Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital de Centro concíbese como "un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes».

O Proxecto Dixital de Centro é un documento aberto, suxeito a continua revisión, integrado noutros plans ou proxectos de centro, que define o uso e integración das tecnoloxías no centro educativo.

Está articulado en tres dimensións:

    a) Organizativa: liderado, desenvolvemento profesional, colaboración, traballo na rede...

    b) Tecnolóxica: modificación, dotación e mantemento de equipos, infraestruturas e comunicacións...

    c) Pedagóxica: metodoloxías, prácticas de ensino-aprendizaxe, contidos e currículos, prácticas de avaliación...

Marco lexislativo

Existen tres marcos europeos elaborados polo Centro Común de Investigación da Comisión Europea, que articulan a competencia dixital no eido educativo:

    a) DigCompEdu: que fai referencia á competencia dixital docente.

    b) O marco europeo da competencia dixital para os cidadáns, onde se integra tamén a competencia dixital do alumnado.

    c) O marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes: que trata a elaboración do plan dixital nos centros educativos.

O Plan Dixital de Centro está baseado na seguinte documentación:

*ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

* Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais. * Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
* Decreto Educ. Primaria Galicia: DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
* Decreto/Orde Educ. Infantil Galicia: ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

* RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24.

* ORDE do 11 de outubro de 2023 pola que se da continuidade ao programa de innovación educativa Polos creativos e se establecen instrucións para o seu desenvolvemento nos centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e nos centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para os cursos 2023/24 e 2024/25.

*ORDE do 17 de xullo de 2007 polo que se regula a percepción de complemento singular del complemento específico por función tutorial y otras funciones docentes (Dinamización de nuevas tecnologías de la información y comunicación)

 

Para a elaboración do Plan Dixital tivemos que facer un estudio exhastivo da realidade dixital do noso Centro.

O Centro fixo uso das súas ferramentas dixitais dispoñibles para levar a cabo outros programas nos que participa o centro como son: INCLÚETE, EMOCIÓNATE e IGUÁLATE.

Tentaremos mellorar e ampliar os recursos dixitais dos que dispoñemos e sacarlles o máximo proveito.

Así mesmo o noso obxectivo é seguir a usar e mellorar a nosa aula virtual, a páxina web, seguir usando Abalar como medio de comunicación coas familias. 

     Proceso de elaboración.

Para a elaboración do Plan Dixital tivemos varias sesións formativas e moitas sesións de traballo en grupo e individual, tentando establecer a nosa situación dixital actual e mirando unha meta de a onde queremos chegar.

Partimos dun análise SELFIE do noso Centro e das competencias dixitais do profesorado e fixemos con estes datos un INFORME DAFO para facer un Plan de Centro, básico para a elaboración do Plan Dixital. Neste Plan de Centro establecemos os obxectivos básicos que pretendemos acadar no ámbito dixital.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As fontes usadas para o análise DAFO,  podemolas agrupar nas áreas seguintes: liderado, colaboración en redes, infraestructuras e equipamentos, desenvolvemento profesional continuo, pedagoxía: apoio e recursos, pedagoxía: implementación na aula, prácticas de avaliación, competencias dixitais do alumnado. Ver Anexos.

Interno
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixo coñecemento na verificación da información verdadeira. Alumnado Non
Debilidade Temor aos riscos no uso das ferramentas dixitais. Familias Non
Debilidade Escasa formación na creación de recursos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Interese por parte do profesorado por aprender a crear recursos dixitais. Persoal docente Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Mal uso das tecnoloxías dixitais para colaborar e interactuar con compañeiros e compañeiras e/ou outros axentes educativos. Contorna Non
Ameaza Uso adecuado do tratamento dos datos. Lexislación Non
Oportunidade Envío de material dixital para o Centro Administración educativa Non
Oportunidade Mellora os recursos educativos e son moi motivadores para o alumnado. Administración educativa Non
Oportunidade Mellora a comunicación coa comunidade educativa. Contorna Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Analizado o test selfie o Centro Educativo considera que os obxectivos que vai elaborar estarán baseando en correxir as debilidades e ameazas e potenciar as nosas fortalezas e oportunidades.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Usar Abalar Móvil como medio de comunicación coa comunidade educativa.
O2PD Fomentar un comportamento seguro e responsable no alumnado.
O3PD Aumentar a competencia dixital do profesorado do Centro a través da formación en dous PFPP (polos creativos, recursos TICS)

Seguimento

Procedemento

O equipo do Plan Dixital fará reunións mensuais para ver como se van cumprindo os obxectivos.

