Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL EN RELACIÓN COA NORMATIVA VIXENTE


O presente Plan Dixital responde á necesidade de adaptarnos ó disposto na seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

As novas tecnoloxías da información e do coñecemento teñen unha maior presenza na sociedade actual dende hai uns anos. O seu dominio para a realización de moitas actividades cotiás vai resultar imprescindible.

O Centro non pode permanecer alleo a este fenómeno e debe integrar os novos medios na práctica escolar e formar ao alumnado para que no futuro sexan competentes en tódolos ámbitos.

As TIC axilizan o proceso de ensinanza e aprendizaxe, e son fundamentais para completar o currículo. Por si mesmas conseguen maior motivación do alumnado, dannos acceso a moita información, facilitan a aprendizaxe individual e o apoio e atención a diversidade.

Neste proxecto pretendemos que o alumnado alcance os obxectivos que lle permita ser competente nas TIC.

CONTEXTUALIZACIÓN DO PD NO CENTRO E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO



O CPI A Picota está  situado no ámbito rural e afastado dos grandes núcleos de poboación.  Os núcleos familiares están compostos por tres ou incluso catro xeneracións. 
A gandería é, na maioría dos casos, o sustento principal das familias, aínda que observamos un incremento no número de pais-nais, sobre todo os máis novos/as que realizan aportancións á economía familiar cun emprego por conta allea. 
A miúdo detectamos dificultades a nivel académico, escasos hábitos de estudo, desmotivación polas aprendizaxes académicas, certo “rexeitamento-illamento” do alumnado con NEAE, baixo nivel de autoestima, inseguridade, problemas a nivel emocional e ou actitudinal, escasos hábitos saudables, etc.
A nivel de centro temos unha dilatada experiencia no eido dos proxectos de innovación da Consellería. Isto refléxase en que somos centro pioneiro nos Proxectos Educativos de Novas Tecnoloxías desde o ano 1991, como foi o PNATEG e Nmai. Actualmente os grupos de 5º e 6º de Primaria traballan coa plataforma E-dixgal.
Dende o curso 2016/2017 o CPI A Picota entrou a formar parte do proxecto Escronabots na biblioteca escolar de Primaria, proxecto que pasou a englobarse dentro da Biblioteca Creativa (Primaria) a partir do curso 2018/2019. A continuidade nesta liña de traballo foi a que propiciou a adhesión ao programa de Introdución á robótica (tamén na Educación Primaria). Nesta etapa educativa o centro oferta tamén nos cursos de 4º e 6º a materia “Introdución á robótica”, como materia de libre configuración. Ó solicitar este programa tratamos así mesmo de que haxa unha continuidade na etapa de Secundaria. 
No que se refire á incardinación e contribución deste documento ao proxecto educativo, pasa a ser un referente que pretende axudar a levar a cabo, os obxectivos que xa se viñan formulando  en cursos anteriores no plan TIC do noso centro. Cabe destacar os seguintes:

Para o alumnado:

  • Potenciar a capacidade de razoamento do alumnado, a súa motivación e o seu afán de coñecemento.
  • Espertar o interese por coñecer cousas divertidas e lograr que utilicen as pautas adecuadas para chegar á información precisa.
  • Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de cooperación e de expresión das propias ideas.

Obxectivos concretos:

  • Aprender o manexo básico do sistema operativo.
  • Introducirse no uso da aplicación ofimática OpenOffice (procesador de texto e presentacións), e descubrir as posibilidades de aplicación desa ferramenta de software ao traballo docente.

Por último o plan dixital tamén pretende ser unha ferramenta que favoreza o desenvolvemento doutros plans que xa estaban a realizar no noso centro educativo como son:

  • Plan Proxecta 21-22
  • Proxecto Ríos.
  • Proxecto de Vida Activa e Deportiva
  • CP Inlúe
  • Convive-T
  • Inclúe-T

Por último a PXA verase enriquecida por este documento incorporando á mesma a pretensión dun maior aproveitamento de todos os recursos tecnolóxicos da nosa comunidade. Pasará a ser parte do eixo vertebrador que fundamente o uso de infraestruturas tecnolóxicas, formacións do alumnado, profesorado e familias, cun aproveitamnto máis reflexivo, estuado e estruturado de todos eles. 


