Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL

En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pretende a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións dixitalmente competentes nos procesos de ensino- aprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias de todos os membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital de Centro como organización. O plan dixital de centro, é un instrumento de planificación que debe estar integrado no Proxecto Educativo, según recolle a LOMLOE no seu artigo único. Modificación da Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, punto 62, apartado 1 “O proxecto educativo do centro recollerá asimesmo a estratexia dixital do centro, dacordo co establecido no artigo 111 bis.5.”, co fin de desenvolver a competencia dixital da comunidade educativa, promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais. Este plan debe construirse ca participación de todos os sectores da comunidade educativa de modo que se convirta nun proxecto compartido. De igual modo, conforme a disposición adicional décima da mencionada ley, o Plan de Continxencia para situacións de emerxencia conterá as medidas que garanticen a competencia dixital do alumnado e profesorado, reducindo no posible as fendas dixitais de acceso e uso, e as previsións para a revisión dos elementos do curriculo e das programacións didácticas centradas nos aspectos máis competenciais do mesmo.
Durante os curso 2021/2022 cada centro elaborará o seu plan dixital, según as instruccións que se diten, tal e como recolle a resolución do 17 de xuño de 2021 na súa disposición adicional quinta da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional. E na resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/2022. Por último citar a resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e  implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL NO CENTRO. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO

O Colexio Plurilingüe Compañía de María de A Coruña é un centro concertado ubicado no casco urbano da cidade da Coruña e no que se imparten as etapas de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato.

No curso 2021-2022 conta con 3 liñas, 45 unidades e 1.226 alumnos.

O nivel socioeconómico e cultural da zona onde se atopa ubicado é medio, pertencendo ao sector terciario a actividade económica principal da maioría das familias do centro.

Conta cunha ampla traxectoria na aplicación da tecnoloxía ao proceso de ensinanza-aprendizaxe, sendo un dos primeiros centros de Galicia en incorporarse aos proxectos Abalar e Edixgal da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Neste momento está implantado nas etapas de Educación Primaria, 5º e 6º (150 alumnos) e ESO, de 1º a 4º (360 alumnos).

Estase a realizar unha implantación importante da tecnoloxía a toda a actividade no centro, principalmente ao proceso de ensinanza-aprendizaxe. O aulario está totalmente conectado á rede de datos do centro, contando en cada unha das aulas do centro de ordenador para a persoa docente, así como monitor dixitais interactivos ou pizarra dixital interactiva e proxector. O alumnado que non dispón de ordenadores Abalar do proxecto Edixgal, ten a posibilidade de utilizar equipamento informático nos espazos comúns, aulas de informática, laboratorios e bibliotecas.

Debido ao cambio de paradigma temporal no proceso de ensinanza-aprendizaxe que supuxo a pandemia pola COVID-19 en marzo de 2020, a competencia dixital da comunidade educativa, alumnado, profesorado e familias, mellorou significativamente coa implantación de novos procedimentos de comunicación e contornas virtuais de aprendizaxe baseadas, ademáis de nas propias do xa implantado proxecto Edixgal, nas relativas a Google Workspace.

O centro participa en programas e proxectos de innovación que manteñen relación co Plan Dixital, como poden ser os xa citados Abalar e Edixgal, así como o STEMBach, Bacharelato de Excelencia en Ciencia e Tecnoloxía ou mesmo o Plan da Consellería para a mellora das bibliotecas escolares, ademais de outros de colaboración con entidades públicas e privadas que teñen coma obxectivo desenvolver a competencia dixital de alumnado e profesorado, robótica educativa, clubes de ciencia, xornadas de ciencia na rúa, Galiciencia, etc.

Este plan dixital, ademais de permitir consolidar a participación do centro nos proxectos de innovación da Consellería, facilitará incorporarse aos novos proxectos que se están a implantar para a mellora dos procesos de ensinanza-aprendizaxe na nosa comunidade educativa.

