Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Un  80 % do alumnado pertence á zona de influencia do colexio, depende da puntuación das solicitudes de praza no ano en que se matriculan. O perfil social é de familias estruturadas, onde traballan os dous maioritariamente, xeralmente teñen máis dun fillo no centro e con profesións liberais do sector administrativo e servizos. As familias teñen un perfil cultural medio alto, a maioría con bo nivel de estudos, implicadas na educación dos seus fillos e que teñen boa acollida as recomendacións do colexio, participan dos actos e da vida colexial. Perfil económico, maioritariamente de nivel medio.

O plan dixital está vencellado co desenvolvemento do traballo por Proxectos nas diferentes mateiras, dento da innovación metodolóxica que está a levar a cabo no centro. Tamén está vencellado con varios dos programas que se levan a cabo durante o curso académico, como pode ser Erasmus+, dinamización da lingua galega, biblioteca, xornal escolar, bacharelato dual, etc.

A contextualización normativa que é de aplicación para o desenvolvemento do Plan dixital é:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022. 
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O centro forma parte da Fundación educativa Santo Domingo, que leva 2 anos promovindo accións de análise (selfie e test de competencia dixital docente segundo as pautas do INTEF), formación e mellora de tódolos aspectos relacionados coa competencia dixital do centro (profesores, alumnos, PAS e familias). Polo tanto, as fontes empregadas para a realización da análise DAFO son:

1.- Autoavaliación SELFIE: realizada entre profesorado e alumnado, levamos feitos xa 3 selfies en momentos diferentes.

2.- Test Competencia Dixital Docente.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escasa reflexión sobre o uso das tecnoloxías. Alumnado Non
Debilidade Algunha familia é reticente a que a educación esté baseada no uso dos dispositivos dixitais. Familias Non
Debilidade O equipamento non é suficiente para todo o alumnado. Ademáis parte do equipamento non está actualizado. Infraestruturas Si
Debilidade A disponibilidade horaria para actividades extraescolares en Eso e BACH non favorece que os alumnos as escollan. Oferta Non
Debilidade A falta de espazos e dispositivos non favorece a correcta organización do tempo. Organización de centro Non
Debilidade Os profesores non dispoñen de tempo suficiente para explorar novos materiais dixitais para desenvolvelos na aula. Falta un banco de recursos compartidos con outros centros. Persoal docente Si
Debilidade Escasa formación xeral en competencia dixital. Persoal non docente Non
Fortaleza Toman conciencia sobre a veracidade das fontes de información dixital. Aprenden a comunicarse usando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza A comunicación coas familias faise indistintamente de xeito dixital como presencial, e as familias non teñen dificultade en facelo así. Familias Non
Fortaleza Xa temos feita a renovación da rede wifi do centro. Aplícanse políticas de protección de datos de xeito corrrecto. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro ofrece actividades extraescolares dende infantil no ámbito dixital. Oferta Non
Fortaleza As comunicacións internas e os traballos dos departamentos faise con ferramentas colaborativas. Organización de centro Non
Fortaleza O persoal docete leva dous cursos recibindo formacións para mellorar a competencia dixital. O centro dotou a cada profesor dun dispositivo chromebook para uso profesional. Persoal docente Non
Fortaleza O proceso de dixitalización das tarefas administrativas está desenvolvido case na totalidade. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de financiación externa. Exceso de burocracia que impide adicar tempo á preparación das clases. Administración educativa Non
Ameaza A ANPA non está a funcionar correctamente nestes momentos e non podemos contar con eles. ANPA Non
Ameaza Estamos na cidade vella, onde non hai boas comunicacións de fibra óptica. Contorna Non
Ameaza Falta de recursos económicos e de axudas por parte da Consellería para acadar ese nivel de competencia. Lexislación Non
Oportunidade Proposta de ferramentas dixitais para a aprendizaxe. Administración educativa Non
Oportunidade Esporádicamente a ANPA dota con algún recurso técnico. ANPA Non
Oportunidade Impulso da competencia dixital na nova lexislación. Lexislación Si
Oportunidade Temos realizado obradoiros e encontros dixitais con outras entidades (Aspronaga, Cinema na escola, Padre Rubinos, UDC,...) Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partires dos datos recollidos no DAFO e tendo en conta que o Test CDD revelou que a media dos profesores de educación infantil están nun nivel A2 en competencia dixital, a media dos profesores de educación primaria están nun nivel B1, e a media dos profesores de secundaria e bacharelato tamén están nun nivel B1, o equipo directivo  decide incidir especialmente en mellorar algúns aspectos no centro.

