Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

 O noso colexio CPR Salesiano San Xoán Bosco é un centro urbano, situado no centro da cidade da Coruña. É un centro privado-concertado en tódalas etapas agás no bacharelato. Nel traballan máis de cincuenta profesores e profesoras repartidos nos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato e tamén conta co persoal de Administración e Servizos na Comunidade Educativo Pastoral. En total, máis de setecentos alumnos.

 

 

1.1.  Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) están a incidir, cada vez máis, na vida das persoas e en consecuencia, no campo da educación. Neste último ámbito, hai anos falábase da competencia básica “tratamento da información e competencia dixital”, coa introdución das competencias claves, modifícase a competencia para traballar a “Competencia dixital” como un elemento do currículo; ademais coa nova distribución das materias, a materia TIC e o uso das TICs son un punto importante do ensino e da metodoloxía. Cando falamos de conceptos relacionados cas novas tecnoloxías e a educación, as TICs e TACs son as primeiras palabras que soen vir a mente. Co plan de integración das tecnoloxías no centro preténdese que o centro non sexa as propias ferramentas das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, senón, saber adecuar e aplicar as TICs nun entorno educativo, as TAC: tecnoloxías do aprendizaxe e coñecemento. Por tanto, as TACs van alén da dispoñibilidade das tecnoloxías e fan fincapé no seu uso adecuado, potenciando a aprendizaxe, o ensino e poñendo ao alumno como centro da súa propia aprendizaxe. A competencia dixital consiste esencialmente en implicar o uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías da información e comunicación para alcanzar os obxectivos relacionados co traballo, a empregabilidade, o aprendizaxe, o uso do tempo libre, a inclusión e a participación na sociedade. Require coñecementos relacionados co linguaxe específico básico: textual, numérico, icónico, visual, gráfico e sonoro. Supón tamén o coñecemento das principais aplicacións informáticas así como o acceso ás fontes, procesamento da información, coñecemento dos dereitos e as liberdades dos cidadáns dixitais. Por tanto, e necesario traballas ao longo das 5 áreas da competencia dixital: información, comunicación, creación de contidos, seguridade e resolución de problemas. As posibilidades didácticas e pedagóxicas que nos ofrece o acceso e xestión da información e o coñecemento, conceden a esta competencia un peso específico como eixe transversal dentro da actividade docente. Todo isto, eixe transformacións que afectan á totalidade do proceso educativo tanto nos seus aspectos metodolóxicos, como organizativos, de xestión e curriculares. É precisamente este impacto o que xustifica a confección deste plan como documento de referencia que recolle e regula todos os aspectos relativos á integración das TIC’s no centro.

O plan dixital de centro ven a nacer en virtude dos seguintes artigos es disposicións

· Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación onde se detallan as instrucción para o deseño elaboración e implementación do plan Dixital.

· Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

· Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O plan dixital foi elaborado grazas a experiencia previa de  constitución dun grupo de traballo tutorizado por un curso ADIX que marcaba a pauta grazas a tarefas que se entregaba na plataforma. Destacan entre elas e formarán parte do documento

· Test Selfie

· Informe grupal do test de competencia

· Informe DAFO do selfie

 · Obxetivos do plan de Acción Para o traballo facíanse reunións periódicas para a súa discusión e documentación por parte do equipo

 

