Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

Trátase dun centro de titularidade pública, ubicado na localidade de Curtis e pertencente ao mesmo concello. Os seus datos referenciais son os seguintes:

CEIP de Curtis Rúa Alcalde Espiñeira s/n, CP 15310 Curtis (A Coruña)

Teléfono: 881880647

Código do centro: 15005932

-Correo electrónico: ceip.curtis.estacion@edu.xunta.gal

Páxina web: http//edu.xunta.es/centros/ceip.curtis

No centro impártense 2 etapas educativas: infantil e primaria e consta actualmente de 15 profesores e 121 alumnos.  

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro 

O ceip de Curtis, está situado no límite oriental da provincia da Coruña, a uns 500m sobre o nivel do mar. Son terras relativamente chas que forman parte da meseta central galega. Está situado a uns 45 km da cidade da Coruña así como da de Santiago e a uns 70km .de Lugo. O municipio ten dous núcleos de poboación: Curtis e Teixeiro. A pesar de que recibe o nome de Curtis, a casa do Concello está en Teixeiro. O resto da poboación está distribuída de forma dispersa en vivendas unifamiliares, na súa maior parte adicadas dende hai anos a actividades gandeiras, aínda que na actualidade se reduciron considerablemente.. Os aspectos socioeconómicos son os seguintes: Tras un pequeno proceso de industrialización, parte da poboación está empregada no sector industrial, xa que unha empresa de produción de chapa de madeira do Grupo Losan é a que máis postos de traballo xera. Actualmente, tamén hai creado un polígono industrial en Teixeiro, onde está empregada algunha xente de Curtis.

O Plan Dixital forma parte do Proxecto Educativo, aportando recursos e ferramentas dixitais para o proceso de ensino-aprendizaxe, así como para o funcionamento do centro;ademais de contribuír a unha mellora considerable da calidade do ensino. Así mesmo, nos últimos anos, a dixitalización do ensino forma parte das liñas de traballo do centro, contribuíndo deste xeito á alfabetización informacional que se pretende, neste caso, desde a biblioteca do centro. Nos últimos anos participouse en diferentes plans e proxectos da administración, destacando o PLAMBE e o Club de Lectura, sendo este dixitalizado mediante libros dixitais. Ademais, o curso escolar 2021/2022 participouse por primeira vez na Bilbioteca Creativa, co fin de acadar o obxectivo mencionado. O Plan Dixital, tamén é considerado na Programación Xeral Anual, xa que os obxectivos que se pretenden no mesmo forman parte tamén dos obxectivos que se pretenden acadar para cada curso académico.

Marco lexislativo

Existen tres marcos europeos elaborados polo Centro Común de Investigación da Comisión Europea, que articulan a competencia dixital no eido educativo:

a) DigCompEdu: que fai referencia á competencia dixital docente.

b) O marco europeo da competencia dixital para os cidadáns, onde se integra tamén a competencia dixital do alumnado.

c) O marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes: que trata a elaboración do plan dixital nos centros educativos.

Por outra banda cabe atender ás seguintes referencias lexislativas dentro da nosa comunidade autónoma:

•    Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
•    Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos
centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
•    Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
•    Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade
Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
•    Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
•    Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Proceso de elaboración

Para a elaboración do Plan Dixital do actual curso, tivéronse en conta os resultados do seguimento e avaliación do Plan implementado no curso académico 2022-23. En base a ditos resultados e aos recursos tecnolóxicos dos que dispón o centro, deséñase o novo Plan de Acción, definindo os obxectivos e as accións a seguir, así coma os prazos de avaliación dos obxectivos.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

No curso académico 2021/22, empregouse coma fonte para a análise DAFO o test SELFIE. Este test de autoavaliación foi realizado polo 100% do equipo directivo, o 73% do profesorado e o 92% do alumando.No noso centro, tamén se levou a cabo o test CDD,segundo o perfil do profesorado, participou o 100% do profesorado definitivo e provisional e o 50% do profesorado substituto.

