Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Antes de analizar a contribución que fai o Plan Dixital dentro da PXA para o curso 23-24, imos a poñer en antecedente a situación e caracteristacas do noso centro:

Somos unha cooperativa de traballo asociado dedicado á ensinanza, cun centro dunha liña nas etapas de Ed. Infantil (3 unidades) e Ed. Primaria (6 unidades) concertadas.

O centro está situado na praza Río do Tronco 1-3, no barrio urbano do Ensanche e relacionase cos outros centros do barrio, cooperativas de traballo asociado e asociacions.

O noso centro fomenta as accions educativas para traballar a autonomía e o pensamento reflexivo e crítico dos alumnos, e tamén a capacidade de decisión por si mesmo. Fomenta entre os membros da súa comunidade escolar o sentimento de pertenza, no respecto a tódalas persoas ca integran tendo unha esixencia fundamental: o respecto polos principios que rexen as relacións dun mesmo cos demáis. Educa na e para a liberdade favorecendo os procesos que levan desenrolar nos alumnos a súa autonomía, a liberdade e a responsabilidade que favorezan a capacidade de elexir e de tomar decisións.

A lingua de aprendizaxe e o galego e castelán nos termos que establece a lei educativa vixente. No centro usarasé a lingua galega en todos os documentos e actividades organizadas polo centro.

A marioría dos nosos alumnos proceden do barrio onde está emprazado o noso colexio, polo tanto non necesitan medio de transporte. E un barrio de clase media onde hai diversidade entre os sectores de traballo á osque pertencen os pais dos nosos alumnos, así como a formación académica e cultural dos mesmos. A lingua máis usual de comunicación das familias é o castelán, aínda que no centro a lingua vehicular e o galego.

A liña metodolóxica do centro, responde ao pluralismo da práctica de cada profesor, aportando un estilo docente baseado nun conxunto de principios psicopedagóxicos e camiñando na dixitalización e novas metodoloxías de ensino.

Máis que establecer unha liña metodolóxica estricta e ríxida debe buscarse o equilibrio e a complementaridade de métodos diversos, establecendo puntos de encontro á observación directa, a activdade, os aprendizaxes significativos, a alternancia entre a individualización e socialización, etc..

O Plan Dixital do Centro, enriquece a liña de traballo do centro, xa que todo o profesorado, entende a necesidade de dar resposta as inquietudes do alumnado e avanzar coas novas estratexias educativas, sendo o ámbito tecnolóxico e dixital un pilar fundamental na escola de hoxe en día.

Este Plan, incluirase dentro do PXA e será evaluado nos termos expostos máis adiante, buscando sempre a adecuación á realidade do centro, coordinandose o profesorado do centro co Equipo de Dinamización do Plan Dixital para acadar os obxetivos propostos no Plan e deseñar novas áreas de mellora en función dos resultados da autoevaluación do mesmo.

O Plan Dixital esta elaborado polo Equipo de Dinamización do Plan Dixtal, formado por Paula Miraz Pérez (Directora), Alejandro Pérez Graña (Xefe de estudos e coordinador TIC), Cristina Pol Bonome (coordinadora Ed. Infantil) e Arantxa Penín Montecelo ao longo do curso 22-23.

Unha parte importante que posibilita o deseño deste Plan e coñecer o punto de partida do do centro tanto, en infraestructura, nivel de competencia dixital do profesorado e do alumnado. Para coñecelo, se fixeron unha serie de test e analisis dos resultados ao longo do curso 21-22:  1º trimestre: Realización do test SELFIE por parte do profesorado e alumnado. 2º trimestre: Realización do test CDD polo profesorado e elaboración do análisis DAFO. 3º trimestre: Elaboración do Plan de Acción (fixar obxectivos do Plan) e redacción do Plan Dixital de Centro.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para realizar o análise DAFO, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital, tomou como referencia os resutados obtidos no informe SELFIE e test CDD do centro.

