Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.Datos básicos do centro

O colexio de Educación Infantil e Primaria "Anxo da Garda" está situado na zona dos Castros, periferia da cidade da Coruña, concretamente na rúa Monte das Moas, número 8.

Os datos de contacto son:

Teléfono 881960778

E-mail: ceip.anxo.dagarda@edu.xunta.es

Páxina web: http://centros.edu.xunta.es/ceipanxodagarda

Está composto por 3 grupos de infantil, 7 de primaria, 240 alumnos e alumnas e conta cun claustro de 20 mestres e mestras.

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O centro está situado na zona dos Castros, periferia da cidade da Coruña, O nivel socioeconómico e cultural das familias é medio-baixo, procedentes na súa meirande parte do entorno inmediato do colexio. O estudo da poboación escolar apórtanos datos significativos sobre o incremento da diversidade poboacional coa correspondente correlación de necesidades educativas que leva consigo.

En ocasións, e cada vez máis, chegan ao centro alumnos procedentes do estranxeiro ou trasladados doutros colexios, aos que se lles presta a debida atención para favorecer a súa integración no centro.

A diversidade pois, é unha realidade social derivada da singularidade biolóxica, psicolóxica, social e cultural de cada alumno/a, da singularidade de cada familia e de cada un dos mestres e mestras, tamén das peculiaridades do centro e da comunidade educativa no seu conxunto.

O noso centro participou no programa “Iniciación a Robótica Educativa”, tamén no programa Abalar, e neste curso entrou no Programa Edixgal en 5º de Primaria, que se ampliará a sexto no curso 22/23.

O PD pretende contribuir a acadar un dos obxectivos propostos na PXA, principalmente polo Proxecto Educativo “Potenciar a aprendizaxe e utilización das novas tecnoloxías por parte dos alumnos, capacitándoos para o seu uso e aproveitar as vantaxes que teñen dende o punto de vista didáctico e informativo”.

1.3.Breve xustificación do mesmo

O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro. Finalmente, a disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e a disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021- 2022 sinalaN que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital.

O Plan Dixital do centro ampárase na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación que regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.

1.4. Proceso de elaboración

Atendendo ás instrucións dadas pola Consellería, seguíronse os pasos cronoloxicamente establecidos para a confección do Plan Dixital que a continuación se detallan:

- Realización do SELFIE entre profesorado e alumnado.

- Elaboración do informe SELFIE.

- Realización do test CDD por parte do profesorado do centro.

- Elaboración do informe cos resultados do CDD.

- Análise DAFO a partir dos resultados dos test anteriores.

- Elaboración dos obxectivos do Plan de Acción.

- Elaboración do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a realización do análise DAFO, seguindo os requisitos establecidos pola Consellería, utilizouse a información obtida trala realización do test de autoavaliación SELFIE e o test de Competencia Dixital Docente. As puntuacións obtidas en cada un destes tests permitiron establecer as fortalezas/oportunidades e debilidades/amezas do noso centro.

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Non se utilizan tecnoloxía dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos demais. Alumnado Si
Debilidade Carecemos de espazos físicos que faciliten a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Si
Debilidade Non existe unha estratexia dixital. Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Organización de centro Si
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Non se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Suficiente implicación do alumnado. O alumnado si aprende a comprobar si a información que atopa en internet é fiable e precisa O alumnado si aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet Alumnado Si
Fortaleza Suficiente comunicación coa comunidade educativa. Familias Non
Fortaleza Boa conectividade WiFi no centro. Correcto funcionamiento dos equipos informáticos existentes. Infraestruturas Si
Fortaleza Suficientes recursos educativos en liña. Suficiente creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza. Oferta Si
Fortaleza Suficiente política de protección de datos. O equipo directivo si promove o emprego de software libre no ámbito educativo Si hai nas aulas do centro equipamento informático mercado polo propio centro. Organización de centro Non
Fortaleza Suficiente participación en proxectos interdisciplinares. Suficiente reflexión sobre as necesidades de DPC. Si se usan contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado Adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Bo funcionamiento da asistencia técnica contratada polo centro. Persoal non docente Si
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Carecemos de espazos físicos que faciliten a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Administración educativa Si
Ameaza Non hai participación en ningún programa externo relacionado coas TIC Outras Si
Oportunidade Participación en programa Edixgal Administración educativa Non
Oportunidade Predisposición favorable para colaborar na compra de material necesario. ANPA Si
Oportunidade As familias maioritariamente teñen acceso a Internet e contan cos dispositivos dixitais. Contorna Non
Oportunidade Participación programas externos para dotación de material informático. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir dos informes obtidos do test SELFIE e o test de CDD elaboramos unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a creación das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Dar continuidade ó uso da Aula Virtual do centro entre os grupos de 3 e 4 de Primaria.
O02PD Levar á práctica o itinerario de contidos dixitais na etapa de Educación Infantil e Primaria elaborado no curso 22-23
O03PD Habilitar un espazo físico para posibilitar e promover o uso de recursos dixitais existentes no centro.
O04PD Empregar ferramentas dixitais dentro do proceso de avaliación do alumnado.