 

PROCESO DE ELABORACIÓN


No primeiro trimestre realizouse a constitucón do Equipo de Dinamización de Plan Dixital e a correspondente solicitude de foormación ao CAFI a través dun PFPP. Posteriormente realizouse a  avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto dixitalización.  
No comezo do segundo trimestre implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital de todo o profesorado do centro. 
Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro facendo unha análise de debilidades, amezas, fortalezas e oportunidades.
No terceiro trimestre elaboránronse as táboas do plan de acción e por último procedeuse a redacción do Plan Dixital.
Cabe sinalar que o  seguimento por parte do mentor da nosa zona establecía a entrega de diversas tarefas ao longo do curso que posteriormente terían concreción neste documento. Ese acompañamento axudou a ter unha temporalización organizada.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

No primeiro trimestre realizouse a constitucón do Equipo de Dinamización de Plan Dixital e a correspondente solicitude de foormación ao CAFI a través dun PFPP. Posteriormente realizouse a  avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto dixitalización.  
No comezo do segundo trimestre implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital de todo o profesorado do centro. 
Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro facendo unha análise de debilidades, amezas, fortalezas e oportunidades.
No terceiro trimestre elaboránronse as táboas do plan de acción e por último procedeuse a redacción do Plan Dixital.

 

