Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

INTRODUCIÓN

Datos básicos do centro

Nome do centro: Colexio de Educación Infantil e Primaria “María Pita”.

Titularidade: Público. Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación,

Formación Profesional e Universidades.

Enderezo: Ronda Camilo José Cela, 2A.

Código Postal: 15008. A Coruña.

Tfn: 981 292 235

Web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmariapita/

Mail: ceip.maria.pita@edu.xunta.es

Equipo Directivo:

Director: Gutier Pardo Costa

Xefa de Estudos: Susana Naveira Freire

Secretaria: Mª José Fernández Mahía

O claustro docente do colexio neste curso consta cun total de 38 mestres/as, cunha presenza importante de persoal en situación de provisionalidade.

No presente curso académico 2021-2022 o colexio ten unha matrícula de 487 alumnos/as. A maioría do alumnado promociona con avaliación positiva e os resultados

obtidos nas probas de avaliación individualizada sitúan ao centro na media dos centros do grupo ao que pertence.

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL NO CENTRO. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO 

O CEIP María Pita localízase no contexto de tres grandes barrios de referencia da cidade: Monelos, Elviña e Barrio das Flores. Presenta unha grande zona de influencia na que ademais dos citados, acoden ao centro nenos e nenas dos barrios de Matogrande, Eirís, Pedralonga, Palavea, Os Castros, A Palloza, Sardiñeira e mesmo a Ponte Pasaxe, Mesoiro e Novo Mesoiro.

As familias que compoñen a contorna do colexio e o propio alumnado, pertencen a niveis sociais moi variados. Pódese facer unha xeneralización establecendo que na súa maioría sitúanse nun nivel medio, pero debido aos cambios socioeconómicos acontecidos nos últimos anos resulta difícil establecer un criterio claro, mais pódese afirmar de forma clara o incremento de situacións sociais e económicas de risco.

A contribución do Plan Dixital ó Proxecto Educativo, así como á vida diaria do centro, é clave para avanzar na modernización da linguaxe escolar dentro da comunidade, tanto educativa como social, no marco dun espazo de crecemento e enriquecemento para toda a contorna.

Tamén é salientable que dende o centro foméntase a formación do profesorado para a transición ós novos métodos de ensinanza ligados ós recursos TIC, enfocados tamén cara a transformación do centro nunha escola adscrita ó Plan Edixgal de cara o curso 2023/2024.

Sen embargo, a historia e tradición do centro en materia de novas tecnoloxías, así como os programas de innovación TIC nos que participa, non é  precisamente moi completa. O Plan Dixital axudará, sen dúbida, a reforzar a participación do profesorado neste tipo de proxectos e Plans que mellorarán a transición a un centro con metodoloxías dixitais consolidadas.

Como ben se mencionou anteriormente, o CEIP María Pita, conta cun claustro docente formado por un total de 38 mestres/as. Dende o centro foméntase a formación do profesorado para a transición ós novos métodos de ensinanza ligados ós recursos TIC, enfocados tamén de cara a transformación do centro nunha escola adscrita ó Plan Edixgal de cara o curso 2023/2024.

A historia e tradición do centro en materia de novas tecnoloxías, así como os programas de innovación TIC nos que participa, non é. precisamente moi completa. O Plan Dixital axudará, sen dúbida, a reforzar a participación do profesorado neste tipo de proxectos e Plans que mellorarán a transición a un centro con metodoloxías dixitais consolidadas.

A contribución do Plan Dixital ó Proxecto Educativo, así como á vida diaria do centro, é clave para avanzar na modernización da linguaxe escolar dentro da comunidade, tanto educativa como social, no marco dun espazo de crecemento e enriquecemento para toda a contorna.

A contextualización descrita ata o momento, así como a súa importancia de cara a transformación do centro nun espazo de ensinanza e aprendizaxe moderno de cara á sociedade actual, atópase en consonancia co recollido no marco legal dos das diferentes referencias lexislativas vixentes, tanto no noso territorio como a nivel nacional para todo o país.

Así pois, facendo referencia os artigos que falan das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, a dotación de recursos ós centros e as competencias de dirección da Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132).

