Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Referencias lexislativas e normativas:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación 

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Centro:

O CEIP Wenceslao Fernández Flórez está situado na localidade de Cambre, capital do Concello, nun núcleo urbano ben comunicado e con numerosos servizos. O nivel socio-económico, segundo os datos dos anuarios económicos, sitúase na media de Galicia.

O colexio ten adscrita unha Escola de Educación Infantil: EEI San Bartolomeu (Pravio). O instituto ao que está adscrito é o IES Afonso X O Sabio.

O noso centro forma parte do proxecto E-dixgal desde hai cinco cursos e, anteriormente, participou no proxecto Abalar. O instituto ao que está adscrito o centro e o outro instituto da contorna, tamén forman parte do proxecto E-dixgal, co que o alumnado que pasa a secundaria ten xa certa soltura co manexo dos equipos e a plataforma.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Durante o curso 21/22, o 100% do equipo directivo, o 84% do profesorado e o 70% do alumnado realizou a autoavialiación SELFIE.

O 67% do profesorado cubriu o test CDD.

Ademais, aproveitamos o coñecemento directo da realidade do centro que ten o profesorado implicado na elaboración do Plan Dixital.

A partir destas fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais
do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Unha porcentaxe moi alta do claustro do curso 21/22 continúa no centro, posto que somos moitos os que temos carácter definitivo. Polo tanto non consideramos necesario repetir ningunha das enquisas por non ser significativos os cambios que houbo no centro e ter pasado pouco tempo desde as primeiras. 

Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11. Non aprenden a codificar ou programar. Alumnado Non
Debilidade Grandes diferenzas de nivel en conceptos básicos de manexo dos ordenadores ao chegar a 5º de primaria. Alumnado Non
Debilidade Problemas derivados do mal uso das redes sociais. Alumnado Non
Debilidade Falta de control do coidado dos equipos do centro. Familias Non
Debilidade Falta de control do emprego de redes sociais e tempo adicado ás pantallas. Familias Non
Debilidade C12. Fenda dixital docente: ausencia de plans a nivel de centro para o ensino mixto. Infraestruturas Si
Debilidade C12. Fenda dixital docente: ausencia de plans a nivel de centro para os retos do ensino mixto. Organización de centro Si
Debilidade C16. Ausencia de bibliotecas/repositorios en línea de materiais de elaboración propia. Organización de centro Non
Debilidade A1. Falta dunha estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade B1. Non existe avaliación do progreso. Organización de centro Non
Debilidade A4. Falta de tempo para explorar o ensino dixital. Organización de centro Si
Debilidade C14. Espazos físicos pouco axeitados para a aprendizaxe dixital. Organización de centro Si
Debilidade A4. Falta de tempo para explorar o ensino dixital. Persoal docente Si
Debilidade F6. En xeral, non se usan as tecnoloxías dixitais en Proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Debilidade D3. Falta de tempo e dun modo fluído de intercambio de experiencias. Persoal docente Si
Fortaleza H8. O alumnado aprende a comunicarse empregando tecnoloxías dixitais (foros, chats..) Alumnado Non
Fortaleza Apoian o proxecto Edixgal e implícanse no acceso dos seus fillos ás aulas virtuais, blogs... Familias Non
Fortaleza C10. Dispositivos de préstamo para o alumnado que o precise no caso de ensino online. Infraestruturas Non
Fortaleza C5. Asistencia técnica contratada polo centro. Infraestruturas Non
Fortaleza C10. Dispositivos de préstamo para o alumnado que o precise no caso de ensino online. Infraestruturas Non
Fortaleza C2. Dotacion suficiente de dispositivos dixitais, especialmente en 5o e 6o (Edixgal). Infraestruturas Non
Fortaleza Actividades extraescolares de informática e robótica. Oferta Non
Fortaleza C5. Web, blogs e aulas virtuais actualizadas e dinamizadas. Organización de centro Non
Fortaleza C5. Comunicación fluida coas familias a través da aplicación Abalar. Organización de centro Non
Fortaleza C5. Asistencia técnica contratada polo centro. Organización de centro Non
Fortaleza C5. Organización horaria de uso da aula de informática e os equipos (tablets, robots...) Organización de centro Non
Fortaleza E1. Utilización frecuente de recursos educativos en línea. Persoal docente Non
Fortaleza D2. Boa disposición xeral para participar no Desenvolvemento Profesional Continuo. Persoal docente Non
Fortaleza E3. Emprego de entornos virtuales de aprendizaje (aulas virtuales, blogs, Edixgal). Persoal docente Non
Fortaleza F1. Adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza C5. Asistencia técnica contratada polo centro. Persoal non docente Non
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva burocracia. Administración educativa Non
Ameaza Cambios lexislativos constantes. Lexislación Non
Ameaza Lei de protección de datos e de propiedade intelectual (dereitos de uso). Por restrictivas e a nosa falta de dominio resultan limitantes no noso traballo. Lexislación Non
Ameaza Problemas de conexión en determinadas áreas do centro. Outras Non
Oportunidade Colaboración. ANPA Non
Oportunidade Entorno cultural favorable. Contorna Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O CEIP Wenceslao Fernández Flórez presenta, a día de hoxe, moitas fortalezas para ser quen de desenvolver unha boa estratexia de ensino dixital: está, en xeral, ben dotado de infraestruturas e equipos, con algúns problemas de conexión puntuais, algúns dos cales poden ser solventados grazas á contratación dunha empresa externa. 