Interno
51 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C1.No noso centro a infraestrutura dixital respalda o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Debilidade C13. No noso centro o alumnado pode traer os seus propios dispositivos portátiles e usalos durante as clases. Infraestruturas Non
Debilidade C16. No noso centro existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe Organización de centro Non
Debilidade C13. No noso centro o alumnado pode traer os seus propios dispositivos portátiles e usalos durante as clases. Organización de centro Non
Debilidade F3. O profesorado utiliza actividades de aprendizaxe dixitais que fomentan a creatividade do alumnado Persoal docente Non
Debilidade F5. O profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado Persoal docente Non
Debilidade A1.No noso centro contamos cunha estratexia dixital Persoal docente Non
Debilidade A2. Desenvolvemos a estratexia dixital do noso centro en colaboración co profesorado. Persoal docente Non
Debilidade B1. No noso centro avaliamos os nosos progresos en materia de ensinanza e aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade B3. No noso centro utilizamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións Persoal docente Non
Debilidade G1. O profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade G3. O profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para facilitar a retroalimentación adecuada ao alumnado. Persoal docente Non
Debilidade G9. O noso profesorado utiliza datos dixitais sobre alumnos concretos para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade B4. No noso centro colaboramos con outros centros e / ou organizacións para apoiar o uso de tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade G5. O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade G7. Axudamos ao profesorado a utilizar tecnoloxías dixitais para fins de avaliación Persoal docente Non
Debilidade G10. O noso profesorado valora as habilidades dixitais que o alumnado desenvolveu fora do centro educativo Persoal docente Non
Fortaleza P.E.5 Nas aulas do centro hai equipamento informático mercado polo propio centro. Infraestruturas Non
Fortaleza C2. No noso centro hai dispositivos dixitais para o seu uso na ensinanza. Infraestruturas Non
Fortaleza C10. No noso centro , hai dispositivos portátiles administrados e propiedade do centro que o alumnado pode levar á casa cando sexa necesario. Infraestruturas Non
Fortaleza C1. No noso centro a infraestrutura dixital respalda o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza C3. No noso centro facilítase o acceso a internet para o ensino e a aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza C8. No noso centro hai dispositivos dixitais que son propiedade do centro ou están xestionados por el e que o alumnado pode utilizar cando os necesita Infraestruturas Non
Fortaleza C5. No noso centro disponse de asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza C7. No noso centro existen sistemas de protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza C14. No noso centro, os espazos físicos facilitan a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Fortaleza C11. No noso centro, temos medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixto, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico Organización de centro Non
Fortaleza P.E.1. O centro só emprega servizos dixitais educativos corporativos (web,aula virtual, videoconferencia, correo corporativo...) para difundir a información do centro e o ensino virtual Organización de centro Non
Fortaleza P.E.3. Dende o centro educativo promóvese a participación do profesorado en actividades formativas individuais organizadas polas Administración Educativa para a actualización das competencias dixitais do profesorado Organización de centro Non
Fortaleza C15. No noso centro, o alumnado con necesidades educativas especiais ten acceso a tecnoloxías asistenciais Organización de centro Non
Fortaleza P.E.2. O equipo directivo promove o emprego de software libre no ámbito educativo Organización de centro Non
Fortaleza P.E.4. O equipo directivo coñece a normativa relativa a adquisición de equipamento informático para os centros educativos Organización de centro Non
Fortaleza C12. No noso centro temos un plan para axudar ao profesorado a enfrontar os desafíos que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Organización de centro Non
Fortaleza C16. No noso centro existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe Organización de centro Non
Fortaleza A3. Apoiamos ao profesorado para que explore novas formas de ensinanza coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza D2. O profesorado ten acceso a posibilidades de DPC no relativo á ensinanza e a aprendizaxe con TIC. Persoal docente Non
Fortaleza E2. O noso profesorado crea recursos dixitais para reforzar o seu labor de ensinanza Persoal docente Non
Fortaleza F4. O noso profesorado realiza actividades de aprendizaxe dixitais que motivan ao alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F5. O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado Persoal docente Non
Fortaleza A5. No noso centro respectamos os dereitos de autor e as licenzas de uso ao utilizar tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza D1. (Debatemos) co noso profesorado sobre as súas necesidades de DPC no relativo á ensinanza con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza D3. Axudamos ao profesorado a que intercambie experiencias dentro da comunidade educativa sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza E1. O noso profesorado busca recursos educativos dixitais en liña Persoal docente Non
Fortaleza E3. O noso profesorado emprega contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado Persoal docente Non
Fortaleza E3. O noso profesorado emprega contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado para a comunicación relativa ao centro educativo Persoal docente Non
Fortaleza E5. O noso profesorado utiliza recursos educativos abertos Persoal docente Non
Fortaleza F1. O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensinanza ás necesidades individuais do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza B1. No noso centro avaliamos os nosos progresos en materia de ensinanza e aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza B2. No noso centro debatemos sobre as vantaxes e desvantaxes da ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza F3. O noso profesorado utiliza actividades de aprendizaxe dixitais que fomentan a creatividade do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F6. O noso profesorado fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinarios utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
51 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C1. No noso centro a infraestrutura dixital respalda o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Administración educativa Non
Ameaza C16. No noso centro existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe Administración educativa Non
Ameaza A4. No noso centro o profesorado ten tempo para explorar como mellorar o su método de ensinanza con tecnoloxías dixitais Lexislación Non
Oportunidade C2. No noso centro hai dispositivos dixitais para o seu uso na ensinanza. Administración educativa Non
Oportunidade C1. No noso centro a infraestrutura dixital respalda o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Administración educativa Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