No noso territorio, facemos referencia ó recollido na seguinte lexislación, onde atopamos de maneira expresa referencia ó Plan Dixital para o desenvolvemento das ensinanzas e a súa implementación no Proxecto Educativo.

• Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan

instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

• Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño,

elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o

curso 2021-2022.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Despois da utilización do Informe SELFIE e o Test CDD, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital, e facilita a

elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A dotación do centro é escasa, apenas existe un ordenador por aula e as pantallas de proxección son moi antigas, aínda que se están a cambiar. A visión é compartida por equipo directivo, profesores e tamén por parte do alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade A oferta do centro en formación en novas tecnoloxías ou adaptadas a unha nova metodoloxía de ensinanza é escasa. O contar cunha infraestrutura por debaixo do esperado, a oferta para os alumnos de contidos por esta vía limítase á iniciativa individual de cada docente, non coordinada en si dende o centro. Oferta Si
Debilidade A organización do centro aínda se está transformando. O novo equipo directivo está traballando nesta vía, pero aínda é unha debilidade palpable na vida diaria do centro. Organización de centro Si
Debilidade A idade de parte do profesorado, así como a súa motivación de cara ó dixital e a escasa formación en TICS, son unha clara debilidade do noso centro. Persoal docente Si
Fortaleza Parte do alumnado está predisposto ó uso da tecnoloxía, incluso de maneira voluntaria, para a realización de tarefas e outras encomendas diarias. Neste aspecto, o alumno está máis pola labor do uso das tecnoloxías na escola que o profesorado. Alumnado Si
Fortaleza A comunicación de boa parte das familias a través de medios dixitais (abalar, aula virtual, etc.) é fluída, e consideramos que existe predisposición pola súa parte ó uso destas canles e non supón unha problemática para a vida do centro. Familias Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A ANPA realiza multitude de actividades extraescolares no centro, sen embargo non de contidos relacionados coa tecnoloxía. ANPA Non
Ameaza A nivel lexislativo, ó non pertencer á rede EDIXGAL, existe maior incerteza no referente a partidas orzamentarias para centros como o noso. Isto considerámolo una ameaza que pode seguir abrindo a brecha dixital con outros centros da contorna. Lexislación Non
Oportunidade Nos últimos meses a administración está a dotar ó centro de diverso material e infraestrutura, como o cableado wifi estendido, novas pantallas dixitais, e tamén ordenadores que substitúen os vellos das aulas. A dirección é boa, pero a carencia aínda e grande para. poder proporcionar unha oferta variada con fundamentación tecnolóxica Administración educativa Si
Oportunidade A comunicación é fluída cos centros da contorna e co IES adscrito ó centro, polo que é unha oportunidade a explorar a implementación de estratexias dixitais de continuidade que partan dende á primaria á educación secundaria obrigatoria, co fin de establecer unhas boas prácticas e un nivel tecnolóxico salientable. Contorna Non
Oportunidade O CFR, entre outros, oferta multitude de formación no ámbito dixital a través de PFPP e outros tipos de programas formativos. É sen dúbida unha oportunidade que como centro debemos aproveitar, tendo en conta a boa relación existente co titor do CFR que asiste ó centro. Outras Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despois de analizar as fortalezas e debilidades do noso centro, decidiuse facer accións prioritarias nos seguintes aspectos: infraestructuras, persoal docente, alumnado, amilias, ANPA, lexislación e contorna. Todos estos aspectos quedan reflectidos no plan de acción do Plan Dixital deseñado para o presente curso.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a dotación informática do centro.
O02PD Creación dunha aula de Novas Tecnoloxías
O03PD Fomentar a colaboración entre o profesorado en contidos TICS
O04PD Fomentar a formación e renovación pedagóxica en TICS do profesorado do centro.
O05PD Crear contidos de reforzo na aula virtual para todo ó alumnado de Educación Primaria.
O06PD Actualizar o Recuncho Dixital da biblioteca do centro.

Seguimento

Procedemento

O desenvolvemento do Plan Dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo. 