As webs, blogues e aulas virtuais e Edixgal están dinamizadas e as familias e o alumnado están afeitas ao seu uso, sendo frecuente que o profesorado utilice recursos dixitais e estando establecida unha comunicación habitual por medio da aplicación Abalar. Ademais o profesorado ten boa disposción para a formación nesta materia e existe unha organización funcional da aula de informática. 

Por último, ofértanse actividades extraescolares relacionadas coas tecnoloxías como informática, robótica e programación.

Por outra banda, hai moitas melloras que introducir para poder seguir avanzando: 

Non había, até o de agora, unha estratexia dixital a nivel de centro que permitira establecer obxectivos e avaliar resultados. O profesorado explora pola súa conta as ferramentas dixitais pero acusa falta de tempo para seguir aprendendo e aplicando, así como para compartir experiencias (en persoa ou en repositorios), o que resultaría especialmente relevante, pois existe gran diversidade en canto ao dominio destas ferramentas que temos uns e outros. Tamén se observa a necesidade de integrar o uso das tecnoloxías na metodoloxía diaria de forma máis significativa, por exemplo a través de proxectos interdisciplinares. 

Algúns espazos físicos e infraestruturas precisan ser mellorados, como certas pantallas dixitais ou a propia aula de informática. Tamén se precisa dotar de equipamento informático ás aulas non Edixgal.

O alumnado, pola súa parte, benefíciase da achega que fan moitos dos mestres ás novas tecnoloxías, pero chegan a 5º e 6º con coñecementos irregulares sobre o manexo básicos dos equipos, non aprenden a programar e son moi novos para ser quen de controlar o bo uso da Internet (chats, foros, redes sociais...), problema ao que se enfrentan as familias: xestión do tempo de uso e seguridade en liña. 

No tocante aos factores máis externos, atopámonos coas fortalezas dunha ANPA colaboradora e disposta e un entorno cultural favorable. Pola outra banda, a excesiva burocracia exixida pola administración, os cambios lexislativos frecuentes e pouco claros, e as leis de protección de datos e propiedade intelectual, moi estritas, engaden dificultades á nosa labor. Así como a resposta irregular ante as dificultades técnicas que xurden no día a día. 

 

Outubro do 2023: Revisando esta análise, feita hai máis dun ano, o equipo do Plan Dixital considera que algunhas destas debilidades daquela, melloraron coa implementación do Plan: xa existe unha estratexia de mellora consensuada a nivel de centro, a participación no proxecto Polos Creativos trouxo novas posibilidades de participación da estratexia dixital de centro para profesorado e alumnado e, o profesorado de 4º valora moi positivamente o uso de ordenadores na aula, así como os mestres de 5º, que observan un maior grao de dominio dixital do alumnado que se incorporou este ano a 5º curso (Edixgal). Tamén se intenta mellorar a dispoñibilidade de tempo para formarse e compartir recursos, adicando unha / dúas horas mensuais nas tardes dos luns para estas tarefas. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Aprender as bases da linguaxe informática (codificar, programar). (H. Competencias dixitais do alumnado)
O2PD Programar e realizar formacións adaptadas ás necesidades do claustro. (D. Desenvolvemento profesional continuo)
O3PD Crear un banco de recursos colaborativo do centro. (B. Colaboración e Redes)
O4PD Optimizar, dinamizar e actualizar os espazos e recursos informáticos do centro. (C. INFRAESTRUTURA E EQUIPAMENTO.)

Seguimento

Procedemento

Avaliación procesual. O equipo do Plan Dixital (coincidente co Equipo TICs e Polos Creativos), reunirase coa periodicidade habitual tratando as accións necesarias para ir cumprindo os obxectivos do plan. Na última reunión do equipo TIC do trimestre prestarase especial atención á evolución da consecución dos obxectivos e indicadores do plan dixital, cos seguintes aspectos a valorar:

  •  estado da execución das accións,
  •  análise e valoración dos resultados
  •  posibles modificacións ou aprazamentos das accións
  •  propostas de mellora

Os avances e atrancos, serán tratados tamén coa persoa coordinadora do Equipo Adix trimestralmente.

A persoa coordinadora do Plan Dixital, rexistrará en Educalidade a evolución do plan ao final de cada trimestre ou a medida que se vaian introducindo cambios no estado das accións. 