No noso centro educativo fóronse introducindo de xeito paulatino as novas tecnoloxía. Nos últimos anos,está a vivir unha gran transformación a nivel tecnolóxico, tanto en recursos como na formación do profesorado. Sen embargo, analizando o avance da sociedade a nivel tecnolóxico, necesitamos seguir avanzando tanto na formación do profesorado como en recursos. Actualmente, os programas de innovación nos que participa o noso centro son os seguintes:

-PLAMBE: no que as novas tecnoloxías están moi presentes. A catalogación de fondos faise a través da aplicación MEIGA; ademais conta cun blog dixital para comunicar a información ás familias, propoñer guías de lectura... actualmente, estase preparando para o préstamo dixital a través da plataforma ELBE 2.

-Club de lectura: conta con 5 tablets para préstamo ao alumnado que participa e 12 libros electrónicos.

-Biblioteca Creativa: incorporación no curso académico 2021/2022, no que se está acercando ao alumnado á educación en STEAM.

En canto as dotacións tecnolóxicas, o noso centro educativo conta co seguinte equipamento:

Ordenadores:

-1 ordenador portátil nas aulas de 4º EI, 6º EI, 3º EP, 4º EP, 5º EP, 6º EP, Música, Inglés, PT e AL, 1 ordenador de mesa na aula de 5º EI.

-Aula de informática con 23 ordenadores de mesa con auriculares conectados a cada equipo.

-Sala de mestres con 4 ordenadores, todos eles aportados pola Consellería.

-Despachos de dirección, xefatura e secretaría con 1 posto avanzado cada un deles.

-Biblioteca con 2 ordenadores da mesa para uso do profesorado e 3 para uso do alumnado.

-Aula creativa con 1 ordenador portátil.

-Despacho de Orientación con 1 ordenador portátil e 1 ordenador de mesa (non operativo).

-15 ordenadores portátiles (facilitados pola XUNTA) para uso do alumnado, segundo as necesidades do centro.

Pantallas dixitais:

-Aula de Informática con 1 pantalla dixital pendente de ser instalada.

-Biblioteca con 1 pantalla dixital.

-Aula de 5º EP con 1 pantalla dixital interactiva non operativa.

-Aula de 6º EP con 1 pantalla dixital interactiva.

-Aula de Inglés con 1 pizarra dixital pendente de ser conectada para estar operativa.

Proxectores:

Contan con 1 proxector as aulas de 4º EI, 5º EI, 6º EI, 5º EP, 6º EP, Música e Inglés

Libros electrónicos

O centro dispón de 12 libros electrónicos.

Paneis interactivos

As aulas de 4º EI a 4º EP dispoñen de 1 panel interactivo.

Impresoras

Dispoñen de 1 impresora a Biblioteca, sala de mestres e Dirección.

Aula creativa

Conta con 1 impresora 3D, 1 equipo de radio escolar, 1 croma e 1 mesa de luz.

Outros

Tablets, equipos de son, micrófonos, pantallas extensibles, cámara de fotos/vídeo e 1 memoria externa.

O centro conta actualmente cunha conectividade de fibra óptica.

Por outra banda, o centro emprega a Aula Virtual dende primeiro ata sexto de Educación Primaria.

