Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

CPR Plurilingüe Franciscanos Coruña

Avenida Calvo Sotelo, 41 – 15004  A Coruña

www.cfranciscanos.es

Educación Infantil, Educación Primaria y Educación Secundaria

Curso 2023-2024: 

  • 273 alumnos/as
  • 24 profesores/as

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro.

  • O Colexio Franciscanos está situado dentro da zona urbana da cidade da Coruña, pertencendo ao distrito 5, onde se encontran situados un gran número de centros escolares.

O alumnado deste Centro proceden, xeralmente, de familias de nivel socioeconómico medio-baixo, sendo o nivel de estudos dos pais/nais maioritariamente de nivel medio, e a súa actividade laboral pódese encadrar dentro do sector terciario, aínda que cun índice importante de desempregados, sobre todo nas familias do alumnado procedente do extranxeiro aquí escolarizados que cada vez é máis notable.

É un Colexio concertado e relixioso, con mais de 50 anos de andaina, nun ámbito sinxelo que chegou a ser coñecido polo seu clima familiar.

  • O Plan Dixital surge coma un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais, tanto nos procesos de enseñanza-aprendizaxe como no resto de procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento da competencia dixital e integral do alumnado. Por esa razón, debe ser unha ferramenta que se integre no Proxecto Educativo, no Proxecto TIC e na  PXA do curso 22/23. Ademáis, é imprescindible dotar ó Plan Dixital dun enfoque de centro sobre o uso dos recursos pedagóxicos dixitales disponibles para aproveitar ó máximo as súas posibilidades, de maneira que se converta nun proxecto compartido por todos os membros da comunidade educativa, que dé coherencia e guíe o uso das tecnoloxías.
  • A referencia fundamental para cos centros desenrolen su potencial dixital a través dun Plan é o Marco Europeo para Organizacions Educativas Dixitalmente Competentes.
  • Este plan está concebido coma un documento vivo que contén os acordos acadados no centro con respecto os obxectivos xerais do plan, as estratexias de dinamización e xestión dos recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares. Supón un compromiso por parte de toda a comunidade educativa. Cada un na medida de as súas posibilidades e su nivel actual de formación.
  • A competencia dixital debe incluir:
  1. SABER: Os dereitos e os riscos no mundo dixital.
  2. SABER FACER: Utilizar recursos tecnolóxicos para a comunicación e resolución de problemas.
  3. SABER SER: Ter unha actitude crítica e realista hacia as tecnoloxías e os medios tecnolóxicos.

Actualmente temos máis proxectos que integran as novas tecnoloxías.  A pandemia supuso un antes e un despóis. Utilizabánse nalgúns cursos e asignaturas, netbooks do Proxecto Abalar, aproveitando os recursos do espazo abalar así coma ferramenta de investigación e búsqueda de información para a realización de tareas e traballos escolares. Actualmente, o escenario cambiou por completo,  dispoñemos de 15 panéis interactivos e ordenadores gracias a axuda dos Fondos Next Generation. Tamén temos implantado o Proxecto Chromebook nos cursos de 5º EP a 2º ESO, que progresivamente se implementarán nos cursos superiores.

 

1.3.Breve xustificación do mesmo

Normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Os centros educativos forman parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade e mercado laboral cada vez máis dixitalizado e por esa razón, os centros educativos deben dar respostas a esas necesidades e demandas da sociedade e mercado laboral para poder formar ciudadáns do futuro coas competencias necesarias para desenvolverse nun entorno dixitalizado.

A Educación é un recurso clave para asegurar a igualdade social, a promoción das personas e máis xenéricamente a mellora das condicións de vida de comunidades e persoas. Así pois, a Estratexia Europa 2020 recoñece a necesidade dunha transformación dos sistemas de educación e formación que garantice a adquisición de competencias dixitais, que a su vez permitan aproveitar as oportunidades.

Por outra banda, as organizacións educativas teñen a necesidade de revisar as súas estratexias có obxectivo de mellorar a súa capacidade para promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais.

Mediante o presente plan, preténdese:

  1. Evaluar a situación do centro educativo con relación o uso da innovación e as TIC nos distintos elementos clave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes, para poder, a continuación, diseñar e emprender un proceso de transformación no centro.
  2. Recoñecer o Plan anual dixital coma un recurso clave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa.
  3. Transformar o centro educativo nunha organización que aprende, sendo sólo posible si é unha organización dixitalmente competente.
  4. Valorar as implicacións das organizacións escolares para desenrolar unha cultura dixital nas mesmas.