1º Trimestre

No primeiro trimestre o traballo consistiu maioritariamente no reparto e revisión de material. Tamén se realizou a listaxe de material a expurgar, estando pendente a revisión dos equipos portátiles e CPUs máis antigos para engadir ao expurgado ao longo do curso. Esta revisión realizouna o técnico informático que ten contratado o centro e, a final de curso, enviarase relación de material á Xunta e procederase á súa retirada ao punto limpo.

Recibimos unha pequena formación sobre aulas virtuais e a súa posta en marcha por parte do asesor Abalar. 

Respecto a Polos, presentouse a aula de Polos e o material á comunidade educativa, e comezou a ser utilizada polos grupos de robótica de actividades extraescolares, convocamos un concurso para o nome da radio e realizáronse varios programas. Programouse a formación para o inicio do segundo trimestre.  Realizouse unha enquisa sobre os materiais que se queren usar nos distintos ciclos, sendo mencionadas as construcións, maioritariamente, polo que decidimos investir en máis xogos. 

Xestión de 19 incidencias, xunto cos técnicos de Galitelco, o asesor abalar, a UAC e o servizo premium. 

2º Trimestre

Formación radio para as persoas apuntadas ao PFPP.

Divulgación do aprendido na formación de radio a través dunha xornada de formación e a preparación de manuais. Realización de máis programas.

Mercamos máis xogos Kapla para a aula de Polos Creativos pola alta demanda deste material tan versátil. 

Recibimos propostas de Kits singulares por parte do CEFORE e foron divulgadas pero non se realizaron por resultar complexas para o alumnado. 

Propúxose un panel de intercambio de experiencias sen moito éxito e unha listaxe de posibles programas de radio con pouca acollida.

Recábanse e envíanse os datos solicitados sobre as aulas onde se van instalar os novos monitores interactivos.

Reclámanse os ordenadores Edixgal para as aulas que non se nos concederon no seu momento. Non se reciben. No seu lugar chegan 9 portátiles asignados aos novos monitores.

Xestión de 24 incidencias, xunto co técnico de Galitelco, e a UAC e o servizo premium.

 

3º Trimestre

Mercamos circuítos eléctricos, tapetes de petos para os robots Beebot e xogos de magnetismo.

O uso da aula e os materiais de polos é moi desigual por parte dos distintos cursos. Propóñense dúas medidas:

- a oferta de profesorado voluntario para acompañar ao profesorado que quere ir pero precisa axuda, tendo esta medida boa acollida.

- a apertura nos recreos pero é moi difícil de levar a cabo dada a falta de persoal con dispoñibilidade horaria. Pídese sexa contemplado para o curso que vén.

Chegada e instalación dos novos monitores interactivos para as titorías que faltaban. Resolución de incidencias co seu uso nas primeiras semanas.

Actualización da aula de informática comprando 6 equipos reacondicionados para substituír aos máis obsoletos y incorporación dun disco SSD para poder actualizar o resto dos equipos ao mesmo sistema operativo dos novos.

Recollida e revisión dos equipos prestados e de Edixgal.

Expurgo final, listaxes e retirada ao punto limpo.

Realizacións das memorias.

Xestión de 30 incidencias, xunto cos técnicos de Galitelco, a UAC e o servizo Premium.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Tras unha valoración nos equipos de ciclo en torno aos obxectivos fixados, na última reunión do equipo TIC recolleremos o sentir do claustro valorando os seguintes aspectos:

- Logro dos obxectivos
- Propostas de mellora para a seguinte versión do PLAN.

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Valoración xeral

En xeral, os obxectivos están sendo acadados e o centro funciona a nivel dixital con axilidade, repercutindo positivamente na competencia dixital e STEM do alumnado.

Hai un alto número de incidencias, o cal dificulta o uso do tempo para a creación e difusión de propostas e materiais. 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Proposta de mellora

- Máis formación ao profesorado para que poida resolver incidencias por si mesmo.

- Ofrecer formación en robótica e programación para continuar avanzando no Obxectivo 1.

- Liberación horaria para todo o equipo TIC para poder solucionar incidencias (moi frecuentes), preparar actividades relacionadas con Polos Creativos e abrir nalgún recreo para o alumnado que desexe acudir.

- Atopar unha forma máis áxil de crear contidos (vídeos ou presentacións) para compartir coas familias (Kizoa pechou definitivamente no mes de abril) e valorar facelo de forma máis regular. 

- Investimento en máis material STEM  e equipos informáticos dado a grande cantidade deles que están a quedar inservibles nestes últimos anos. 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan foi posto en coñecemento do Claustro e, posteriormente aprobado polo Consello Escolar.
Ademais, foi difundido entre a comunidade educativa a través da súa publicación na páxina web do centro.

A partires do curso 23-24, o plan poderá ser accesible a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15002165