Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

O Colexio Marista Cristo Rey é un centro plurilingüe de ensino medio e bacharelato que leva máis de cen anos desenvolvendo a súa actividade educativa e evanxelizadora na cidade da Coruña. Infantil e Primaria impártense no centro adscrito Hijas de Jesús.

Nun ámbito familiar a través da educación formal, o deporte, os movementos xuvenís, facemos aos nosos nenos e mozos protagonistas da súa propia aprendizaxe, utilizando un modelo educativo propio, baseado na espiritualidade, a solidariedade e a actualización pedagóxica, para lograr a transformación social.

• Páxina web: www.maristascoruna.org

• Dirección: Elviña 149. 15009 A Coruña

• Teléfono: 981287530

• Email: direccion@maristascoruna.com

. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O CPR Cristo Rey é un Centro privado concertado, de acordo ao dereito recoñecido pola Constitución Española (CE 27,6) e de acordo co disposto nos artigos 121 da LOMCE y 62 y ss.de la LOMLOE O Colexio Marista Cristo Rey é un centro católico. O titular é o Instituto dos Irmáns Maristas do Ensino. O seu representante legal e máxima autoridade é o Irmán Provincial da Provincia Marista Compostela. O Centro ten o número 15004101 noRexistro de Centros. Imparte os niveis de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. Os niveis da ESO están acollidos ao réxime de concertos no curso 94/95. O nivel de Bacharelato é integramente privado. Os Irmáns maristas e profesores segrares traballan xuntos e coordinados na misión educativa e docente conforme co Carácter Propio e co seu Regulamento de Réxime Interno (actualmente NOF). Desenvolven unha metodoloxía característica, propia da pedagoxía marista e acorde coas programacións e orientacións dos órganos colexiados. O profesorado gozará do respecto e consideración á súa persoa e á función que desempeña. Manterá tamén en todo momento unha actitude de respecto e trato correcto ao alumnado e demais membros da Comunidade Educativa. Sempre centrados na educación do seu alumnado, o claustro está inmerso nun programa de formación continua co obxectivo de ofertar unha educación actualizada e de calidade. A relación laboral co Titular será sempre conforme coa lexislación vixente e de acordo coas condicións estipuladas no seu contrato laboral. Colabora para que as instalacións do centro se atopen en óptimas condicións para o desenvolvemento do labor educativo. Atende as responsabilidades encamiñadas ao bo funcionamento e á conservación das infraestruturas e servizos do centro, sempre en coherencia co noso ideario. O alumnado é o gran protagonista da nosa actividade. A súa educación e crecemento persoal en todas as dimensións do ser humano son a nosa razón de ser. Participan da vida colexial con responsabilidade, compromiso e sentido de pertenza, con espírito de colaboración nas iniciativas propostas polo colexio. Nese senso, o carácter e as ensinanzas do fundador constitúen os valores morais que queremos transmitirlles e que sexan referentes na súa vida. O seus órganos de participación e representación colexial son o Consello escolar do centro, a Xunta de delegados (dende 1º ESO), as reunións focais (a partir de 1º ESO) e as enquisas de satisfacción e avaliación de competencias do profesorado e clima escolar. Os pais/nais de alumnos/as son parte fundamental e activa da nosa comunidade educativa. O seu principal órgano colexiado de participación e representación na vida escolar é a Asociación de Nais e Pais de Alumnos, que se rexerá pola lexislación vixente, o Regulamento de Réxime Interno e os seus propios estatutos. Os pais e nais tamén terán a súa representación entre os integrantes dos Consello escolar do centro. Así mesmo, as familias que forman parte da comunidade educativa do colexio, comprométense á aceptación e respecto do noso ideario e carácter propio Marista. A comunidade educativa do noso colexio conta coa figura de colaboradores en distintos ámbitos que axudan a dinamizar a vida da escola máis alá das aulas (animadores de grupos, monitores deportivos e de actividades culturais, monitores de actividades extraescolares, monitores de comedor, antigos alumnos...) estruturados en asociacións (MARCHA, ADEMAR, CLUBE MARISTAS…) que comparten o carisma do ideario de centro.