OBXECTIVOS PLAN DIXITAL

Os obxectivos da elaboración deste Plan Dixital de Centro son:

Lograr que o alumnado aprenda a utilizar as TIC para mellorar a súa aprendizaxe e competencia dixital, usando estes recursos de forma ética e responsable.

Fortalecer a transformación dixital do centro para que inclúa unha visión da competencia dixital acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.

Facilitar a integración e o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais nos procesos formativos e optimice a xestión dos recursos humanos e materiais do centro.

Mellorar a competencia dixital de cada membro da comunidade educativa . para transformar o centro nunha organización educativa dixitalmente competente nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación.

Desenvolver un novo plan dixital de centro unha vez finalizada a vixencia do anterior plan, desenvolvido no período 2019-2022.

Dar cumprimento ás solicitudes das autoridades educativas que foron xurdindo nos últimos anos e que se recollen na seguinte normativa: Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación; Disposición adicionais da Resolución d0 17 de xuño de 2021 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos plans dixitais de centros sostidos con fondos públicos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A primeira fase do diagnóstico iniciábase cunha análise de situación do centro que se realizou a través da ferramenta SELFIE, enquisas que foron realizadas por alumnado e profesorado durante o primeiro trimestre do curso 2021-2022.

Tamén se realizou o Test de Competencia Dixital Docente, enquisa realizada polo profesorado.

Ambas ferramentas foron desenvolvidas pola Comisión Europea ao abeiro do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg e DigCompEdu)

.

Diagnose de situación do centro, SELFIE

Resumo das áreas.

Media das respostas por cada grupo para cada unha das 8 áreas: Liderado, Colaboración e redes, Infraestruturas e Equipos, Desenvolvemento profesional continuo, Pedagoxía: Apoio e Recursos, Pedagoxía: Implementación na aula, Prácticas de avaliación, Competencias dixitais do alumnado.

Puntuación máxima para cada apartado: 5

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A5; B2; C8; F5; F6; G3; G5; G6; H; UTIC Alumnado Si
Debilidade A5; B3; D1; H; DPC7 Organización de centro Si
Debilidade A4; B1; C14; E2; E3; F3; G3; G5; G6; SMT; CDD Persoal docente Si
Fortaleza F1; H8; UTIC; AFC Alumnado Si
Fortaleza UTIC Familias Non
Fortaleza C1; C2; C3; C4; C7; C8 Infraestruturas Non
Fortaleza A3 Oferta Non
Fortaleza A1; A2; PE1; PE3; DPC Organización de centro Si
Fortaleza A3; A5; D2; E1; E4; F1; F3; G1 Persoal docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Posible empeoramento das condicións para participar nos programas de educación dixital por parte dos centros que non son 100% públicos Administración educativa Non
Ameaza 1. Baixada importante da natalidade, se entran menos alumnado, baixada da asignación da administración.; 2. Cambio de ciclo económico, o que repercute na asignación económica que poderían facilitar as familias; 3. Mellora significativa no posicionamento dos centros da contorna; 4. Competencia dixital media do profesorado inferior á media de Galicia Contorna Non
Ameaza 1. Posible cambio lexislativo para cambiar condicións concerto educativo; 2. Alto grado de financiamento público Lexislación Non
Oportunidade 1. Avance significativo nas accións respecto da dixitalización dos centros educativos da Administración; 2. Longo percorrido participando en programas dixitais da Administración, Edixgal, STEMBach, etc.; 3. Moi boa infraestrutura tecnolóxica e de soporte que podería permitir o aproveitamento de recursos e programas educativos da administración educativa; 4. Moi alto grao de madurez nos procesos de aprendizaxe mixta; O profesorado ten experiencia na implantación de novas modalidades de ensinanza, tanto en Primaria, ESO ou Bacharelato Administración educativa Non
Oportunidade 1. Moito apoio da Anpa de cara ás actividades do Centro, pode permitir aproveitar sinerxias para desenvolver as mesmas ANPA Non
Oportunidade 1. Baixada importante da natalidade, faise necesario aproveitar e mellorar posición tecnolóxica para manter unidades abertas; 2. Moi bo posicionamento do centro na súa imaxe externa Contorna Non
Oportunidade 1. Cambios lexislativos que parecen favorecer a dixitalización educativa; 2. Gran estabilidade laboral do profesorado e persoal non docente Lexislación Non
Oportunidade 1. Establecemento de sinerxias con outras entidades para compartir recursos e coñecementos Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizada a fase de diagnose da situación do centro e da competencia dixital docente, faise necesario realizar unha matriz DAFO, que permita mostrar as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades do centro no ámbito dixital docente, que permitirá definir as liñas fundamentais de actuación do Plan Dixital de Centro que se deben desenvolver no período 2022-2025.

