Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O colexio Santa María del Mar é un centro privado-concertado que forma parte da rede de 68 colexios que a Compañía de Xesús ten en toda España. A oferta educativa de SMM abarca desde 4º de Educación Infantil ata 2º de Bacharelato, e atende a máis de 1500 alumnos aos que ofrece servizos de comedor, transporte, enfermería, actividades académicas, extraescolares culturais e deportivas.

O noso Colexio atópase nos arredores da cidade da Coruña, preto da intersección que se produce cos concello de Oleiros e Culleredo o que facilita que poidan acudir nenos destes tres municipios. A maioría dos nosos alumnos pertenecen á clase media ou media-alta, pero tamén hai un importante número de alumnos bolseiros aos que axuda o propio centro (ao redor do 2%). O nivel cultural dos pais é alto, tendo a maioría deles estudos de bacharelato ou universitarios. Na actualidade, a maioría dos alumnos do colexio (desde 5º de Primaria) utilizan unha tablet individual para complementar o seu traballo na aula.

Os plans  estratéxicos do Colexio teñen unha vixencia de tres cursos, e desde o ano 2006 recóllense neles obxectivos concretos sobre a implantación das tecnoloxías dixitais no centro. Desde esa data, todos os plans anuais recollen obxectivos e actividades relacionados coas tecnoloxías dixitais: formación do profesorado, creación dun equipo coordinador, previsión orzamentaria para recursos tecnolóxicos...

O noso plan dixital apóiase nos obxectivos e estilo educativo dos centros da Compañía de Xesús e na normativa educativa que contempla a necesidade de formar aos nosos alumnos na competencia dixital.

A infraestrutura dixital do Colexio está deseñada para dar servizo a todo o alumnado e profesorado do centro. Debido á súa complexidade, contamos cun equipo formado por tres informáticos que son os encargados de realizar o mantemento de todo o sistema (rede, equipos, xestor escolar, páxina web...).

O núcleo principal está formado por 5 servidores situados no propio colexio e 9 servidores virtuais; 2 liñas de fibra óptica para o acceso a internet cunha velocidade simétrica de 1 GB e 1 liña Metroid cunha velocidade de 500 mb; 85 puntos de acceso wifi que dan servizo a todos os edificios do Colexio.

En todas as aulas do Colexio hai un proxector con pantalla ou unha televisión dixital de 75´´. Todo o profesorado dispón dunha  tablet individual que se renova cada cinco/seis anos. Os alumnos de 5º de primaria en diante poden dispoñer dunha  tablet da súa propiedade para o traballo na aula.

Ademais, o colexio conta cunha aula de informática tradicional que utilizan os alumnos de ESO nas materias de tecnoloxía e con dúas aulas móbiles que utilizan os alumnos de 2º ciclo de primaria e que están equipadas con 30  tablets cada unha.

A biblioteca do Colexio ten cinco equipos portátiles para uso do alumnado e as salas de profesores están equipadas con tres portátiles cada unha. A secretaría/administración do Colexio ten un ordenador por posto de traballo.

Os profesores teñen á súa disposición 6 fotocopiadoras wifi ás que poden acceder en calquera momento utilizando as súas claves persoais.

En canto á xestión do Colexio, contamos cun xestor escolar propio que nos permite informar as familias de todo tipo de cuestións: incidencias, cualificaións, xestión de entrevistas.. e facilitarlles o acceso a todo tipo de documentación colexial.

Apostamos pola suite de Microsoft para xestionar o traballo cos alumnos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Pasouse o cuestionario de autoavaliación SELFIE ao equipo directivo, ao profesorado e ao alumnado de 3º ciclo de primaria, ESO e Bacharelato. Tamén se realizou un test de competencia dixital ao profesorado.

Ademais tívose en conta a información obtida en catro reunións (unha por etapa) que mantivemos co profesorado, así como os resultados das enquisas anuais de percepción colexial que se pasan a familias, profesores e alumnos.