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.H7, H8 o alumnado non crea contidos dixitais e non emprega as tecnoloxías para comunicarse entre iguais. Alumnado Non
Debilidade 1.C1, C8 O centro non dispón da infraestructura dixital e de dispositivos necesarios. Infraestruturas Si
Debilidade 1.B3 Pouca colaboración con outras entidades á hora de usar TICS. Oferta Non
Debilidade 1. A1 O noso centro non conta cunha estratexi dixital definida. 2.B1 No centro non se avalian os progresos en materia EA con TICs3. Organización de centro Si
Debilidade 1.E2 O profesorado en xeral non crea os seus propios recursos dixitais. 2.F1, F3, F5, F6 O profesorado en xeral non adapta as actividades ás necesidades individuais do alumnado, non fomenta a creatividade con ferramentas dixitais, non se usan ferramentas colaborativas, nin se elaboran proxectos interdisciplinares con tecnoloxías. 3.G1, G3, G5, G6 No centro non se empregan métodos de avaliación que requiran o uso das tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza 1.F4 O alumnado participa máis activamente e motivado cando se usan as tecnoloxías. 2.H1, H3, H4, H6 O alumnado realiza un comportamento seguro e responsable da tecnoloxía dixital ademáis de dar crédito ao trabllo doutras persoas e verificar a calidade da información. Alumnado Non
Fortaleza O centro acceso a internet ademáis de asistencia técnica para levar a cabo a EA con TICS Infraestruturas Non
Fortaleza 1.A2 O equipo directivo en conxunto co resto do profesorado involucrase no desenvolvemento de estratexias dixitais do centro 2.A3 o equipo directivo apoia ao claustro á hora de probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. 3.C7 O centro conta con todos os sistemas necesarios para a protección de datos. Organización de centro Si
Fortaleza 1.B2 Debate do profesorado sobre as vantaxes e desvantaxes do EA das TICs 2.D1, D3 o personal docente debate e intercambia experiencias relativas ao ensino con tecnoloxías dixitais. 3.E1, E3, E4 o profesorado utiliza recursos educativos en liña, crea recursos dixitais e comunícase a través do uso de tecnoloxías dixitais coa comunidade educativa. Persoal docente Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.C2,C5, C8 O centro non dispón da infraestructura dixital e de dispositivos necesarios para o EA dixital. 2.G1 Non existe o apoio necesario para levar a cabo funcións de avaliación usando recursos dixitais corporativos. Administración educativa Si
Ameaza 1.B3 Pouca colaboración con outras entidades á hora de usar TICS Outras Non
Oportunidade 1.D2 A administración pon a disposición do centro recursos de formación para uso das tecnoloxías dixitais. Administración educativa Si
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro.
02PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica do centro.
03PD Crear base de datos para aloxar recursos dixitais.
04PD Creación aula virtual nova
05PD Formación Polos Creativos

Seguimento

Procedemento

Según os resultados obtidos da avaliación do Plan de Acción, tomaranse as medias oportunas para correxir as accións non acadadas, tendo en conta a principal razón da non consecución deses obxectivos.

Son dúas nun principio as razóns que poden facer que non academos os obxectivos:

      • Obxectivos mal programados, non axustandose a realidade do centro. Nese caso reformularanse eses obxectivos en base a experiencia obtida.

      • Obxectivos non acadados por escasa competencia dixital docente. Subsanarase formando o profesorado nos aspectos que non tiveron éxito en concordancia co CFR.

1º Trimestre

O plan levase a cabo, segundo a programación, acadando os obxectivos propostos na súa temporalización.

En canto ao obxectivo da creación dunha nova aula virtual, o profesorado formou parte da súa elaboración e tentaremos facer uso da mesma de xeito regular antes de terminar o curso 23-24.

2º Trimestre

O plan estase a levar a cabo, atendendo á temporalización plantexada para a consecución dos obxectivos marcados. 

En canto ao obxectivo da creación dunha nova aula virtual, que xa está creada. O responsable TIC do centro levará a cabo unha serie de xornadas de formación sore o uso e manexo para o resto do profesorado.

Con respecto ao obxecivo da formación dos Polos Creativos, segue en marcha o proceso de dar formación á coordinadora e a súa vez realizar unha sesión de formación co resto de profesorado partipante.

3º Trimestre

.

O plan estase a levar a cabo, atendendo á temporalización plantexada para a consecución dos obxectivos marcados. 

En canto ao obxecivo da formación dos Polos Creativos as 40 horas de formación para a coordinadora deste curso tanto presenciais como online está completa. Ademáis o resto do profesorado partipante en Polos recibu unha xornada formativa de 4 horas sobre audivisuais e o manexo do chroma e programas de edición de vídeo. Polo tanto consideramos que este obxectivo queda adacado.

De maneria global estamos satisfeitos coa cmplimentación dos obxectivos plantexados para ese ano acádemico, con novas ideas e propostas para implementar e levar a cabo o ano que ven.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada unha das áreas de mellora propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas materialícense. Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe evaluativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores.

Valoración xeral

Os diferentes obxectivos do propostos no Plan Dixital propostos para este curso académico, foronse cumprindo ao longo do curso segundo as datas establecidas. Estos obxectivos foron resalistas en canto ás necesidades do centro e a súa posibilidade de cumprimento.

O asesoramento por parte do coordinador de ADIX (Roberto Silva López), foi claro e preciso, asistindo ás reunións previstas e con total disposición para solventar e aclarr todas as dúbidas que iban xurdindo.

En canto a obxectivos futuros, destacamos a necesidade de formación para obter as acreditacións da competencia dixital docente para o profesorado e o emprego das diferentes ferramentas de Polos Creativos.

Proposta de mellora

Neste momento non temos plantexados novos obxectivos de proosta de mellora para o vindeiro curso. Esta cuestión será valorada e abordada no vindeiro curso 2024-2025, no mes de setembro, en función das necesidades que detectemos.

Incluiranse na proposta de mellora como necesidade xa detectada, a acreditación da competencia dixital docente.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital difundirase a través das maiores canles posibles para achegalo á toda a comunidade educativa. Permanecerá aloxado na web do centro, xunto con todos Plans que estanse a levar a cabo.

Tamén ó comezo de cada curso (e sempre que se modifique o PD), o remitiremos as familias a través da aplicación de mensaxería movil Tokapp School.

Sempre que se traballe algún obxectivo que implique ao alumnado se lles informará que esa actividad esta dentro do Plan Dixital de Centro.