Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP de Tarrío está situado en Culleredo, concello limítrofe co de A Coruña, no que se poden distinguir dúas zonas: unha zona urbana e unha zona rural. A Consellería realizou o cambio de todo o sistema eléctrico do centro e instalación da rede de datos en todas as dependencias o que posibilita a conexión a internet desde calquera punto e o funcionamento da intranet. 

O  CEIP de  Tarrío leva varios cursos incorporando, na medida das súas posibilidades,  as TIC ao proceso de ensino-aprendizaxe. Ata o de agora esta integración baseábase fundamentalmente en dous grandes bloques: a aula de informática e a biblioteca escolar. Sen embargo entendemos que o modelo actual de aula de informática debe de ir mudando ao de informática na aula. Por este motivo participamos dende o curso 2010/2011 no proxecto Abalar e continuamos co proxecto Edixgal actualmente. Polo que  neste curso tanto as aulas de 5º como as de 6º de Primaria estarán dotadas de novos recursos que posibilitarán o traballo na propia aula coas ferramentas Tic. Este curso  continuamos co  proxecto E-Dixgal tanto  en 5º como en  6º de Primaria.

O  Claustro do CEIP de  Tarrío leva tempo tratando de incorporar as TIC ao proceso de ensino-aprendizaxe na medida das súas posibilidades. O Claustro do noso centro comparte, entre outras, as seguintes ideas:

  •  A aula de informática constitúe un bloque máis de recursos educativos que deben estar ao alcance do noso alumnado como elementos facilitadores de aprendizaxes e non tanto como área de estudio propiamente dita (informática).
  • O coñecemento e o manexo das novas tecnoloxías é fundamental para a formación e integración social do noso alumnado, sobre todo se temos en conta que, por proceder de familias de clase media e baixa, en moitos casos non contan con ordenador na casa.
  • O emprego das tecnoloxías da comunicación e información debe estar ligado á nosa concepción da biblioteca escolar como centro de recursos, de documentación e información multimedia.
  • Necesidade dun espazo común (biblioteca e recursos informáticos) para o fomento da innovación pedagóxica, o traballo por proxectos co noso alumnado e a súa alfabetización informacional.
  • Potenciar, dentro das posibilidades do centro, o cambio de aula de informática por informática na aula.
  • Colgar ao noso centro na rede para difundir as actividades que realizamos e conectar o colexio coas familias e o entorno.

Froito destas reflexións o centro participa nos seguintes proxectos relativos as TIC:

  • Forma parte do proxecto Abalar dende o ano 2010.
  • Participa no proxecto “E-Dixgal” dende o ano 2015.
  • Estamos usando a plataforma “G Suite para educación”, tanto co alumnado de 5º e 6º de primaria como co profesorado.
  • Participamos no  proxecto “Introducción á robótica educativa en primaria” dende o ano 2017.

Proxectos de elaboración propia que se poñen en práctica este curso:

  • Aula Maker (continuación) (Anexo 2).
  • Aula Móbil en 3º de primaria (Anexo 3).
  • Preedixgal en 4º de primaria (Anexo 4).

Este é o marco levislativo baixo a que traballamos é a vixente, realizando os procesos de actualización correspondentes coas novas leis: 

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Empregamos como punto de partida os resultados das enquisas e test CDD do curso 2021-22 (Anexo 1 xunto cos dato solicitados o curso pasado como anexo). Aínda que o equipo dixital anualmente vai actualizando o DAFO, valorando segundo os obxectivos cumplidos e as e necesidades detectadas durante o curso.

Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H7. Creación de contidos dixitais so en 2º e 3º Ciclo. H13. Resolver problemas técnicos so Edixgal. Alumnado Si
Debilidade H11. Aprender a codificar e programar so Edixgal, necesidade de mellor implementación. H. Dificultad categoría por ratio y realidad aula. Alumnado Si
Debilidade H. Dificultad categoría por ratio y realidad aula. Alumnado Si
Debilidade A4. Pouco tempo para explorar: carga horaria, papeleo burocrático, redución de horario lectivo de dinamización dixital. Organización de centro Si
Debilidade A. Falta de concreción curricular para orientar o noso traballo/plans TIC na implementación dixital (lexislación). Organización de centro Si
Debilidade G6-G5-G3-G9-E2. Necesidade de mellorar implementación autoreflexión, creación... Persoal docente Si
Debilidade A4. Pouco tempo para explorar: carga horaria, papeleo burocrático, reducción de horario lectivo de dinamización dixital. Persoal docente Si
Debilidade G10. So avaliamos capacidades 2º-3ºciclo. Persoal docente Si
Fortaleza C15. Dispoñemos de tecnoloxías asistenciais para alumnado NEE. Alumnado Non
Fortaleza H7. 2º-3º Ciclo alumnado crea contido (AV e Edixgal). Alumnado Non
Fortaleza C8-C10. O noso alumnado ten á súa disposición dispositivos dixitais variados. Alumnado Non
Fortaleza C1-C2-C10. Centro dispón de infraestrutura e tecnoloxía dixital axeitada na maioría das aulas e actualiza ou repón equipamiento obsoleto. WIFI boa. Infraestruturas Non
Fortaleza E4. Emprego de tecnoloxías digitais para comunicación C.E. Infraestruturas Non
Fortaleza A3. Centro Plurilingüe, Edixgal, Aula Virtual, Snappet, comedor propio da Xunta, Bibliotecas Creativas, Voz Natura, radio escolar, fomento de Contratos-Programa, internacionalización. Oferta Non
Fortaleza A3. Interés en buscar e aplicar novas modalidades. Persoal docente Non
Fortaleza D1 y D2. Centro facilita o DPC e deseña a súa propia formación dixital continuada. Persoal docente Non
Fortaleza D3-E1. Intercambiamos experiencias e buscamos uso de recursos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza D3-E1. As TICs e uso de recursos en liña enriquecen o intercambio de experiencias. Persoal non docente Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Sen formación específica. C. Sobrecarga, reducción de horario de dinamización dixital e plazos abusivos dificultan esta e outras categorías: atender asistencia técnica; creación e perfeccionamiento de espazos, repositorios, bibliotecas en liña.. Administración educativa Si
Ameaza F-G-H. Ratio alumnado e realidade aulas dificulta estes aspectos. Lexislación Non
Ameaza Falta de concreción curricular para orientar a implementación dixital. Lexislación Non
Ameaza A-D-F-G. Cambios lexislativos constantes dificultan e entorpecen estes aspectos. Lexislación Si
Oportunidade C3. Aposta forte polo ensino dixital. Administración educativa Non
Oportunidade H11 - Facilitar competencia dixital a familias. ANPA Non
Oportunidade C11-12. Apoio á fenda dixital por parte de entidades públicas (Concello). Contorna Non
Oportunidade B3. Apertura do centro a colaboracións externas. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

As necesidades derivadas do analise DAFO e tras o cumplimento parcial dos obxectivos no curso pasado as necesidades actuais son:

  • Tablets: Mínimo dúas máis, aínda atenderase ao número de necesidades habitual. Departamento de orientación. Empregamos tablets ou dispositivos inicialmente destinados a outros fins pero que priorizamos para o alumnado con necesidades.
  • Mantemento e sustitución dos equipos que se prepararon o curso pasado para Aula Móbil e Preedixgal (3º e 4º). Foron actualizados e reacondicionados pero continuan a ter limitacións.
  • Creación de contidos dixitais no 2º ciclo, xa que prescindimos de Snappet coa posta en marcha de Aula Móbil en 3º e Preedixgal en 4º.
  • Continuar a preparar, darlle forma e potenciar o Aula Maker.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Revisión e actualización do documento estable do Plan Dixital do centro.
O2PD Dispoñer de tecnoloxía asistencial específica no DO.
O3PD Fomentar a creación de contidos dixitais por parte do alumnado.
O4PD Potenciar o uso do Aula Maker.
O5PD Maiores recursos persoais no Equipo Dixital para poder responder mellor ás necesidades dixitais do centro.

Seguimento

Procedemento

O procedemento para o seguimento do noso Plan Dixital do centro realizarase a través de:

  • Reunións periódicas Mentora Adix para o seguimento e resolución de dúbidas.
  • Reunións ordinarias e extraordinarias Equipo Dixital.
1º Trimestre

Durante este trimestre fomos preparando o AV para o uso do 2º Ciclo. Comezamos con 4º que xa viñan acostumados a traballar cun ordeandor por cada grupo de clase. Polo que se procedeu a organizar ao alumnado no nivel de 4º, creación das materias, matricular ao alumnado nas materias e a estructurar cada materia cos recursos que empregan.

Realizouse o Apadriñamento Edixgal do alumnado de 6º ao novo de 5º durante este trimestre para facilitar a iniciación nos recursos dixitais da aula.

2º Trimestre
  • Incorporación ao equipo dixital dunha compañeira.
  • Solucións parciais das problemáticas dos proxectos Aulamóbil e Preedixgal.
  • Realización durante os meses de marzo e abril do proxecto "Enxeñeiros no cole" que consistiu en demostracións das Estacións Maker (Proxecto do noso Aula Maker) da man do alumnado de 6º de educación primaria do centro.
  • Creación do blog de Tarrío's Maker para a difusión dos proxectos, actividades e materiais maker do centro.
  • Publicación no instagram do centro historias sobre as demostracións das Estacións Maker e a formación do PFPP de Polos.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3º Trimestre
  • Solución dos obstáculos técnicos xurdidos na posta en práctica nos proxectos Aula Móbil e Preedixgal.
  • Tras as demostracións das Estacións Maker no trimestre anterior algúns docentes probaron materiais nas súas aulas.
  • Construcción do blog Tarrío's Maker.
  • Publicación no instagram do centro reels resumen das demostracións de cada unha das Estacións Maker.
  • Renovación do antigo Plan Tic do centro.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A valoración final é positiva, xa que se conseguiron a maioría dos obxectivos do curso:

  • Proxectos de Aula Móbil e Preedixgal en funcionamento, sen obstáculos técnicos máis que os dos propios equipos (algúns son moi vellos).
  • Posta en marcha da Aula Vritual en 2º Ciclo.
  • Demostracións do material do Aula Maker o cal vai permitir empezar a implementar en maior medida actividades do ámbito steam (Polos Creativos).
Proposta de mellora

Sería moi positivo que houbera un par de persoas máis no equipo para cubrir as necesidades de todos os ciclos. As cousas vanse facendo pero a un ritmo lento, ou non ao que demanda o alumnado ou o profesorado xa que é moi atractivo evolucionar e mellorar pero non sempre se pode facer no tempo planificado, hai momentos de espera que se alongan. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para difundir o Plan Dixital empregaremos a canle habitual, esto é, a páxina web do centro a través da publicación da seguinte URL. A nosa Comunidade Educativa está afeita a atopar aquí toda a información pertinente. Ademáis o centro dispón dun instagram educativo no que se difunden actividades do centro entre elas as do Plan Dixital.