Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

CPR Plurilingüe KARBO
Dirección: C/ Ramón Cabanilas, nº 2. 15007 A Coruña
Teléfono: 981236179
E-mail: cpr.karbo@edu.xunta.es
Web: https://www.colexio-karbo.com

A finais dos 60 nace o Colexio Karbo coa misión de contribuir á mellora e ao avance da sociedade mediante a procura da excelencia acdémica e profesional, a innovación nos seus proxectos educativos e a formación dos seus alumnos/as en valores e virtudes.
Actualmente impártense máis de 12 programas educativos, que abarcan desde a Educación Infantil, a Educación Primaria e Formación Profesional tanto de Grao Medio como de Grao Superior.
Está ubicado en  A Coruña, na zona dos Mallos - Estación, con un barrio moi poboado e moita diversidade de xente é debido á  proximidade da Estación de Ferrocarrís e da Estación de Autobuses.

Os nosos alumnos e alumnas  proveñen de familias de traballadores, non só da propia cidade senón tamén do extrarradio e de emigrantes cunha capacidade económica media - baixa, dato que temos en conta para levar a cabo unha educación na pluralidade, diversidade  e na  tolerancia sen  esquecer a atención a individualidade, sempre e cando sexa preciso.
No proxecto do Colexio Karbo a aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación ao traballo da aula convértese nunha peza clave na educación e a formación das novas xeracións. O Proxecto Dixital contribúe ao establecemento e implementación dalgunhas liñas de acción e estratexias que axudan á integración efectiva da tecnoloxía.
O Plan Dixital  débese acoplar ao Proxecto Educativo do Centro, non pode verse de forma aislada, ambos documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

No ano 2009 comenzou o desenvolvementoo do Plan Escola 2.0 iniciamos, o Proxecto Abalar no curso 2010 dirixidas ao fomento da cultura dixital, este non se puido continuar por unha incidencia cos equipos e a discoontinuidade do mesmo en favor de Edisgal.
Durante os últimos anos utilizáronse proxectos educativos como: Digicraft e o suo de  plataformas de aprendizaxe educativas, concretamente: Google Classroom, Google Workspace, Microsof MSDN, e outras plataformas de uso libre. Tamen realizouse a implantación no uso da tableta dixital a partir de 3º de Primaria e incorporación de pantallas interactivas en todos os nivéis. 

A contribución deste Plan á Programación Xeral para levar a cabo accións orientadas a conseguir o uso intensivo das TIC, non só dende o punto de vista meramente técnico, senón tamén dende o emprego comunicativo e educativo destas, para a formación integral dos estudiantes.

 O novo currículo de educación introduce un marco legal  ao uso das TIC,  terase en conta a siguiente normativa legal: 

  •      A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, establece como obxectivo da Educación Primaria "Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e a comunicación desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran".
  •      O Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo de Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, establece que "os centros docentes elaborarán e aplicarán un plan de introdución das tecnoloxías da información e da comunicación (artigo 6.5).
  •      Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación 
  •      Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  •      Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  •      Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 

 O deseño do PD desenvólveo o equipo de dinamización do Plan Dixital, constituído polo Director coordinador do mesmo, a xefa de estudos e unha profesora do centro, se conto coa asesoría do CFR para formación de grupos de traballo e o  apoio e orientación do  coordinador ADIX a través de reunións presenciais durante a elaboración do mesmo. Como punto de partida:

  • No primeiro trimestre realizar un análisis da situación inicial do centro que levo a cabo coa ferramenta SELFI,  para coñecer o estado do o noso centro en relación  á dixitalización.
  • En el segundo trimestre implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital dos mestres e mestras do centro.
  • Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro facendo unha análise de debilidades, amezas, fortalezas e oportunidades.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

 

Análisis da situación inicial do centro que levo a cabo coa ferramenta SELFI

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Competencia dixital mellorable Alumnado Si
Debilidade Baixos coñecementos da contorna dixital Familias Non
Debilidade Estratexia dixital mellorable Infraestruturas Non
Debilidade Estratexia dixital mellorable Organización de centro Si
Debilidade Baixo desenvolvemento profesional continuo en formación dixital. Persoal docente Si
Debilidade Competencia dixital mellorable Persoal non docente Non
Fortaleza Motivación do alumnado para traballar con tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Fortaleza Gran implicación das familias Familias Non
Fortaleza Rede WIFI estable, nivel de protección de datos alta, asistencia técnica rápida Infraestruturas Non
Fortaleza Implicación do equipo directivo , existencia dunha estratexia dixital Organización de centro Non
Fortaleza Actitude positiva co uso das tecnoloxías dixitais. Adecuada competencia dixital Persoal docente Non
Fortaleza Implicado no uso da tecnoloxía Dixitalización dos procesos administrativos Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de apoio da administración cos centros concertados en materia dixital Administración educativa Non
Ameaza Baixa competencia dixital da familia. Baixo uso das tecnoloxías polos alumnos fose do centro Contorna Non
Ameaza Non axustada aos recursos económicos para a adquisición e actualización de equipos dixitais Lexislación Non
Oportunidade Disposición a colaborar no desenvolvemento dixital ANPA Non
Oportunidade Acceso do alumnado a recursos dixitais Contorna Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomentar o uso das ferramentas dixitais do centro
O02PD Mellora da Competencia Dixital Docente
003PD Capacitar o alumnado para a utilización de ferramentas dixitais dun xeito seguro

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do plan dixital realizará as reunións necesarias para facer un seguimento e valorar as evolucións do plan

O equipo do plan de dinamización do plan dixital levará a cabo, a lo menos, unha xuntanza por trimestre para poñer en coñecemento e valorar os avances do plan.

Coa persoa mentora ADIX haberá comunicación, sempre que sexa necesaria, a través do correo electrónico.

Por último, a persoa coordinadora terá acceso á ferramenta EDUCALIDADE para rexistrar os avances e avaliacións pertinentes deste plan baixo a supervisión da persoa directora do centro.

1º Trimestre

Capacitar o alumnado para a utilización de ferramentas dixitais dun xeito seguro

  • 28/09/2023 reunión coa policía de Galicia para implementar o plan Director programa Plan Director, para programar as visitas das charlas sobre ciberseguridad e protección de datos

Mellora da Competencia Dixital Docente e Fomentar o uso das ferramentas dixitais do centro

  • 05/10/2023 - Reunión Equipo Tic (Elaboración do PD 2023-24)

 

 

2º Trimestre

Informouse ao claustro de profesores sobre os cursos de formación en competencia dixital dispoñibles para o segundo e terceiro trimestre. Esta comunicación detallada permitiu que todos os docentes tivesen unha visión clara das oportunidades de formación que poderían fortalecer as súas habilidades no uso de tecnoloxías dixitais no entorno educativo.

Como resultado desta información, varios membros do equipo dixital, así como outros profesores e profesoras, inscribíronse nos cursos mencionados. Esta iniciativa non só demostra o compromiso do persoal docente co desenvolvemento profesional continuo, senón que tamén reforza a capacidade do colexio para integrar de maneira efectiva as ferramentas dixitais no proceso de ensinanza e aprendizaxe.

Capacitar o alumnado para a utilización de ferramentas dixitais dun xeito seguro


Capacitar ou alumnado para a utilización de ferramentas dixitais dun xeito seguro
Capacitar ou alumnado 26 DE FEBREIRO:

·       5º PRIMARIA, CHARLA ACOSO/CIBERACOSO

·       6º PRIMARIA, CHARLA DE CIBERSEGURIDAD.

·       CICLO MEDIO, CHARLA DE VIOLENCIA DE XERO

Completado. As actividades de capacitación en seguridade dixital foron efectivas e ben recibidas polo alumnado e as familias.

3º Trimestre

 

O01PD: En progreso continuo, integramos o uso de ferramentas dixitais a través do proxecto dos polos creativos.
O02PD: Avances realizados, formación en curso. Curso de acreditación en nivel B2 realizado por tres docentes.
O03PD: Actividades de capacitación en seguridade dixital completadas con éxito.

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, o cumprimento dos prazos establecidos, a calidade das actividades desenvolvidas e a identificación de propostas de mellora. Esta avaliación permitirá realizar axustes e correccións necesarias para asegurar o avance do plan dixital.

No contexto da avaliación final, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos establecidos, a análise da eficiencia e efectividade das accións implementadas, a satisfacción dos diferentes grupos de interese (alumnado, familias, persoal docente), e a formulación de propostas de mellora para futuros ciclos do plan dixital.
 

Valoración xeral

Valoración General del Plan Digital
A valoración xeral do plan dixital é positiva. Os obxectivos marcados avanzaron segundo a temporalización prevista, logrando avances significativos na implementación das actividades planificadas.

En particular, destacan os seguintes puntos:

Obxectivo O01PD: Fomentar o uso das ferramentas dixitais do centro

Estado: Conseguiuse. As actividades realizadas ao longo do curso, incluíndo a integración de ferramentas dixitais a través dos polos creativos, permitiron alcanzar este obxectivo de maneira efectiva. Os estudantes tiveron a oportunidade de experimentar e aprender con novas tecnoloxías, o que fomentou un maior uso e comprensión das ferramentas dixitais dispoñibles no centro.
Obxectivo O03PD: Capacitar ao alumnado para a utilización de ferramentas dixitais dun xeito seguro

Estado: Conseguiuse. As actividades educativas centradas na seguridade dixital foron completadas con éxito, incluíndo charlas sobre acoso/ciberacoso, ciberseguridade e violencia de xénero. Estas actividades foron ben recibidas polo alumnado e axudaron a crear conciencia sobre a importancia do uso seguro das tecnoloxías.
Obxectivo O02PD: Mellora da Competencia Dixital Docente

Estado: En proceso. A execución do plan de formación de competencia dixital para os docentes avanzou significativamente, aínda que as actividades están en curso.
En resumo, o plan dixital está a ser implementado de maneira efectiva, logrando a maioría dos obxectivos previstos e mellorando a competencia dixital tanto do alumnado como do persoal docente

Proposta de mellora

Preténdese seguir fomentando a formación en competencia dixital entre o claustro, principalmente.
Formación do profesorado: lograr que o 50% do profesorado certifique nivel B1, e que o 25 % certifique nivel B2.
Outros obxectivos quedarán marcados en setembro do vindeiro curso académico 24-25.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este plan será publicado na páxina web do centro e enviarase comunicación ás familias e ao profesorado. Ademais, estará completamente visible dentro da plataforma de EduCalidade.