Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación

Os  centros  educativos  son esencias na formación de persoas que pertencerán a un mundo en cambio permanente. A sociedade e o mercado laboral está cada vez máis  dixitalizado  e  polo tanto débese atender a esas necesidades  e  demandas  nas que se debe atender a unhas competencias para desenvolverse nunha contorna dixitalizada.

É inescusable a necesidade dun uso da tecnoloxía nas diversas  prácticas que teñen lugar nunha organización escolar, desde as relacionadas coas cuestións organizativas, até as propias dos procesos de ensino e aprendizaxe.

Ademais, a formación educativa en xeral,  é básica para xerar a igualdade social, a promoción das persoas e a mellora das condicións de vida das mesmas. 

Debemos garantir unha adquisición das competencias dixitais, que formen cidadáns para que poidan aproveitar ó máximo as oportunidades que se presenten nun mundo tecnolóxico que xa é unha realidade e no que cada día acadase un avance inexpugnable. 

 Cabe destacar que as organizacións  educativas  teñen a  necesidade  de  revisar  as súas  estratexias de maneira frecuente, posto que será necesario  mellorar  a súa  capacidade  para  promover  a  innovación  e  sacar  o  máximo  partido  das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais.

Mediante o presente plan, pretendemos:

  • Avaliar a situación do noso centro educativo con relación ao uso da innovación e as TIC nos distintos elementos crave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes, para poder, a continuación, deseñar e emprender un proceso de transformación do noso centro.
  • Identificar o noso Plan dixital anual como un recurso crave para a planificación eficaz dunha estratexia dixital  educativa.
  • Conseguir que o noso dentro educativo sexa unha organización que se poda caracterizar como un organismo dixitalmente competente.
  • Obter unha cultura dixital na nosa organización escolar, que desembocará en beneficios futuros para os nosos alumnos e para toda a estrutura educativa do noso centro.

Acadar a información necesaria para abordar la brecha dixital existente e emendala na medida do posible.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O Colexio Hijas de Cristo Rey de Ferrol é un centro privado concertado e plurilingüe, que está situado no centro histórico da cidade, tamén chamado “Barrio da Madalena” e foi fundado o 5 de xaneiro de 1908. O Barrio da Magdalena, como núcleo histórico, desde as súas orixes está fortemente vinculado ao sector naval e ao militar, polo que sufriu de forma relevante as reconversións vividas pola cidade de Ferrol. As consecuencias económicas e sociais derivadas desta situación seguen sendo visibles en moitas familias do noso alumnado. Nel impártense os ensinos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. No marco da lexislación vixente, goza de plenas facultades académicas e de autonomía para elaborar o PCC das distintas etapas, segundo as características da contorna no que está inscrito, establecer materias optativas, servizos complementarios, culturais, escolares e extraescolares.

O Centro atende a alumnos/as cuxas familias pertencen, en xeral, a unha clase media. A maioría son de procedencia urbana e os sectores ocupacionais predominantes son o secundario (industria) e terciario (comercio e servizos) e posúen unha formación académica media. Cada vez é maior o número de familias cunha situación laboral inestable debido á crise existente na zona. Tamén se dá o caso de familias procedentes doutros países con dificultades para acceder a un posto de traballo estable. Na súa maioría, a súa nacionalidade é española e a súa lingua predominante é o castelán; Con todo, nos últimos anos houbo un incremento de alumnado estranxeiro con outras linguas maternas propias Na súa maioría, as familias comparten, non só a tarefa educativa do Centro senón tamén o seu Ideario.

O Centro ten aproximadamente uns 500 alumnos de idades comprendidas entre os 3 e 16 anos. Case todos estes alumnos acudiron con anterioridade a escolas infantís antes de incorporase ao centro; aínda así, existen algúns casos nos que se incorporan por primeira vez ao sistema educativo á idade de 3 anos e máis raramente á idade de 4 anos.

No centro tamén hai un número de alumnos con necesidades específicas de apoio educativo, como son alumnos con dificultades de linguaxe, trastornos do desenvolvemento, dificultades de aprendizaxe, etc. aos que se lles ofrecen diferentes medidas de atención á diversidade.

Os nosos alumnos teñen a problemática habitual nas diferentes idades, pero, en xeral, están dispostos a participar nas distintas propostas que se ofrecen.

As clases están máis ou menos equilibradas por razóns de sexo e ritmos de aprendizaxe. O índice de fracaso escolar é baixo e o absentismo é practicamente inexistente.