Interno
93 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade EP-ESO C13 No noso centro o alumnado non pode levar os seus propios dispositivos portátiles e utilizalos durante as clases. Alumnado Non
Debilidade EP-ESO PEC1.3 O alumnado non pode atopar toda a información que precisa na web do centro Alumnado Non
Debilidade EP-ESO PEC 4.3 Non son coñecedores das vantaxes do emprego do software libre no ámbito educativo e dispoñen e fan uso deste tipo de ferramentas no centro. Alumnado Non
Debilidade EP-ESO FLUT Alumnado con competencias dixitais insuficientes Alumnado Non
Debilidade EP-ESO H1 No noso centro o alumnado non aprende a actuar con seguridade en internet Alumnado Non
Debilidade EP-ESO H4 No noso centro o alumnado non aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa Alumnado Non
Debilidade EP-ESO H13 No noso centro o alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que se presentan ao utilizar as tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Debilidade EP PEC2.3 Non puiden facer un seguimento dos meus deberes a través da aula virtual do centro ou da EVA do proxecto EDIXGAL na maioría das materias. Alumnado Non
Debilidade EP-ESO UT O alumnado non emprega a tecnoloxía fóra do centro con fins de aprendizaxe Alumnado Non
Debilidade ESO H3 No noso centro o alumnado aprende a actuar de forma responsable en internet Alumnado Non
Debilidade ESO UT O alumnado emprega a tecnoloxía no fogar para as tarefas escolares Alumnado Non
Debilidade EP-ESO H6 No noso centro o alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet Alumnado Non
Debilidade ESO H11 No noso centro o alumnado aprende a codificar ou programar Alumnado Non
Debilidade ESO CTA O alumnado posúe información sobre como empregar os dispositivos dixitais Alumnado Non
Debilidade EP-ESO C5 A asistencia técnica non está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Debilidade EP-ESO B1 No noso centro non avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade EP-ESO FLUT Falta de tempo para os docentes Organización de centro Non
Debilidade ESO FPAM O centro educativo ten acceso a recursos dixitais en liña ben organizados Organización de centro Non
Debilidade EP-ESO B4 No noso centro non colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade EP-ESO C13 No noso centro o alumnado non pode levar os seus propios dispositivos portátiles e utilizalos durante as clases. Organización de centro Non
Debilidade EP-ESO A1/A2 o centro non conta con estratexia dixital nin consulta profesorado para a súa elaboración Organización de centro Si
Debilidade EP B3/B4 Non existe colaboración con outras entidades nin centros Organización de centro Non
Debilidade EP-ESO A4 No noso centro o profesorado non ten tempo para explorar como mellorar o meu método de ensino coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade EP-ESO C11 No noso centro non contamos con medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto Organización de centro Non
Debilidade EP-ESO C12 Na nosa escola, non temos un plan para axudar aos profesores a afrontar os retos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e a súa orixe socioeconómica. Organización de centro Non
Debilidade EP-ESO C16 No noso centro non existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe Organización de centro Si
Debilidade EP-ESO PEC2.1. O equipo directivo non promove o emprego de software libre no ámbito educativo Organización de centro Non
Debilidade EP-ESO B1 No noso centro non avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade EP-ESO E2 Os docentes non crean recursos dixitais para reforzar o método de ensino Persoal docente Non
Debilidade EP-ESO F3 Os profesores non utilizan actividades de aprendizaxe dixital que fomentan a creatividade do alumnado Persoal docente Non
Debilidade EP-ESO G3 Os profesores non empregan tecnoloxías dixitais para proporcionar unha retroalimentación adecuada aos estudantes. Persoal docente Non
Debilidade EP-ESO G6 Non utilizamos as tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida levar a cabo comentarios sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Non
Debilidade EP-ESO E5 Os profesores non utilizan recursos educativos abertos Persoal docente Non
Debilidade EP-ESO G1 Os profesores non utilizan as tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades dos estudantes Persoal docente Non
Debilidade EP-ESO G5 Os profesores non utilizan as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade EP-ESO G7 O noso equipo directivo non nos axuda a utilizar as tecnoloxías dixitais con fins de avaliación Persoal docente Non
Debilidade EP A4 No noso centro non temos tempo para explorar como mellorar o meu método de ensino coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade EP-ESO B2 No noso centro non comentamos as vantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade EP-ESO B3 No noso centro non utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións Persoal docente Non
Debilidade EP-ESO F5 Os profesores non utilizan as tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado Persoal docente Non
Debilidade EP-ESO F6 O profesorado non fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade EP-ESO G10 Non valoramos as competencias dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro educativo Persoal docente Non
Debilidade EP PEC 3.1 Dende o centro educativo promover a participación do profesorado nas actividades formativas individuais organizadas pola Administración educativa para actualizar as competencias didácticas do profesorado. Persoal docente Non
Debilidade EP-ESO PEC 5.2 Non son coñecedores das vantaxes do software libre no ámbito educativo e dispoñen e fan uso deste tipo de ferramentas no centro. Persoal docente Non
Debilidade EP-ESO FLUT Profesores con competencias dixitais insuficientes Persoal docente Si
Debilidade EP-ESO G10 Non valoramos as competencias dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro educativo Persoal docente Non
Debilidade EP-ESO B4 No noso centro non colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade EP-ESO FNAM O profesorado carece de tempo para desenvolver material para a aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza EP H3 No noso centro o alumnado aprende a actuar de forma responsable en internet Alumnado Non
Fortaleza EP CTA O alumnado posúe información sobre como empregar os dispositivos dixitais Alumnado Non
Fortaleza EP-ESO H8 No noso centro o alumnado aprende a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Fortaleza EP PEC3.3 Envíanos avisos e notificacións a través da aplicación AbalarMobil á miña familia. Ademais, pode xustificar as faltas ou solicitar títulos. Alumnado Non
Fortaleza EP UT O alumnado emprega a tecnoloxía no fogar para as tarefas escolares Alumnado Non
Fortaleza ESO PEC2.3 Non puiden facer un seguimento dos meus deberes a través da aula virtual do centro ou da EVA do proxecto EDIXGAL na maioría das materias. Alumnado Non
Fortaleza EP-ESO C8 No noso centro existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise Alumnado Non
