Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.  Datos básicos do centro

O CPR Plurilingüe Jorge Juan de Fene está situado na avda do Tarrio nº78, no concello de Fene, 15500 de A Coruña.

Como datos de contacto ten o tlfo: 981340109 e o enderezo electrónico cpr.jorge.juan@edu.xunta.gal e a páxina web é colexiojorgejuanperlio,com.

Os servizos educativos que presta son Escola Infantil 0-3 dependente da Consellería de Familia con dúas aulas, unha de 1-2 e outra de 2-3. Na parte concertada e dependente da Consellería de Educación ten doble liña en E.I., EP e ESO. Actualmente ten sobre 480 alumnos e unha plantilla de 42 traballadores.

2.  Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O CPR Plurilingüe Jorge Juan de Fene leva máis de 50 anos integrando a comunidade educativa do concello de Fene e da súa contorna, ao longo deste periodo ten vivido situación complicadas debido as características socioeconómicas da bisbarra (a conflictividade sindical dos anos 70, a reconversión naval dos 80 ou a pasada crise da construcción no ano 2008) pero nada tan grave como a actual crise demográfica que estamos a vivir cun forte descenso do alumnado que fai perigar a sua supervivencia ao menos coma centro de dobre liña.

Neste sentido toda mellora e actualización do centro contribue a mellorar o proceso educativo do mesmo e por ende a imaxe e a proxección do mesmo no entorno, contribuindo a incrementar a matrícula e consolidadr o seu proxecto educativo.

Polo tanto o Plan Dixital mais alá dun mero requerimento burocrático ou administrativo é un verdadeiro documento de futuro que permitirá ao centro a actualizar a súa dixitalización e establece un punto de non retorno con respecto a ese pasado analóxico do que vimos.

O Plan Dixital de centro ven a contribuir a outros plans e proxectos xa en marcha no centro como é o Proxecto Edixgal (xa implementado en EP e en proceso de implementación na ESO) ou o Plambe de Bibliotecas e a Radio Escolar do centro que tantos parabéns está a recibir.

Por último o Plan Dixital convértese nun dos piares da Programación Xeral Anual xa que a sua implementación e a avaliación do mesmo estableceranse como prioritarios nel.

3.  Breve xustificación do mesmo

A contextualización legal do Plan Dixital do noso centro basease na seguinte normativa:

¿    Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

¿      Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

¿      Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa foron 2:

- Enquisas de Competencias Dixitais Docentes

- Informe Selfie

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de coñecemento do alumnado á hora de programar e outros usos non lúdicos dos dispositivos dixitais Alumnado Non
Debilidade Non todas as familias están en disposición de contar con dispositivos dixitais propios ou conexión de banda ancha na casa Familias Non
Debilidade Falta de dispositivos para todo alumnado Non se permite traer dispositivos propios (teléfonos móbeis, etc¿) Infraestruturas Si
Debilidade Non conta con transporte escolar Oferta Non
Debilidade Falta de recursos económicos para a dotación de dispositivos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Falta de proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade Non aplica Persoal non docente Non
Fortaleza Existe unha forte implicación do alumnado O alumnado ten un comportamento positivo con respecto ao uso dos dispositivos dixitais Alumnado Non
Fortaleza Existe unha forte implicación das familias á hora do uso dos dispositivos dixitais Familias Non
Fortaleza Equipamento actualizado Asistencia técnica suficiente Existencia de dispositivos dixitais Infraestruturas Si
Fortaleza Comedor escolar Servicio de ludoteca Actividades extraescolares Horario ampliado de entrega e recollida do alumnado Oferta Non
Fortaleza O centro está implicado na implementación de novas modalidades de ensino O centro participa no Plamb de bibliotecas Dende o centro faise un gran esforzo para actualizar os dispositivos dixitais Organización de centro Non
Fortaleza Existe debate sobre o uso das tecnoloxías Hai colaboración por parte do profesorado Hai interese por novas modalidades de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza Non aplica Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de dispositivos dixitais proporcionados pola consellería Retrasos na entrega dos mesmos Administración educativa Non
Ameaza A ANPA é reducida e non todos os pais participan nela Risco de que a ANPA desapareza pola falta de implicación do resto de familias ANPA Non
Ameaza Situación de crise debido á falta de carga de traballo e por consiguiente existencia dunha baixa natalidade Contorna Non
Ameaza Falta de coñecemento da lei de protección de datos Lexislación Non
Oportunidade Interese por parte da Administración educativa de implementar novas modalidades de ensino Interese por parte da Adminstración educativa de dotar de novos equipos dixitais Administración educativa Si
Oportunidade Forte implicación da ANPA existente á hora de participar e colaborar na adquisición de dispositivos dixitais Forte implicación da ANPA á hora de implementar novas modalidades de ensino ANPA Non
Oportunidade Que apareza máis carga de traballo nos asteleiros e aumente a matrícula Contorna Non
Oportunidade Non aplica Lexislación Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Análise DAFO