En canto aos servizos dixitais, o profesorado emprega Abalarmóbil para comunicarse coas familias e as comunicacións a nivel centro, tamén se realizan dende Abalarmóbil (obxectivo plantexado no Plan Dixital do curso pasado e acadado de xeito satisfactorio).

O centro non conta actualmente cun protocolo relacionado coas TIC.

En canto á xestión e o mantemento do equipamento, o centro ten contratados os servizos dunha empresa con cargos ao apartado de Gastos de funcionamento do centro do orzamento anual que se percibe. Os servizos desta empresa son dúas horas cada 15 días

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Utilizar medios dixitais oficiais (Abalar box) para gardar e compartir información cos membros do claustro.
O02PD Iniciarse no emprego da robótica como unha ferramenta nas áreas de aprendizaxe.
O03PD Iniciar na mecanografía ao alumnado de EP.
O04PD Mellorar a competencia no uso dos paneis interactivos como ferramenta de traballo na aula.
O05PD Familiarizar ao claustro co entorno E-dixgal
O06PD Participar en actividades de formación para mellorar a propia competencia dixital.

Seguimento

Procedemento

Levarase a cabo unha avaliación procesual que se realizará como mínimo unha vez ao trimestre. Para esta avaliación usaranse os instrumentos que se indican nas táboas dos obxectivos. Así, comprobarase o valor e o progreso de cada obxectivo e formularanse propostas de mellora, se fora o caso, co fin de reconducir a acción e poder acadar a consecución dos obxectivos segundo se temporizaron na organización inicial.

Ademais, ao final de curso realizarase unha avaliación final valéndose de cuestionarios sobre os indicadores que se pasarán ás persoas responsables de cada un deles. Preténdese valer da avaliación para formular propostas de mellora e establecer obxectivos de cara ao vindeiro curso escolar.

Por outra banda, a persoa coordinadora do Plan Dixital do CEIP de Curtis, María José Cartemil Freire, reunirase telefónica, telemática ou presencialmente, co mentor ADIX , Jorge Fernández Otero, cando fose necesario, sempre que a situación o permita, para revisar e analizar como se van levando a cabo os obxectivos e accións dos mesmos ou se estos presentan algunha incidencia ao longo do curso académico 2023 2024.

1º Trimestre

A 21 de decembro de 2023 os obxectivos do plan dixital así como as accións dos mesmos atópanse como segue:


O01PD- Utilizar medios dixitais oficiais (Abalar box) para gardar e compartir información cos membros do claustro.

AO1.1: Emprego de Abalar Box por parte da dirección para compartir información cos membros do claustro. ACADADO
AO1.2: Emprego de Abalar Box por parte do profesorado para gardar e compartir información cos membros do claustro. De 15 persoas, 9 emprégano e 6 non; o que supón o 60%.


O02PD  Iniciarse no emprego da robótica como unha ferramenta nas áreas de aprendizaxe. Decídese que a xefa do DO non participa na consecución deste obxectivo, xa que non imparte docencia directa.

AO2.1: Formación do alumnado no manexo e uso dos robots. Só unha persoa de 14; o que supón o 7,14%.
AO2.2: Utilización dos robots e realización de taboleiros para a resolución de actividades. Só dúas persoas de 14; o que supón o 14,28%.
AO2.3: Desenvolvemento de actividades de robótica a través de traballo cooperativo. 0% acadado.


O03PD  Iniciar na mecanografía ao alumnado de EP.     

AO3.1: Localiza as letras no teclado (alumnado 1º ciclo). O 50% acadado.
AO3.2: Coñece a disposición dos dedos no teclado (alumnado de 3º a 4º EP). O 50% acadado.
AO3.3:Escribe palabras sen mirar ao teclado (alumnado 5º a 6º EP). O 100% acadado.
AO3.4: Escribe un texto sen mirar ao teclado (alumnado 5º a 6º EP). O 100% acadado.


O04PD  Mellorar a competencia no uso dos paneis interactivos como ferramenta de traballo na aula. Decídese que a xefa do DO non participa na consecución deste obxectivo, xa que non imparte docencia directa.

AO4.1: Aprendizaxe entre iguais para mellorar no manexo dos paneis interactivos. Das 12 persoas, 11 din que sí. 91,66% acadado.
AO4.2: O alumnado participa, activamente, en actividades no panel interactivo.  Dar 12 persoas, 12 di que sí, o que supón 100% acadado.


