Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.  Datos básicos do centro

Nome do centro: CPR Santa Juana de Lestonnac

Localidade: Ferrol, Barrio de Caranza

Etapas educativas: Infantil, Primaria e Secundaria

1.2.  Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O centro está situado no barrio de Caranza, na localidade de Ferrol. Actualmente Caranza ten aproximadamente 11.000 habitantes, e a maioría do noso alumnado procede do barrio, aínda que nos últimos tempos estase a diversificar a procedencia destes. O descenso demográfico de Ferrol (e en consecuencia do barrio) como resultado fundamentalmente da crise do sector naval é un factor que contribúe poderosamente a configurar a poboación do noso colexio.

Desde o punto de vista socioeconómico, considerado polo ISEC como baixo, a maioría das familias pertencen á clase obreira, algunhas delas presentan risco de exclusión social e/ou están desestruturadas. Existe ademais alumnado de diferentes etnias, culturas e países que enriquece a diversidade do alumnado.

O Plan Dixital favorecerá un maior desenvolvemento da competencia dixital de toda a comunidade educativa e terá que ser tido en conta polas diferentes áreas e grupos de traballo así como as Programacións Didácticas de cada materia.

A Programación Xeral Anual deberá facer referencia ao Plan Dixital e adaptar os obxectivos do plan de acción a esta Programación para exista unha boa coordinación entre os diferentes axentes e educativos para a súa correcta implementación.

1.3.  Breve xustificación do mesmo

O Plan Dixital pretende ser un instrumento que contribúa a impulsar os medios dixitais do centro que permita aproveitar ao máximo as súas posibilidades integrando e implicando a toda a comunidade educativa. A xustificación legal ven reflectida na seguinte normativa:    

·    Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

·    Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

·    Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

·    Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.4.  Proceso de elaboración

O equipo TIC foi o encargado do proceso de elaboración do Plan Dixital. Durante o primeiro trimestre realizouse a enquisa SELFIE a todo o profesorado, Equipo Directivo e alumnado desde 4º curso de Primaria en adiante.

No segundo trimestre realizouse ao profesorado a enquisa de Competencia Dixital Docente (CDD) a través da plataforma da Consellería de Educación FProfe.

No terceiro trimestre estableceuse o plan de acción e a redacción da primeira versión do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1.1.  Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

O centro está dotado cunha boa infraestrutura de equipamento dixital. Todo o centro está conectado con dúas redes de ADSL que dan servizo de conexión a Internet en todas as zonas do colexio mediante puntos de acceso Wi-Fi cableados. Desde o punto de vista da xestión dos servizos dixitais o centro dispón da plataforma de Google Workspace como plataforma de traballo colaborativo entre o equipo docente, de xestión de correo corporativo do persoal do centro e o alumnado e como plataforma de entorno virtual de aprendizaxe para o alumnado de infantil e primaria. Así mesmo, empréganse os servizos públicos da Consellería de Educación para a xestión da información administrativa e rexistro académico do alumnado, plataforma de comunicación coas familias e como entorno virtual de aprendizaxe a través do proxecto E-Dixgal para o alumnado da etapa de secundaria.

Todas as aulas de referencia para cada grupo das diferentes etapas contan con proxector e conexión Wi-Fi.

Todos os alumnos da etapa de secundaria contan cunha computadora portátil dentro do marco do programa Abalar.

Existe unha aula de informática cun total de 15 computadoras de sobremesa con capacidade suficiente para desenvolver actividades ofimáticas.

Existe un total de 20 tabletas para uso do profesorado e alumnado.

A xestión e mantemento dos equipos corre a cargo do equipo TIC do centro e, en ocasións, recórrese a soporte externo.

Os servizos dixitais cos que conta o centro son: páxina web, redes sociais (Instagram, Facebook, Youtube), aula virtual (Google Classroom para infantil e primaria e E-Dixgal para secundaria), espazo Abalar para a comunicación coas familias, correo corporativo para alumnado e profesorado, rexistro das titorías a través da plataforma Educamos e blogues de aula, equipo de dinamización da lingua galega, de etapa de diferentes proxectos.

Enlaces:

Páxina web: https://lestonnacferrol.org/index.php/gl/

Plan de continxencia: https://lestonnacferrol.org/index.php/gl/147-noticias-gl/fila4-gl/503-plan-de-continxencia

Blog do proxecto LOVA: https://lestonnacferrol.org/index.php/gl/148-noticias-gl/fila5-gl/328-blog-de-lova

Blog de infantil: http://www.lestonnacferrolinfantil.blogspot.com.es/

Blog de Equipo de Dinamización Lingüística: https://xavedes.wordpress.com/

1.2.  Fontes empregadas para a análise DAFO

SELFIE (siglas en inglés de «reflexión persoal sobre unha aprendizaxe efectiva mediante o fomento da innovación a través de tecnoloxías educativas») é unha ferramenta deseñada para axudar aos centros educativos a integrar as tecnoloxías dixitais na docencia, a aprendizaxe e a avaliación do alumnado. Pode poñer de relevo que é o que funciona, en que aspectos se necesita mellorar e cales deberían de ser as prioridades.