Vaise dar continuación a formación do profesorado e do persoal non docente, en competencia dixital. Traballaremos cos alumnos en materias de seguridade na rede, pegada dixital e a netiqueta, a través de charlas e obradoiros.

Tamén fixanse 3 obxectivos a curto prazo, que están desglosados nos apartados seguintes deste Plan.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a infraestructura e a cobertura da rede wifi do centro
O02PD Actualización do equipamento dixital das aulas.
O03PD Mellorar a competencia dixital do alumnado mediante o uso de ferramentas dixitais
O04PD Fomentar a adquisión do nivel B1 de competencia dixital por parte do profesorado

Seguimento

Procedemento

O equipo de profesores que colaboran co Plan dixital manteñen reunións periódicas para realizar un seguimento das accións detalladas no Plan.

Ademáis o coordinador ADIX asignado o noso centro tamén manterá reunións periódicas coa mesma finalidade.

1º Trimestre

Realízanse as accións AO1.1 e AO1.2 correspondentes a acadar o obxectivo 1 de mellora da rede wifi do centro, a acción AO1.3 queda en espera da data de instalación da empresa subministradora.

No que atinxe ao obxectivo 2 de actualización do equipamento dixital das aulas, realízase a acción AO2.1, pero quedan en espera o resto ata que sepamos algo do subministro de material dixital da Consellería.

O obxectivo 3 remátase por completo, superando incluso a porcentaxe estimada (pensábamos en acadar un 75% no indicador, e conseguimos o 100%).

Mantivemos reunións internas (co equipo directivo e os membros do equipo TIC do centro) e tamén co cordinador ADIX  (en datas 27 outubro e 22 de decembro).

2º Trimestre

A acción AO1.3 non pode levarse a cabo por causas económicas, quedando pendente para o curso seguinte.

As accións do obxectivo 2 seguen pendentes en espera de chegada de material dixital de oficio por parte da Consellería. No obstante, é necesario facer algunha compra para actualizar material (data de pedido 26/11/23 e instálase neste 2º trimestre).

O obxectivo 3 xa quedou rematado no primeiro trimestre.

Mantivemos reunións internas e externas co coordinador ADIX en datas 2/2/23 e 23/3/23

3º Trimestre

Ainda que as accións e os obxectivos previstos xa estaban rematados no segundo trimestre, foi necesario cambiar un ordenador en data 31/3/23, de xeito que o obxectivo 2 chegouse a ter o 65% do material dixital actualizado.

Volvemos a ter reunións internas do equipo e externas co corrdinador ADIX en datas 11 mayo e 8 de xuño

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento que fixemos o curso pasado para avaliar o plan consistiu en manter reunións periódicas do equipo de traballo no centro e tamén co mentor ADIX, propoñemos facelo mesmo neste curso.

Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A comunicación do plan e a súa difusión levarase a cabo por diferentes canles en función de a quen esté dirixido:

  • Aos profesores:  do procedemento de elaboración e seguimento do mesmo se lles informará nos claustros que se leven a cabo no curso e a través do correo do centro. 
  • Aos pais e alumnos: a implantación do plan dixital de centro estará recollido na concrección curricular á que debe ter acceso toda a comunidade educativa. 

O Plan Dixital do noso centro está subido ao DRIVE con acceso a él, por parte do persoal educativo do centro, a través da conta correspondente ao correo coorporativo.