Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación lexislativa:

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

    • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

    • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.


O C.E.I.P Plurinlingüe Alexandre Rodríguez Cadarso pertence ao Concello de Noia, estando situado na localidade de A Barquiña, parroquia de Santa Cristina de Barro, barrio periférico da Vila de Noia, da que dista 2,5 quilómetros.

O termo municipal comprende cinco parroquias: Argalo, Barro, Boa, Obre e Roo; e a capital, a Vila de Noia

A Barquiña, é o terceiro núcleo máis poboado do municipio, cuns 400 habitantes; tendo na actualidade o Municipio de Noia 14.274 habitantes.

O medio no que se atopa o centro caracterízase por:

Contorna de poboación mixta: rural, marítimo-pesqueira e urbano, tendo os dous primeiros grupos un claro predominio sobre o terceiro.

O motor económico da Vila noiesa xira arredor de dous sectores: servizos e primario.  No sector servizos destaca o comercio, xa que Noia é un pobo de tradición comercial: antigamente Noia era coñecida pola calidade das súas peles e os seus zapatos.

No sector primario a actividade económica por excelencia é o marisqueo, do cal viven numerosas familias.

A lingua predominante é, cada vez máis, o castelán, aínda que o galego segue tendo unha presenza importante.

A introdución do Plan dixital no centro supón a continuidade de proxectos que pararon ou continuaron coa pandemia, tales como a robótica, a radio, ou Edixgal. Relacionados cos programas educativos de Inclúe ou Innovaque están en marcha.

A implantación supoñerá pararse a reflexioanar e debatir sobre a liña dixital que vai seguir o centro, que xa conta con Aula Virtual operativa e que se utilizou durante os confinamentos deste presente curso.


A coordinadora, Xoana Maneiro, nun primeiro momento constituíu o equipo, integrando ao profesorado Edixgal e ao coordinador Tic. Procedeuse a analizar instrucións das primeiras tarefas, tal como o Selfie e o CDD, presentáronse ao claustro para a súa realización, e, seguidamente, entrou nunha situación de licenza por enfermidade, o que provocou o nomeamento dun novo coordinador do PD: asumiu o PD, o coordinador tic e Edixgal: Santiago García Nieto.

No equipo falause dos posibles obxectivos, o coordinador plasmounos e presentounos ao claustro, que aprobou a súa presentación. Nestes momentos, estamos no mesmo proceder, coa elaboración do Plan.

Para a realización do mesmo leváronse a cabo as seguintes tarefas:

  • Fase I (Inicial): Análise e diagnose da situación dos centros. 

Nesta primeira fase realizáronse varias tarefas de análise, entre elas a preparación e elaboración do SELFIE (do 3 de outubro ao 8 de novembro do 2021), realización do profesorado en Fprofe do Test de Competencia Dixital Docente (CDD) (do 8 de febreiro ao 7 de marzo do 2022) 

Para levar a cabo a diagnose, elaboramos o documento DAFO (do 8 marzo ao 4 de abril do 2022) para o cal tivemos, xunto co grupo de PFPP do Plan Dixital.

  • Fase II: Deseño e elaboración do Plan Dixital.

    A primeira tarefa desta segunda fase foi a elaboración dos obxectivos do Plan de Acción (do 21 de abril ao 11 de maio).

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa empregados foron: 

a) SELFIE: é un paquete completo que axuda ás escolas a desenvolver un plan de acción para unha aprendizaxe eficaz na era dixital. Ofrece pautas paso a paso para revisar os resultados e establecer prioridades e obxectivos, desenvolver un plan de acción, implementar e avaliar ese plan.

b) Test CDD: con este Test de Competencia Dixital Docente, enmarcado no Marco Europeo DigCompEdu, extraemos información directa sobre o nivel de Competencia Dixital do profesora do centro, facendo unha anlálise dos resultados.

Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Mellor seguridade na navegación pola internet. Alumnado Si
Debilidade Equipamento case suficiente, pero sostido con fondos de funcionamento do centro Infraestruturas Si
Debilidade Estratexia dixital de centro. Organización de centro Si
Debilidade Plan de interaxuda ou formación permanente. Organización de centro Si
Debilidade Repositorio común de recursos dixitais. Organización de centro Si
Debilidade Pouca creación de contidos propios en AV Persoal docente Si
Debilidade Baixa competencia en parte do profesorado. Persoal docente Si
Debilidade Non contamos con persoal administrativo. Persoal non docente Non
Debilidade O persoal non docente ten pouca capacitación dixital. Persoal non docente Si
Fortaleza Participa anualmente en charlas sobre os perigos na internet. Alumnado Non
Fortaleza Interesado na dixitalización Alumnado Non
Fortaleza Comunicación dixital Familias Non
Fortaleza Coñecementos de AV. Familias Non
Fortaleza Dispositivos propios e da consellería Infraestruturas Non
Fortaleza Edixgal. Radio escolar. Traballo con dispositivos NEE. Traballo na AV. Oferta Non
Fortaleza O centro ocupouse de que practicamente tódolos ordenadores funcionen con software libre. Organización de centro Non
Fortaleza Claustro innovador. Buscamos e implementamos recursos. Persoal docente Non
Fortaleza Uso ferramentas corporativas Persoal docente Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Moita carga lectiva e inexistente de investigación. Administración educativa Non
Ameaza Escaso orzamento e finalista Administración educativa Non
Ameaza Falta persoal docente. Administración educativa Non
Ameaza Nula renovación dispositivos da consellería. Administración educativa Si
Ameaza Excesiva burocracia ante calquera iniciativa. Administración educativa Non
Ameaza Soporte nulo a dispositivos adquiridos. Administración educativa Si
Ameaza Tarefas excesivas. Administración educativa Si
Ameaza Cambiante e excesiva. Lexislación Non
Oportunidade Renovación de recursos Administración educativa Non
Oportunidade Apoio incondicional. ANPA Non
Oportunidade Maiormente favorable Contorna Non
Oportunidade O centro coñece a existencia da lexislación sobre protección de datos e dereitos de autor Lexislación Non
Oportunidade Bo entendemento co concello Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Grazas á información recollida e xerada a través dos datos do SELFIE e do Test CDD, que nos permitiu confirmar e coñecer a realidade do noso centro no relativo ao eido dixital, puidemos extraer unha análise DAFO que nos permite reflexionar sobre a realidade do noso centro e nos facilitou a elaboración das liñas de actuación fundamentais para a redacción dos obxectivos e accións a desenvolver no vindeiro curso e que se recollen neste Documento.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Reflexionar sobre a renovada estratexia dixital do centro
O2PD Promover a edición en formato dixital da revista escolar do centro e outras posibilidades que poidan xurdir arredor do PDI
O3PD Seguir traballando na reposición de material dixital estático(ordenadores, canóns, paneis dixitais..)
O4PD Promover en alumnado e profesorado o uso da Aula Virtual do centro
05PD Creación dun PFPP de ámbito dixital

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital, realizará, alomenos, unha xuntanza trimestral para valorar a evolución do Plan.

Do mesmo xeito, a persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas trimestrais ao centro, para analizar, xunto coa persoa coordinadora do Plan Dixital, o desenvolvemento do PD.

A persoa coordinadora do PD, terá acceso á ferramenta EduCalidade para rexistrar os avances e avaliación deste plan, baixo a supervisión da persoa directora e co apoio do resto de persoas que forman o equipo.

1º Trimestre

Durante o 1º trimestre abordáronse varios dos obxectivos propostos:

Debateuse en claustro e na reunión do equipo a nova estratexia dixital do centro, tentando incorporar a novo profesorado en dinámixas existentes como Edixgal, impresora 3d, radio escolar...

Volveuse a invitar ao profesorado a utilizas a A.V. logo da rsúa renovación.

Creouse un pfpp con dúas liñas dixitais: Audiovisual e creación de prototipos.

2º Trimestre

Polo momento vai todo segundo o previsto, agás o perfilamento da revista escolar dixital, que, de momento, aínda non se abordou.

Polo demais, si que se está traballando coa A.V.; estamos participando nun Pfpp dixital e pouco a pouco vanse incorporando novos soportes dixitais estáticos. Tamén podemos resaltar que o equipo tic está preparando o espazo que albergará a nova aula de Polos Creativos.

3º Trimestre

Neste terceiro trimestre, seguiuse traballando no novo espazo de Polos e rematamos o curso de plotter de corte e outro de Edición audiovisual. 

Non imos dar chegado a editar a revista en dixital, este curso, de novo quedará pendente, pois a realización do PDI, sobre o xogo e o videoxogo desde a biblioteca, levou moito tempo, 

Chegou tamén nova dotación de ordenadores que se instalaron na sala de mestres, e os portátiles que se instalarán cos paneis dixitais que faltan.

Por outra banda, tamén se seguiu a traballar coa A.V. do centro e coa de Edixgal.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O equipo TIC reunirase unha vez ao trimestre para avaliar o proceso de desenvolvemento de obxectivos e comentará as observacións na seguinte reunión de Informes dirección.

A reunión de final de curso avaliará o grao de consecución dos obxectivos plantexados e, de ser o caso, fará unha proposta de mellora ao claustro.

Valoración xeral

O noso centro está na liña de traballo na dixitalización e aínda que algúns aspectos queden pendentes, outros van adiantados e con boa predisposición e ideas do profesorado.

Proposta de mellora

Xestionar conxuntamente P.D, Polos Creativos, Edixgal e TIC

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

-Presentado e aprobado en Claustro e Consello Escolar

-Presente na Aula Virtual do centro