Breve xustificación do mesmo

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

• Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Proceso de elaboración

O plan elaborouse seguindo as indicacións da Secretaría, creando un Equipo de Traballo en constante comunicación coa dirección do centro. Nun primeiro momento, a coordinadora do equipo realizou unha análise xeral do centro que posteriormente serviría de base para que o Equipo de Dinamización elaborase o Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE

TEST CDD

Outras fontes

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Formación do alumnado no uso e desfrute da tecnoloxía. Formación do alumnado no uso e disfrute da tecnoloxía. Mellora da creación de recursos para a ensinanza. Alumnado Si
Debilidade Escaseza de recursos económicos para infraestrutura. Infraestruturas Non
Debilidade Escaseza de recursos económicos para infraestrutura. Oferta Si
Debilidade Escaseza de obradoiros de microsesións de formación tecnolóxica para o profesorado. Organización de centro Si
Debilidade Escaseza de obradoiros de microsesións de formación tecnolóxica para o profesorado. Organización de centro Non
Debilidade Tempo dos docentes para creación e uso da tecnoloxía. Mellora da creación de recursos para a ensinanza. Respecto polos dereitos de autor no marco dixital. Escaseza de obradoiros de microsesións de formación tecnolóxica para o profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza Protocolo de teledocencia. Protocolo de asignación de contas establecido. Alumnado Non
Fortaleza Control do uso do dispositivo e acceso á rede e á internet. Familias Non
Fortaleza Infraestrutura sólida con equipos estables. Infraestruturas Non
Fortaleza Adopción tecnolóxica para ensinanza-aprendizaxe. Protocolo de teledocencia. Oferta Non
Fortaleza Sistema de incidencias tecnolóxicas Plataforma de software ofimática. Protocolo de asignación de contas. Equipo e Plan anual TIC-TAC realizado. Acordo adaptación á tecnoloxía xeralizada. Control do uso do dispositivo. Protocolo de teledocencia. Organización de centro Non
Fortaleza Control do uso do dispositivo e acceso á rede e á internet. Protocolo de teledocencia Persoal docente Non
Fortaleza Contratación técnica para incidencias tecnolóxicas Persoal non docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Mal uso da tecnoloxía Administración educativa Si
Ameaza Infraestrutura e mantemento. Volatilidade da tecnoloxía e o software. Mal uso da tecnoloxía. Contorna Si
Ameaza Utilización fraudulenta de recursos dixitais. Lexislación Si
Ameaza Custo do acceso a internet. Custo das licenzas dixitais. Outras Non
Oportunidade Realización plan DIXITAL. Recursos gratuítos para ensinanza e aprendizaxe. Formación por parte da administración educativa. Administración educativa Non
Oportunidade Formación e certificación tecnolóxica do profesorado establecido. Contorna Si
Oportunidade Apoio da Provincia Marista en formación. Recursos gratuítos para ensinanza e aprendizaxe Outras Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Mellora da formación tecnolóxica do profesorado
O2PD Acadar a certificación Microsoft Showcase School
O3PD Mellora da formación do alumnado no uso da tecnoloxía
O4PD Mellora dos sistemas audiovisuais

Seguimento

Procedemento

Ao acabar cada trimestre, faráse unha revisión do acadado ata o momento.

1º Trimestre

Hemos alcanzado los objetivos marcados

2º Trimestre

Hemos alcanzado los objetivos marcados

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao longo do curso, estableceranse unhas datas para realizar o seguemento do desenvolvemento do plan e da consecución dos obxectivos.

Avaliación procesual: Realizarase unha vez ao trimestre, valorando o desenvolvemente de cada obxectivo, analizando resultados e modificando, no caso de ser necesario, as accións e as propostas de mellora.

Avaliación final: Realizarase a final do ano (Xuño 2024). Nesta avaliación, farase unha valoración dos logros e reformulación dos obxetivos non acadados así como a elaboración de novas propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez o plan dixital estea aprobado polo Consello Escolar, tras as achegas do Claustro, estará a disposición de toda a comunidade educativa a través da plataforma de Comunicación.