Na avaliación procesual, que terá lugar a lo menos unha vez por trimestre, valoraranse os aspectos relacionados co estado nese momento das accións que se están a executar, así como o análise de resultados, se os houbese, e de ser o caso, propostas de mellora que permitan un reaxuste das accións para a consecución dos obxectivos propostos.

Non obstante, a avaliación do presente Plan Dixital, debe ten en consideración os resultados así como o impacto na aprendizaxe do alumnado e na formación en competencia dixital do profesorado, adquirindo cada vez máis niveis do marco de referencia CDD. Tamén é de ter en consideración, a experiencia e retroalimentación dos docentes,  pais e outros actores chave. 

 

1º Trimestre

Ao longo deste primeiro trimestre tivemos varias reunións do equipo TICS (cinco) nas que dalgunha maneira xurdían e tratabamos algúns aspectos do PLAN DIXITAL. Debemos facer notar que os membros do equipo TICS e PLAN DIXITAL son os mesmos.

Con data 11/12/23 reúnese o equipo de PLAN DIXITAL para facer a avaliación deste primeiro trimestre e valorar os obxectivos acadados e en qué forma, así como as dificultades atopadas.

Para a consecución dos obxetivos deste trimestre contamos coa colaboración de todo o clausto. Algúns obxectivos foron acadados de maneira satisfactoria (Obx. 2 e 4) co traballo do equipo TICS  e resto do claustro.

Quedan algúns obxetivos acadados parcialmente (Obx. 1 e 6) e outros sen acadar (Obx. 3 e 5). Algún non están acadados porque a Consellería non enviou todo o material necesario polo de agora (Obx. 1) e outros obxectivos non se acadaron por falta de tempo e sobrecarga de traballo no profesorado, pois este primeiro trimestre  ten unha carga de traballo extra pola posta en marcha do curso escolar. 

Temos que destacar a altísima participación do claustro nos cursos de formación do PFPP (Obx. 4). Prácticamente a totalidade do claustro está anotado nun Plan de formación no centro.

O obxectivo 6 non foi acadado por completo porque neste curso fixemos un cambio integral de toda a biblioteca (chan, pintado de paredes, libros, mobiliario,...), con toda a carga de traballo que iso conleva. Esperamos acadar o obxectivo no segundo trimestre.

Os obxectivos non acadados  ou acadados parcialmente quedan aprazados para o segundo e/ou terceiro trimestre.

 

2º Trimestre

Ao longo deste segundo trimestre tivemos varias reunións do equipo TICS (tres) nas que dalgunha maneira xurdían e tratabamos aspectos do PLAN DIXITAL.

Con data 04/03/2024 reúnese o equipo de PLAN DIXITAL para facer a avaliación deste segundo trimestre e valorar os obxectivos acadados e en qué forma, así como as dificultades atopadas.

A participación do claustro nos distintos cursos de formación do PFPP continuou neste trimestre.

Neste trimestre conseguimos acadar os obxectivos 3, 5 e 6 co traballo e colaboración de prácticamente todo o claustro. Para a consecución destes obxectivos non atopamos excesivas dificultades máis aló do sobreesforzo que supón levar a cabo estas actividades coa sobrecarga de traballo que xa pesa sobre os mestres.

O obxectivo 1 segue sen estar acadado porque a Consellería aínda non enviou todo o material necesario. Este obxectivo queda acadado parcialmente e aprazado para o terceiro trimestre. 

3º Trimestre

Ao longo deste tercer trimestre tivemos varias reunións do equipo Plan Dixital para tratar diversos aspectos do mesmo, así como a súa evolución. A reunión final do equipo foi o 10/6/2024. Nesta reunión fíxose unha análise de todo o levado a cabo durante o curso en temas dixitais e consideramos que o balance foi máis que positivo, aínda que queda algunha cousa por facer tal e como queda refectido no obxectivo 1 aínda pendente por falta de material que non foi enviado pola Xunta. 

A maioría do profesorado participou na formación relacionada con TICS e varios animáronse a utilizar a aula virtual do centro. O profesorado continuou os cursos de formación e o uso da aula virtual neste terceiro trimestre. No vindeiro curso seguiremos a traballar para que haxa máis mestres utilizando este aula.