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Os dispositivos informátivos poden supoñer unha fonte de distracción ao ser empregados para fins no educativos. Alumnado Non
Debilidade As familias teñen dificultades para supervisar o uso que os seus fillos fan das novas tecnoloxías na casa. Isto é especialmente importante cando as ferramentas dixitais convértense en necesarias para realizar o traballo na casa. Familias Si
Debilidade Ao ter que dar servicio a un número tan elevado de dispositivos, a rede do colexio satúrase as veces. Infraestruturas Si
Debilidade Canto máis usamos as tecnoloxías informáticas na aula, maior é a necesidade de formación permanente, avanzada e centrada na mellora do proceso de Ensino-Aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Necesidade de formación continua, especialmente en xestión de redes. Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado está moi motivado cara a unha modalidade de aprendizaxe que emprega dispositivos informáticos. Alumnado Non
Fortaleza As familias do Colexio son de clase social media ¿ media alta, polo que non resulta complicado que poidan proporcionar dispositivos dixitais aos seus fillos e que teñan na casa unha boa conexión wifi. Familias Non
Fortaleza O profesorado do colexio e o alumnado a partir de 5º de dispoñen de dispositivos individuais (IPAD). Infraestruturas Non
Fortaleza A dispoñibilidade de dispositivos informáticos e de proxectores ou televisores en todos os espazos educativos do Colexio non dificulta a organización horaria das diferentes asignaturas o cursos. Organización de centro Si
Fortaleza O personal docente está concienciado sobre a utilidade que ten o uso das tecnoloxías informáticas no proceso de Ensino-Aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza O Colexio conta con tres técnicos informáticos que atenden a rede e os dispositivos dos alumnos e docentes. Persoal non docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Os recursos proporcionados pola administración educativa non se actualizan ao ritmo que o fan os elaborados polas editoriais e por entidades como Microsoft ou Apple, polo que vincularse a eles pode dificultar o traballo realizado cos alumnos. Administración educativa Non
Ameaza As redes sociais e certas aplicacións introducen nas aulas e nos fogares unha serie de elementos que ata o de agora quedaban fóra destes contextos. ANPA Non
Ameaza A constatación de que as leis educativas dependen máis de criterios políticos que pedagóxicos, polo que os docentes teñen a sensación de estar a traballar para un enfoque que pode non ter un percorrido suficiente que xustifique as innovacións pedagóxicas necesarias que deben acompañar ao uso das novas tecnoloxías. Lexislación Non
Ameaza Depender demasiado das actividades e produtos que ofrecen certas empresas: editoriais, Microsoft, Apple¿ Unha vez que empezas a traballar cunha destas empresas é difícil cambiar de partner. Outras Si
Oportunidade Os recursos dixitais (aplicacións e recursos didácticos) que poñen ao dispor dos centros educativos. O impulso do Plan Dixital supon unha oportunidade de integrar mellor as novas tecnoloxías no Proxecto Educativo de Centro. Administración educativa Non
Oportunidade A utilización de dispositivos dixitais estendeuse en todos os ámbitos da vida. Esto fai que o uso destes dispositivos na aula sexa máis natural. O poder acceder aos contidos multimedia que ofrecen os servizos públicos e os diferentes medios dixitais supón poder acceder con facilidade e rapidez a unha importante cantidade de recursos educativos que proveñen de fontes fiables e legais. ANPA Non
Oportunidade A asociación de pais colabora no financiamento de dispositivos informáticos: carros de carga, ipads, pantallas de alta resolución... Contorna Non
Oportunidade A nova lei de educación supón unha posibilidade de integrar con máis sentido o uso das tecnoloxías nas estratexias de Ensino-Aprendizaxe relacionadas coa adquisición de competencias e coa avaliación do proceso E-A. Contorna Non
Oportunidade Os servizos de formación e colaboración proporcionados por entidades como Escolas Católicas, EDUCSI, o CEFORE¿ poden facilitar o traballo en rede e o acceso a coñecementos e ferramentas útiles para o traballo na aula. Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Un dos elementos que aparece con máis frecuencia no apartado de debilidades é a formación (docentes, alumnos, pais).

Tendo en cuenta a nosa realidade sociocultural e as estruturas colexiais existentes, non se percibe que estas poidan resultar un impedimento para desenvolver o noso plan, polo que nos centramos nos seguintes aspectos:

·    Infraestruturas e equipos: continuar a renovación e mantemento dos dispositivos existentes.

·    Desenvolvemento profesional continuo: formación de docentes.

·    Xestión das infraestructuras colexiais.

-    Formación das familias.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Proseguir coa actualización das instalación e ferramentas dixitais do Colexio.
O02PD Mellorar as competencias dixitais do profesorado para a súa correcta utilización na aula.
O03PD Mellorar a xestión dos recursos dixitais do colexio
O04PD Proporcionar formación ás familias de 5º de primaria para axudarlles a xestionar na casa os dispositivos dos seus fillos.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do plan realízase desde dúas instancias.

- O Equipo Directivo do Colexio realiza unha avaliación trimestral das actividades contempladas no Plan.

- Entrevistas co mentor ADIX.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Do mesmo xeito que ocorre co Plan Anual de Centro, a avaliación do Plan Dixital terá unha periodicidade trimestral. A avaliación será realizada polo equipo directivo do Colexio que contará co asesoramento do equipo de dinamización dixital.

A avaliación incluirá o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e as propostas de mellora que se consideren necesarias.

No mes de xuño realizarase unha avaliación global do proceso realizado e redactarase un novo plan para o curso 2025-26.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital darase a coñecer a toda a comunidade educativa unha vez sexa aprobado polo Consello Escolar na reunión ordinaria que se celebrará setembro de 2024.

O persoal do centro recibirá notificación do mesmo a través do correo colexial e poderán acceder ao mesmo a través da plataforma Teams.

As familias recibirán notificación do mesmo a través do xestor colexial e poderán acceder ao mesmo a través de devandito xestor e a páxina web do colexio.