Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IES Plurilingüe Elviña é un centro público de educación secundaria con oferta de ESO e Bach, inagurado no ano 1977 e ubicado en contorna urbana, na cidade da Coruña. É plurilingüe en inglés na ESO. Non tivo actuacións salientables de reforma, ampliación e mellora ata o verán de 2023 (renovación do tellado e parcheamento de fachadas), o que aínda condiciona de forma negativa as súas posibilidades docentes, por inadecuación á arquitectura pedagóxica e por obsolescencia tecnolóxica moi marcada.

Rasgo esencial do IES e o seu incremento de matrícula sostido nos 4 últimos anos. Actualmente conta cuns 600 alumnos e 50 docentes en números redondos.

Outros programas consolidados ou de participación actual do centro son: PLAMBE, Club de Lectura, Club de Ciencia, Polo Creativo plus, plurilingüísmo en inglés, e numerosos Plans Proxecta e Contratos Programa: convivencia/mediación, sostibilidade, inclusión, eduexcelencia STEM...

A explosión de alumnado e grupos exacerba as carencias TIC, especialmente no tocante a medios físicos (hardware) ao engadir ás necesidades de reposición de material obsoleto a falta de dotación en moitas novas aulas (toda ellas aulas-titoría, ou “aulas de referencia”, na que un grupo pasa a meirande parte das súas horas semanais).

Esta necesidade de dotación de aulas con kit dixital (ordenador + proxector + pizarra interactiva) fíxose chegar númerosas veces ás autoridades educativas a través dos servizos competentes da Consellería, e a AMTEGA a través da UAC; xustificada moi polo miúdo. Esas e outras peticións figuran en numerosos tickets da UAC nos últimos cursos lectivos. A máis recente o 05/10/2023, petición á que UAC asignaron o número de ticket 1141235, e que se respostou o 02/11/2023 día cun correo co texto similar as anteriores: “De momento non dispoñemos de material. De haber dispoñibilidade e de ser o caso, enviaríase de oficio”

  • As característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro constan con detalle (e actualízanse periódicamente) no Proxecto Educativo

Poboación urbana de ubicación socioeconómica no rango medio, con predominio de medio baixo nalgún asentamento marxinal na área de influencia. A tendencia social da zona parece ir cara a unha certa diversidade social, debido a aparición recente de grupos de familias de emigrantes doutros países, e tamén a recente incorporación de familias de nivel sociocultural medioalto en vivendas de nova construción.

O nivel de estudos familiar medio é en xeral básico ou medio, o que da como resultado que algúns alumnos están moi motivados por mellorar a súa formación, e outros pola contra teñan como única expectativa acceder rapidamente o mundo laboral para ter independencia económica. A maioría do alumnado afirma estudar para aprender, e en torno a un 60% queren ser universitarios

  • Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo, e relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que se participa…

    O plan TIC do centro contempla, entre outras, estratexias para compensar as desigualdades e reducir a fenda dixital, facilitando a educación dixital nos distintos escenarios (ensino presencial e ensino non presencial), poñendo ao dispor do alumnado máis vulnerable dispositivos con conectividade en caso de necesidade por atención educativa domiciliaria, por exemplo. O IES ven participando en distintas modalidades de Contratos-Programa desde o comenzo dos mesmos, tendo gran impacto na adquisición de competencias e no aproveitamento do talento potencial. As participacións xa citadas están plenamente consolidadas, ao igual que o plurilingüismo nun tercio do horario desde o curso 2021/22

  • Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24

A PXA é un instrumento de planificación das actividades dun curso escolar, polo que a razonada inserción do Plan Dixital na mesma ten unha importancia incuestionable. No curso 23/24 ao aumento de alumnado que vai a requerir un esforzo extra no proceso de dixitalización, sumase a maior demanda de equipos como para cubrir novas materias que xurden coa LOMLOE, como “Proxecto competencial”, coa realización dun xornal ou actividades de deseño e impresión 3D

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa usados son:

  • Informe SELFIE para a autoavaliación do centro.
  • Test de Competencia Dixital Docente (CDD) para a avaliación competencial dos docentes.
  • Informe DAFO para analizar a situación e definir as liñas de acción.
  • Plan de Acción vinculado ó punto anterior.
  • Documento do Plan Dixital, e achega ó ADIX, con finalización da liña PFPP asociada.
Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Debilidade do alumnado ante problemas técnicos Alumnado Si
Debilidade Falta de autoreflexión sobre a aprendizaxe Alumnado Si
Debilidade Obsolescencia e insuficiencia de medios tecnolóxicos Infraestruturas Si
Debilidade Diverxente visión de docentes e directivos sobre posibilidades da súa formación dixital. Insuficiente debate no centro sobre as vantaxes e desvantaxes do uso da tecnoloxía. Organización de centro Si
Debilidade Insuficiente documentación da aprendizaxe (avaliación dixital) Organización de centro Si
Debilidade Falta de autoavaliación (con tecnoloxía) do progreso en docencia Persoal docente Si
Fortaleza Existencia de bo acceso a internet Existencia de dispositivos dixitais a disposición do alumnado Infraestruturas Non
Fortaleza Colaboración de profesorado e equipo directivo no desenvolvemento dunha estratexia dixital de centro Apoio a novas modalidades dixitais de ensino Organización de centro Non
Fortaleza Recoñecemento e respecto cara aos dereitos de autoría. Outras Non
Fortaleza Uso de materiais educativos online Creación de recursos dixitais Comunicación coa comunidade educativa Boa adaptación ás necesidades do alumnado Suficiente fomento da creatividade Alta implicación do alumnado Persoal docente Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Fenda dixital en nichos residenciais da área de influenza Contorna Non
Ameaza Insuficiente tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino dixital Outras Si
Oportunidade Posible participación en proxectos de aceleración tecnolóxica (como Edixgal) Administración educativa Si
Oportunidade Implantación ou intensificación da colaboración con outros centros (sinerxias aprendizaxe mixto) Contorna Non
Oportunidade Aumento do uso de TIC para traballo colaborativo do alumnado Fomento de participación do alumnado en proxectos interdisciplinares a través do uso das tecnoloxías dixitais Outras Si
Oportunidade Susceptibilidade de mellora da estratexia dixital actualmente existente Mellora das medidas para a identificación e abordaxe de retos na aprendizaxe híbrida Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Destacan como fortalezas a implicación docente no uso de materiais educativos online, a creación de recursos dixitais, adaptándoos ás necesiddes do alumnado e conseguindo unha gran participación deste. A colaboración do profesorado e o equipo directivo no desenvolvemento dunha estratexia dixital, a disposición dun bó acceso a internet e de dispositivos dixitais a disposición do alumnado non fai máis que reforzar as fortalezas do centro. Por outra banda, a obsolescencia dos medios técnicos e a insuficiencia de medios TIC prestables supón unha debilidade.

Como debilidades, a falta de autorreflexión sobre a aprendizaxe por parte do alumnado, a insuficiente retroalimentación e a debilidade do alumnado ante problemas técnicos que poidan xurdir acompañan a un insuficiente debate no centro sobre as vantaxes e desvantaxes do uso da tecnoloxía. Tamén existe unha visión diverxente entre docentes e directivos sobre as posilibidade da súa formación dixital do profesorado.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Actualización da solicitude de medios á AMTEGA e inspección educativa
02PD Inclusión na aula virtual dun 'Espazo Dixital do profesorado do centro' cunha guía básica de uso da AV
03PD Usar o libro de cualificacións das aulas virtuais para transmitir e almacenar as cualificacións do alumnado.
04PD Incremento da variedade de recursos utilizados nas aulas virtuais das materias
05PD Plantexar a posible adopción no centro da facilidades EDIXGAL, para a súa consideración nos órganos colectivos

Seguimento

Procedemento

O equipo TIC e os directivos do centro reunirase periódicamente para coñecer o grado de consecución dos obxectivos e analizar os resultados, facendo as modificacións que sexan necesarias para conseguir melloras. Esta avaliación procesual terá carácter trimestral, aínda que pode ser máis frecuente se a situación así o esixe. Manterase a comunicación e coordinación coa asesoría abalar de zona e o asesor ADIX do centro, para o seguemento dos asuntos que dependen das súas competencias.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao final do curso escolar, haberá unha avaliación final na que se fará unha valoración de todo o proceso de execución e das propostas de mellora que constan no Plan Dixital.

As variacións relevantes serán postas en coñecemento da inspección educativa e do asesor abalar de zona, para incorporar as súas orientacións, ademáis de dar conta do efecto de posibles novos programas da Consellería ou variacións no tocante a equipamento ou procedementos.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Primeiros coñecedores e máis especialistas no seu contido son os docentes participantes na súa elboración inicial no marco do PFPP ao efecto, que incluía ao equipo TIC do centro e ao equipo directivo completo.

E seguindo co anterior, someterase despois a aprobación por parte do Consello Escolar, con énfase na explicación dos seus detalles por parte do equipo directivo aos colectivos non presentes no claustro: persoal non docente, familias, alumnado e representante do concello.

Sen prexuicio da información que se colgue para consulta pública na páxina web do centro, os interlocutores e destinatarios teñen acceso a súa consulta a través dos medios previstos nas propias ferramentas dixitais da Consellería, como a presente aplicación educalidade