Seguimento

Procedemento

Realizarase unha avaliación procesual ao final de cada trimestre para ir modificando os aspectos que sexan pertinentes e ir adaptándonos ás necesidades xurdidas.

Realizaremos unha avaliación final ao remate do curso escolar, nos derradeiros días do mes de xuño, que se orienta principalmente a coñecer que resultados se obtiveron, cales foron as causas do maior ou menor éxito e que efectos se produciron na cultura do centro.

A vista dos resultados destas avaliación realizaremos propostas de mellora do plan.

1º Trimestre

Cumprindo prazos en todos os obxectivos establecidos.

2º Trimestre

Estanse a cumprir os prazos cos obxectivos 001PD e 002PD. Os obxectivos 003PD e 004PD atópanse en proceso. No referido ó 003 estamos avalorar posibles opción para reorganizar a Aula de Informática do centro para albergar a futura aula de Polos Creativos. 

3º Trimestre

Obxectivo2. Realización das actividades do noso itinerario dixital pertencentes ó ámbito de programación e robótica organizando talleres con diversas actividades adaptadas a idade do alumnado (desde Infantil ata 6º de primaria). Colaboración de todo o claustro na organización da mesma. O alumnado de 6º exerce de acompañantes e mestres do alumnado de Infantil e 1º ciclo. A valoración pola maior parte do claustro é positiva.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizarase unha avaliación procesual ao final de cada trimestre para ir modificando os aspectos que sexan pertinentes e ir adaptándonos ás necesidades xurdidas.

Realizaremos unha avaliación final ao remate do curso escolar, nos derradeiros días do mes de xuño, que se orienta principalmente a coñecer que resultados se obtiveron, cales foron as causas do maior ou menor éxito e que efectos se produciron na cultura do centro.

A vista dos resultados destas avaliación realizaremos propostas de mellora do plan.

Valoración xeral

Consecución desigual dos obxectivos marcados para este curso. Avnazouse de xeito importante na elaboración do itinerario dixital do Anxo e na implatación do mesmo conseguindo que aproximadamente un 50% do alumando traballase nestes contidos. A implatación foi maioritaria entre 3º e 6º de Primaria e non se conseguiu nos cursos inferiores. Ademais faltaría establecer actividades tipo para os ámbitos referidos á busca segura de información na rede e navegación e uso de redes sosciais.

 No obxectivo referido á conversión da aula de informática nun aual depolos creativos temos diversas propostas que intentaremos levar á práctica no vindeiro curso.

A creación de recuros dixitais para a avaliación do alumnado foi acadado nos cursos superiores de Primaria creando recursos que foron subidos no curso de Recursos dixitais da AV do centro ó cal ten acceso todo o claustro e alumnado.

Proposta de mellora

- Obxectivo 2. Continuar coa implantación do itinerario dixital realizando un seguemento da mesma especialmente en Infantil e 1º ciclo.

- Obxectivo 3. Iniciar a reconversión da Auña de Informática nun Aula de Polos Creativos.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Trala aprobación do Plan Dixital por parte de claustro e Consello Escolar informouse ás familias deste feito a través de Abalarmóbil e creouse un acceso permanente a este documento na páxina web do centro para que así poida ser consultado en calquera momento por tódolos membros da comunidade educativa.