Respecto a Contribución ao Proxecto Educativo do Centro, o Plan Dixital de Centro debe ser acorde ó contexto institucional recollido nos documentos institucionais do mesmo. Polo tanto, ha de existir unha coordinación e consonancia adecuada ca finalidade de  ser complementarios, formando alumnos que se desenvolvan de forma paralela a sociedade na que viven.

Os obxectivos do presente PD incorpóranse á Programación Xeral do curso 22/23

Proceso de elaboración

 A estratexia para a elaboración, coordinación e difusión do plan, levarase a cabo seguindo tres fases:

  1. Análise no que se detecten  as  necesidades,  debilidades  e  problemas  que necesitan accións concretas no centro. Considerase que esta é una fase en constante evolución.
  2. Posta en práctica das diferentes accións que se poidan chegar a realizar. Neste sentido, cada actor da comunidade educativa terá a súa responsabilidade  en relación a súa función, segundo as pautas marcadas no presente documento.
  3. Coa finalidade de obter unha mellora continua, recompilaranse  resultados,  e  a avaliación das accións e procesos.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Autoavaliación SELFIE
  • Test CDD
  • Experiencia anterior na implementación do PDC
Interno
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Pouco uso dos recursos informáticos por parte do alumnado. Alumnado Si
Debilidade Computadores de aula con sistemas obsoletos. Infraestruturas Si
Debilidade Baixas infraestruturas no centro para que o alumnado leve a cabo proxectos. Infraestruturas Si
Debilidade O centro non oferta a materia de TIC. Oferta Si
Debilidade Baixo uso de ferramentas TIC para avaliar por descoñecemento. Organización de centro Si
Debilidade Falta de estratexia dixital a longo prazo. Organización de centro Si
Debilidade Baixo uso de ferramentas TIC para avaliar por descoñecemento. Persoal docente Si
Debilidade Os traballos cooperativos non adoitan ter compoñentes TIC. Persoal docente Si
Debilidade Profesorado con boas ideas e disposición pero sen capacidade de creación máis aló de compartir. Persoal docente Si
Fortaleza Gran aceptación por parte do alumnado das actividades con carácter TIC. Alumnado Si
Fortaleza Alto uso da aula virtual e contorna educativa virtual por parte do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado ten coñecementos en seguridade dixital e contraste de información. Alumnado Si
Fortaleza Alto índice de uso da plataforma polas familias. Familias Non
Fortaleza Aulas con abundante dotación informática. Infraestruturas Si
Fortaleza Se dota a la totalidade del alumnado con una cota de correo y acceso a entorno de educación virtual. Infraestruturas Si
Fortaleza Fórmase especialmente ao alumnado en seguridade dixital e contraste de información. Oferta Si
Fortaleza Xornadas de formación continua frecuentes. Organización de centro Si
Fortaleza Dótase á totalidade do alumnado cunha conta de correo e acceso a contorna de educación virtual. Organización de centro Si
Fortaleza Alta asistencia a xornadas de formación continua frecuentes. Persoal docente Si
Fortaleza Uso diario da aula virtual por parte de todo o profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado usa a diario TICs Persoal docente Si
Fortaleza Gran atención á diversidade e personalización dos materiais didácticos. Persoal docente Si
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo para formacións, alta carga nos docentes. Administración educativa Non
Ameaza Non existe un provedor da internet que ofreza unha solución adaptada ás necesidades do centro. Administración educativa Si
Ameaza Parte das familias non teñen poder adquisitivo para afrontar a dixitalización. ANPA Non
Oportunidade Oferta formativa frecuente. Administración educativa Si
Oportunidade Ampla oferta de dixitalización a través de editoriais. Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir dos datos obtidos no Informe SELFIE, Test CDD e DAFO orixinais e, coa adquirida experiecia na implementación do PDC nos anteriores cursos, o centro realizou unha profunda reflexión e actualizou o Plan Dixital ás necesidades reais do presente curso.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
AO1 Mellorar a conexión a internet: SELFIE C3
AO2 Usar plataforma dixital para traballar co alumnado habitualmente. SELFIE E3
AO3 Establecer Plan de Formación Continua TIC (PFCT). SELFIE D1, D2, D3
AO4 Dotar ó alumnado e ó centro de dispositivos tecnolóxicos. SELFIE C8
AO5 Creación de repositorios con material TIC, de xeración propia, adaptado aos currículos LOMLOE. SELFIE E3
AO6 Promover o uso da aula de informática do centro educativo. SELFIE E1

Seguimento

Procedemento

O seguimento do plan está centrado na consecución dos obxectivos con reunións tal e como se indica a continuación:

  • A coordinadora TIC se reunirá co mentor TIC designado coa frecuencia establecida polo mentor. Existirá unha comunicación fluida entre ambos.
  • Quincenalmente o equipo TIC revisará o estado da execución das accións, análise e valoración dos resultados.
1º Trimestre

Tódolos obxectivos planificados cumplíronse en tempo e forma. Os resultados foron positivos.