Fortaleza EP-ESO C10 No noso centro, hai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen. Alumnado Non
Fortaleza EP-ESO H7 No noso centro o alumnado aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza EP-ESO H10 O noso equipo directivo garante que os estudantes desenvolvan habilidades dixitais para as diferentes materias Alumnado Non
Fortaleza EP H11 No noso centro o alumnado aprende a codificar ou programar Alumnado Non
Fortaleza EP-ESO AADFCE O alumnado ten acceso a dispositivos dixitais fóra do centro Alumnado Non
Fortaleza EP-ESO C8 No noso centro existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise. Infraestruturas Non
Fortaleza EP-ESO C1 No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza EP-ESO C15 No noso centro o alumnado con necesidades educativas especiais ten acceso ás tecnoloxías de apoio Infraestruturas Non
Fortaleza EP-ESO C2 No noso centro hai dispositivos dixitais que podo utilizar no meu traballo como docente Infraestruturas Non
Fortaleza EP-ESO C3 O noso centro ofrece acceso a Internet para o ensino e a aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza EP-ESO C10 No noso centro, hai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen. Infraestruturas Non
Fortaleza EP-ESO C7 No noso centro non existen sistemas de protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza EP-ESO C16 No noso centro non existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza EP-ESO C14 No noso centro, os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza EP-ESO PEC1.1 O centro emprega servizos dixitais corporativos Organización de centro Non
Fortaleza EP-ESO PEC 4.2 O centro difunde información de interese e facilita ou supervisa a actividade académica do alumnado a través de servizos educativos corporativos dixit (web, aula virtual, videoconferencia, teléfono móbil, correo electrónico...) Organización de centro Non
Fortaleza EP-ESO G8 Facilitamos ao alumnado o uso das tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe Organización de centro Non
Fortaleza EP B2 non existe reflexión sobre o uso das TIC Organización de centro Non
Fortaleza EP-ESO PEC 2.2 O centro promove a creación conxunta de coñecemento mediante a organización dun Plan de Formación en centros dos que formo parte Organización de centro Non
Fortaleza EP-ESO A3 o centro apoia o uso de novas modalidades de ensenñanza Organización de centro Non
Fortaleza EP-ESO C15 No noso centro o alumnado con necesidades educativas especiais ten acceso ás tecnoloxías de apoio Organización de centro Non
Fortaleza EP-ESO PEC 4.1 O equipo directivo coñece a normativa en materia de adquisición de equipamento informático dos centros educativos Organización de centro Non
Fortaleza EP-ESO PEC 5.1 Nas aulas do centro hai mercado de equipos informáticos centro polopropio Organización de centro Non
Fortaleza EP FPAM O centro educativo ten acceso a recursos dixitais en liña ben organizados Organización de centro Non
Fortaleza EP-ESO C14 No noso centro, os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Fortaleza EP-ESO PEC3.1. Dende o centro educativo promóvese a participación do profesorado en actividades formativas individuais organizadas polas administracións. Organización de centro Non
Fortaleza EP-ESO E1 Busco recursos educativos dixitais en internet Persoal docente Non
Fortaleza EP-ESO E3 Os profesores utilizan entornos virtuais de aprendizaxe cos alumnos Persoal docente Non
Fortaleza EP-ESO PEC1.2 O profesorado participa en accións formativas individuais organizadas pola adminsitración Persoal docente Non
Fortaleza EP-ESO D3 O noso equipo directivo axúdanos a intercambiar experiencias dentro do centro sobre a docencia con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza EP-ESO E4 O profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionada co centro educativo Persoal docente Non
Fortaleza EP-ESO F1 Os profesores utilizan as tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza EP-ESO UADPC O profesorado valora como útiles as actividades de DPC desenvoltas en liña, colaborativas, a través de redes profesionais e de orientación e asesoramento internos. Persoal docente Non
Fortaleza EP-ESO SUT O profesorado do centro manexa con seguridade as tecnoloxías na preparación e impartición das clases, e na comunicación. Persoal docente Non
Fortaleza EP-ESO F4 Os profesores utilizan actividades de aprendizaxe dixital que fomentan a creatividade do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza EP-ESO D1 O noso equipo directivo reflexiona connosco sobre as nosas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza EP-ESO D2 Teño acceso a posibilidades de FPC en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza EP-ESO FPAM O profesorado participa en programas de desenvolvemento profesional Persoal docente Non
93 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza ESO PEC3.2 As distintas modalidades formativas que organiza a Administración educativa axústanse ás necesidades formativas máis pequenas en competencia dixital Administración educativa Non
Ameaza EP-ESO FLUT Apoio técnico limitado ou inexistente Administración educativa Non
Ameaza EP-ESO FNAM Baixa competencia dixital das familias Contorna Non
Ameaza EP-ESO C7 No noso centro non existen sistemas de protección de datos Lexislación Non
Ameaza EP-ESO A5 No noso centro non respectamos os dereitos de autor e non utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe Lexislación Non
Ameaza EP-ESO B4 No noso centro non colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais Outras Non
Ameaza EP-ESO B3 No noso centro non utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións Outras Non
Oportunidade EP PEC3.2 As distintas modalidades formativas que organiza a Administración educativa axústanse ás necesidades formativas máis pequenas en competencia dixital Administración educativa Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar os resultados dos distintos test e da elaboración do DAFO ponse en evidencia cerrtos aspectos a traballar no noso centro educativo. É preciso afondar na competencia dixital do noso alumnado e crear repositorios de calidades para o noso centro. Ademais, o noso centro carece de estratexia dixital polo que é preciso darlle forma e xerar un documento que marques as liñas mestras a desenvolver neste sentido en aspectos relacionados con: web, aulas virtuais, Edixgal, equipamentos, Polos Creativos... Para finalizar é necesario continuar coa formación do noso profesorado en aspectos relacionados coas TIC.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomentar a aprendizaxe no uso de internet con seguridade de alumnado e familias (FLUT/FNAM*) - Área H Competencias dixitais do alumnado
O02PD Crear repositorios en liña que conteñan materiais de ensino-aprendizaxe na aula virtual do centro para todas etapas/nivel/área (C16*) - Área C Infraestruturas e equipamentos
O03PD Desenvolver a estratexia dixital do centro (A1*) - Área A Liderado
O04PD Formar ao profesorado con coñecementos básicos en Aulas Virtuais (D1*)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto. 