Aproveitamos a formación de Polos creativos para facer co alumnado distintas actividades con robots que tiñamos no centro. As actividades foron dirixidas tanto a alumnos de infantil como de primaria.

Dende os equipos de Biblioteca e Dinamización de lingua galega fixéronse actividades dixitais (gravacións de vídeos en croma, Booktubers, etc.). Estes vídeos están dispoñibles nos blogues e RRSS do centro.

Neste último trimestre rematouse a instalación dos puntos de conexión de rede (cable) en todas as aulas.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para levar a cabo a avaliación do Plan Dixital, terase en conta o propio desenvolvemento do mesmo, así como a consecución dos obxectivos establecidos, a través dunha avaliación procesual, e unha final.

No contexto da avaliación final, realizarase como mínimo ó final de cada curso escolar. Do análise dos resultados das accións levadas a cabo durante todo o ano escolar, incluirase, de maneira detallada, o grado de consecución dos obxectivos, así como propostas de mellora de cara os seguintes cursos, de ser o caso.

Finalizado o curso 2023/2024 estableceremos cales serán as propostas de mellora que permitan un reaxuste das accións para unha consecución dos obxectivos máis adecuada. 

Valoración xeral

Para a elaboración do noso Plan Dixital, partíamos dunha situación bastante desfavorable, pois nin sequera contábamos cun aula de informática operativa. Non tiñamos monitores dixitais nas aulas. Os equipos informáticos eran/son moi antigos e a conexión coa rede tiña moitos fallos.

Este curso puxemos en marcha a aula de informática, mercamos algúns equipos informáticos, a Consellería de Educación enviou algúns monitores dixitais para as aulas e tamén instalou puntos de conexión á rede en todas as aulas do centro.

Neste curso fixemos tamén unha total renovación da biblioteca, tanto no ámbito físico como no dixital coa creación do "Recuncho dixital" e a renovación das RRSS da biblioteca.

En canto á formación do profesorado tamén houbo un gran paso e compromiso por parte do clausto. Os cursos de formación foron na súa maioría satisfactorios. Foi un pouco decepcionante o curso de Polos Creativos, no que tanto interés tiñamos posto. Fixemos a formación para traballar con distintos materiais/ferramentas de Polos que a Consellería de Educación ía enviar ós centros como parte do programa e eses materiais//ferramentas nunca chegaron. A aula de Polos Creativos non foi creada como estaba pensado.

A valoración xeral que facemos do Plan Dixital é positiva. Conseguíronse acadar todos os obxectivos agás o número 1 (non acadado por causas alleas ó noso centro). En cada unha das accións dos obxectivos explicamos os detalles da consecución do mesmo.

 

Proposta de mellora

Como proposta de mellora de cara ó vindeiro curso nos gustaría acadar ese Obxectivo 1 e dotar a todas as aulas de monitores dixitais. Agardamos que a Consellería envíe os monitores que faltan.

Seguiremos utilizando e promocionando o uso da Aula Virtual do centro e animando a toda a comunidade educativa a que a utilice como vía e aprendizaxe e complemento ás súas actividades lectivas.

Continuaremos ofertando cursos e promovendo a formación dixital do profesorado do noso centro.

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital de centro será un pilar nas accións relacionadas coa vida diaria do centro, non soamente coas TIC, tal e como recollemos nos nosos obxectivos.

Por este motivo, a difusión do Plan entre o profesorado do noso centro, así como tamén entre outros docentes colaboradores ou externos ó centro, é primordial para poder acadar os obxectivos propostos de maneira relevante e útil para a dinámica de traballo que se quere conseguir no noso centro.

A maiores, a difusión de cara á contorna e tamén ó resto da comunidade educativa, é un aspecto que se quere traballar para integrar tamén o plano social e comunitario na vida do centro e no mutuo desenvolvemento que supón.

Para acadar esta difusión, recorreuse a súa presentación e aprobación no Clautro e Consello Escolar e á súa publicación na páxina web do centro.

 

Enlace á WEB:  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmariapita/taxonomy/term/68