2º Trimestre

Tódolos obxectivos planificados cumplíronse en tempo e forma. Os resultados foron positivos.

3º Trimestre

Tódolos obxectivos planificados cumplíronse en tempo e forma. Os resultados foron positivos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do plan está centrada na consecución dos obxectivos con reunións do equipo TIC quincenais e anuais como se indica a continuación:

  • Quincenalmente avaliarase o proceso revisando o estado de cada un dos obxectivos que conforman o PA, as posibles modificacións se son precisas e as propostas de mellora.
  • Anualmente avaliarase o logro dos obxectivos, a efectividade das melloras propostas e as propostas de mellora.
Valoración xeral

Todos os obxectivos do Plan Dixital do Colexio Cristo Rey Ferrol foron alcanzados dentro do prazo establecido. Este logro é testemuño do enfoque estratéxico, da dedicación do equipo TIC e da participación activa de toda a comunidade escolar.

Durante a implementación do plan, seguiuse rigorosamente o Plan de Formación Continua TIC, o que contribuíu ao desenvolvemento de habilidades dixitais tanto do persoal docente como do alumnado. Ademais, logrouse mellorar significativamente a conexión á internet, o que permitiu unha mellor experiencia no uso de ferramentas dixitais e plataformas educativas.

O emprego activo das aulas virtuais foi unha práctica habitual, facilitando o aprendizaxe de todo o alumnado, especialmente do alumnado NEAE. Do mesmo xeito, o sistema BYOD implantouse con éxito en 3º de ESO, proporcionando aos estudantes unha maior flexibilidade e autonomía no uso de dispositivos tecnolóxicos.

En canto aos recursos educativos, creáronse varios repositorios con rúbricas e contido adaptado aos currículos LOMLOE, enriquecendo así o material dispoñible para o proceso de ensinanza e aprendizaxe.

Ademais, realizouse unha xestión eficiente do espazo, coa ocupación diaria do aula de informática de secundaria e a apertura do aula de informática de primaria para satisfacer a demanda, o que permitiu dar continuidade aos obxectivos do curso anterior e garantir un acceso equitativo aos recursos tecnolóxicos.

Proposta de mellora

Para continuar mellorando o entorno dixital do Centro, propóñense as seguintes iniciativas:

  1. Adquisición de novos equipos: Suxérese realizar unha avaliación exhaustiva das necesidades tecnolóxicas do centro e priorizar a adquisición de equipos que poidan potenciar aínda máis as prácticas educativas dixitais.
  2. Paso a fibra simétrica e mellora da arquitectura de rede: Considerando a importancia dunha conexión a internet rápida e estable no proceso educativo, propóñese realizar unha actualización da infraestrutura de rede do colexio. Isto podería implicar a migración a unha conexión de fibra óptica simétrica, que garanta velocidades de carga e descarga equilibradas, así como unha revisión e mellora da arquitectura de rede para optimizar o rendemento e a seguridade da conexión.
  3. Continuación do plan de formación continua TIC asociado a Polos Creativos: Para continuar potenciando as habilidades dixitais do persoal docente e promover a innovación no aula, propóñese continuar co plan de formación continua TIC asociado aos Polos Creativos. Isto podería incluír a organización de talleres, seminarios e actividades de aprendizaxe colaborativa que fomenten o intercambio de boas prácticas e a exploración de novas ferramentas e metodoloxías educativas dixitais.
  4. Eliminación de datos persoais das direccións de correo do alumnado: Co fin de garantir a privacidade e a seguridade dos datos persoais do alumnado, suxírese eliminar os nomes e apelidos das direccións de correo electrónico. Esta medida contribuirá a protexer a identidade dos estudantes e cumprir coa normativa de protección de datos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez trasladado ó Claustro e ó Consello Escolar, o Plan Dixital de Centro publicarase na páxina web do centro do mesmo xeito que o resto de documentos de centro.

https://cristoreyferrol.com/wp-content/pdfs/PlanDixital2022.pdf