Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O obxectivo fundamental do noso centro é proporcionar unha atención axustada a todo o alumnado a través dunha educación funcional en todos os ámbitos da vida: social – afectivo; comunicativo-lingüístico e cognitivo co fin último de acadar a súa máxima autonomía e a súa integración e participación na sociedade como suxeitos de pleno dereito.

O centro posúe una situación estratéxica en canto á comunicación, situación xeográfica e recursos culturais e sanitarias próximos que, xunto á coordinación cos mesmos e coas asociacións externas, favorece o bo funcionamento e dinámica do mesmo.

A niveis xerais, as características socioeconómicas e culturais das familias do noso alumnado enmárcanse dentro dun nivel medio-baixo, aspecto que en moitos casos vese solventado polo posibilidade de internado.

A adaptación dixital é un termo amplo do que partimos. Somos un centro que aposta pola innovación e formación continua do profesorado, cunha evolución positiva no ámbito das novas tecnoloxías. Se ben queda camiño por andar, en especial no relativo á dotación TIC do centro, adaptámonos á nova realidade tecnolóxica na búsqueda dos recursos e avances que favorezan a calidade educativa. Destacar que nos últimos anos o centro aposta de maneira regular por unha formación continua do profesorado en materia TIC a través do Plan de Formación do profesorado en Competencia Dixital, que no presente curso céntrase na prioridade da integración práctica didáctica das Tics, poñendo en activo os coñecementos formativos adquiridos ata o momento que, debido á realidade vivida, levounos a apoiarnos máis que nunca en recursos tecnolóxicos.

O Plan Dixital é un reflexo desta nova realidade de adaptación, o que garda unha relación directa cos diferentes programas e proxectos do centro, en coordinación e integración plena co noso Proxecto Educativo e coa Programación Xeral Anual.

Tras a situación de crise vivida ao longo dos cursos escolares de 2020 – 2022 relacionada coa COVID – 19, púxose de manifesto a necesidade de determinar as competencias dixitais do profesorado así como os recursos dispoñibles tecnolóxicos cos que os centro educativos e alumnado están dotados para poder levar a cabo unha educación dixital adaptada aos tempos actuais dentro do marco das competencias dixitais europeas.

Dende a Rede Galega de Educación Dixital estívose traballando na recompilación de información sobre a situación actual dos centros a través de diversas ferramentas, entre as que destacan o cuestionario SELFIE ou o Test de Competencia Dixital.

A infraestructura TIC e a competencia dixital do profesorado ten que ser definida e detallada nun documento de xeito coherente baixo un marco común, polo que o Plan Dixital é unha resposta a esta necesidade, e só esta subordinación tecnolóxica garante unha integración sostible que promova a aprendizaxe equilibrada no século XXI.

Plan Dixital 1.0 permitirannos seleccionar as áreas de mellora do noso centro e buscar en cada unha delas cáles son os obxectivos prioritarios en materia TIC, co fin de superar as nosas debilidades e ameazas e avanzar cara unha aprendizaxe dixital adecuada, personalizada sempre ás características do noso alumnado.

A elaboración do Plan Dixital está sustentada, así mesmo, na seguinte lexislación:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

Para a elaboración do Plan Dixital seguíronse as pautas establecidas polos coordinadores Adix da nosa zona (Ferrol). Tal e como marcaba o calendario establecido,  completáronse as accións segundo o acordado a través das reunións do

Equipo de Dinamización do Plan Dixital, baixo a organización da coordinadora do Equipo, enlace de comunicación cos mentores e a encargada de cumprir os prazos e dinamizar o proxecto.

Unha vez realizadas todas as accións requeridas (test SELFIE en novembro, test CDD en xaneiro,...), procedeuse á reflexión dos resultados e a elaboración conxunta (como último paso) do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos empregados para recoller a información foron diferentes cuestionarios e test

Interno
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Creación de contidos dixitais Alumnado Si
Debilidade Otorgar recoñecemento ao traballo dos demáis Alumnado Non
Debilidade Estratexias dixitais Organización de centro Si
Debilidade Avaliación do progreso Organización de centro Non
Debilidade Colaboracións Outras Non
Debilidade Colaboracións Persoal docente Non
Debilidade Necesidades de DPC Persoal docente Non
Debilidade Entornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Si
Debilidade Proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade Comentarios a outros alumnos/as sobre o seu traballo Persoal docente Non
Fortaleza Aprender a comunicarse Alumnado Si
Fortaleza Comportamento seguro Alumnado Non
Fortaleza Conexión a internet Infraestruturas Si
Fortaleza Novas modalidades de ensino (comedor, transporte...) Oferta Non
Fortaleza Novas modalidades de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza Participación no DPC Persoal docente Si
Fortaleza Retroalimentación axeitada Persoal docente Si
Fortaleza Autoreflexión sobre o aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza Debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Si
Fortaleza Recursos educativos en liña Persoal docente Si
Fortaleza Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Si
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Infraestructura Administración educativa Non
Ameaza Dispositivos dixitais para o ensino Administración educativa Si
Ameaza Dispositivos dixitais para o ensino Outras Si
Ameaza Infraestructura Outras Non
Oportunidade Acceso a internet Outras Si
Oportunidade Recursos educativos en liña Outras Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomentar o uso das tabletas entre o profesorado para o desempeño das tarefas de clase
O02PD Utilizar de xeito efectivo ferramentas dixitais (aplicación Abalar) como método de comunicación interna e externa
003PD Actualización e mellora da páxina web

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Leváronse a cabo as actuacións e revisións relacionadas co primeiro trimestre

2º Trimestre

Leváronse a cabo os obxectivos marcados para este trimestre, solventadno os pequenos problemas que foron surxindo e coa colaboración de todo o claustro

3º Trimestre

Ao longo deste trimestre fíxose o seguimento dos obxectos plantexados, solventando os problemas que ían surxundo.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Reunións co mentos ADIX correspondente

Valoración xeral

Boa adecuación dos obxectivos ao centro e levouse a cabo un adecuado seguimento dos obxectivos plantexados, polo que moitos deses obxectivos acadáronse satisfactoriamente,

Proposta de mellora

Mellorar a participación do profesorado no emprego das tabletas e crear un grupo de traballo para a actualización da páxina web.

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital será o encargado de difundir o citado Plan entre todos os membros da comunidade educativa, principalmente claustro e familias.

A difusión realizárase ao longo de todo o curso escolar, pero prestarase especial atención a este aspecto no primeiro trimestre.

En relación ao profesorado, na primeira semana de setembro (primeiro claustro), poñerase de manifesto o PD e procederase á lectura dos puntos máis salientables do mesmo. Ademais, durante o curso, a través dos claustros e reunións de niveis actualizarase a información relativa ás accións previstas para cada trimestre e asegurarase que todo o claustro e coñecedor do plan. O coordinador/a asegurarase da implicación de todos/as os/as mestres/as neste proxecto.

As familias ou titores legais do alumnado serán informados a través das correspondentes titorías implincándoos na consecuención dos obxectivos do PD nos que están envoltos. Para a información ás familias do centro, será fundamental a coordinación coa AMPA do centro e coñecemento do Consello Escolar respecto ao mesmo.