Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O equipo de Dinamización do PD realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.
A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas ao centro por trimesttre para analizar coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto.
A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.
VALORACION XERAL:
Durante o primeiro trimestre tivemos moitos e frecuentes problemas coa conectividade. Ademáis de algún acto vandálico por parte do alumnado, semella que a infraestructura necesita unha anovación e posta a punto.
Pola otra banda, ao remate do primeiro trimestre xa estábamos facendo uso intensivo de varios recursos do centro que, segundo o noso punto de vista, estaban a ser infraempregados: a televisión da sala de profesores e os proxectores do vestíbulo. Agora amosan durante toda a xornada a data, hora, información e novas educativas, a modo de “dashboard”.
Asemade, ampliamos e reorganizamos o equipamento da sala de profesores, de xeito que pasamos a ter de tres a seis ordenadores, agora todos conectados á impresora de rede.
ABALAR:
Ofrécese asesóramento sobre o seu emprego a todo docente que o necesite. O formulario fíxose con preguntas sobre o emprego de todas as ferramentas, con modelos personalizados para alumnado, familias e profesorado. Dos datos recabados, cabe dicir que pasamos dun 19% no curso pasado a un 13% do profesorado que aínda non o emprega, e tamén o seu emprego por parte das familias foi lixeiramente maior no primeiro trimestre.
AULA VIRTUAL:
Durante o curso, o membro do equipo Celestino Montero leva a cabo as tarefas de mantemento da aula e proporciona asistencia a quen o necesita. Virtualmente temos ao 100% de alumnado de ensino secundario matriculado.
PAXINA WEB DO CENTRO:
Entre o alumnado, as visitas baixaron un pouco respecto ao curso pasado; sen embargo, entre as familias, suben, o mesmo que entre o profesorado. Deste último cabe dicir que o sitio WEB é, en certa forma, redundante unha vez que o curso está en marcha, xa que a súa función informativa pasa a ser sustituída en boa medida polas reunións dos distintos órganos colexiados, cartelería, etc.
VALORACION XERAL:
Durante o segundo trimestre xa tiñamos desenvolvidos no centro tres cursos de capacitación dixital e dous do nivel intermedio. Pola outra banda, das sete actividades de formación para o profesorado que estamos a desenvolver, unha ten relación directa co plan dixital (“Utilización das TICs”), e outras dúas de xeito tanxencial (“Internacionalización do centro” e “Metodoloxías innovadoras”). Pola outra banda, engadir que a metade dos taboleiros dixitais están inoperativos.
Respecto aos indicadores de cada un dos obxectivos:
ABALAR:
Profesorado: incremento constante respecto ao curso e trimestres pasados. Familias: lixeiro incremento respecto ao curso pasado.
AULA VIRTUAL:
Alumnado: incremento constante respecto ao curso e trimestre pasado. No tocante ao profesorado, o aspecto máis positivo é que, con maior ou menor frecuencia, pero case a súa totalidade está a empregar a aula virtual.
PAXINA WEB:
Profesorado: incremento respecto ao curso pasado. Alumnado: non hai variacións respecto ao curso pasado. Familias: non hai variacións respecto ao curso pasado. A páxina WEB parece ter un teito de emprego difícil de superar, e iso a pesares de que está a ofrecer moita máis información e novas que en cursos pasados. Segundo os datos e o que nos transmiten verbalmente os distintos colectivos do centro, a ferramenta Abalar e a páxina WEB “compiten” entre elas: durante o verán e no principio de curso, as familias e o alumnado visitan máis a páxina web, mentres que cando xa teñen Abalar funcionando, confían en que lles chegará a información importante por esa canle.
VALORACION XERAL: Consideramos acadados os obxetivos propostos na súa meirande parte,
ABALAR:
Profesorado: lixeiro descenso respecto ao trimestre anterior.
Familias: lixeiro incremento respecto ao trimestre anterior.
A primeira vista os datos parecen inconsistentes. Supoñemos que a explicación é que as familias comunicáronse máis, pero cun número máis reducido de profesorado.
AULA VIRTUAL:
Profesorado: lixeiro descenso respecto ao trimestre anterior. Alumnado: lixeiro incremento respecto ao trimestre anterior. O maior emprego do aula virtual, segundo os usuario identificados cada xornada, foi en decembro.
PAXINA WEB:
Dende o 7 de setembro de 2023 ata o 6 de maio 2024 temos 24 novas no sitio WEB, polo que imos a máis de catro por mes. No tocante ao número de visitas únicas, dende a UAC non nos facilitaron acceso aos rexistros do servidor, polo que non temos datos.
Profesorado: descenso respecto aou trimestre anterior.
Familias: os mellores datos de emprego da páxina ata o de agora.
Alumnado: pronunciado descenso respecto ao trimestre anterior. A explicación ven do cambio na metodoloxía de recollida de datos que fixemos nestre trimestre. No lugar de pedir ao profesorado titor que fixeran as enquisas có alumnado nun aula de informática, fumos en persoa a cada aula e votaron a man alzada. Atopamos, sorprendentemente, que unha boa parte do alumnado non tiña clara a diferencia entre a páxina WEB e o aula virtual, polo que os datos actuais son os máis próximos á situación real.
Avaliación
A avaliación do PD realizarase a través dos indicadores definidos en dito Plan, tendo en conta os criterios de aceptación de cada un deles.
Polo lado negativo, a infraestructura segue a fallar de cando en vez. No positivo, coidamos que os indicadores de éxito respaldan o progreso axeitado do plan, sendo especialmente positivos no tocante ao emprego da aula virtual, e tendo marxe de mellora no sitio WEB.
Versión estendida coa útima versión deste documento con ilustracións, gráficos e enquisas en https://drive.google.com/drive/folders/1kOuZFGiL4TuiEqRLjh7k-_38DceZHVYz
-Mellorar a infraestrutura dixital: conectividade, taboleiros dixitais, etc.
-Publicitar máis a páxina WEB e atopar xeitos apropiados de medición das visitas.
-Incrementar o asesoramento/formación para toda a comunidade educativa en xeral.
Comunicación e difusión
A difusión do plan dixital á comunidade educativa, unha vez éste sexa aprobado polo claustro e o Consello Escolar, realizarase a través da páxina web do Centro.