Para poder plasmar estas características nun DAFO, foi necesario realizar antes unha análise cuantitativa de cada un dos aspectos das oito áreas analizadas, comprobando se estaban por baixo ou por riba dunha puntuación de referencia, para categorizar cada un deles como debilidade ou fortaleza. Determinouse tamén que esta puntuación de referencia non fora a mesma para todos, se non que se tomara como unha referencia variable dentro de cada área, en función do promedio do valor medio da cualificación valorada polo profesorado nas tres etapas de cada un dos aspectos da área.

Posteriormente realizouse unha análise cualitativa para poder recategorizar estes aspectos aplicando unha visión subxectiva en relación ao coñecemento do centro e o contexto e as circunstancias do mesmo.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
1. Facilitar o proceso de ensinanza-aprendizaxe desenvolvendo instrumentos de avaliación con ferramentas dixitais colaborativas.
2. Incrementar a competencia dixital do alumnado e profesorado en E.P.-E.I. utilizando ferramentas dixitais.
4. Realizar actividades de colaboración e formación con outras entidades para desenvolver a competencia dixital do alumnado e profesorado.
3. Facilitar o proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumnado de E.P.-E.I., mellorando a ratio e actualizando o equipamento dixital nas aulas.
5. Mellorar a eficiencia das tarefas administrativas incrementando a dixitalización de procesos.
O6. Reforzar a alta dispoñibilidade e a mellora continua dos servizos técnicos e de infraestructura para afianzar o proceso de ensinanza-aprendizaxe

Seguimento

Procedemento

SEGUIMENTO

Cada trimestre avaliarase o estado de execución das accións e tamén analizaranse e valoraranse os resultados obtidos e, de ser o caso, proporanse modificacións das accións e as propostas de mellora, para axustar a realidade e aos tempos de execución.

A persoa mentora, realizará un seguimento, para valorar, xunto co coordinador do PDC, o desenvolvemento do mesmo.

Anualmente farase unha valoración, seguimento e revisión da integración das tecnoloxías dixitais no ensino/aprendizaxe no centro; avaliando o grao de consecución dos obxectivos propostos no presente Plan e a adecuación das actividades realizadas. Terase en conta as aportacións dos equipos docentes interniveis e as propostas de mellora aportadas, que servirán como punto de partida para a actualización do Plan de cara o curso seguinte.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

 A fase de avaliación do plan dixital tendo en conta o plan de acción e a consecución dos obxectivos, defínese o seguinte procedemento de avaliación:

·        Realizarase unha avaliación do proceso á finalización de cada trimestre.

·        Identificarase o grao de execución de cada acción.

·        Analizarase a valoración dos resultados e, se se fai necesario, modificaranse as accións a realizar.

·        Ao final de cada curso escolar valorarase o grao de consecución de cada un dos obxectivos dese curso.

·        Redactarase acta de finalización coas propostas de mellora e leccións aprendidas para seguintes cursos

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

 O Plan Dixital de Centro debe ser dado a coñecer á comunidade educativa. Incorporarase ao repositorio de información do equipo docente do centro, comunicarase ao claustro de inicio de curso e aos membros do Consello Escolar a existencia e o contido do mesmo.

Os procesos de seguimento e a evolución do mesmo serán incorporados ao repositorio común de contidos a medida que se consolidan unha vez debatidos nas reunións periódicas do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro.