Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O centro privado concertado de formación profesional Nebrija Torre de Hércules é un dos máis antigos de A Coruña. Actualmente atópase nunha zona das máis céntricas da cidade de A Coruña e dispón de comunicacións axeitadas, que facilitan a asistencia dunha minoría significativa de alumnos e alumnas moi afastados da súa zona de influencia aínda que o alumnado caracterízase pola súa orixe xeográfica heteroxénea.

O plan dixital ten implicación directa no plan acción titorial do centro en relación con todos os axentes implicados: alumnado, familias e profesorado a través da organización da xefatura de estudos e da dirección responsable da implementación do Plan Dixital. Ademais o plan dixital ten implicación directa no proxecto lingüístico.

No curso 2023/2024 o plan dixital forma parte da programación xeral anual implicando a todas as súas partes e integrando, actualizando e adaptando a programación xeral a dixitalización programada para este curso escolar.

Proceso de elaboración

Nomeouse un Equipo de Dinamización do Plan Dixital que analizou, organizou, coordinou e traballou baixo as instrucións da Consellería, o asesoramento do Centro de Formación e Recursos de A Coruña e a mentorización do equipo ADIX para obter como resultado o presente documento cos obxectivos a implementar no curso 2023/2024 e como base para as seguintes versións.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Fontes empregadas para a análise DAFO:

  • SELFIE
  • Test CDD
Interno
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C13OP O acceso do alumnado a dispositivos dixitais fora do centro educativo é insuficiente Alumnado Non
Debilidade G7 Baixo uso de tecnoloxías para avaliar entre iguais e autoavaliación Alumnado Non
Debilidade E4 A colaboración e comunicación con tecnoloxías dixitais é insuficiente e escasa nas familias do alumnado menor de idade Familias Si
Debilidade C3 Acceso a internet insuficiente Infraestruturas Si
Debilidade C2 Equipamento e Redes non actualizadas Infraestruturas Si
Debilidade C1-C2 Características do Software instalado nos equipos mellorable Infraestruturas Non
Debilidade C13OP Non se utilizan equipos propios do alumnado Organización de centro Si
Debilidade G8P Baixo uso da tecnoloxía para avaliar Organización de centro Non
Debilidade G5 Non se utilizan tecnoloxías dixitais suficientes para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade G1 O uso das tecnoloxías dixitais para avaliar ao alumnado é insuficiente Persoal docente Si
Debilidade G7 A utilización de tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións constructivas sobre o traballo dos demais é insuficiente Persoal docente Non
Debilidade Non existe no centro persoal asistencial nin auxiliar educativo Persoal non docente Non
Fortaleza H9 Aprende a crear contidos dixitais Alumnado Non
Fortaleza H5 Comproba información fiable e comunicarse dixitalmente de maneira suficiente Alumnado Si
Fortaleza H12OP Existen habilidades dixitais adquiridas polo alumnado de diferentes materias Alumnado Non
Fortaleza Porcentaxe moi alto de alumnado con maioria de idade Familias Non
Fortaleza C5 Asistencia Técnica Infraestruturas Non
Fortaleza C7 Protección de datos Infraestruturas Si
Fortaleza A1 Existe estratexia dixital Oferta Non
Fortaleza A3 A tipoloxía da oferta educativa do centro é amplia Oferta Non
Fortaleza E1-E2 Transformación da práctica docente co uso de ferramentas dixitais Organización de centro Si
Fortaleza E3 Uso activo e creativo de aulas virtuais suficiente Organización de centro Non
Fortaleza C5 Suficiente a resolución de incidencias técnicas Organización de centro Non
Fortaleza C16OP Existen espazos para compartir recursos dixitais Organización de centro Si
Fortaleza E3 Úsanse suficientes recursos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza F1 Existe adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza E4 Existe suficiente comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Non
Fortaleza E2 Créanse recursos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza G3 Utilízanse técnicas dixitais para facilitar retroalimentación axeitada do alumnado Persoal docente Si
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Achegas económicas que recibe o centro insuficientes Administración educativa Non
Ameaza Falta de recursos para a formación continúa do profesorado: o proceso de selección de acceso a formación do profesorado impide que o profesorado da concertada a maíoria das veces non poida realizar formación Administración educativa Si
Ameaza Escasez de equipamento informático actualizado por falta de recursos económicos. Administración educativa Si
Ameaza O profesorado non dispón de tempo suficiente para explorar novas modalidades de ensino Administración educativa Non
Ameaza Non existe ANPA no centro ANPA Non
Ameaza Non existen estratexias conn outros centros educativos Contorna Non
Ameaza Non existen estratexias con outros centros educativos Contorna Non
Ameaza A participación das empresas/entidades na estratexia dixital do centro é insuficiente por existir un porcentaxe elevado de empresas non dixitalizadas Contorna Non
Ameaza Condicións socieconómicas da contorna baixa Contorna Non
Ameaza Convivencia de tres leis educativas actualmente no centro en función do ciclo a cursar: LOXSE, LOE e LOMLOE Lexislación Non
Ameaza Incoherencias entre lexislación non educativa e lexislación educativa: protección de datos, laboral, fiscal. Lexislación Non
Ameaza A participación das empresas/entidades na estratexia dixital do centro é insuficiente por existir portecentaxes de empresa non dixitalizadas Outras Non
Oportunidade Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración Administración educativa Si
Oportunidade Non existe ANPA no centro ANPA Non
Oportunidade Utilización de recursos e plataformas dixitais promovidas por editorais Contorna Si
Oportunidade Existencia de proxectos externos colaborativos Contorna Non
Oportunidade Relación con persoas alleas á comunidade educativa que colaboran co centro e promoven a dixitalización Contorna Non
Oportunidade Manexo dos contidos dixitais: Política de protección de datos; fiabilidade e credibilidade da información Lexislación Non
Oportunidade Comunicación usando tecnoloxías dixitais Lexislación Si
Oportunidade Proxectos de colaboración con entidades e organismos alleos ao centro educativo Outras Non
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizado o DAFO por parte dos membros do equipo de traballo decidironse establecer os seguintes obxectivos no noso Plan Dixital:

O01. Promover a comunicación entre os titores có alumnado, familias e organismos institucionais externos a través do sistema Abalar

O02. Aumentar o número de profesorado que emprega tecnoloxías dixitais para a avaliación do alumnado

O03.Achegar a conexión a internet ao máximo de aulas posibles

O04. Dotar aulas con sistemas dixitais interactivos.

O05. Usar os contidos de internet de maneira segura, responsable e respectando os dereitos de autor.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a comunicación entre os titores có alumnado, familias e organimos institucionais externos a través do sistema ABALAR. (E4)
O02PD Aumentar o número de profesorado que emprega tecnoloxías dixitais para a avaliación do alumnado (G1, G3)
O03PD Achegar a conexión a internet ao máximo de aulas posible.(C2,C3)
O04PD Dotar aulas con sistemas dixitais interactivos (C1,C2)
O05PD Usar os contidos de internet de maneira segura, responsable e respectando os dereitos de autor. (H3,H4)

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:

-No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Antes de finalizar o trimestre revisanse os obxectivos e estes son os resultados:

Obxectivo 1: En proceso

Obxectivo 2: En proceso

Obxectivo 3:En proceso

Obxectivo 4: Alcanzado

Obxectivo 5: En proceso

2º Trimestre

Antes de finalizar o trimestre revisanse os obxectivos e estes son os resultados:

Obxectivo 1: En proceso

Obxectivo 2: En proceso

Obxectivo 3: En proceso

Obxectivo 4: Alcanzado

Obxectivo 5: En proceso

3º Trimestre

Antes de finalizar o trimestre revisanse os obxectivos e estes son os resultados:

Obxectivo 1: Alcanzado

Obxectivo 2:Parcialmente alcanzado

Obxectivo 3: Alcanzado

Obxectivo 4: Alcanzado

Obxectivo 5: Alcanzado

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia ou protocolo para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa, en relación co Plan de Comunicación do Centro, será a súa publicación na páxina web do centro.