O05PD  Familiarizar ao claustro co entorno E-dixgal.

AO5.1: Asistencia do profesorado a unha charla informativa sobre E-dixgal ofrecida polo Asesor Abalar (ou similar). Posposto por parte da asesora Abalar.         


O06PD  Participar en actividades de formación para mellorar a propia competencia dixital.

AO6.1: Participación por parte do profesorado en algún curso, na modalidade on line ou presencial, para mellorar a súa competencia dixital. Dos 15 docentes 9 participaron nalgunha formación, o que supón o 60% acadado.

2º Trimestre

A 22 de marzo de 2024 os obxectivos do plan dixital así como as accións dos mesmos atópanse como segue:

O01PD- Utilizar medios dixitais oficiais (Abalar box) para gardar e compartir información cos membros do claustro.

AO1.1: Emprego de Abalar Box por parte da dirección para compartir información cos membros do claustro. ACADADO
AO1.2: Emprego de Abalar Box por parte do profesorado para gardar e compartir información cos membros do claustro. De 15 persoas, 10 emprégano e 5 non; o que supón o 66,67%.


O02PD  Iniciarse no emprego da robótica como unha ferramenta nas áreas de aprendizaxe. Decídese que a xefa do DO non participa na consecución deste obxectivo, xa que non imparte docencia directa.

AO2.1: Formación do alumnado no manexo e uso dos robots. Só dúas persoas de 14; o que supón o 14,29%.
AO2.2: Utilización dos robots e realización de taboleiros para a resolución de actividades. Só unha persoa de 14; o que supón o 7,14%.
AO2.3: Desenvolvemento de actividades de robótica a través de traballo cooperativo. Só unha persoa de 14; o que supón o 7,14%.


O03PD  Iniciar na mecanografía ao alumnado de EP.     

AO3.1: Localiza as letras no teclado (alumnado 1º ciclo). O 50% acadado.
AO3.2: Coñece a disposición dos dedos no teclado (alumnado de 3º a 4º EP). O 100% acadado.
AO3.3:Escribe palabras sen mirar ao teclado (alumnado 5º a 6º EP). O 100% acadado.
AO3.4: Escribe un texto sen mirar ao teclado (alumnado 5º a 6º EP). Ningún, 0% acadado.


O04PD  Mellorar a competencia no uso dos paneis interactivos como ferramenta de traballo na aula. Decídese que a xefa do DO non participa na consecución deste obxectivo, xa que non imparte docencia directa.

AO4.1: Aprendizaxe entre iguais para mellorar no manexo dos paneis interactivos. Das 12 persoas, 8 din que sí. 66% acadado.
AO4.2: O alumnado participa, activamente, en actividades no panel interactivo.  Dar 12 persoas, 11 di que sí, o que supón 91% acadado.


O05PD  Familiarizar ao claustro co entorno E-dixgal.

AO5.1: Asistencia do profesorado a unha charla informativa sobre E-dixgal ofrecida polo Asesor Abalar (ou similar). Posposto por parte da asesora Abalar.         


O06PD  Participar en actividades de formación para mellorar a propia competencia dixital.

AO6.1: Participación por parte do profesorado en algún curso, na modalidade on line ou presencial, para mellorar a súa competencia dixital. Dos 15 docentes 13 participaron nalgunha formación, o que supón o 93,33% acadado.

 

3º Trimestre

A 22 de marzo de 2024 os obxectivos do plan dixital así como as accións dos mesmos atópanse como segue:

O01PD- Utilizar medios dixitais oficiais (Abalar box) para gardar e compartir información cos membros do claustro.

AO1.1: Emprego de Abalar Box por parte da dirección para compartir información cos membros do claustro. ACADADO
AO1.2: Emprego de Abalar Box por parte do profesorado para gardar e compartir información cos membros do claustro. De 15 persoas, 10 emprégano e 5 non; o que supón o 66,67%.


O02PD  Iniciarse no emprego da robótica como unha ferramenta nas áreas de aprendizaxe. Decídese que a xefa do DO non participa na consecución deste obxectivo, xa que non imparte docencia directa.

AO2.1: Formación do alumnado no manexo e uso dos robots. Só tres persoas de 14; o que supón o 21,42%.
AO2.2: Utilización dos robots e realización de taboleiros para a resolución de actividades. Só tres persoas de 14; o que supón o 21,42%.
AO2.3: Desenvolvemento de actividades de robótica a través de traballo cooperativo. Só unha persoa de 14; o que supón o 7,14%.