1.4.  Proceso de elaboración

O diseño do Plan Dixital do Centro ten que recoller as ideas principais, determinar as prioridades e establecer os niveis de planificación (programas, proxectos e/o accións) que marcarán o plan de traballo do centro escolar no seu proceso de cambio e mellora. Asimesmo, a participación do equipo directivo no proceso de diseño e implementación do Plan Dixital de Centro é clave.

O Plan Dixital de Centro debería permitir á comunidade educativa:

  • Visualizar ónde quere chegar o centro.
  • Entender ónde está actualmente.
  • Trazar o camiño que leve dun estado a outro.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

 

Os instrumentos de recollida de información previa foron 2:

- Enquisas de Competencias Dixitais Docentes

- Informe Selfie

Os resultados foron os que quedaron resumidos nunha taboa respecto os seguintes puntos:

  • Liderado
  • Colaboración e redes
  • Infraestructuras e equipamento
  • Pedagoxía: Apoio e recursos
  • Pedagoxía: Implementación na aula
  • Prácticas de avaliación
  • Competencias dixitais do alumnado
Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - Dinámicas para reflexionar s/ o uso da tecnoloxía. - Comportamento seguro e responsable. - Verificar a calidade da información. - Creación de contidos dixitais. - Aprender a comunicarse e utilizar debidamente os recursos de aprendizaxe para presentar traballos. -Falta de coñecementos de programación. - Distracción por usos lúdicos. - Colaboración do alumnado. - Implicación do alumnado. Alumnado Non
Debilidade - Poca implicación das familias, sobre todo na ESO. - Poco feedback por parte das familias. - Uso da tecnoloxía nos fogares con fins de aprendizaxe. - Distracción no estudo. - Non todas as familias dispoñen de dispositivos dixitais propios ou conexión de banda ancha na casa. Familias Non
Debilidade -Protección de datos. -Falta de dispositivos dixitais para o aprendizaxe por parte de todo o alumnado. -Tratamento das licenzas e dereitos de autoría. -Actualización e posta a punto do espazo físico para a aula de informática. -Equipamento actualizado - Asistencia técnica non sempre posible Infraestruturas Non
Debilidade - Espazos actualizados ou renovados. - Biblioteca dixitalizada. -Non dispoñe de transporte escolar Oferta Non
Debilidade - Falta de tempo para elaborar e posta a punto de proxectos transversais entre etapas. - Tempo para explorar o ensino dixital. - Tecnoloxías asistenciais. - Bibliotecas/repositorios en líña. - Avaliación do progreso. Organización de centro Non
Debilidade - Iniciativas para afrontar necesidades de formación. - Existencia dunha estratexia dixital como tal a desenrolar por e para o profesorado. - Novas modalidades de ensinanza. - Tempo de que dispón o profesorado para exploar novas modalidades de ensino. - Tempo para a mellora da asistencia técnica puntual. - Participación en proxectos interdisciplinais. - Necesidade de DPC. - Creación de recursos educativos dixitais. Persoal docente Non
Debilidade - Programa único de xestión académica e administrativa. - Formación para actualizarse en novos sistemas e aplicacións para a xestión administrativa. - Trámites offline e comunicados en papel que xa poderían suprimirse. Persoal non docente Non
Fortaleza - Clases virtuais en caso de cualquier incidencia - Recursos educativos en líña - Empleo de entornos virtuais de aprendizaxe (redes, blogs, web, classroom¿) - Avaliación das capacidades - Autoreflexión s/o aprendizaxe - O alumnado aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais - O alumnado mostra inquietude e predisposición positiva ao uso dos dispositivos dixitais Alumnado Non
Fortaleza - Comunicación a través de diferentes vías: web, dispositivo móvil, abalar, classroom - Centro aberto e flexible - Implicación das familias á hora do uso dos dispositivos dixitais na aula (Proxecto Chromebook). Familias Si
Fortaleza - Acceso a internet. - Dispositivos dixitais para a ensinanza nas aulas. - Resolución de incidencias técnicas por persoal do centro. - Aulas dotadas con dispositivos de proxección e pizarras dixitais. - Comedor escolar - Actividades extraescolares Infraestruturas Non
Fortaleza - Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación - Facilidades e trato familiar Oferta Non
