Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

  • Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro: o colexio está ubicado no barrio da Magdalena de Ferrol, cunha poboación envellecida e cunha poboación infantil en decrecemento (baixada mantida na demografía). O nivel socioeconómico é diverso, con predominio da clase media.  Nivel cultural medio da poboación.
  • Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo e á Programación Xeral Anual:  o obxectivo da posta en marcha do PD é mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento da competencia dixital do profesorado -tanto individual como colexiada- e da transformación do colexio nunha organización educativa dixitalmente competente. Por tanto, o PD afecta transversalmente ao Proxecto Educativo do centro e potenciará dixitalmente a Programación Xeral Anual.

Breve xustificación do mesmo

Contextualización normativa en ralación co Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Proceso de elaboración

  • Análise da situación do centro:
  • Informe SELFIE.
  • Test de Competencia Dixital Docente (CDD).
  • Diagnose de situación:
  • Informe DAFO: Debilidades, Ameazas, Fortalezas, Oportunidades.
  • Planificar formación en base aos informes individuais de CDD.
  • Elaboración do Plan coa plantilla facilitada, en base á información recollida.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As fontes empregadas para a realización da análise DAFO foron fundamentalmente os resultados obtidas na Autoavaliación de centro SELFIE e o test CDD de profesorado.

Interno
51 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Acceso limitado a dispositivos dixitais Alumnado Si
Debilidade Uso restrinxido do seu propio dispositivo. Alumnado Non
Debilidade Falta de dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade Dificultades para resolver problemas técnicos. Alumnado Non
Debilidade Dificultades para implicar ao alumnado. Alumnado Non
Debilidade Baixo grado de competencia dixital das familias Familias Si
Debilidade Traer o propio dispositivo Familias Si
Debilidade Traer o propio dispositivo Familias Non
Debilidade Falta de licencias de certos softwares. Infraestruturas Si
Debilidade Falta de dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade Falta de dispositivos para o alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade Falta de fondos. Infraestruturas Si
Debilidade Equipo dixital insuficiente e obsoleto. Infraestruturas Si
Debilidade Non dispor de transporte escolar Oferta Non
Debilidade Uso restrinxido dos seus propios dispositivos por parte do alumnado Organización de centro Non
Debilidade Tempo insuficiente para explorar a ensinanza dixital. Organización de centro Non
Debilidade Asistencia técnica insuficiente. Organización de centro Si
Debilidade Tiempo para explorar a ensinanza dixital. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non dispón da cantidade de tempo necesaria para desenvolver material. Persoal docente Non
Debilidade Necesidades de desenvolvemento profesional contínuo. Persoal docente Non
Debilidade Necesidade de intercambio de experiencias Persoal docente Non
Debilidade Formación necesaria en evaluación dixital. Persoal docente Non
Debilidade Profesorado con competencias dixitais insuficientes. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non dispón de tempo suficiente para dar a adecuada retroalimentación ao alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Apoio técnico dispoñible moi limitado. Persoal non docente Si
Fortaleza Implicación do alumnado alta. Alumnado Non
Fortaleza Concienciación sobre o comportamento seguro Alumnado Non
Fortaleza Comportamento responsable Alumnado Non
Fortaleza Competencia en creación de contidos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Comunicación eficiente en entornas dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Elevado grado de participación Familias Si
Fortaleza Espazos físicos Infraestruturas Si
Fortaleza Xestión eficiente de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza Infraestructuras Infraestruturas Non
Fortaleza O centro educativo ten unha comunicación regular e ben organizada Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso a internet. Infraestruturas Si
Fortaleza Bacharelato de excelencia STEMBach Oferta Non
Fortaleza Comedor escolar Oferta Non
Fortaleza Actividades deportivas (baloncesto, balomnán...) Oferta Non
Fortaleza Outras acitividades extraescolares que fan no centro. Oferta Non
Fortaleza Espazos físicos Organización de centro Si
Fortaleza Implicación do uso de recursos educativos en líña. Persoal docente Non
Fortaleza Documentación sobre a aprendizaxe eficiente. Persoal docente Non
Fortaleza Alta participación no desenvolvemento profesional continuo. Persoal docente Si
Fortaleza O centro educativo ten experiencia no uso de entornas de aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado colabora dentro da escola para o uso de la tecnoloxía. Persoal docente Si
Fortaleza Adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Colaboración do alumnado alta. Persoal docente Non
Fortaleza Evaluación dixital. Persoal docente Non
Fortaleza Servizo de limpeza eficaz. Persoal non docente Non
Fortaleza Persoal administrativo e de servizos con alto grado de implicación. Persoal non docente Non
51 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Facilitación do acceso a dispositivos dixitais para o ensino. Administración educativa Si
Ameaza Baixa dotación de fondos para adquirir equipamentos informáticos para o alumnado. Administración educativa Si
Ameaza Escasos plans de desenvolvemento profesional contínuo. Administración educativa Si
Ameaza Facilitación ao acceso de tecnoloxías asistenciais. Administración educativa Si
Ameaza Pérdida de familias con ganas de implicarse se continúa descendendo a natalidade. ANPA Non
Ameaza Baixa natalidade. Contorna Non
Ameaza Cidade en retroceso demográfico e económico Contorna Non
Ameaza Centro situado no casco histórico da cidade, o que implica dificultades no acceso e aparcamento. Contorna Non
Ameaza Ratio moi elevada. Lexislación Si
Ameaza Excesiva carga lectiva con pouca marxe temporal para a formación. Lexislación Si
Ameaza Pouca estabilidade lexislativa. Lexislación Non
Oportunidade Garantir o acceso a recursos dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade Alto grado de colaboración. ANPA Non
Oportunidade Posibilidade de dar formación a os membros da ANPA. ANPA Non
Oportunidade Alta implicación. ANPA Non
Oportunidade Barrio monumental e histórico. Contorna Non
Oportunidade Edificio protexido por patrimonio. Contorna Non
Oportunidade Recibir fondos para adaptarse a os requerimientos das novas lexislacións Lexislación Si
Oportunidade Formación para dominar os novos aspectos lexislativos Lexislación Non
Oportunidade Existencia na cidade de Conservatorio e Escola de Idiomas. Outras Non
Oportunidade Colaboracións con outras entidades (empresas, universidades, concello). Outras Non
Oportunidade Sinerxias para aprendizaxe mixto. Outras Non
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Feita unha análise dos datos obtidos a través do SELFIE e o TEST CDD e interpretados os resultados de ámbalas dúas probas, fíxose unha reflexión do Equipo de Dinamización do Plan Dixital. Desta reflexión, obtivéronse a nivel interno unha serie de fortalezas e debilidades; e a nivel externo unha serie de oportunidades e ameazas. Todo isto, está reflectido na análise DAFO. Con aqueles aspectos que semellaban ser mais urxentes elaborouse o plan de acción, no que os ítems foron convertidos en obxectivos que trataremos de acadar no vindeiro curso mediante a realización das diferentes accións descritas. Todo isto, queda reflectido na pestana de obxectivos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomentar uso do sistema de comunicación Abalar na dirección, profesorado e familias.
O02PD Actualización de equipos informáticos.
O03PD Equipo dixital obsoleto e insuficiente.
O04PD Aumentar a competencia dixital do conxunto do profesorado