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Alumnado con cada vez máis distraccións. Dispor no mesmo lugar de zona lúdica e zona de traballo pode resultar contraproducente. Alumnado Si
Debilidade Familias con poucos conocimientos dixitais. Incremento de brecha dixital entre familia-escola. Menor implicación das familias no proceso de aprendizaxe. Moitas horas traballadas polas familias, que chegan tarde a casa. Familias Non
Debilidade Sistema rexido por google. Infraestruturas Non
Debilidade Inversión contínua en equipamento e reparación. Infraestruturas Non
Debilidade Sistema de pago por suscripción en aplicación Oferta Si
Debilidade O equipo directivo ten múltiples frentes abertos e pouco tempo para resolver tódolos asuntos nos que formar parte Organización de centro Si
Debilidade Brecha dixital dos profesores cos alumnos. Proceso de ensinanza que precisa tempo de implementación do que o docente non dispón Persoal docente Non
Debilidade Necesidade de máis persoal que se dedique ao apoio das infraestructuras. O persoal cualificado e caro. Persoal non docente Non
Fortaleza Alumno máis motivado pola inclusión de ferramentas máis visuais e atractivas. Alumnos que destacan novas habilidades. Maior grado de implicación en proxectos. Mair capacidade de xerar contido con capacidade de compartilo. Alumnado Non
Fortaleza -Modelo 1 a 1 de chromebooks xa instalado, de 6 de primaria a 4 da ESO. Sistema de control de contidos, firewall meraki. Blocksi como ferramenta de visualización e control. Conectividade wifi en tódolos espacios de docencia. Dúas aulas de informática. Sistema avalado por ISO9001 Alumnado Non
Fortaleza Aforro na adquisición de materiais pedagóxicos Familias Non
Fortaleza Oferta atractiva con uso de tecnología e motivación de cara os estudantes. Oferta de actividades extraescolares relacionadas con novas tecnoloxías(robótica, emprego de drons, etc.) e con deportes. Infraestruturas Non
Fortaleza Persoal altamente cualificado, preciso para manter a Infraestructura Organización de centro Non
Fortaleza Persoal incluido no plan de formación contínua. Persoal concienciado dende anos que o cambio metodolóxico, implica a adopción de novas ferramentas Persoal docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Nova lei, canto tempo vai durar. Papel do profesor na nova lei. Non uso de valor numérico ( favorece os malos estudantes, un 1 e o mesmo que un 4,5). Novo tipo de corrección. Currículum cada vez menos exixente en canto a contidos, conversión de profesor en animador. Administración educativa Si
Ameaza O bacharelato privado fai que exista unha competición por acadar o mairo número de estudantado, polo que requiere facerse máis atractico que a competencia. Existe a opción de gratuidade no entorno, polo que debemos ser moito mellores que a competencia. Contorna Non
Ameaza Cada vez menos alumnado pola baixa tasa de natalidade. Preto a unha zona con baixos recursos económicos. Contorna Si
Ameaza Quedar fora de orzamentos por seren un colexio concertado. Lexislación Non
Oportunidade Novo marco para o traballo con maior valor de cara o competencial. Avaliación do proceso non so de resultados. Administración educativa Non
Oportunidade Novos fondos europeos que se esperan que se incremente a dotación en educación Administración educativa Non
Oportunidade Ampa activa con propostas de cara o alumnado e preocupada polas melloras no colexio, conscientes das necesidades pedagóxicas do alumnado. ANPA Non
Oportunidade Colexio integrado, con boa reputación. Contorna Non
Oportunidade Participación en concursos que aporten visibilidade e motivación ao colexio. Contorna Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Pertencemos a un centro con boa reputación e integrado na contorna, que precisa inversión contínua para seguir apostando pola innovación educativa.

Os resultados son bos, pero estamos preocupados pola baixa natalidade e a brecha dixital que se pode crear entre alumnos e docentes

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomento de proxectos interetapas.
O02PD Concienciar do uso de pantallas entre os estudantes
O03PD Acadar alternativas de software gratuito para sustituir parte do software de pago actual.

Seguimento

Procedemento

O equipo de Dinamización do PD realizará alomenos unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

Analizar xunto coa persoa coordinadora do PD o desenvolvemento do proxecto, co equipo TICs e o claustro

No procedemento de seguimento do desenvolvemento do Plan e para a consecución de obxetivos, teremos en conta dous tipos de avaliación :

  • Avaliación procesual: realizarase como mínimo unha vez trimestralmente. Nela, incidiremos na observación de aspectos como: o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

A avaliación final: se realizará mediante a memoria de centro ao finalizar o curso 2023-2024 onde se incluirá a valoración dos obxectivos e as propostas de mellora para o curso seguinte. Esta avaliación vai servirnos como feedback, para recibir de novo información e mellorar as accións e obxetivos do curso seguinte.

1º Trimestre

Desglosamos por obxectivos

O01PD- Fomentamos os proxectos interetapas xa que estamos inmersos grazas a inclusión de Polos Creativos na elaboración de un proxecto entre os alumnos da ESO e primaria, para o fomento dun xogo coa construcción dun proxecto de electrónica.

O002PD Conseguimos o primeiro avance coa charla impartida no colexio sobre os problemas asociados ao uso das pantallas

O003PD Esperamos na próxima reunión ter unha listaxe cas alternativas xa testeadas

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No procedemento de avaliación do desenvolvemento do Plan e para a consecución de obxetivos, teremos en conta dous tipos de avaliación :

  • Avaliación procesual: realizarase como mínimo unha vez trimestralmente. Nela, incidiremos na observación de aspectos como: o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • A avaliación final: se realizará mediante a memoria de centro ao finalizar o curso 2023-2024 onde se incluirá a valoración dos obxectivos e as propostas de mellora para o curso seguinte. Esta avaliación vai servirnos como feedback, para recibir de novo información e mellorar as accións e obxetivos do curso seguinte.

 

Para poder avaliar o Plan será necesario medir o grao de consecución dos obxectivos marcados así como as actuacións levadas a cabo para acadalos.

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan darase a coñecer no claustro inicial de septembro onde se comunicará a comunidade
educativa.
Estará disponible o documento na carpeta compartida á que teñen acceso tódolos mebros,
para a súa inclusión nas programación didácticas.

Comunicase de cara a familias por medio dun enlace na portada da web principal do centro