A persoa coordinadora do Plan Dixital do CEIP de Teixeiro-Susana Vázquez Rivera reunirase telefónica, telemática ou presencialmente, co mentor ADIX , Jorge Fernández Otero, cando fose necesario, sempre que a situación o permita, para revisar e analizar como se van levando a cabo os obxectivos e accións dos mesmos ou se estos presentan algunha incidencia ao longo do curso académico 2023 2024.

 

1º Trimestre

A 21 de decembro de 2023 os obxectivos do plan dixital do noso centro e as accións dos mesmos atópanse como segue:

O1PD Usar Abalar Móvil como medio de comunicación coa comunidade educativa:


AO 1.1: O equipo directivo e as persoas titoras fomentarán a comunicación a través de Abalar Móbil. (En proceso)


AO 1.2: Avaliación dos resultados obtidos.(En proceso)


2. Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado.
AO2.1:
AO2.2:
AO2.3:


3. Detectar e mellorar as necesidades do profesorado no relativo á CDD.
AO3.1:
AO3.2:
AO3.3:

2º Trimestre

A 23 de marzo de 2024 os obxectivos do plan dixital do noso centro e as accións dos mesmos atópanse como segue:

1. Usar Abalar Móbil como medio de comunicación coa comunidade educativa.:
AO1.1: O equipo directivo e as persoas titoras fomentarán a comunicación a través de Abalar Móbil.
AO1.2: Avaliación dos resultados obtidos.
2. Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado.
AO2.1:
AO2.2:
AO2.3:
3. Detectar e mellorar as necesidades do profesorado no relativo á CDD.
AO3.1:
AO3.2:
AO3.3:
4. Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro.
AO4.1:
AO4.2:
AO4.3:

3º Trimestre

A 21 de xuño de 2024 os obxectivos do plan dixital do noso centro e as accións dos mesmos atópanse como segue:

1. Usar Abalar Móvil como medio de comunicación coa comunidade educativa :
AO1.1:O equipo directivo e as persoas titoras fomentarán a comunicación a través de Abalar Móbil.
AO1.2: Avaliación dos resultados obtidos.
2. Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado.
AO2.1:
AO2.2:
AO2.3:
3. Detectar e mellorar as necesidades do profesorado no relativo á CDD.
AO3.1:
AO3.2:
AO3.3:
4. Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro.
AO4.1:
AO4.2:
AO4.3:

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Diferenciamos dúas vías de avaliación do Plan de Acción:

1- Avaliación procesual: levarase a cabo unha vez ó trimestre e valoraranse as accións prefixadas no Plan de Acción. No caso de que as actuacións transcorran con demora, daráselles cumprimento coa maior prontitude para favorecer a súa consecución.

2- Avaliación final: parte da valoración dos obxectivos establecidos, tendo en conta os indicadores plasmados no Plan de Acción. Esta avaliación terá lugar ao finalizar o curso académico 2023-2024. O grao de consecución dos obxectivos condicionará obxectivos ulteriores que se estudarán para a súa aplicación en vindeiros cursos, inmersos nos respectivos Plans Dixitais.

Valoración xeral

A valoración xeral é moi positiva xa que se conseguiron os obxectivos propostos nos prazos establecidos e sobre todo foi moi grande a implicacións dos participantes. De cara o vindeiro curso plantexaremos máis obxectivos.

Proposta de mellora

 

Como propostas de mellora plantexamos que sería moi positivo que se ofreceran máis cursos de formación relacionada coas Tics para aplicar na nosa práctica docente diaria.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Poñemos á súa disposición o Plan Dixital neste enlace: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15005877