Ademais, tamén se realizará o seguimento dos plans de acción do noso plan dixital durante as visitas periódicas da persoa mentora. 
 

1º Trimestre

Revisión do estado dos plans de acción con parte do  EDPD

  • Obx 1 xa están programadas das charlas do plan director para, primaria, ESO e familias. Tamén se programa actividade para familias sobre uso de pantallas. Construción de espazo dixital en proceso.
  • Obx 2 en proceso de construcción de espazos dixitais. Pendente reunión co profesorado para decidir iniciativa. 
  • Obx 3 Desenvolver a estratexia dixital do centr: documento en creación.
  • Obx 4  Formar ao profesorado con coñecementos básicos en Aulas Virtuas: xa solicitada a petición de PFPP pendente organización de docencias. 
2º Trimestre

Revisión do estado dos plans de acción con parte do  EDPD

  • Obx 1 Fomentar a aprendizaxe no uso de internet con seguridade de alumnado e familias (FLUT/FNAM*) practicamente acadado e incorporada a maiores actividade de “Uso de pantallas” dirixo a familias impartido Marian Cobelas. 
  • Obx 2 Crear repositorios en liña que conteñan materiais de ensino-aprendizaxe na aula virtual do centro para todas etapas/nivel/área (C16*):  En proceso espazos dixitais creados. En fase de subida de contidos. 
  • Obx 3  Desenvolver a estratexia dixital do centro: documento en creación.
  • Obx 4  Formar ao profesorado con coñecementos básicos en Aulas Virtuas: pendente de datas definitivas de docencia. 
3º Trimestre

