da zona de Barbanza: Noia, Porto do Son, Boiro, Pobra do Caramiñal, Rianxo, Outes e Muros.

O sector servizos e a pesca son as actividades económicas principais do municipio. O porto pesqueiro de Noia é un dos máis importantes  a nivel rexional destacando na actividade de marisqueo.

O alumnado que cursa estudos no colexio procede, maioritariamente, dun entorno rural e cun nivel económico das familias medio.

As familias do alumnado traballan, principalmente, no porto, nas súas industrias auxiliares e no sector servizos.

O plan dixital (PD) de centro forma parte do proxecto educativo de centro. Os obxectivos do plan dixital de centro atópanse estreitamente relacionados cos demais plans e proxectos do centro.

  • O PD contribúe a unha mellor comunicación coas familias, polo que está estreitamente relacionado co Plan de Acción Titorial.
  • Un dos obxectivos do PD é a individualización do proceso de aprendizaxe mediante o uso de novas formas de ensinanza e de avaliación, polo que está estreitamente relacionado co Plan de Atención á Diversidade.
  • O Plan de Acción do plan dixital para o seguinte curso consiste nunha serie de accions para a mellora do centro a nivel dixital que debe estar enmarcada na Programación Xeral Anual.

 

1.3. Breve xustificación do mesmo.

A normativa relativa ao Plan Dixital do Centro é a seguinte:

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

1.4. Proceso de elaboración.

O proceso de elaboración do plan dixital correu a cargo do equipo directivo e equipo TIC do centro no curso 21/22. Seguíronse os seguintes pasos:

- Análise DAFO para detectar necesidades.

 - Creación do Plan de Acción para o curso 23/24.

- Redacción do Plan Dixital.

1.5. Lexislación vixente.

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.


Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.


Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.


Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.


Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE: no curso 21/22 levouse a cabo no centro unha autoavaliación usando a ferramenta SELFIE que mostrou os seguintes resultados: ver Anexo I

Test CDD: no curso 21/22 levouse a cabo no centro unha autoavaliación por parte do profesorado da súa competencia dixital usando a ferramenta Test CDD da consellería de educación que mostrou os seguintes resultados: ver Anexo II

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C8: Dispositivos dixitais para a aprendizaxe do alumnado de infantil a 2º de EP. H7: Creación de contidos dixitais. F3. Fomento da Creatividade. C4. Implicación do alumnado (participación grazas a tecnoloxía). Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital das familias. Familias Non
Debilidade C17 Bases de datos de proveedores. Infraestruturas Non
Debilidade B2. Debate sobre o uso da tecnoloxía. Organización de centro Non
Debilidade 9 Mestres/as por debaixo do nivel B1 en CDDF6. Proxectos interdisciplinares.B1. Avaliaición en formato dixital.C8: Dispositivos dixitais para a aprendizaxe (deben ser adquiridos polo profesorado) Persoal docente Non
Fortaleza C10: Dispositivos dixitais para a aprendizaxe do alumnado. H13: Resolver problemas técnicos. Adaptación as necesidades dos estudantes. Alumnado Non
Fortaleza E4. Comunicación ca comunidade educativa. Familias Non
Fortaleza C3: Acceso a internet. C8: Dispositivos dixitais para a aprendizaxe (alumnado desde 3º Primaria) Infraestruturas Non
Fortaleza A3. Nuevas modalidades de enseñanza online. Oferta Non
Fortaleza 20 puntos sobre a media de Galicia en test CDD e Nivel B1 alto. A2. Desenvolvemento da estratexia dixital co profesorado. A3. Novas modalidades de ensinanza. Persoal docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A4. Tempo para explorar a ensinanza dixital. C14: Espazos físicos. C5: Asistencia técnica para o equipamento do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza C12: Fenda dixital; apoio para abordar dificultades. Outras Non
Oportunidade C5: Asistencia técnica para o equipamento do alumnado. Administración educativa Non
Oportunidade A5: Normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Lexislación Non
Oportunidade B3: Colaboracións con outras entidades e institucións. Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
1 Mellorar a competencia dixital do profesorado
2 Mellorar a competencia dixital das familias
3 Dispor de dispositivos dixitais para a aprendizaxe actualizados ao contexto actual para o profesorado
4 Coñecer e aplicar a normativa sobre dereitos de autor e licenzas de uso.

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre centrámonos na Mellora de competancias das familias con talleres e obradoiros e revisouse as competencias dixitais do profesorado, programas e apps usadas.

2º Trimestre

Durante o segundo trimestre centrámonos no coñecemento da normativa sobre dereitos de autor, imaxen e licenzas de uso. Tamén no uso da IA.

3º Trimestre

Durante o terceiro trimestre e formacións de verán, revisaranse e faranse obradoiros ao profesorado e familias.

Por falta de fondos non se fixo un banco de iPads para o profesorado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o PD realizarase: 

Unha avaliación procesual unha vez ao trimestre no que se valorará: estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. 

Unha avaliación final ao finalizar o curso académico no que se valorará: a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Relizaronse todas as accións, agás as pendentes:

  • Dotar de dispositivos dixitais actualizados para a docencia (iPads para profesorado nas aulas)
  • Formar ao profesorado no uso adecuado de dereitos de autor.
Proposta de mellora

- Presupostar iPads para uso nas aulas por parte do profesorado.

- Promover talleres formativos de uso de dereitos de autor.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital do centro estará dispoñible na páxina web do centro.

Cando estea dispoñible a posibilidade porase un enlace a EduCalidade, tal e como está previsto.