Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Ao rematar cada trimestre farase o seguimento, análise e valoración das accións de cada un dos obxectivos previstas para ese período utilizando o modelo do anexo I.
No primeiro trimestre, realizáronse enquisas ao profesorado de nova incorporación do centro en relación á implantación do plan Dixital, uso e operatividade do programa Eva Edixgal e dos cursos da aula virtual.
Tamén se constituiron os seguintes grupos de traballo:
1.- Avaliación por competencias nos entornos virtuais do centro
2.- Elaboración de recursos educativos no marco do programa E-Dixgal:
No segundo trimestre puxéronse en marcha as sesións docentes e a realización individual de tarefas dos seguintes grupos de traballo
1.- Avaliación por competencias nos entornos virtuais do centro
2.- Elaboración de recursos educativos no marco do programa E-Dixgal:
Non se recibiu o material para a formación do profesorado no uso das novas pizarras dixitais.
No terceiro trimestre puxéronse remaotu a formación do profesorado cos seguintes grupos de traballo:
1.- Avaliación por competencias nos entornos virtuais do centro
2.- Elaboración de recursos educativos no marco do programa E-Dixgal:
Non se recibiu o material para a formación do profesorado no uso das novas pizarras dixitais.
Coa axuda das xefaturas de departamento, procedeuse ao borrado dos cursos desactualizados da aula virtual
Avaliación
A avaliación é un dos elementos fundamentais do plan, entendéndoa como un proceso de autorregulación , de reflexión e de recoñecemento dos logros acadados.
Trátase de coñecer o grao de consecución dos obxectivos e o nivel de satisfacción da comunidade educativa coa súa aplicación e, en coherencia coas accións deseñadas, tomar decisións para corrixir os posibles desaxustes no seu desenvolvemento.
Avaliación procesual
Ao rematar cada trimestre farase a análise e valoración das accións de cada un dos obxectivos previstas para ese período utilizando o modelo do anexo I.
A persoa responsable de cada acción entregará ao equipo do PD a información necesaria para realizar a valoración da mesma. Esta quedará reflectida nun informe de seguimento trimestral que se baseará no Plan de Accións.
En caso de que xurdise algunha diverxencia, introduciríanse as modificacións necesarias para procurar a consecución dos obxectivos establecidos e as propostas de mellora que se deriven.
4.2.Avaliación final
Ao finalizar o curso o equipo do PD analizará os seguintes aspectos:
-
Grao de consecución dos obxectivos, tendo en conta os indicadores de logro sinalados. Modelo no anexo II
-
Nivel de satisfacción do profesorado, utilizando unha enquisa ou unha lista de cotexo, que se pasará ao remate das clases. Modelo no anexo III
Soamente un dos obxectivos do PD segue pendente en canto á súa consecución.
Os demais obxectivos se foron acadando, ainda que non de maneira plena, polo que a valoración xeral é positiva
-Implicación de máis membros da comunidade educativa nas accións establecidas no plan Edixgal
- Grado do cumprimento da COnsellería de Educación e de AMTEGA coa entrega e instalación de material educativo ( Pizarras dixitais)
Comunicación e difusión
O Plan Dixital do Centro será presentado ao Claustro para recoller as opinións e suxestión suscitadas, e levarase a aprobación ao Consello Escolar.
Logo da aprobación, o PD farase público utilizando as canles de comunicación establecidas no centro.
-
Publicación na páxina web do centro do Plan Dixital
-
Publicación no espazo web Educalidade.
Por outra banda, e a nivel interno, toda a información relacionada co PD estará dispoñible para o profesorado nun aula virtual creada a tal fin.