Revisión do estado dos plans de acción con parte do  EDPD

  • Obx 1 Fomentar a aprendizaxe no uso de internet con seguridade de alumnado e familias (FLUT/FNAM*) xa acadado.
  • Obx 2 Crear repositorios en liña que conteñan materiais de ensino-aprendizaxe na aula virtual do centro para todas etapas/nivel/área (C16*):  xa acadado.
  • Obx 3  Desenvolver a estratexia dixital do centro: xa acadado.
  • Obx 4  Formar ao profesorado con coñecementos básicos en Aulas Virtuas: xa acadado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

  • Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto. 
  • Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 22-23. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento. 
Valoración xeral

O desenvolvemento do plan dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo. Representou un desafío para a comunidade educativa e, nalgún obxectivo concreto, require máis tempo para optimizar o seu resultado como pode ser a posta en marcha dos Polos Creativos. 

Varios factores condicionaron o desenvolvemento do Plan Dixital, a infraestrutura tecnolóxica dispoñible, a formación e capacitación dos docentes, a dispoñibilidade de recursos dixitais adecuados e as metodoloxías de ensino.  De aí que en propostas de mellora nos vaiamos enfocar na formación do profesorado. 

A avaliación do desenvolvemento do plan dixital debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, pais, nais e outros actores chave. Ao ser este o primeiro Plan Dixital que desenvolvemos os indicadores que permiten esta retroalimentación son moi sutís e haberá que agardar a vindeiros cursos nos que voltemos a realizar un exercizo SELFIE de autoavaliación da situación dixital da comunidade educativa para ter unha visión completa dos resultados.

       

Proposta de mellora

No que se refire ás propostas de mellora do PD do noso centro destacar o seguinte:

  • Realizar unha reavaliación das necesidades tecnolóxicas e os recursos dispoñibles no centro educativo coa finalidade de determinar que recursos adicionais son necesarios.
  • Afondar na formación e no desenvolvemento profesional contínuo do corpo docente en colaboración co CAFI afondando na estabilización dunha liña TIC nos PFPP. 
  • Integración curricular: Promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal. Isto implica identificar oportunidades para utilizar ferramentas dixitais en diversas materias e actividades, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico dos estudantes.
  • Fomentar a participación activa da comunidade educativa no plan dixital, involucrando ás familias, estudantes e outros membros da comunidade na toma de decisións e na implementación de estratexias dixitais. 
  • Establecer un sistema de avaliación e seguimento continuo para medir o impacto do plan dixital na aprendizaxe dos estudantes e na calidade do ensino. Isto implica recompilar datos, analizar resultados e realizar axustes periódicos segundo os achados. Tamén é importante comunicar os avances e logros do plan á comunidade educativa.

No que respecta a posibles obxectivos curso 23-24

  • Formación PFPP
    • Novas Pantallas Dixitais Interactivas
    • Polos creativos
      • Deseño e impresión 3D
      • Cortadora láser
      • Robótica
      • Radio
  • Posta en marcha da aplicación Inventario.
  • Revisión da estratexia dixital .

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado presentado ao Claustro e aprobado no Consello Escolar, o plan pasará a formar parte dos documentos oficiais do centro. Procederase á súa publicación na páxina web.
Desenvolveranse diferentes accións formativas, incluídas no propio plan, e abertas á toda a comunidade educativa.
Na Programación Xeral Anual detallaranse as accións a desenvolver en cada nivel educativo, así como nas distintas programacións didácticas.

Enlace ao Plan Dixital do noso centro