O Plan dixital do noso centro desenvólvese en base ao disposto na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
O centro sitúase en Cerceda, concello da provincia da Coruña de aproximadamente 5000 habitantes se temos en conta os últimos datos do INE. Segundo este mesmo organismo, a pirámide de poboación do Concello queda definida do seguinte xeito:
-Poboación menor de 20 anos: 14%
-Poboación entre 20 e 40 anos: 18%
-Poboación entre 40-60 anos: 30%
-Poboación maior de 60 anos: 37%
Servíndonos destas porcentaxes aproximadas, obxervamos que o rango de menos porcentaxe é o dos menores de 20 anos, mentres que o rango de persoas maiores de 60 anos conforma máis dun tercio total da poboación do Concello. Son cifras que poden resultar significativas respecto ao nivel de formación da poboación no uso de ferramentas dixitais, por motivos obvios relacionados co contexto xeracional de cada rango. Coidando de non caer en tópicos nin sesgos, cremos que estes datos poden ofrecernos unha primeira orientación á hora de comprender o contexto social do que partimos no concello.
Nesta liña, pode ser interesante tamén unha breve ollada á actividade económica no concello, onde destaca tanto o sector servizos coma un sector industrial que durante as últimas décadas centrouse fundamentalmente arredor da actividade da central térmica e que hoxe xira arredor da planta de xestión de residuos de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente).
O centro está incluído no programa Edixgal nos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria, así como en 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria. Entre as actividades habituais do centro en relación ao uso de ferramentas e medios dixitais, poderiamos destacar: realización de materiais e-learning; participación en proxectos europeos relacionados co fomento de medios e competencias dixitais; participación en programas autonómicos que contribúen á adquisición das competencias dixitais do alumnado; uso da radio escolar como medio de expresión do alumnado; uso da web do centro como ferramenta de comunicación entre o centro e a comunidade educativa; uso das RRSS como medio de difusión da actividade diaria do centro entre os membros da comunidade educativa; así como outras actividades que se definirán con máis detalle no desenvolvemento deste plan.
A través deste plan pretendemos non só manter este tipo de actividades, senón optimizalas e fomentar outras novas que contribúan á adquisición das competencias dixitais do alumnado, baseándonos no establecido tanto na Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei 2/2006, do 3 de maio, de Educación, como na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
O profesorado responsable, baseándose na lexislación citada, pretende elaborar e poñer en marcha este Plan Dixital a través de 3 liñas de acción principais:
1. Análise da situación do centro e definición de obxectivos.
2. Programación de actividades e medidas que contribúan á materialización dos obxectivos establecidos.
3. Seguemento e avaliación do plan e do nivel de consecución dos obxectivos.