Seguimento

Procedemento
  • Farase un seguimento trimestral das acción e obxectivos reflectidos no Plan Dixital.
1º Trimestre

Sobre o obxectivo do emprego de Abalar seguemos avanzando nun emprego cada vez maior en tódolos eidos. Comunicación coas familias, incidencias na aula, titorías, etc. O emprego da ferramenta é por parte de case que a totalidade do profesorado e aproximadamente a metade das familias.

Sobre o obxectivo de actualización dos equipos informáticos, foron incorporados varios equipos portátiles novos ao centro, reducindo deste xeito a idade media dos equipos. A final de curso farase unha valoración final sobre o grado de redución da antigüidade media.

Sobre o obxectivo de equipamento dixital obsoleto e insuficiente, recentemente instaláronse en tódalas aulas da ESO e en moitas aulas de educación primaria paneis dixitais, o que permite o emprego de multitude de ferramentas dixitais. No final do curso farase unha avaliación máis precisa sobre o tema.

Sobre o obxectivo de mellorar a formación en competencia dixital, certo grado de profesorado xa acadou un nivel de competencia A2, e outros tentaron de inscribirse en formación na que non foron admitidos. Actualmente, están pendentes de inscribirse en novas edicións, algúns deles en nivel B2. 

 

2º Trimestre

Sobre o obxectivo do emprego de Abalar comentar que estase acadando un grande éxito. A dirección do centro fai todas as comunicacións importantes a os grupos implicados a través de Abalar. Case a totalidade do profesorado emprega Abalar para algunha das funcións previstas ( comunicación coas familias, incidencias na aula, informes para titorías, etc.). O emprego da ferramenta podémola estimar en case a totalidade do profesorado (en alo menos algunha función) e aproximadamente a metade das familias.

Sobre o obxectivo de actualización dos equipos informáticos, foron incorporados varios equipos portátiles novos ao centro, reducindo deste xeito a idade media dos equipos. A final de curso farase unha valoración final sobre o grado de redución da antigüidade media.

