Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A elaboración do Plan Dixital xurde da necesidade de abordar de xeito global a necesidade de dixitalización dos centros educativos. A súa estrutura e redacción baseouse na seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TestCDD e outras fontes, realizouse unha análise DAFO do centro para coñecer a súa realidade no eido dixital e que facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Insuficiente verificación da calidade da información obtida na rede por parte do alumnado. Alumnado Si
Debilidade Non contamos cunha estratexia dixital nos cursos non E-dixgal. Oferta Non
Debilidade A maioría do profesorado non crea recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non se debate sobre as necesidades de DPC do claustro nin se fomenta o intercambio de experiencias. Persoal docente Non
Debilidade Necesidade dunha maior formación no relativo á competencia dixital. Persoal docente Si
Debilidade Non avalía os seus progresos en materia de ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Non existen mecanismos establecidos para a reflexión sobre as vantaxes-desvantaxes sobre o uso das TIC. Persoal docente Non
Debilidade Non se fomenta o uso de tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración do alumnado nin para elaborar proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente uso das tecnoloxías dixitais nos procesos avaliativos (avaliación entre iguais, autoavaliación, avaliación do alumnado¿). Persoal docente Non
Fortaleza O centro facilita o acceso a internet en todas as dependencias coa instalación dos routers e repetidores necesarios. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro xestiona e financia un servizo técnico externo de calidade. Infraestruturas Non
Fortaleza Hai dispositivos dixitais para usar cando sexa necesario Infraestruturas Si
Fortaleza Contamos con espazos que facilitan o uso das tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza Desenvólvese unha estratexia dixital nos cursos Edixgal (5º e 6ª de EP). Oferta Non
Fortaleza Apoiase ao profesorado para que empregue as tecnoloxías dixitais no proceso de ensinanza aprendizax Oferta Non
Fortaleza O profesorado emprega tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega tecnoloxías dixitais que motivan ao alumnado adaptándose ás súas necesidades. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado non E-dixgal está comezando a empregar contornas virtuais de aprendizaxe coalumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado ten acceso a posibilidades de desenvolvemento persoal continuo. Persoal docente Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva burocracia que resta enerxía. Administración educativa Non
Ameaza A infraestrutura dixital coa que administración dota ao centro non fomenta o ensino-aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais en todos os cursos. Administración educativa Non
Ameaza A situación socio-económica e cultural dunha parte significativa das familias que conleva unha falta de implicación. Contorna Non
Oportunidade Plan de formación anual para o profesorado da Consellería de Educación. Administración educativa Non
Oportunidade ANPA activo e colaborador Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A elaboración do Plan de Acción realizouse a partir da análise do DAFO. Esta análise permitiu identificar uns obxectivos prioritarios que deberán supoñer unha mellora significativa no uso das tecnoloxías dixitais por parte de comunidade educativa.

Para o curso 2023/24 seleccionáronse catro obxectivos relacionados coas áreas de mellora de: liderado, apoios e recursos, colaboración e redes e desenvolvemento profesional continuo. É importante sinalar que os obxectivos que a continuación se desenvolven nas súas correspondentes liñas de actuación cumpren co criterio SMART, sendo específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Aportar recursos didácticos dixitais á Aula Virtual (AV) para favorecer o intercambio e a colaboración entre o profesorado.
O02PD Empregar servizos dixitais para aloxar documentos organizativos internos do centro dirixidos ao profesorado.
O03PD Empregar os recursos corporativos dixitais como medio de comunicación.
O04PD Desenvolver accións formativas orientadas a aumentar a competencia dixital na práctica docente.
O05PD Incrementar a dotación informática.
O06PD Fomentar entre o alumnado unha utilización responsable e segura das novas tecnoloxías

Seguimento

Procedemento

Realizarase unha xuntanza trimestral na que se valorarán as acción realizadas e o grao de consecución dos obxectivos.

1º Trimestre

O desenvolvemento do plan adecuouse a planificación.

 

2º Trimestre

 

O desenvolvemento do plan adecuouse a planificación.

3º Trimestre

Acadáronse todos os obxectivos establacidos no plan agás a adquisición de novo material informático (tabletas). A compra quedou adiada para o curso 2024/25.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación deste Plan Dixital debe entenderse como un elemento fundamental do mesmo. Unha avaliación adecuada e planificada servirá non so para coñecer o grao de cumprimento dos obxectivos marcados, se non que debe aportar información que permita reformular as accións deseñadas, elaborar propostas de mellora… Atendendo a isto realizaranse dous tipos de avaliación:

• Avaliación procesual: levarase a cabo ao final de cada trimestre por parte do equipo de Dinamización do Plan Dixital. Analizarase os estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora

. • Avaliación final: terá lugar ao finalizar o curso escolar por parte do claustro e do consello escolar. Debe valorarse o grao de consecución dos obxectivos en función dos seus indicadores de logro e, de ser o caso, o establecemento de propostas de mellora.

Valoración xeral

O desenvolvemento do Plan Dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo. Representou un desafío para a comunidade educativa e, nalgún obxectivo concreto, require máis tempo para optimizar o seu resultado.

Varios factores condicionaron o desenvolvemento do Plan Dixital, a infraestrutura tecnolóxica dispoñible, a formación e capacitación dos docentes, a dispoñibilidade de recursos dixitais adecuados e as metodoloxías de ensino. 

A posta en práctica do Plan Dixital no presente curso foi basante favorable xa soamente un dos obxectivos propostos non foi acadado e adiouse.

A avaliación do actual Plan Dixital debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, pais e outros actores chave. 

Proposta de mellora
  • Realizar unha avaliación actualizada das necesidades tecnolóxicas e os recursos dispoñibles no centro educativo coa finalidade de determinar que recursos adicionais son necesarios.
  • Afondar na formación e no desenvolvemento profesional continuo do corpo docente.
  • Integración curricular: Promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal. Isto implica identificar oportunidades para utilizar ferramentas dixitais en diversas materias e actividades, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico dos estudantes.
  • Fomentar a participación activa da comunidade educativa no plan dixital, involucrando aos pais, estudantes e outros membros da comunidade na toma de decisións e na implementación de estratexias dixitais.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Expoñeremos o Plan Dixital ao profesorado no claustro, a os representantes da comunidade educativa no consello escolar e tamén o faremos público na web do centro.

Como cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos, que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado ou se é necesario realizar variacións na formulación destas accións, cada curso escolar actualizarase e adecuarase o Plan Dixital de Centro ás necesidades concretas dese curso. Dita modificacións serán feitas públicas a través das canles antes sinaladas.