Fortaleza - Existencia nas aulas do centro equipamento informático mercado polo propio centro - Comunicación entre departamentos e diferentes etapas (grupos en redes, whattsap) - Enorme estorzo polo centro para actualizar e posta a punto dos dispositivos dixitais Organización de centro Non
Fortaleza - Debate s/uso da tecnoloxía - Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro - Formación s/novas modalidades de aprendizaxe do uso de tecnoloxía dixital - Intercambio de experiencias - Retroalimentación e apoio - Comunicación coa comunidade educativa - Colaboración por parte do profesorado - Interese por novas modalidades de ensino Persoal docente Non
Fortaleza - Coordinación e comunicación a través de dispositivos e aplicacións dixitais cos profesores e familias - Estabilidade laboral do personal non docente - Coñecementos de ofimática e demáis ferramentas dixitais Persoal non docente Si
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - Achegas económicas que recibe o centro. Falta de fondos - Equipamento dixital insuficiente Administración educativa Non
Ameaza - Inexistencia de estratexias de comunicación con outros centros educativos - Uso inadecuado das redes de comunicación e grupos de whatssap de familias - A ANPA é reducida e non todos os pais participan - Maior implicación ANPA Non
Ameaza - Disposición das familias para adquirir ferramentas dixitais para os seus fillos Contorna Non
Ameaza - Protección de datos - Lexislación cambiante que dificulta unha estabilidade e mellora educativa - Tramitación fondo de libros e licenza dixitais - Licenzas de uso Lexislación Non
Ameaza - Colaboración con institucións alleas ao centro educativo Outras Non
Oportunidade - Actuacións da administración educativa - Estabilidade laboral do persoal - Interese por parte da Administración educativa de implementar novas modalidades de ensino Administración educativa Non
Oportunidade - Boa relación e comunicación coa ANPA - Aportacións económicas para axudar á adquisición de ferramentas dixitais polo centro - Axudas a familias máis vulnerables a través dun banco de roupa e outras dotacións ANPA Non
Oportunidade - Condicións socioeconómicas da contorna - Acceso do alumnado a dispositivos fora do centro - Medidas para identificar dificultades - Apoio para abordar dificultades Contorna Non
Oportunidade - Axudas ao alumnado con NEE - Proxectos para a mellora educativa Lexislación Non
Oportunidade - Existencia de proxectos externos - Colaboración co concello e outros organismos (actividades complementarias, saídas, concursos...) Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Incentivar a competencia e a comunicación dixital (A)
O02PD Aumentar o emprego de ferramentas de comunicación (B)
O03PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital (B)
O04PD Promover accións para mellorar as infraestructuras e equipamento actual (C)
O05PD Participar en proxectos interdisciplinares (D)
O06PD Crear recursos e contidos dixitais (E)
O07PD Aprender a utilizar as NTICs como ferramenta de traballo e aprendizaxe (H)

Seguimento

Procedemento

O equipo do plan de dinamización do plan dixital levará a cabo, a lo menos, unha xuntanza por trimestre para poñer en coñecemento e valorar os avances do plan.

A persoa mentora ADIX realizará, cando menos, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar o desenvolvemento do plan coa coordinadora do equipo. Tamén haberá comunicación, sempre que sexa necesaria, a través do correo electrónico.

Por último, a persoa coordinadora terá acceso á ferramenta EDUCALIDADE para rexistrar os avances e avaliacións pertinentes deste plan baixo a supervisión da persoa directora do centro.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento e avaliación do plan dixital e, polo tanto, da consecución de obxectivos, será o seguinte:

  • Unha vez ao trimestre farase unha avaliación por parte do equipo do Plan Dixital na cual valorarase o estado de execución das accións (obxectivos) programadas, farase unha análise e valoración dos resultados e tamén estableceranse posibles modificacións e propostas de mellora.
  • A final de curso farase unha avaliación final na que se fará unha valoración do logro dos obxectivos e concretaranse as propostas de mellora de cara o vindeiro curso académico.
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez que o Plan sexa aprobado tanto polo Claustro coma polo Consello Escolar, estará en formato físico na sala de profesores e en formato dixital na páxina web do centro.