SELFIE reúne, de forma anónima, as opinións do alumnado, profesorado e equipo directivo sobre o modo en que se utiliza a tecnoloxía no centro. Para iso utilízanse preguntas e enunciados breves e unha escala simple de valoración do 1 ao 5. Os enunciados abarcan ámbitos como o liderado, as infraestruturas, a formación do profesorado e as competencias dixitais do alumnado.

Enquisa CDD (Competencia Dixital Docente): Realizada a través da plataforma FProfe da Consellería de Educación, a enquisa CDD recada información de xeito anónimo sobre seis competencias dixitais entre o profesorado do centro: compromiso profesional, recursos dixitais, ensino e aprendizaxe, capacitación do alumnado e desenvolvemento da competencia dixital do alumnado.

Os resultados valoran o nivel competencial do seguinte xeito: A1 (principiante), A2 (explorador), B1 (integrador), B2 (experto), C1 (líder), C2 (pioneiro)

Interno
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C3 Acceso a Internet Infraestruturas Non
Debilidade B1 avaliación do progreso Organización de centro Non
Debilidade B1 Avaliación do progreso F6 Proxectos interdisciplinares G6 Autorreflexión sobre a aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza C8 Dispositivos dixitais para a aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensinanza Oferta Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino E1 Recursos educativos en liña E4 Comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C3 Acceso a Internet Administración educativa Non
Oportunidade C8 Dispositivos dixitais para a aprendizaxe Administración educativa Non
2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tendo en conta os datos do apartado anterior. Realizouse unha táboa DAFO que sinala as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades utilizando como criterio para as fortalezas unha puntuación igual ou superior a 4/5 e para as debilidades unha puntuación igual ou inferior a 2,5/5

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar unha conexión wifi segura en tódalas zonas do centro con ancho de banda suficiente para todos los dispositivos de alumnado e profesorado
O02PD Elaboración dun proxecto interdisciplinar por etapa empregando ferramentas TIC
O03PD Emprego de rúbricas para coavaliación e autoavaliación
O04PD Creación de ferramentas dixitais de autoavaliación sobre o progreso do proceso de ensinanza
O05PD Integrar actividades de aprendizaxe que permiten que o alumnado de secundaria respecte as regras e licencias de dereitos de autoría
O06PD O alumnado aprende a facer uso de ferramentas dixitais para a creación de contidos
O07PD Confirgurar dúas redes independentes para traballadores e alumnado e instalación dun firewall para mellorar a seguridade das conexións.

Seguimento

Procedemento

As diferentes áreas de mellora terán un seguimento trimestral en que se avaliará o estado dos descritores segundo estean: realizados, aprazados e pendentes.

1º Trimestre

Máis da metade das accións previstas para o primeiro trimestre foron plenamente acadadas. 

Os obxectivos para a conectividade do personal do centro e os alumnos foron acadados de xeito moi satisfactorio.

2º Trimestre

Acadáronse a maioría dos obxectivos agás a utilización de ferramentas de autoavaliación e o proxecto interdisciplinar

3º Trimestre

Acadáronse a maioría dos obxectivos agás a utilización de ferramentas de autoavaliación e o proxecto interdisciplinar

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Durante o curso 22-23 iniciouse o proceso de dixitalización das aulas permitindo actualizar 11 aulas de infantil, primaria e secundaria con paneis dixitais e conexión de rede. Instalouse un novo rack e dous swtiches así como 7 novos puntos de acceso wifi de alta velocidade para dar servizo ás aulas dixitais.

Respecto dos obxectivos plantexados ao inicio do curso no Plan Dixital os resultados foron diversos, algúns foron completados con éxito, outros parcialmente e algúns nin sequera deron comezo.

1.      Creación de ferramentas dixitais de autoavaliación sobre o progreso do proceso de ensinanza: Parcialmente logrado

2.      Acadar unha conexión wifi segura en tódalas zonas do centro con ancho de banda suficiente para todos los dispositivos de alumnado e profesorado: Parcialmente logrado

3.      Elaboración dun proxecto interdisciplinar por etapa empregando ferramentas TIC: Non acadado

4.      Emprego de rúbricas para coavaliación e autoavaliación: Completado

5.      alumnado aprende a facer uso de ferramentas dixitais para a creación de contidos: Completado

6.      Integrar actividades de aprendizaxe que permiten que o alumnado de secundaria respecte as regras e licencias de dereitos de autoría: Completado

Proposta de mellora

Para o curso 23-24 preténdese avanzar na dixitalización das aulas restantes e completar os obxectivos propostos e non acadados no curso 22-23.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este plan será presentado e aprobado en claustro de profesorado e en Consello escolar. Así mesmo será publicado na páxina web oficial do centro https://lestonnacferrol.org/index.php/gl/