Sobre o obxectivo de equipamento dixital obsoleto e insuficiente, recentemente instaláronse en tódalas aulas da ESO e en moitas aulas de educación primaria paneis dixitais, o que permite o emprego de multitude de ferramentas dixitais. No final do curso farase unha avaliación máis precisa sobre o tema.

Sobre o obxectivo de mellorar a formación en competencia dixital, certo profesorado xa acadou o nivel A2. Algúns están nestes momentos facendo o B1 por módulos. Outros están a facer o B2 tentando acadar a acreditación completa, pois xa foron admitidos nos cursos de acreeditación correspondentes.

 

3º Trimestre

Sobre o obxectivo do emprego de Abalar comentar que o curso remata cun grande éxito. A dirección do centro segue a facer todas as comunicacións tanto importantes coma as meramente informativas a os grupos implicados a través de Abalar. Case totalidade do profesorado emprega Abalar polo menos en unha das funcións previstas ( comunicación coas familias, incidencias na aula, informes para titorías, etc.). O emprego da ferramenta podémola estimar en a totalidade do profesorado (en polo menos unha función) e máis do 80% das familias, se ben en loitas delas soamente está dado de alta no sistema un dos proxenitores .

Sobre o obxectivo de actualización dos equipos informáticos, foron incorporados 21 equipos portátiles novos ao centro, reducindo deste xeito a idade media dos equipos. Os equipos vellos non foron retirados por poder prestar aínda algún tipo de servizo, polo que a idade media dos equipos é aproximadamente duns nove anos, mellorando a cifra anterior pero aínda lonxe dos sete do valor previsto no obxectivo.

Sobre o obxectivo de equipamento dixital obsoleto e insuficiente, recentemente instaláronse en tódalas aulas da ESO e en moitas aulas de educación primaria paneis dixitais (21 novos mais un que xa existía), o que permite o emprego de multitude de ferramentas dixitais. É unha boa ferramenta para a aula, máis o emprego do mesmo aínda non é masivo. 

Sobre o obxectivo de mellorar a formación en competencia dixital, moito profesorado xa acadou o nivel A2. Algúns están nestes momentos facendo o B1 por módulos, tendo obtida a acreditación xa algúns. Outros cursaron o B2 e polo menos dúas persoas acadaron a acreditación B2. Ademais, desenvolveuse un grupo de traballo no programa de Polos Creativos, recibindo formación e material varios docentes en diversos eidos tecnolóxicos e dixitais.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

En canto ao procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos distinguimos entre a avaliación do proceso e a avaliación final.

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será dunha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será unha vez ao ano, ao final do curso. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

En canto á valoración xeral, sinalar o éxito acadado no eido da aplicación Abalar como ferramenta útil, áxil e eficaz de comunicación. Seguiremos afondando e insistindo no seu emprego por parte de toda a comunidade educativa.  Sinalar tamén que as dificultades iniciais  para obter fondos públicos que permitan acadar algúns dos obxectivos marcados no Plan foron finalmente resoltas, obtendo uns fondos que melloraron moito o nivel de dixitalización do centro

É destacable o feito de que a raiz da implementación do Plan Dixital, o conxunto do profesorado atópase mais implicado na Competencia Dixital Docente. Así, cada un na medida que pode, está a desenvolver o seu propio programa de mellora de nivel de Competencia Dixital. Isto queda demostrado coa obtención de diversos niveis de certificación en un elevado número de docentes.

Proposta de mellora

Como propostas de mellora, pódense incluír:

-  Dotar dunha maior difusión do Plan Dixital entre o conxunto da comunidade educativa.

- Dar continuidade as axudas para a dixitalización das aulas, ampliando o tipo de equipamentos susceptibles de seren subvencionados.

- Ampliar as capacidades da ferramenta Abalar para que permita un maior número de funcionalidades.

- Fomentar e difundir o máis posible a importancia da certificación da Competencia Dixital do profesorado, apoiando o progreso individual e animando a mellorar o nivel de competencia acreditado.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a publicidade e difusión do Plan Dixital entre toda a comunidade educativa o Plan está publicado na páxina web do colexio e presentado nas reunións de pais no comezo do curso 2022-2023 e enviado a todas as familias por correo electrónico. Foi presentado a todo o profesorado no último Claustro e no último Consello do curso 2021-2022, os dous actos no día 30 de xuño de 2022. Foi volto a difundir nas sucesivas reunións de profesorado.

O Plan Dixital está a disposición de toda persoa que desexe consultalo en  https://www.edu.xunta.gal/educalidade/