DEBILIDADES

O alumnado non pode usar ou aportar os seus propios dispositivos

Non existen dispositivos para todo o alumnado

Falta de proxectos interdisciplinares

Falta de coñecemento do alumnado (non saben programar)

Non todo o profesorado está interesado nas novas modalidades de ensino

AMEAZAS

A consellería non fornece de equipos suficientes para todo o alumnado.

Falta de coñecementos en materia de lexislación (Lei de protección de datos)

Falta de implicación dos responsables do alumnado na ANPA

Situación de crise económica na contorna que implica un descenso na natalidade e pon en risco a continuidade do centro

FORTALEZAS

Asistencia técnica suficiente

Existencia de dispositivos dixitais (pizarras e proxectores)

Existencia de debate sobre o uso das tecnoloxías

Hai colaboración por parte do profesorado

Hai interese pola meirande parte do profesorado sobre as novas modalidades de ensino

Hai unha alta implicación do alumnado

Hai un comportamento proactivo do alumnado de cara á utilización dos dispositivos dixitais

Equipamento actualizado

OPORTUNIDADES

Interese da consellería para avanzar cara un modelo de ensino dixitalizado

Interese da ANPA para colaborar co centro de cara a actualizar os equipos dixitais existentes.

 

 

 

 

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
AO.5 Incrementar o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado (E3)
A0.1 Incrementar o uso de abalar como medio de comunicación entre os profesores e as familias (A2)
A0.2 Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital (B3)
A0.3 Fomentar o uso de dispositivos propios por parte do alumnado (C3)
A0.4 Fomentar o intercambio de experiencias dentro do centro e con outros centros da contorna (D3)
A0.6 Fomentar a implicación do alumnado no uso das novas tecnoloxías
A0.7 Usar os foros na aula virtual como instrumento de avaliación e co-avaliación (G7)
A0.8 Proporcionar ferramentas e estratexias para que o alumnado sexa quen de codificar e programar (H11)

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será o seguinte:
- Unha vez ao trimestre farase unha avaliación procesual por parte do equipo elaborador do Plan Dixital. Nesta avaliación trimestral valorarase o estado de execución das acción programadas, farase unha análise e valoración dos resultados así como estableceranse posibles modificación das acción e propostas de mellora.
- A final de curso farase unha avaliación final na que se fará unha valoración do logro dos Obxectivos e estableceranse as propostas de mellora.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será o seguinte:
- Unha vez ao trimestre farase unha avaliación procesual por parte do equipo elaborador do Plan Dixital. Nesta avaliación trimestral valorarase o estado de execuión das acción programadas, farase unha análise e valoración dos resultados así como estableceranse posibles modificación das acción e propostas de mellora.
- A final de curso farase unha avaliación final na que se fará unha valoración do logro dos Obxectivos e estableceranse as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez que o Plan sexa aprobado tanto polo Claustro coma polo Consello Escolar do centro, estará en formato físico exposto no taboleiro do centro e en formato dixital publicado na páxina web do centro