 

Debido a que o centro non contaba con suficientes robots para poder traballa cunh aula completa, decidiuse facer formación e traballo en radio. Recibindo formación impartida por "Ponte nas Ondas" os cursos de 3º e 4º. O resto de cursos recibiron formación básica polo profesorado. Todos os cursos realizaron un programa de radio.


O03PD  Iniciar na mecanografía ao alumnado de EP.     

AO3.1: Localiza as letras no teclado (alumnado 1º ciclo). O 50% acadado.
AO3.2: Coñece a disposición dos dedos no teclado (alumnado de 3º a 4º EP). O 50% acadado.
AO3.3:Escribe palabras sen mirar ao teclado (alumnado 5º a 6º EP). O 50% acadado.
AO3.4: Escribe un texto sen mirar ao teclado (alumnado 5º a 6º EP). O 50% acadado.


O04PD  Mellorar a competencia no uso dos paneis interactivos como ferramenta de traballo na aula. Decídese que a xefa do DO non participa na consecución deste obxectivo, xa que non imparte docencia directa.

AO4.1: Aprendizaxe entre iguais para mellorar no manexo dos paneis interactivos. Das 12 persoas, 10 din que sí. 71,42% acadado.
AO4.2: O alumnado participa, activamente, en actividades no panel interactivo.  Dar 12 persoas, 10 din que sí, o que supón 71,42% acadado.


O05PD  Familiarizar ao claustro co entorno E-dixgal.

AO5.1: Asistencia do profesorado a unha charla informativa sobre E-dixgal ofrecida polo Asesor Abalar (ou similar). O 100% do profesorado asistiu a charla informativa.


O06PD  Participar en actividades de formación para mellorar a propia competencia dixital.

AO6.1: Participación por parte do profesorado en algún curso, na modalidade on line ou presencial, para mellorar a súa competencia dixital. Dos 15 docentes 15 participaron nalgunha formación, o que supón o 100% acadado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

En canto á avaliación do plan, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital reunirase periodicamente para analizar e comprobar a evolución da consecución dos obxectivos previstos.

Levarase a cabo unha avaliación procesual que se realizará como mínimo unha vez ao trimestre. Para esta avaliación usaranse os instrumentos que se indican nas táboas dos obxectivos. Así, comprobarase o valor e o progreso de cada obxectivo e formularanse propostas de mellora, se fora o caso, co fin de reconducir a acción e poder acadar a consecución dos obxectivos segundo se temporizaron na organización inicial.

Ademais, ao final de curso realizarase unha avaliación final valéndose de cuestionarios sobre os indicadores que se pasarán ás persoas responsables de cada un deles. Preténdese valer da avaliación para formular propostas de mellora e establecer obxectivos de cara ao vindeiro curso escolar.

Valoración xeral

A nivel xeral acadáronse os obxectivos propostos.

Non foi posible acadar o obxectivo relacionado coa robótica porque aínda que o centro conta con algún robot, son de diferentes características e o profesorado non viu viable traballar con un só robot toda o alumnado dunha aula. Polo tanto, modificouse ese obxectivo e realizouse formación do alumnado en radio e en stop motion.

Por outra banda, realizouse outra acción co alumnado, que estivo relacionada coa concienciación do alumnado dos riscos de internet. O centro anotouse no Plan Director e recibiu a visita dun garda civil que informou ao alumnado nos riscos citados.

Proposta de mellora

Valorar os intereses do claustro para establecer os obxectivos.

Mellorar a coordinación aula creativa e polos creativos.

Continuar realizando formación en competencia dixital no PFPP, pero con dúas liñas de formación para poder adaptarnos aos diferentes niveis do profesorado.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital lévase a sesión de Claustro e de Consello Escolar no mes de outubro, resultando ser aprobado.

Unha vez aprobado, este Plan Dixital será difundido a toda a comunidade educativa..

A difusión do plan dixital será responsabilidade do equipo de traballo do Plan Dixital e os medios que se empregarán serán os seguintes:

- Páxina web do centro (poderase ver a versión pdf do curso anterior 2022-2023)

Durante o curso 2023/24 poderase acceder ao Plan Dixital actualizado através de este enlace PLAN DIXITAL 23/24